Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Traballo Final de Mestrado (TFM) Código 615525031
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Economía
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Pedagoxía e Didáctica
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Cobo Bedia, Rosa
Cruz Lopez, Laura
Depalma Ungaro, Renee
Diz Reboredo, Carlos
Espiñeira González, Keina Raquel
Fernández Suárez, Mónica Belén
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Martínez Buján, Raquel
Oso Casas, Laura
Perez Carames, Antia
Piñeiro Aguiar, Edeler
Robles García, Verónica
Teasley Severino, Cathryn
Vilar Rodriguez, Margarita
Correo electrónico
rosa.cobo@udc.es
laura.cruz@udc.es
r.depalma@udc.es
carlos.diz@udc.es
keina.espineira@udc.es
belen.fernandez.suarez@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
raquel.bujan@udc.es
laura.oso@udc.es
antia.perez@udc.es
eleder.pineiro.aguiar@udc.es
veronica.robles@udc.es
cathryn.teasley1@udc.es
margarita.vilar.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta guía corresponde ao exercicio de elaboración e defensa pública dun traballo fin de mestrado, de carácter obrigatorio
Plan de continxencia Esta materia pode cursarse de xeito presencial como non presencial debido ao feito de que o Máster no que se inclúe ten ambas as dúas modalidades. Deste xeito, o tema xa está organizado tanto presencial como non presencial.

1. Modificacións nos contidos
Sen cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Foros de debate na plataforma Moodle/Teams/Correo Electrónico

*Metodoloxías docentes que se modifican
A defensa presencial suprímense, e o alumnado que cursa a materia na modalidade presencial cambiará á modalidade online, e defenderá o seu TFM de forma virtual

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A dirección do TFM adaptarase ás necesidades tecnolóxicas do alumnado no caso de que teña que cambiar de modalidade do alumnado a online

4. Modificacións na avaliación
Sen cambios

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen cambios


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social.
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A3 CE3 - Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e os sistemas de benestar social.
A4 CE4 - Recompilar e interpretar a información suficiente para chegar a diagnósticos fiables sobre os riscos de exclusión e os factores de vulnerabilidade social.
A5 CE5 - Interpretar as situacións e os procesos de marxinación social e económica de colectivos desde unha perspectiva histórica e macroestrutural.
A6 CE6 - Avaliar a capacidade e eficacia das medidas de intervención para corrixir ou previr situacións e procesos de exclusión social.
A7 CE7 - Identificar e valorar a posibilidade de intervención e prevención en procesos de conflitividade social.
A8 CE8 - Identificar procesos e factores de cohesión social, e deseñar medidas para a súa potenciación.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B3 CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados.
B4 CB4 - Identificar os dilemas éticos e a responsabilidade social tras os retos formulados na práctica profesional e investigadora.
B5 CB5 - Comunicar con claridade os coñecementos e problemas científicos sobre os que se traballa tanto a un público non experto como de especialistas.
B6 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B7 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B8 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B9 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B10 CB10 - Que os estudantes manexen as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B12 CB12 - Manter responsabilidade e compromiso co desenvolvemento profesional continuo de forma autónoma.
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B17 CX5 - Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das ciencias sociais.
B18 CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais.
B19 CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Integrar os coñecementos adquiridos para aplicalos a unha contorna de traballo no terreo das políticas sociais e a exclusión social. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM6
AM7
AM8
BM1
BM2
BM3
BM4
BM6
BM7
BM13
BM14
BM17
BM18
BM19
CM3
CM4
CM5
CM6
Capacidade de presentar e defender os resultados do traballo ante un público profesional. AM4
BM5
BM9
BM14
BM17
BM19
CM6
CM7
Capacidade de emitir unha valoración propia fundamentada, á vez que consciente das limitacións das que parte. AM2
AM4
AM5
AM7
AM8
BM6
BM8
BM13
BM14
BM19
CM5
Capacidade para a aprendizaxe autónoma continua. AM3
AM4
AM8
BM8
BM10
BM12
BM17
CM3
CM5
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Obxectivo do traballo de investigación (TFM) - Estudo de calquera ámbito das políticas sociais e a intervención social
- Estará dirixido, preferentemente, á resolución dun problema real
-Integrar os coñecementos adquiridos durante a etapa formativa
-Emitir unha valoración propia e fundamentada sobre o tema central de estudo que reflexe as responsabilidades éticas e sociais implícitas
Desenvolvemento do TFM
- A memoria debe realizarse aplicando o proceso de investigación científica e demostrar que se adquiriron as competencias do título.
- Desenvolvemento autónomo das habilidades críticas, analíticas e creativas do/a alumno/a
- Dúas opcións:
a) A realización vinculada a unha práctica desenvolvida no período de prácticas en institucións ou empresas;
b) A realización independente de ditas prácticas
- A memoria será realizada de forma individual, baixo a supervisión dun/ha titor/a asignado/a
Defensa do TFM -Capacidade para comunicar as súas ideas ante un público experto
- A memoria de Fin de Mestrado será defendida polo/a alumno/a ante unha comisión de expertos/as

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral B1 B5 B9 B17 C6 1 2 3
Recensión bilbiográfica A2 B3 B6 B7 B8 B10 B13 B14 B18 C5 C7 0 50 50
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 B14 B17 B19 C3 C4 C5 C6 C7 0 237 237
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Preparación e realización dunha presentación para a defensa pública do TFM diante do tribunal.
Recensión bilbiográfica Lectura, síntese e análise crítica de textos para a elaboración do marco teórico do TFM
Investigación (Proxecto de investigación) Realización e defensa pública dun traballo escrito que desenvolva e demostre os coñecementos adquiridos no máster, aplicados a un tema concreto relacionado coas especialidades do Máster. Trátase dun traballo individual, que se realizará baixo a supervisión dun/a titor/a asignado.

A información sobre o seu procedemento e defensa, será publicada no Moodle, e comunicada aos/as estudantes a través do correo da udc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Presentación oral
Descrición
Atención personalizada Coordinación dos TFMs:
- A información sobre o proceso e prazos para a realización e defensa do TFM, así como outros temas de interese serán publicados e comunicados pola coordinadora dos TFMs a través das vías institucionais: Moodle e correo electrónico da udc.
- Dende a coordinación realizaranse titorías grupais para informar o proceso de realización e defensa do traballo. levarán a cabo titorías virtuais para favorecer a participación do alumnado en liña. Para ambas as modalidades abrirase un foro na plataforma Moodle, co obxecto de resolver calquera dúbida sobre o proceso de realización e defensa do TFM.

Atención personalizada dirección dos TFMs:
- O Traballo de Fin de Máster, realizarase baixo a supervisión dun/a director/a. (Tamén se admite a co-dirección)
- O/a director/a ocuparase de guiar ao estudante no proceso de realización da investigación.
- Antes da presentación ou defensa pública do TFM, o/a director/a terá que emitir a súa conformidade a través da secretaría virtual nas datas previstas.
- A vía de comunicación e o calendario, será o establecido entre o/a estudante e o seu director/a.
A titorización do alumnado en modalidade en liña, realizarase de maneira virtual, mediante os sistemas establecidos entre o/a alumno/a e o/a director/a de o traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 B14 B17 B19 C3 C4 C5 C6 C7 Realización dun traballo de investigación, no que se demostre o desenvolvemento das competencias, obxectivo da memoria final do máster. Isto é, que a memoria realizada e defendida reflicta os coñecementos adquiridos durante o período de formación, a capacidade do/a alumno/a para aplicar os devanditos coñecementos, a capacidade para fundamentar unha valoración propia e responsable, e o pensamento analítico e crítico dentro das temáticas do mestrado.
80
Presentación oral B1 B5 B9 B17 C6 Exposición obrigatoria do Traballo de Fin de Máster. Será realizada polos estudantes en sesión pública e antes unha comisión ou tribunal formada polo profesorado do Master e designada pola Coordinación dos TFMs. O calendario de defensas, a composición dos tribunais e a organización e estrutura do acto público será comunicado desde a coordinación, unha vez establecido. 20
 
Observacións avaliación

Para ser avaliado/a do traballo fin de mestrado será necesario:

1) ter superados o resto de créditos do máster (materias e período práctico)  

2) realizar a matrícula.

3) ter asignado un tema central ou título e un/a titor/a.

O calendario de defensa pública e de convocatorias dispoñibles axústanse ás condicións que establece anualmente a Universidade da Coruña, para todas as titulacións de posgrao.  O calendario e procedemento é común para o alumnado presencial e online. O alumnado online, que non poida acudir presencialmente o acto de defensa, deberá contactar coa coordinación para a súa presentación a través de ferramentas virtuais.  

As recomendacións para a súa elaboración e defensa, serán publicadas pola coordinación dos TFMs, a través das vías institucionais: Moodle e correo electrónico da UDC.

Os traballos plaxiados, total ou parcialmente, merecerán o suspenso inmediato.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fontes de información e técnicas estatísticas para a análise das políticas sociais/615525007
Dimensión ética e procesos educativos na acción social/615525004
Políticas sociais en perspectiva comparada/615525001
Técnicas cualitativas para a análise dos discursos e as realidades sociais/615525008
Identidade, alteridade e interseccionalidade/615525006
Modelos de provisión do benestar/615525003
Pobreza e desigualdade: debates, medicións e identificación de grupos en risco de exclusión/615525005
Deseño, xestión e avaliación de políticas sociais/615525009
Austeridade e precariedade na era da globalización/615525002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Deseño de proxectos e traballos de investigación/615525029

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías