Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Aspectos socioeconómicos da vellez Código 615525027
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Piñeiro Aguiar, Edeler
Correo electrónico
eleder.pineiro.aguiar@udc.es
Profesorado
,
Piñeiro Aguiar, Edeler
Correo electrónico
eleder.pineiro.aguiar@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo fundamental da materia Aspectos Socioeconómicos da vellez é ofrecer ao estudantado unha análise teórica e práctica ao fenómeno do envellecemento, atendendo a tres aspectos fundamentais. Primeiro, abordar a definición e cuantificación do proceso de envellecemento desde unha perspectiva temporal e territorial. Segundo, analizar as causas e consecuencias económicas, sociais e políticas do proceso de envellecemento da poboación. Terceiro, reflexionar sobre os retos e oportunidades que este proceso supón para a economía e a sociedade actual. Esta materia impartirase cun espírito mutidisciplinar, dado que o proceso de envellecemento afecta tamén a múltiples ámbitos da nosa política, economía e sociedade.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 CE3 - Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e os sistemas de benestar social.
A21 CEE1 - Explicar os procesos de exclusión vinculados ás transformacións da estrutura familiar e por idades das sociedades.
A22 CEE2 - Manexar ferramentas conceptuais e metodolóxicas para a análise da vulnerabilidade asociada a formas de convivencia e a determinados grupos de idade.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B3 CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B17 CX5 - Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das ciencias sociais.
B20 CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A3 CE3 Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e sistemas de benestar social. AM3
A22 CEE2 Manexar ferramentas conceptuais e metodolóxicas para a análise da vulnerabilidade asociadas a formas de convivencia e a determinados grupos de idade. AM22
A21 CEE1 Explicar os procesos de exclusión vinculados ás transformacións da estrutura familiar e por idades das sociedades. AM21
A21 CEE1 Explicar os procesos de exclusión vinculados ás transformacións da estrutura familiar e por idades das sociedades. BM2
B2 CB2 Aplicar e integrar os coñecementos a entornos e problemas emerxentes e indefinidos na práctica investigadora e profesional. BM3
B3 CB3 Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razonadas osbre a evolución previsible dos feitos sociais estudados. BM14
Formular unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculado aos feitos sociais sobre os que traballa. BM17
B17 CG5 Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das Ciencias Sociais BM20
C1 CT1 Reflexionar, chegar a conclusións e propor solucións a través do traballo en equipo CM1
C5 CT5 Aplicar un razonamento crítico na reflexión teórica e no desenvolvemento práctico do seu traballo profesional e investigador. CM5

Contidos
Temas Subtemas
1. Reflexións sobre o envellecemento da poboación: problema & oportunidade 1.1. A idade como obxecto de estudo e investigación
1.2. Definición da vellez
1.3. As contradicións do envellecemento
2. Conceptos e indicadores básicos para o estudo do envellecemento 2.1. Indicadores para o estudo da vellez
2.2. Causas do envellecemento da poboación
2.3. Perspectivas de estudo do envellecemento
3. O envellecemento da poboación en cifras: perspectiva a longo prazo e diferenzas territoriais 3.1. Principais bases de datos
3.2. O mapa de envellecemento desde unha perspectiva internacional
3.3. O proceso de envellecemento en perspectiva de longo prazo
3.4. As diferenzas territoriais no proceso de envellecemento
4. O envellecemento da poboación e a economía 4.1. A dimensión económica do envellecemento demográfico
4.2. Implicacións económicas polo lado da oferta
4.3. Implicacións económicas polo lado da demanda
5. As consecuencias sociais do envellecemento demográfico 5.1. Unha reflexión sobre os aspectos sociais
5.2. Repercusiónns do envellecemento sobre o sector público
5.3. Políticas de envellecemento: un dilema por resolver
6. Envellecer en feminino. Igualdade de xénero? 6.1. Non é igual: Envellecemento de mulleres & homes
6.2. Xénero & Políticas de envellecemento
6.3. A orixe das desigualdades desde un punto de vista do ciclo vital
7. A achega das persoas maiores ao benestar 7.1. A medición da achega das persoas maiores ao benestar
7.2. A posta en valor do envellecemento
7.3. O paradoxo do sistema: sostidos ou sustentadores?
8. Os retos do envellecemento da poboación: aspectos socioeconómicos 8.1. Reflexións para debatir
8.2. Que estamos a facer mal?
8.3. A vellez como oportunidade

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 B2 B14 B17 36 36 72
Estudo de casos A3 A21 A22 B3 B17 1 5 6
Discusión dirixida C1 C5 4 8 12
Proba práctica B3 B17 B20 C1 C5 18 36 54
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As explicacións maxistrais consisten nas clases teóricas para as cales serán necesarias as lecturas e o debate na aula.
Estudo de casos Unha parte da avaliación teórica consistirá no estudo dun caso; onde un grupo de estudantes necesitará buscar fontes estatísticas nas bases de datos indicadas; elaborará os indicadores analizados en clase e presentará os resultados cuantitativos en clase.
Discusión dirixida Durante as sesións maxistrais fomentarase o debate e a discusión dirixida tomando como base as explicacións de clase, vídeos e lecturas propostas.
Proba práctica A proba práctica consistira na elaboración dun traballo en grupo de como máximo 3 persoas (extensión máxima 10 páxinas) onde se utilizarán os conceptos teóricos e prácticos traballados durante o curso en torno aos aspectos socioeconómicos da vellez. O estudo de caso servirá de base para este traballo. As bases deste traballo explicaranse durante a asistencia a titorías.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba práctica
Estudo de casos
Descrición


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A3 B2 B14 B17 A asistencia e participación activa durante as sesións maxistrais computará cun valor máximo do 10% na nota final. para o estudantado semipresencial ou a distancia implicará un seguimento e consulta regular dos materiais elaborados e colgados en Moodle. 10
Proba práctica B3 B17 B20 C1 C5 A resolución do traballo en grupo de como máximo 3 persoas sobre un estudo comparado terá un valor máximo na nota final do 50%. Para o estudantado semipresencial ou a distancia se darán instrucións precisas colgadas en Moodle e utilizaranse titorías online. 60
Discusión dirixida C1 C5 A participación na discusión dirixida formará parte da avaliación por asistencia e participación ás sesións maxistrais. 10
Estudo de casos A3 A21 A22 B3 B17 O estudo do caso adxudicado computará cun valor máximo do 30% na nota final. O estudantado semipresencial ou a distancia poderá realizar esta tarefa e entregala vía correo electrónico. 20
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Esta bibliografía é só orientativa e global. A profesora facilitará ao estudantado as referencias das lecturas básicas obrigatorias para traballar en clase a través da plataforma virtual Moodle. 

Bazo,María-Teresa et al. (2006): Envejecimiento y sociedad una perspectivainternacional, Madrid : Editorial Médica Panamericana

Beauvoir, Simone de (2012): La Vejez / Simone de Beauvoir ;traducción de Aurora Bernárdez, Buenos Aires : Debolsillo

DelgadoGarcía, Ana María ; Rafael Oliver Cuello, Ignasi Beltran de Heredia Ruiz (2010):Vejez, discapacidad y dependencia: Aspectos fiscales y de protección social, Publicación,Barcelona : Bosch, 2010.

Duque,Juan M. y Adela Mateo Echanogorria(coord) (2008): La participación social de las personas mayores, Madrid, Instituto de Mayores y Servicios Sociales (IMSERSO)

Fericgla,Josep M. (2002): Envejecer una antropología de la ancianidad, Barcelona :Herder

FreireRodríguez, Carlos y Mar Ferradás Canedo (2016): Calidad de vida y bienestar en la vejez, Madrid : Pirámide

GarcíaGonzález, Francisco (coord.) (2005): Vejez, envejecimiento y sociedad enEspaña, siglos XVI-XXI, Cuenca : Ediciones de la Universidad de Castilla-LaMancha.

GiróMiranda, Joaquín (coord.) (2004): Envejecimiento y sociedad una perspectivapluridisciplinar, Logroño, Universidad de La Rioja, Servicio de Publicaciones

GómezGarcía, Jesús María (1997): El envejecimiento de la población y la economía, ValladolidSecretariado de Publicaciones e Intercambio Científico, Universidad deValladolid

IMSERSO(1999): La Protección Social de la Dependencia, Madrid.

IMSERSO(2000): Las Personas Mayores y las Residencias, Madrid.

IMSERSO,Informe 2014 sobre sobre las personas mayores en España

Instituto Nacional de Consumo(2000): La tercera edad y el consumo , Madrid.

lmarzaMeñica, Juan; Jesús Galdeano Aramendia(Coord.) (1988): Simposio de gerontología de Castilla-León. Hacia una vejeznueva I Simposio de Gerontología de Castilla-León : 5-8 de mayo 1988 Valladolid,Fundación Friedrich Ebert.

Papelesde Economía Española, especial 104: Transformación demográfica : raíces yconsecuencias, Madrid : CaixaNova, 2005

PérezOrtiz, Lourdes (2006): La estructura social de la vejez en España: nuevas yviejas formas de envejecer, Madrid: Instituto de Mayores y Servicios Sociales.

RodríguezCabrero, G. (1997): Participación social de las Personas Mayores, Madrid:IMSERSO.

RogeroGarcía, Jesús (2010): Los tiempos del cuidado : el impacto de la dependencia delos mayores en la vida cotidiana de sus cuidadores, Madrid : IMSERSO

SánchezVera, Pedro (ed.) (1993): Sociedad y población anciana, Murcia : Universidad deMurcia

Sancho,M. T. (2007): Las personas mayores en España, Informe 2006, Madrid: IMSERSO.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías