Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Seminarios de Especialización Aplicada II: Turismo, Urbanismo e Medio Ambiente Código 615545010
Titulación
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Andrade Suarez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.andrade@udc.es
Profesorado
Andrade Suarez, Maria Jose
Caamaño Franco, Iria
Cortés Vázquez, José Antonio
Correo electrónico
maria.andrade@udc.es
iria.caamano@udc.es
j.a.cortes@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia consta de xornadas especializadas sobre investigacións actuais e relevantes no ámbito das ciencias sociais e do territorio. Os contidos das xornadas, complemento imprescindible na formación investigadora do alumnado, variarán en función dos investigadores convidados ou dos temas de investigación. Os investigadores presentarán o traballo de investigación, ao que seguirá un debate sobre os contidos, técnicas e metodoloxías relacionadas coa investigación presentada.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 C10. Adquirir coñecementos avanzados sobre os aspectos teóricos e prácticos dos retos das sociedades actuais a través dos procesos de investigación e análise social.
A13 H3 Desenvolver unha investigación aplicada con fins de intervención relacionada con algún reto complexo da sociedade.
A16 H6 Desenvolver capacidade para planificar a investigación, elixindo correctamente as fases e os procedementos que garantan a máxima rigorosidade e que sexan adecuados a distintos contextos dentro do ámbito público ou privado.
A19 H9 Desenvolver unha capacidade avanzada para avaliar a calidade e os resultados dos procesos de investigación.
A20 CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas.
A21 CP2. Aplicar os procesos e protocolos de captación de información de forma ética necesarios para observar e analizar de forma correcta e respectuosa a realidade social, política e económica, especialmente en contextos de alta vulnerabilidade ou complexidade.
A22 CP3. Elaborar e implementar proxectos de investigación en contornas novas ou pouco coñecidos.
A23 CP4. Desenvolver a capacidade para aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos á actividade profesional en contornas interdisciplinares.
A25 CP6. Desenvolver a capacidade de entender en profundidade os fundamentos teóricos e prácticos dos métodos estatísticos, as técnicas multivariantes e as ferramentas de software para a análise avanzada.
A26 CP7. Desenvolver a capacidade de xerar teorías de alcance intermedio e, por tanto, potencialmente aplicables/transferibles á sociedade, interpretando os inputs que xeran as técnicas de análise social.
A29 CP10. Elaborar, presentar e defender de maneira individual un exercicio orixinal de carácter profesional no ámbito da investigación que faga unha contribución significativa ao estado da cuestión no estudo dun problema complexo e/ou á súa resolución práctica.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado aprenderá como o coñecemento teórico adquirido sobre a investigación social aplícase no estudo das principais realidades socio-territoriais galegas, marcadas por procesos e retos como o desenvolvemento turístico e o Camiño de Santiago, a gentrifricación urbana e novos procesos de urbanización, as transformacións paisaxísticas, o cambio climático e as políticas ambientais. AM10
AM13
AM16
AM19
AM20
AM21
AM22
AM23
AM25
AM26
AM29
O alumnado aplicará as competencias adquiridas á realización dunha tarefa de forma autónoma, identificando a necesidade da aprendizaxe continua e desenvolvendo unha estratexia propia para levalo a cabo. AM10
AM13
AM16
AM19
AM20
AM21
AM22
AM23
AM25
AM26
AM29
O alumnado coñecerá exemplos da investigación social realizada na facultade para saber, de forma práctica, como se implementa o coñecemento social para abordar a investigación dos retos sociais actuais. AM10
AM13
AM16
AM19
AM20
AM21
AM22
AM23
AM25
AM26
AM29
O alumnado aprenderá de forma aplicada o uso do método científico, así como a aplicación dos fundamentos epistemológicos e éticos da investigación, para os retos da sociedade AM10
AM13
AM16
AM19
AM20
AM21
AM22
AM23
AM25
AM26
AM29
O alumnado saberá transmitir de forma clara os resultados da investigación a distintos públicos especializados ou non AM10
AM13
AM16
AM19
AM20
AM21
AM22
AM23
AM25
AM26
AM29
O alumnado terá a capacidade de desenvolver o seu traballo de investigación de forma autónoma en proxectos de investigación dentro do ámbito temático en contextos de alta transferencia de coñecemento. AM10
AM13
AM16
AM19
AM20
AM21
AM22
AM23
AM25
AM26
AM29

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1: CIENCIAS SOCIAIS E MEDIO AMBIENTE • As ciencias sociais da conservación como paradigma de investigación: unha introdución
• Investigación social crítica e xestión da conservación en áreas protexidas
• Deseño de investigación-acción en experiencias de custodia do territorio
• Colaboracións multidisciplinares en investigación social aplicada ao medio ambiente
BLOQUE 2: CIENCIAS SOCIAIS E TURISMO • Estudos sobre procesos de activación e dinamización do turismo: planificación turística, diagnósticos turísticos, accesibilidade, estudo de caracterización da imaxe turística, definición de estratexias comunicacionales e deseño de plans estratéxicos e directores no ámbito turístico.
• Realización de estudos sobre os roteiros de peregrinación en xeral e o Camiño de Santiago en particular.
• Análise do impacto do turismo nas diferentes dimensións do desenvolvemento local dun territorio.
• Estudos de identificación, documentación, valoración e potencialidade do patrimonio dos territorios.
• Análise de conflitos entre usos turísticos e outros usos do medio (turistificación).
BLOQUE 3: CENCIAS SOCIAIS, CULTURA E PROXECTOS SOCIOCULTURAIS • Investigación sobre a relación entre cultura e territorio con atención ao papel atribuído á cultura como forma de expresión e motor de desenvolvemento: políticas culturais, industrias creativas e culturais, goberno das institucións culturais, etc.
• Investigación sobre os ámbitos cultural e artístico (especialmente musical e literario) e os procesos sociais e político-ideolóxicos relacionados con eles.
• Estudo dos discursos públicos (literarios, xornalísticos, institucionais,...) e dos seus impactos na comunidade e no territorio.
• Análise e cartografía de lugares da memoria.
BLOQUE 4: CIENCIAS SOCIAIS E TERRITORIOS (DES)HABITADOS • Análise e xestión do hábitat baleiro e do esgotamento da poboación.
• Estudos sobre a construción e a realidade territorial do medio rural.
• Investigación sobre a historia urbana moderna e contemporánea
• Estudos sobre espazo urbano e mobilidade.
• Estudos críticos sobre o dereito á cidade.
• Estudos críticos de xénero e urbanismo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A13 A16 A19 8 2 10
Sesión maxistral A20 A21 A22 A23 A25 12 0 12
Estudo de casos A13 A19 A22 A23 A26 10 0 10
Discusión dirixida A10 A20 A21 A22 12 24 36
Traballos tutelados A22 A23 A25 A26 A29 8 48 56
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia
Sesión maxistral Presentación de proxectos e iniciativas de aplicación da investigación social
Estudo de casos Análise de proxectos e iniciativas
Discusión dirixida Debate aredor dos proxectos presentados
Traballos tutelados Elaboración de informes para availación

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Actividades iniciais
Descrición
Titorías baseadas na atención personalizada que fomentan a reflexión sobre temas específicos e facilitan o seguimento e a supervisión do estudante. Para a súa correcta realización, contémplanse sesións de titoría presencial e / ou virtual co profesor, que implican unha participación individual e / ou grupal obrigatoria dirixida a facilitar o encauzamento e a estrutura xeral que deben presentar os traballos.
Deste xeito, o alumno recibirá periodicamente información e retroalimentación sobre os resultados das actividades que compoñen o conxunto de avaliación continua.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A10 A20 A21 A22 Asistencia e participación 30
Traballos tutelados A22 A23 A25 A26 A29 Informes sobre os seminarios 70
 
Observacións avaliación
A avaliación da aprendizaxe obterase de:
1) Asistencia aos seminarios e participación no coloquio posterior.
2) Avaliación das memorias sobre os contidos dos seminarios. O alumnado deberá redactar un breve resumo comentado do seminario (2 páxinas) indicando se lle formularon preguntas ao relator (incluíndo esa información e a resposta) así como unha valoración crítica do traballo presentado.

Fontes de información
Bibliografía básica
Andrade Suárez, M.; Caamaño-Franco, I. (2020) The Relationship between industrial heritage, wine tourism, and sustainability: A case of local community perspective, Sustainability, 12(18), 7453
Caamaño-Franco, I.; Andrade-Suárez, M. (2020). The Value Assessment and Planning of Industrial Mining Heritage as a Tourism Attraction: The Case of Las Médulas Cultural Space, Land 9(11), 404
Caamaño-Franco, I.; Andrade-Suárez, M.; Pérez-García, A. (2020). El turismo marinero como opción de desarrollo local sostenible a partir del empoderamiento femenino. Cuadernos de turismo, (46), 459-487
Caamaño-Franco, I.; Andrade, M. (2021). El Camino de Santiago y el Xacobeo como fenómenos polisémicos: reflexiones a través del estudio de su imagen mediática”. Revista Galega de Economía 30(3), 1-20
Caamaño Franco, I., Pérez- García, A., Andrade Suárez, M. (2021). Female Entrepreneurship and Marine Tourism: Innovative Practices on the Coastline”. IGI Global
Cardesín Díaz, J. M. (2022). PROTESTA POPULAR Y VIOLENCIA COLECTIVA EN LA ESPAÑA URBANA CONTEMPORÁNEA. Historia Social, (103), 69-93.

Calo, Estefanía; Raimundo Otero Enríquez. 2022. Una introducción a la sociología de la vivienda. En Manifestaciones del humanismo en el siglo XXI. Editorial Tirant Lo Blanch. En prensa.
Cortés Vázquez, J.A.; Martins, H; Mendes, P. (2020). Antropología y cambio climático: Recorridos, temáticas y propuestas. Disparidades. Revista de Antropología. 75 - 2, pp. e01
Cortes Vazquez, J. A.(2020) In the name of the people: The populist redefinition of nature conservation in post-crisis Spain. Geoforum. 108, pp. 110 - 118.
Fletcher, R; Cortés Vázquez, J.A. (2020) Beyond the green panopticon: New directions in research exploring environmental governmentality. Environment and Planning E. 3 - 2, pp. 289 - 299. 2020. ISSN 2514-8486
Martínez Álvarez, B.; Cortés Vázquez, J.A. (2020) “May the Smoke Keep Coming Out the Fireplace”: Moral Connections between Rural Tourism and Socio-Ecological Resilience in the EUME Region, Galicia. Sustainability. 12 - 11, pp. 4602.
Otero Enríquez, Raimundo; Alberto Rodríguez Barcón; Estefanía Calo (2020). "Ansiedad epistemológica", estadística y sociología: estrategias y soluciones en el aula. En Claves para la innovación pedagógica: vanguardia de la práctica educativa. Ediciones Octaedro, pp. 2368-2372.
Rodríguez Barcón, Alberto; Estefanía Calo García; Raimundo Otero Enríquez. 2022. La Cidade Vella de A Coruña: de la gentrificación a la revitalización. En Las Ciencias Sociales como expresión humana. Editorial Tirant Lo Blanch. En prensa.
Rodríguez Barcón, Alberto; Estefanía Calo García; Raimundo Otero Enríquez. 2020. Social Transformation and Urban Regeneration: Three Interpretations on the Phenomenon of Gentrification in the Historic Center of A Coruña (Spain). En Gentrification around the World, Volume ll. Innovative Approaches. Palgrave Macmillan, pp.65-82.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Matrícula

Esta é unha do tres materias optativas que se ofertan no 2º cuadrimestre. Para superar a titulación, deberán cursarse polo menos dúas materias optativas, a elixir os seminarios de especialización e o complemento de formación "Análise estatística descritivo e inferencial" (1º cuadrimestre). Quen se matricule no complemento de formación, só necesitará matricularse nun seminario de especialización. Quen non se matricule no complemento de formación, necesitará cursar dous seminarios de especialización.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías