Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Seminarios de Especialización Aplicada I:Xénero, Poboación e Migracións Código 615545009
Titulación
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Ferrín Pereira, Mónica
Correo electrónico
monica.ferrin.pereira@udc.es
Profesorado
Diz Reboredo, Carlos
Ferrín Pereira, Mónica
Martínez Buján, Raquel
Perez Carames, Antia
Correo electrónico
carlos.diz@udc.es
monica.ferrin.pereira@udc.es
raquel.bujan@udc.es
antia.perez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia o alumnado entrará en contacto directo con distintos proxectos en curso, contribuíndo á súa formación complementaria no deseño e implementación da investigación. Abórdanse neste caso as necesidades da investigación desde os ámbitos do xénero, os retos demográficos e da poboación e a inmigración.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 C10. Adquirir coñecementos avanzados sobre os aspectos teóricos e prácticos dos retos das sociedades actuais a través dos procesos de investigación e análise social.
A13 H3 Desenvolver unha investigación aplicada con fins de intervención relacionada con algún reto complexo da sociedade.
A16 H6 Desenvolver capacidade para planificar a investigación, elixindo correctamente as fases e os procedementos que garantan a máxima rigorosidade e que sexan adecuados a distintos contextos dentro do ámbito público ou privado.
A19 H9 Desenvolver unha capacidade avanzada para avaliar a calidade e os resultados dos procesos de investigación.
A20 CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas.
A21 CP2. Aplicar os procesos e protocolos de captación de información de forma ética necesarios para observar e analizar de forma correcta e respectuosa a realidade social, política e económica, especialmente en contextos de alta vulnerabilidade ou complexidade.
A22 CP3. Elaborar e implementar proxectos de investigación en contornas novas ou pouco coñecidos.
A23 CP4. Desenvolver a capacidade para aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos á actividade profesional en contornas interdisciplinares.
A25 CP6. Desenvolver a capacidade de entender en profundidade os fundamentos teóricos e prácticos dos métodos estatísticos, as técnicas multivariantes e as ferramentas de software para a análise avanzada.
A26 CP7. Desenvolver a capacidade de xerar teorías de alcance intermedio e, por tanto, potencialmente aplicables/transferibles á sociedade, interpretando os inputs que xeran as técnicas de análise social.
A29 CP10. Elaborar, presentar e defender de maneira individual un exercicio orixinal de carácter profesional no ámbito da investigación que faga unha contribución significativa ao estado da cuestión no estudo dun problema complexo e/ou á súa resolución práctica.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aprenderá como o coñecemento teórico avanzado adquirido sobre a investigación social se aplica no estudo das principais realidades sociais, marcadas por procesos e retos como a desigualdade de xénero, a migración, o avellentamento da poboación ou a distribución xeográfica da poboación (por exemplo, rural vs. urbano). AM10
AM13
Familiazarase con procesos e proxectos de investigación aplicados reais en entornos multidisciplinares no ámbito do xénero, da migración, do avellentamento da poboación ou a distribución xeográfica da poboación. AM16
AM22
AM23
Coñecerá exemplos da investigación social realizada na actualidade para saber, de forma práctica, como se implementa o coñecemento social para abordar a investigación dos restos sociais actuais. AM20
Aprenderá de forma aplicada o uso do método científico, así como a aplicación dos fundamentos epistemolóxicos e éticos da investigación, para os retos da sociedade. AM21
AM25
AM26
Saberá transmitir de forma clara os resultados da investigación a distintos públicos especializados ou non AM29
Terá a capacidade de desenvolver o seu traballo de investigación de forma autónoma en proxectos de investigación dentro do ámbito temático en contextos de alta transferencia de coñecemento AM19

Contidos
Temas Subtemas
1. GENPOL - A desigualdade de xénero na implicación política: niveis local e nacional Esta investigación propón abordar as causas da desigualdade de xénero na implicación política, incorporando o estudo do nivel local, que se vencella tradicionalmente a un maior nivel de participación por parte das mulleres.
Para analizar este fenómeno emprégase unha metodoloxía mixta, que combina o enfoque cuantitativo e o cualitativo e integra a participación da cidadanía e de axentes políticos.
2. CAREMODEL - O modelo de coidados de larga duración en transición: xénero e migracións Este proxecto propón como obxectivo principal abordar os efectos da pandemia Covid_19 no sistema de coidados de larga duración en España. Analiza as consecuencias deste proceso no actual modelo de atención ás persoas maiores e adultos dependentes.
A análise destas cuestións require articular complexas dimensións nas que se entrecruzan a filosofía de implementación dos recursos públicos e privados, os valores e a cultura, e o mercado laboral.
3. CRISMIG - Crises, dinámicas migratorias e condicións de vida da poboación migrante en España Esta investigación propón abordar a relación entre as recentes crises e o fenómeno migratorio en España integrando a análise das dinámicas migratorias e as condicións de vida da poboación migrante.
A aproximación metodolóxica repousa nunha estratexia multimétodo que articula técnicas cuantitativas e cualitativas mediante unha estratexia de triangulación de carácter secuencial e que incorpora a participación dos principais axentes implicados.
4. RIDERS - Culturas emerxentes da precariedade móbil na gig economy dixital Nesta investigación, a chamada economía de plataformas é estudada a partir da análise da vida cotiá dos riders ou repartidores de comida a domicilio, rastreando a precariedade móbil nas cidades contemporáneas.
A metodoloxía utilizada, de tipo cualitativo, conleva o desenvolvemento dunha etnografía itinerante multisituada, partindo da mobilidade como enfoque e como práctica metodolóxica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral A19 A29 8 30 38
Lecturas A21 A23 A25 0 61 61
Discusión dirixida A19 A20 8 0 8
Seminario A10 A13 A16 A20 A22 A26 16 0 16
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Guiada polas directrices do grupo docente, prepararáse unha presentación das lecturas asociadas a cada un dos proxectos de investigación e presentarase oralmente ao resto do alumnado.
Lecturas Lectura individual de textos académicos asociados a cada un dos proxectos de investigación.
Discusión dirixida Logo das presentacións orais, organizarase unha discusión dirixida, na que se exercitará a revisión por pares e a presentación de teorías e metodoloxías alternativas.
Seminario Seminarios nos que se presentarán os distintos proxectos en curso. Sempre que sexa posible, participarán no seminario outros membros do proxecto.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Seminario
Discusión dirixida
Descrición
A atención personalizada ao alumnado realizarase respecto ao conxunto de actividades que comprende a materia. Por tanto, dita atención prestarase na resolución de dúbidas que poidan xurdir durante os seminarios ou para comprensión das lecturas. Con todo, pola mesma natureza da presentación oral, a atención personalizada reforzarase mediante un horario de titorías establecido para ese efecto.

No caso dos/as estudantes matriculados a tempo parcial, acordarase un horario de titorías acomodado ás circunstancias persoais do devandito alumnado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A19 A29 Valoraranse os contidos, así como a claridade na presentación oral. 80
Discusión dirixida A19 A20 Valoraranse a participación, respostas e a implicación na discusión. 20
 
Observacións avaliación
<p>Cada docente valorará de forma independente ao alumnado. A nota final corresponderáse coa nota media acadada nas prácticas asociadas a cada un dos proxectos de investigación.</p>

Fontes de información
Bibliografía básica

Pérez-Caramés, A.; Dominguez-Mujica, J. y Ortega-Rivera, E. (2021). Se hace camino al andar. Reemigración de latinoamericanos desde España hacia otros países europeos (2006-2008). Revista Española de Sociología, 30 (4).

Pérez-Caramés, A. (2021). La diversificación de los patrones de movilidad en el cambio de ciclo migratorio: procesos emergentes en la nueva emigración desde España. Revista Española de Sociología, 30 (4).

Martínez-Buján, R., Taboadela, O. y Del Moral, L. (2021)&nbsp;Experiencias colectivas de cuidados durante la infancia: dinámicas, debates y tensiones.&nbsp;Revista Española de Sociología, 30(2), a31&nbsp;

Vega, C., Martínez-Buján, R. y Paredes, M. (2018)&nbsp;Cuidado, comunidad y común. Extracciones, apropiaciones y sostenimiento de la vida&nbsp;Madrid: Traficantes de Sueños.&nbsp;

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Matrícula

Esta é unha do tres materias optativas que se ofertan no 2º cuadrimestre. Para superar a titulación, deberán cursarse polo menos dúas materias optativas, a elixir os seminarios de especialización e o complemento de formación "Análise estatística descritivo e inferencial" (1º cuadrimestre). Quen se matricule no complemento de formación, só necesitará matricularse nun seminario de especialización. Quen non se matricule no complemento de formación, necesitará cursar dous seminarios de especialización.

Unha aprendizaxe sustentabel, non sexista&nbsp; e integradora

Nas actividades que se leven a cabo nesta materia respetaranse as normas da sustentanbilidade, igualdade de sexos e &nbsp;integración das persoas por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais.

Sustentabilidade.

- A entrega dos traballos documentais realizarase en formato dixital e a través de Moodle.

- Cando se empregue papel, aconsellase que sexa reciclado e con formatos de impresión sinxelos e a doble cara.

- Evitarase a impresión innecesaria de borradores.

- Non se admitirán traballos con elementos plásticos (portadas, carpetas, etc).

Igualdade por razóns de xénero/sexo

- Evitaranse actitudes e expresións sexistas &nbsp;

&nbsp;Integración das persoas con problemas por razóns físicas, psiquicas ou socioculturales.

- Daraselles o apoio necesario tanto nas actividades programadas como na aprendizaxe en xeral da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías