Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Técnicas de Investigación Cuantitativas e Métodos Mixtos Código 615545005
Titulación
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Suárez Grimalt, Laura
Correo electrónico
laura.suarez.grimalt@udc.es
Profesorado
Golías Pérez, Montserrat
Suárez Grimalt, Laura
Correo electrónico
montserrat.golias@udc.es
laura.suarez.grimalt@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Técnicas de Investigación Cuantitativas e Métodos Mixtos parte dun diagnóstico sobre o panorama de diversidade metodolóxica existente dentro das ciencias sociais e as diversas estratexias de integración en deseños mixtos, para, a continuación, entrar de cheo no uso e deseño avanzado de enquisas como ferramenta fundamental para solicitar datos para o estudo cuantitativo da sociedade.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 C1. Coñecer ao detalle os principais avances teóricos e prácticos en materia e técnicas de investigación cualitativa e cuantitativa e a súa aplicación - crítica, reflexiva e contextual - para comprender, definir e explicar fenómenos de alta complexidade e incerteza asociados aos retos sociais, económicos e políticos actuais.
A4 C4. Coñecer, comparar e combinar de forma creativa e nova as principais paradigmas e deseños de investigación (cuantitativa, cualitativa, mixta, prospectiva, participativa), recollendo os principais avances recentes en cada deseño.
A5 C5. Identificar os requisitos éticos da investigación social ante distintos escenarios de aplicación multidisciplinares, especialmente aqueles de gran complexidade ou con colectivos de alta vulnerabilidade, e as ferramentas existentes para cumprir con estes requisitos ao nivel esixido a escala autonómica, estatal e internacional.
A11 H1. Avaliar e seleccionar a paradigma metodolóxico adecuado (cuantitativa, cualitativa, mixta, prospectiva, participativa) para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada sobre fenómenos asociados aos retos sociais, económicos e políticos.
A12 H2 Adoptar as medidas adecuadas para a preservación dos principios éticos fundamentais e avanzados da investigación social, así como para a protección adecuada dos datos recompilados.
A15 H5 Levar a cabo unha investigación de tipo cualitativo e cuantitativo en R.
A17 H7 Adquirir a capacidade de continuar profundando nos métodos de investigación e análise dun modo que haberá de ser en gran medida auto-dirixido e autónomo.
A19 H9 Desenvolver unha capacidade avanzada para avaliar a calidade e os resultados dos procesos de investigación.
A20 CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas.
A21 CP2. Aplicar os procesos e protocolos de captación de información de forma ética necesarios para observar e analizar de forma correcta e respectuosa a realidade social, política e económica, especialmente en contextos de alta vulnerabilidade ou complexidade.
A24 CP5. Ser capaz de traballar con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas avanzadas propias das ciencias sociais.
A25 CP6. Desenvolver a capacidade de entender en profundidade os fundamentos teóricos e prácticos dos métodos estatísticos, as técnicas multivariantes e as ferramentas de software para a análise avanzada.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O/a estudante demostrará unha compresión crítica dos métodos mixtos e da súa aplicación en distintos campos de estudo AM1
AM4
AM11
AM20
O/a estudante deseñará un proxecto de investigación de métodos mixtos e expoñerao na aula para debater críticamente as súas principais fortalezas e debilidades AM1
AM4
AM5
AM11
AM12
AM15
AM19
AM20
AM21
AM24
AM25
O/a estudante identificará formas apropiadas de estruturar un proxecto de investigación de método mixto, incluídas formas alternativas de empregar métodos en diferentes etapas de investigación adaptados aos distintos ámbitos científicos, técnológicos e profesionais. AM1
AM4
AM5
AM11
AM12
AM15
AM17
AM19
AM20
AM21
AM24
AM25
O/a estudante aprenderá nocións avanzadas do traballo de investigación mediante técnicas cuantitativas, abordando todas as fases do proceso de elaboración da enquisa, como a operacionalización de hipótese e conceptos, o deseño muestral, o deseño de cuestionarios, así como o procesamento de resultados AM1
AM4
AM21
AM24
AM25
O/A estudante poñerá en relación a metodoloxía de enquisa con outras materias do itinerario do máster. AM1
AM4
AM11
AM17
AM20
O/a estudante familiarizarase con tipos especializados de enquisa para usos específicos en contornas altamente especializadas e/o multidisciplinares, como a enquisa de tipo panel ou a enquisa virtual AM1
AM5
AM11
AM12
AM17
AM19
AM20
AM21
AM24
O/a estudante aprenderá procedementos avanzados de deseño muestral AM1
AM17
O/a estudante familiarizarase coas distintas fontes secundarias e aprenderá a extraer e manipular datos de fontes secundarias. AM1
AM11
AM24
AM25
O/a estudante coñecerá os protocolos éticos adecuados na investigación con técnicas cuantitativas. AM1
AM5
AM12
AM19
AM21

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1: Deseños mixtos 1.1 O paradigma do pluralismo metodolóxico
1.2 Os deseños mixtos no contexto da investigación social: Fundamentos teóricos e metodolóxicos
1.3 Tipoloxía de deseños mixtos
1.4 Mostraxe en deseños mixtos e recolección de datos
1.5 Avaliación do rigor en métodos mixtos
Bloque 2: Investigación avanzada mediante enquisas 2.1 Aspectos teóricos e metodolóxicos.
2.2 Operacionalización de hipótese, conceptos e deseño de cuestionarios.
2.3 Avaliación e validación de resultados da investigación avanzada mediante enquisas
2.4 Deseño mostral avanzado
2.5 Deseño e aplicación de tipos específicos de enquisas: Enquisas tipo panel; Análise de series temporais…
2.6 A enquisa en liña

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A11 A12 A20 A21 A24 A25 21 25 46
Investigación (Proxecto de investigación) A4 A11 A12 A15 A17 A19 A21 A24 A25 10 40 50
Sesión maxistral A1 A4 A5 25 25 50
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realización de clases prácticas, definidas polo profesorado sobre temas de actualidade nas que se combina a aplicación empírica de diferentes aspectos do deseño de investigación mixto e a enquisa como técnica de recollida de datos cuantitativa.
Investigación (Proxecto de investigación) Realización dun proxecto de investigación desde o paradigma do pluralismo metodolóxico que inclúa o deseño dunha metodoloxía de enquisa.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Motivarase e valorarase a participación dos alumnos, mediante preguntas ou/e debate. Os materiais utilizados nas sesións: presentacións, audiovisuais, lecturas e prácticas tamén serán postos a disposición do/a alumno/a en formato dixital a través da aula virtual.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
A atención personalizada desenvolverase de maneira individual para a resolución de dúbidas e problemas, a través do horario de titorías establecido. Realizaranse tamén titorías a través da plataforma Teams previa cita co profesorado. O correo electrónico defínese como a principal ferramenta de contacto entre profesorado e alumnado.

No caso de alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao comezo do curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación e asistencia. As titorías poderanse levar a cabo de maneira virtual (Skype, Teams ou correo electrónico). O material de traballo utilizado en clase, poñerase a disposición a través da plataforma virtual da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A11 A12 A20 A21 A24 A25 Valorarase a asistencia ás prácticas de laboratorio e a participación activa do estudantado nas actividades que se propoñan. O alumnado contará coas orientacións para a elaboración de cada unha destas prácticas na aula virtual da materia. As prácticas solicitaranse en formato dixital e realizaranse de forma individual. Fixarase unha data límite para a entrega de cada unha das prácticas. Non se admitirán as prácticas para avaliación fóra de prazo 40
Investigación (Proxecto de investigación) A4 A11 A12 A15 A17 A19 A21 A24 A25 O alumnado deberá realizar un proxecto de investigación desde o paradigma do pluralismo metodolóxico que inclúa o deseño dunha metodoloxía de enquisa. Este proxecto desenvolverase ao longo da materia, e supoñerá a aplicación das competencias adquiridas ao longo das diferentes sesións. Realizarase de maneira grupal e deberá ser exposto de forma oral. O proxecto solicitarase en formato dixital. A exposición realizarase na aula de maneira presencial. No caso de alumnado con dispensa académica ou dedicación a tempo parcial, admitiranse presentacións en formato vídeo, enviadas ao profesorado na data límite fixada previamente 60
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto as prácticas de laboratorio (40%) como o proxecto de investigación (60%). A nota mínima para superar cada unha das partes é un 5 (aprobado). NON se gardará a nota da parte superada para a segunda oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica

Alvira Martín, F. (2011) La Encuesta: Una Perspectiva General Metodológica. Madrid. CIS. Cuaderno Metodológico nº 35.

Clairin, R; Brion, P. (2001) Manual de muestreo. Madrid. Hespérides

Cea D’Ancona, Mª A. (2016) Métodos de encuesta. Teoría y práctica, errores y mejora. Madrid. Síntesis.

Creswell, J. W; Plano-Clark, V. L. (2007) Designing and conducting mixed methods research. Thousand Oaks, CA: Sage Publications

Herna?ndez, Sampieri R.; Ferna?ndez, C; Baptista, P. (2002) Metodologi?a de la investigacio?n. Me?xico: McGraw-Hill Interamericana

Hernández-Sampieri R; Mendoza, C. (2018) Metodología de la investigación. Las rutas cuantitativa, cualitativa y mixta. Ciudad de México, México: Mc Graw Hill

López Roldán, P; Fachelli, S. (2015) Metodología de la investigación social cuantitativa. Universidad Autónoma de Barcelona, Recurso Digital: http://ddd.uab.cat/record/129382

Sánchez Carrión, J. J; Segovia Guisado, J. M; Sánchez Meseguer, P. (2012) “Las encuestas en internet”. En Arroyo, M. y Sádaba, I. (eds.), Metodología de la investigación social. Técnicas innovadoras y sus aplicaciones. Madrid. Síntesis: 79-108.

Bibliografía complementaria

Cea D’Ancona, Mª A. (2005) “La senda tortuosa de la calidad de la encuesta”. REIS, nº 111: 75-103.

Cea D’Ancona, Mª A. (2017) Fundamentos y aplicaciones en Metodología cuantitativa. Madrid. Síntesis.

Couper, M. P. (2000) “Web Surveys: A Review of Issues and Approaches”. Public Opinion Quarterly, 64: 464-494.

Creswell, J. W. (2008). Educational research: Planning, conducting, and evaluating quantitative and qualitative research(3rd ed.). Upper Saddle River, NJ: Pearson Publishing

Cuxart, A; Riba, C. (2009) “Mejorando a partir de la experiencia: la implementación de la tercera ola de la ESE en España”. REIS 125: 147-168.

De Leeuw, J.J; Dillman, D.A (eds.) (2008) International Handbook of Survey Methodology. New York. Lawrence Erlbaum Associates

Díaz de Rada, V. (2015) Manual de trabajo de campo de la encuesta (presencial y telefónica). Madrid: CIS. Colección Cuaderno Metodológico nº 36.

Díaz de Rada, V. (2012) “Ventajas e inconvenientes de la encuesta por internet”. Papers, 97 (1): 193-223.

Díaz de Rada, V. (2009) Análisis de datos de encuesta: Desarrollo de una investigación completa utilizando SPSS. Barcelona: UOC

Forni, P; De Grande, P. (2020) “Triangulación y métodos mixtos en las ciencias sociales c                                                                                                                                                                                                                                                                                                                            ontemporáneas.” Revista mexicana de sociología, 82(1), 159-189

Groves, R. M; Fowler, F. J. Jr; Couper, M. P; Lepkowski, J. M; Singer, E; Tourangeau, R. (2009) Survey methodology. Hoboken, New Jersey. Wiley & Sons.

Mendizábal, N. (2018) La osadía en la investigación: el uso de los Métodos Mixtos en las ciencias sociales Espacio Abierto, vol. 27, núm. 2, pp. 5-20, 2018

Ridenour, C; Newman, I. (2008) Mixed methods research: Exploring the interactive continuum. Carbondale: Southern Illinois University Press

Voils, C; Sandelowski, M; Barroso, J; Hsselblad, V. (2008) “Making Sense of Qualitative and Quantitative Findings in Mixed Research” Síntesis Studies Field Methods, 20(1), 3-25.
Wolf, C; Joye, D; Smith, T.W (2016) The SAGE Handbook of Survey Methodology. Los Angeles: Sage


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise Estatística Descritiva e Inferencial/615545001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Análise Estatística Avanzada/615545007

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías