Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Innovacións na Análise de Datos Cualitativos Código 615545006
Titulación
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Rodríguez Rodríguez, María del Carmen
Correo electrónico
carmen.rodriguez2@udc.es
Profesorado
Gomez Rodriguez, Sergio
Rodríguez Rodríguez, María del Carmen
Correo electrónico
sgomez@udc.es
carmen.rodriguez2@udc.es
Web
Descrición xeral A materia profunda na investigación cualitativa, expondo diferentes aproximacións metodolóxicas e presentando diferentes técnicas cualitativas de recollida e análise de datos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 C2. Coñecer ao detalle os fundamentos teóricos e prácticos da investigación-acción participativa e do uso avanzado da investigación social para a intervención no ámbito público e privado.
A3 C3. Coñecer de forma detallada os fundamentos teóricos e prácticos das técnicas prospectivas e o uso avanzado das mesmas para emitir conclusións fundamentadas na evolución futura de retos sociais, económicos e políticos complexos e de alta incerteza.
A4 C4. Coñecer, comparar e combinar de forma creativa e nova as principais paradigmas e deseños de investigación (cuantitativa, cualitativa, mixta, prospectiva, participativa), recollendo os principais avances recentes en cada deseño.
A6 C6. Manexar os fundamentos teóricos e científicos necesarios para levar a cabo unha investigación social de tipo cuantitativo e cualitativo empregando ferramentas tecnolóxicas avanzadas (R).
A7 C7. Recoñecer as distintas opcións de presentación e visualización de resultados de investigación e a súa fundamentación metodolóxica para transmitir de forma clara os resultados da investigación aos distintos públicos.
A10 C10. Adquirir coñecementos avanzados sobre os aspectos teóricos e prácticos dos retos das sociedades actuais a través dos procesos de investigación e análise social.
A11 H1. Avaliar e seleccionar a paradigma metodolóxico adecuado (cuantitativa, cualitativa, mixta, prospectiva, participativa) para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada sobre fenómenos asociados aos retos sociais, económicos e políticos.
A12 H2 Adoptar as medidas adecuadas para a preservación dos principios éticos fundamentais e avanzados da investigación social, así como para a protección adecuada dos datos recompilados.
A14 H4 Transmitir os resultados dunha investigación básica e aplicada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan, de modo claro e sen ambigüidades atendendo á diversidade de contextos, públicos e necesidades, usando distintas opcións de presentación e visualización.
A15 H5 Levar a cabo unha investigación de tipo cualitativo e cuantitativo en R.
A16 H6 Desenvolver capacidade para planificar a investigación, elixindo correctamente as fases e os procedementos que garantan a máxima rigorosidade e que sexan adecuados a distintos contextos dentro do ámbito público ou privado.
A17 H7 Adquirir a capacidade de continuar profundando nos métodos de investigación e análise dun modo que haberá de ser en gran medida auto-dirixido e autónomo.
A19 H9 Desenvolver unha capacidade avanzada para avaliar a calidade e os resultados dos procesos de investigación.
A20 CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas.
A24 CP5. Ser capaz de traballar con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas avanzadas propias das ciencias sociais.
A26 CP7. Desenvolver a capacidade de xerar teorías de alcance intermedio e, por tanto, potencialmente aplicables/transferibles á sociedade, interpretando os inputs que xeran as técnicas de análise social.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saberá deseñar un proceso de investigación avanzado que contemple os pasos para dar para analizar información cualitativa de distinta índole e recollida durante o traballo de campo a través de técnicas innovadoras e diversas. AM2
AM3
AM4
AM11
AM16
AM20
AM24
Será capaz de analizar situacións complexas a partir dos discursos e sistemas de discursos derivados da aplicación de técnicas de investigación cualitativa dun modo crítico e contextual. AM4
AM11
AM16
AM17
AM24
AM26
Será capaz de combinar e integrar a análise e a interpretación na análise crítica do discurso en escenarios de alta reflexibilidade e especialización. AM4
AM7
AM10
AM12
AM17
AM19
AM24
AM26
Será capaz de analizar datos derivados da aplicación de técnicas de investigación etnográfica, en distintas modalidades (clásica, multisituada, móbil, colaborativa, en casa, visual, virtual). AM4
AM11
AM12
AM16
AM20
AM24
AM26
Coñecerá formas aplicadas de análises de información cualitativa, en especial en contextos de intervención social, a través de mecanismos de Investigación-Acción Participativa. AM2
AM4
AM7
AM10
AM12
AM14
AM16
AM17
AM20
Estará familiarizado/a coas distintas opcións e estratexias para a transferencia e presentación e visualización de resultados procedentes da análise cualitativa a públicos especializados e non especializados. AM6
AM7
AM12
AM14
AM15

Contidos
Temas Subtemas
Análise microsocial Diferenciación macro e microsocial, dilema e relación. Teorías e aproximacións microsociales. Análise da interacción social. Aplicacións da análise microsocial
Teoría e desenvolvemento da análise etnográfica Fundamentos clásicos e aplicacións. Xiro constructivista e reflexibilidade. Xiro ontológico e etnografías multi-especie. Etnografía visual e as súas aplicacións na sociedade virtual. A etnografía multi-situada ante a sociedade global. Etnografías colaborativas e móbiles
Teoría e desenvolvementos na análise de discurso Fundamentos, avances, innovacións. Integración análise e interpretación. Análise crítica do discurso e análise de sistemas de discursos
A análise de discursos ante a sociedade virtual Análise de contidos virtuais: Análise de redes sociais e contido web
Principios e aplicacións da teoría fundamentada Principios e aplicacións da teoría fundamentada
Perspectivas fenomenolóxicas e análise de experiencias Perspectivas fenomenolóxicas e análise de experiencias
Usos e innovacións no manexo de software de análises cualitativas
Manexo en MAXQDA e R
Estratexias de presentación de resultados e aplicacións para a intervención social Estratexias de presentación de resultados e aplicacións para a intervención social

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A2 A3 A4 A7 A10 A16 A17 A19 A20 0 40 40
Traballos tutelados A6 A11 A12 A14 A15 A24 A26 3 60 63
Presentación oral A2 A3 A4 A6 A7 A14 A19 A26 2 8 10
Análise de fontes documentais A2 A3 A4 A6 A7 A10 A11 A15 A16 A19 A24 14 0 14
Sesión maxistral A2 A3 A4 A10 A17 A20 21 0 21
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lecturas de textos crave en análise cualitativa, así como de investigacións concretas para ver o desenvolvemento de distintas estratexias de análises
Traballos tutelados Desenvolvemento de traballos de investigación e ensaio de forma autónoma, con guía personalizada a través de titorías
Presentación oral Presentación virtual de traballos autónomos realizados
Análise de fontes documentais Exercicios prácticos de análises de datos cualitativos
Sesión maxistral Impartición de docencia relativa aos fundamentos da investigación cualitativa, as súas innovacións e avances máis recentes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Análise de fontes documentais
Descrición
A atención personalizada desta materia desenvolverase de forma presencial e non presencial. Para a comprensión das lecturas e para a realización dos traballos contaredes coa presenza na aula do profesorado durante as sesións prácticas e, ademais, poderedes programar as titorías que consideredes necesarias no horario que se comunicará ao comezo de curso. Tamén o profesorado estará dispoñible de forma non presencial preferiblemente a través do correo electrónico, TEAMS e o campus virtual.

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica seguirán a avaliación da modalidade a distancia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 A11 A12 A14 A15 A24 A26 Desenvolvemento de traballos de investigación e ensaio de forma autónoma, con guía personalizada a través de titorías 80
Presentación oral A2 A3 A4 A6 A7 A14 A19 A26 Presentación de traballos autónomos realizados 20
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Zárraga, J.L. (2009). “Por qué, qué y para qué investigamos: la trastienda de la investigación social”, Política y Sociedad, 46, 3, pp. 37-56..
Conde Gutiérrez del Álamo, F. (2009). Análisis sociológico del sistema de discursos. Madrid: CIS
González Vallés, J.E. y Piñeiro Otero, Teresa (2016). Diseños en la moderna investigación universitaria. Madrid: McGrawHill
Barley, N. (2003). El antropólogo inocente. Barcelona: Anagrama
Barthes, R. (1989/1980). La cámara lúcida. Nota sobre la fotografía. Barcelona: Paidós
Mills, C.W. (2003). La imaginación sociológica. México: Fondo de Cultura Económica
Alonso, L. E. (1998). La mirada cualitativa en sociología. Madrid: Fundamentos
Bertaux, D. (2005). Los relatos de vida. Perspectiva etnosociológica. Barcelona: Bellaterra
Arroyo, M. y Sábada, I. (coord.) (2012). Metodología de la investigación social: técnicas innovadoras y sus aplicaciones. Madrid: Síntesis
Ibáñez, J. (2002). Sociología de la vida cotidiana. Madrid: Siglo XXI
Carrero, V.; Soriano, R. y Trinidad, A. (2012). Teoría fundamentada. Grounded Theory. Madrid: CIS
Ibáñez, J. (1985). “Análisis sociológico de textos y discursos”, RIS, 43, pp.119-160.
Martín Criado, E. (2014). “Mentiras, inconsistencias y ambivalencias. Teoría de la acción y análisis de discurso”, RIS, 72(1), 115-138.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Técnicas de Investigación Cualitativas, Prospectivas e Participativas/615545004

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Traballo de Fin de Máster/615545013
Prácticas Externas/615545012

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías