Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Procesos e Deseños da Investigación Social Código 615545002
Titulación
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Masso Lago, Matilde
Correo electrónico
m.masso@udc.es
Profesorado
Golías Pérez, Montserrat
Masso Lago, Matilde
Correo electrónico
montserrat.golias@udc.es
m.masso@udc.es
Web http://http://esomi.es/
Descrición xeral Esta materia, supón o afondamento na epistemoloxía da investigación social, a adquisición dos coñecementos e ferramentas para a elaboración, xestión e avaliación dun proxecto de investigación aplicada no ámbito público e privado, de acordo aos principios éticos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 C5. Identificar os requisitos éticos da investigación social ante distintos escenarios de aplicación multidisciplinares, especialmente aqueles de gran complexidade ou con colectivos de alta vulnerabilidade, e as ferramentas existentes para cumprir con estes requisitos ao nivel esixido a escala autonómica, estatal e internacional.
A10 C10. Adquirir coñecementos avanzados sobre os aspectos teóricos e prácticos dos retos das sociedades actuais a través dos procesos de investigación e análise social.
A11 H1. Avaliar e seleccionar a paradigma metodolóxico adecuado (cuantitativa, cualitativa, mixta, prospectiva, participativa) para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada sobre fenómenos asociados aos retos sociais, económicos e políticos.
A12 H2 Adoptar as medidas adecuadas para a preservación dos principios éticos fundamentais e avanzados da investigación social, así como para a protección adecuada dos datos recompilados.
A16 H6 Desenvolver capacidade para planificar a investigación, elixindo correctamente as fases e os procedementos que garantan a máxima rigorosidade e que sexan adecuados a distintos contextos dentro do ámbito público ou privado.
A19 H9 Desenvolver unha capacidade avanzada para avaliar a calidade e os resultados dos procesos de investigación.
A20 CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas.
A23 CP4. Desenvolver a capacidade para aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos á actividade profesional en contornas interdisciplinares.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Diferenciar entre distintos paradigmas de investigación social e ser capaz de combinalos de forma orixinal, creativa e nova para o deseño dunha investigación social básica ou aplicada e coñecer e aplicar os principais avances realizados recentemente na epistemoloxía da investigación social e utilizalos para identificar problemas e retos sociais emerxentes en contextos de investigación científica altamente especializados. AM10
AM11
AM20
AM23
Coñecer os principios éticos da investigación social, os protocolos existentes de protección de datos, os formularios de consentimento informado, así como os compoñentes dun informe a este respecto. Deben estar capacitados/as para seleccionar os procedementos adecuados que garantan o mantemento dos principios éticos en distintos contextos de investigación social. AM5
AM12
Saber cales son as distintas fontes de financiamento da investigación social e elaborar proxectos de investigación competitivos con diferentes deseños en función do obxecto de estudo. Así como desenvolver as habilidades necesarias para participar en proxectos de investigación en contextos interdisciplinares. AM16
AM19

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A avaliación no contexto do deseño de proxectos sociais. 1.1. A planificación como metodoloxía de traballo: o plan, o programa e o proxecto.
1.2. Análise de contextos e diagnoses: metodoloxías e técnicas para a diagnose de contextos sociais; matriz DAFO e sociogramas. O potencial das metodoloxías participativas.
1.3. Obxectivos xerais, obxectivos específicos e obxectivos operativos: diferenza entre tipos de obxectivos no proxecto. A vinculación entre os obxectivos e os instrumentos de avaliación.
1.4. A metodoloxía. A construción da metodoloxía a partir do Enfoque do Marco Lóxico. A diferenza por fases na acción planificada. O cronograma. O plan de comunicación.
1.5. A avaliación do proxecto: Conceptos crave, ética política e calidade da avaliación.

Tema 2. Fases avaliativas: avaliación das necesidades, evolución do proceso, avaliación final, seguimento e control. 2.1. Os tipos de Avaliación. Pola súa localización temporal. Segundo o seu obxecto. Por quen a fai. Polos seus instrumentos.
2.2. A análise estratéxica e o proceso da avaliación. A programación en avaliación e os Termos de Referencia. Momentos na execución da avaliación. Axentes en avaliación. Os “stakeholders”.
Tema 3. Tipos de sistemas e metodoloxías avaliativas. 3.1. O deseño metodolóxico da avaliación. Tipos de deseño (cualitativo, cuantitativo e participativo). Os criterios de avaliación (o EML): Eficiencia, eficacia, impacto, pertinencia, viabilidade e cobertura. A operacionalización: os indicadores da avaliación.
Tema 4. Instrumentos avaliativos en programas / proxectos sociais. 4.1. As principais técnicas de avaliación: vantaxes e inconvenientes. As técnicas cuantitativas: a enquisa. As técnicas cualitativas: a entrevista, o GD, a observación directa. A metodoloxía participativa.
Tema 5. Ética da investigación social. 5.1. Principios éticos que rexen na investigación social, regulación existente e principais protocolos aplicables en distintas disciplinas científicas dentro do Estado español e da Unión Europea
5.2. Claves para a elaboración dun informe sobre o mantemento dos principios éticos na investigación social e cuestións prácticas sobre a ética na formulación dos proxectos e na aplicación das técnicas de investigación.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A5 A11 A12 A16 A19 A20 A23 11 44 55
Obradoiro A5 A11 A12 A16 A19 A20 A23 6 12 18
Presentación oral A11 A16 A19 A23 4 12 16
Sesión maxistral A10 16 16 32
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela das profesoras e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.

Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe por parte das docentes.

O traballo tutelado consiste na elaboración dun proxecto de investigación social aplicada completo, tendo en conta todas as fases, así como as cuestións éticas para a súa elaboración.
Para o alumnado presencial, o traballo desenvolverase en grupo, e deberá ser presentado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e oralmente.
Para o alumnado en modalidade a distancia, ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia o traballo realizarase de forma individual, e tamén deberá ser entregado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e exposto a través de medios telemáticos.
Tanto o alumnado presencial como en modalidade a distancia, disporán de instrucións e rúbricas diferentes para a súa elaboración, que será publicadas na aula Virtual da materia.
Obradoiro Realización de actividades prácticas nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, role play, trátase de prácticas realizadas co apoio e supervisión da profesora da materia, que percorrerán todas as fases da elaboración dun proxecto de investigación, e por tanto servirán de guía para a correcta realización do traballo tutelado.
Presentación oral O proxecto de investigación (traballo tutelado), deberá exporse oralmente, a través das vías indicadas polas profesoras. A cualificación obtida na presentación será de carácter individual.
Sesión maxistral A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida polo profesorado en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
A sesión complementarase co uso de medios audiovisuais e a combinación coas actividades do taller, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Motivarase e valorarase a participación dos alumnos, mediante preguntas ou/e debates.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
1. Levarase a cabo un seguimento personalizado do traballo tutelado, tanto nas sesións de traballo que se desenvolvan na aula como no horario oficial de titorías (presencial ou a través de Teams)
2. No caso de alumnado da modalidade en liña ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, as titorías poderán levarse a cabo de maneira virtual (Teams).

O material de traballo facilitado na clase incorporarase a plataforma virtual da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A11 A12 A16 A19 A20 A23 O traballo tutelado consiste na elaboración dun proxecto de investigación social aplicada completo, tendo en conta todas as fases, así como as cuestións éticas para a súa elaboración.
Para o alumnado presencial, o traballo desenvolverase en grupo, e deberá ser presentado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e oralmente.
Para o alumnado en modalidade a distancia, ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia o traballo realizarase de forma individual, e tamén deberá ser entregado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e exposto a través de medios telemáticos.

Tanto o alumnado presencial como en modalidade a distancia, disporán de instrucións e rúbricas diferentes para a súa elaboración, que será publicadas na aula Virtual da materia.
90
Presentación oral A11 A16 A19 A23 O proxecto de investigación (traballo tutelado), deberá exporse oralmente, a través das vías indicadas polas profesoras. A cualificación obtida na presentación será de carácter individual. 10
 
Observacións avaliación

Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación: traballos tutelados e exposición oral,  serán iguais aos propostos para a 1ª convocatoria.

É obrigatorio resolver as actividades de forma razoada, apoiando e argumentando en base aos documentos da materia e outros que poidan considerarse de interese. 

O uso indebido de citas e referencias bibliográficas pode resultar nunha sanción na cualificación final e o plaxio no suspenso da materia

A entrega dos traballos que se realicen nesta materia realizarase a través da ferramenta habilitada para iso na aula virtual, en formato dixital e nas datas indicadas polo profesorado.


Fontes de información
Bibliografía básica Martí, J. (2000). "La investigación acción participativa: estructura y fases". En, Villasante, T.R.; Montañes, M; Martí, J. La investigación social participativa. Construyendo ciudadanía. Vol I.. Barcelona : El Viejo Topo
Ander-Egg, E.; Aguilar Idánez, M.J. (2005). Cómo elaborar un proyecto : guía para diseñar proyectos sociales y culturales . Buenos Aires : Lumen/Humanitas
García Roldán, J.L. (1995). Cómo elaborar un proyecto de investigación. Alicante : Universidad
García Herrero, G.A.; Ramírez navarro, J.M. (1996). Diseño y evaluación de proyectos sociales.. Zaragoza: Ed. Libros Certeza.
Instituto Universitario de Desarrollo y Cooperación (2012). El enfoque del marco lógico : manual para la planificación de proyectos orientada mediante objetivos.. Madrid : Los Libros de la Catarata
Pérez Serrano, G. (1996). Elaboración de proyectos sociales. Madrid: Narcea S.A. de Ediciones.
Cohen,E.; Franco, R. (1993). Evaluación de proyectos sociales. Madrid : Siglo XXI
Aguilar Idánez, M.J.; Ander-Egg, E. (1992). Evaluación de servicios y programas sociales. Madrid : Siglo XXI
Nirenberg, O.; Brawerman,J.; Ruiz, V. (2000). Evaluar para la transformación innovaciones en la evaluación de programas y proyectos sociales. Buenos Aires : Paidós
Santana Leitner, A. (2013). Fundamentos para la investigación social. Madrid: Alianza Editorial
Casal Otero, L. (2006). Gestión de proyectos elementos básicos a tener en cuenta como punto de partida para realizar eficazmente su proyecto. Vigo : Ideaspropias
VV.AA. (2001). Manual de Gestión del Ciclo de Proyecto. COMISIÓN EUROPEA

NOTA: Esta bibliografía é susceptible de ser modificada a medida que avanza o curso académico co fin de adecuarse ás necesidades formativas do alumnado

Bibliografía complementaria Martínez, J.L.; Aparicio, R. (eds.) (2005). El ciclo del proyecto diseño, gestión y evaluación de proyectos de inserción social de inmigrantes. Madrid : Universidad Pontificia Comillas
Camacho, H.; Càmara, L.; Cascante, R.; Sainz, H. (2001). El enfoque del marco lógico: 10 casos prácticos.. Madrid: CIDEAL-ADC.
Baca Urbina, G. (2006). Evaluación de proyectos. México: McGraw-Hill
Cordoba Padilla, M. (2006). Formulación y evaluación de proyectos . Madrid: ECOE Ediciones
Guinea-Martín, D. [coord.] (2012). Trucos del oficio de investigador : casos prácticos de investigación social. Barcelona : Gedisa


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo de Fin de Máster/615545013
Prácticas Externas/615545012
Técnicas de Investigación Cuantitativas e Métodos Mixtos/615545005
Técnicas de Investigación Cualitativas, Prospectivas e Participativas/615545004

Observacións

Ao ser unha materia obrigatoria, cursarana todos o alumno/as matriculados no máster. Os requisitos de acceso son os requisitos xerais de admisión no máster.

O alumnado deberá revisar periodicamente a plataforma virtual e consultar os documentos e actividades propostos.

As profesoras comunicaranse co alumnado a través da aula Virtual ou do correo electrónico da UDC.

A comunicación coa profesora deberase realizar mediante as canles institucionais e utilizando o correo electrónico da universidade.

Nesta materia:

  • Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
  • Terase en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
  • De acordo coas diferentes normativas de aplicación para a docencia universitaria, débese incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (utilizarase unha linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e autoras, fomentarase a intervención en clase de todos os estudantes, etc. Farase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e incidirá na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Así mesmo, respectarase o dereito á identidade de xénero.
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que, por motivos físicos, sensoriais, psíquicos ou socioculturais, experimente dificultades para un acceso adecuado, igualitario e rendible á vida universitaria.
  • Sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respectando todas as opinións diversas ao redor dos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías