Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Seminarios de Especialización Aplicada III: Economía, Tecnoloxía, Risco e Cambio Socio-Cultural Código 615545011
Titulación
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Rodríguez Teijeiro, Ariadna
Correo electrónico
ariadna.rodriguez@udc.es
Profesorado
Cotillo Pereira, Alberto
Rodríguez Teijeiro, Ariadna
Roman Masedo, Laura
Santiago Gómez, Elvira
Correo electrónico
a.cotillo@udc.es
ariadna.rodriguez@udc.es
laura.roman@udc.es
elvira.santiago@udc.es
Web http://www.sociologia.udc.gal
Descrición xeral Esta materia ofrece ao alumnado unha aprendizaxe centrada no coñecemento de como a investigación social aplícase a ámbitos tales como: a/ o estudo do desenvolvemento tecnolóxico e cambio socio-cultural; b/ as transformacións nos sistemas económicos e do mercado de traballo; c/ a comunicación e percepción social do risco; ou d/ a mobilización e desmovilización política.
Tamén, os estudantes familiarizaranse con procesos e proxectos de investigación aplicados reais e coñecerá exemplos da investigación social e cultural realizada na Facultade. Iso permitiralles achegarse, de forma práctica, á implementación do coñecemento para abordar os retos sociais actuais, o uso do método científico, así como a aplicación dos fundamentos epistemológicos e éticos da investigación social.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 C10. Adquirir coñecementos avanzados sobre os aspectos teóricos e prácticos dos retos das sociedades actuais a través dos procesos de investigación e análise social.
A13 H3 Desenvolver unha investigación aplicada con fins de intervención relacionada con algún reto complexo da sociedade.
A16 H6 Desenvolver capacidade para planificar a investigación, elixindo correctamente as fases e os procedementos que garantan a máxima rigorosidade e que sexan adecuados a distintos contextos dentro do ámbito público ou privado.
A19 H9 Desenvolver unha capacidade avanzada para avaliar a calidade e os resultados dos procesos de investigación.
A20 CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas.
A21 CP2. Aplicar os procesos e protocolos de captación de información de forma ética necesarios para observar e analizar de forma correcta e respectuosa a realidade social, política e económica, especialmente en contextos de alta vulnerabilidade ou complexidade.
A22 CP3. Elaborar e implementar proxectos de investigación en contornas novas ou pouco coñecidos.
A23 CP4. Desenvolver a capacidade para aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos á actividade profesional en contornas interdisciplinares.
A25 CP6. Desenvolver a capacidade de entender en profundidade os fundamentos teóricos e prácticos dos métodos estatísticos, as técnicas multivariantes e as ferramentas de software para a análise avanzada.
A26 CP7. Desenvolver a capacidade de xerar teorías de alcance intermedio e, por tanto, potencialmente aplicables/transferibles á sociedade, interpretando os inputs que xeran as técnicas de análise social.
A29 CP10. Elaborar, presentar e defender de maneira individual un exercicio orixinal de carácter profesional no ámbito da investigación que faga unha contribución significativa ao estado da cuestión no estudo dun problema complexo e/ou á súa resolución práctica.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
C10. Adquirir coñecementos avanzados sobre os aspectos teóricos e prácticos dos retos das sociedades actuais a través dos procesos de investigación e análise social. AM10
H3 Desenvolver unha investigación aplicada con fins de intervención relacionada con algún reto complexo da sociedade. AM13
H6 Desenvolver capacidade para planificar a investigación, elixindo correctamente as fases e os procedementos que garantan a máxima rigorosidade e que sexan adecuados a distintos contextos dentro do ámbito público ou privado. AM16
H9 Desenvolver unha capacidade avanzada para avaliar a calidade e os resultados dos procesos de investigación. AM19
CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas. AM20
CP2. Aplicar os procesos e protocolos de captación de información de forma ética necesarios para observar e analizar de forma correcta e respectuosa a realidade social, política e económica, especialmente en contextos de alta vulnerabilidade ou complexidade. AM21
CP3. Elaborar e implementar proxectos de investigación en contornas novas ou pouco coñecidos. AM22
CP4. Desenvolver a capacidade para aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos á actividade profesional en contornas interdisciplinares. AM23
CP6. Desenvolver a capacidade de entender en profundidade os fundamentos teóricos e prácticos dos métodos estatísticos, as técnicas multivariantes e as ferramentas de software para a análise avanzada. AM25
CP7. Desenvolver a capacidade de xerar teorías de alcance intermedio e, por tanto, potencialmente aplicables/transferibles á sociedade, interpretando os inputs que xeran as técnicas de análise social. AM26
CP10. Elaborar, presentar e defender de maneira individual un exercicio orixinal de carácter profesional no ámbito da investigación que faga unha contribución significativa ao estado da cuestión no estudo dun problema complexo e/ou á súa resolución práctica. AM29

Contidos
Temas Subtemas
1. Aplicacións da investigación social ós estudos sociais, desarrollo tecnolóxico e cambio socio-cultural. -
2. Aplicacións da investigación social sobre transformacións dos sistemas económicos e o mercado de traballo. -
3. Aplicacións da investigación social ós estudos sobre medios de comunicación e percepción do risco. -
4. Aplicacións da investigación social ós estudos sobre movilización e desmovilización política. -

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A13 A16 A21 A29 33 15 48
Sesión maxistral A10 A19 A20 A22 A23 A25 A26 25 0 25
Traballos tutelados A13 A16 A21 A29 33 15 48
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Nos talleres aplicaranse os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais a través de exercicios prácticos e exemplos da investigación social e cultural realizada na Facultade de Socioloxía para saber, de forma práctica, como se implementa o coñecemento á hora de abordar a investigación dos retos sociais actuais.
Sesión maxistral A través de clases teóricas os estudantes familiarizaranse con procesos e proxectos de investigación aplicados reais no ámbito do desenvolvemento tecnolóxico e cambio socio-cultural, a comunicación e percepción social do risco, así como a mobilización e desmovilización política.
Traballos tutelados Os estudantes realizarán exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos abordados que lles permitirán coñecer o uso do método científico, así como a aplicación dos fundamentos epistemológicos e éticos da investigación, transmitir de forma clara os resultados da investigación a distintos públicos, ou a capacidade de desenvolver traballos de investigación de forma autónoma en proxectos de investigación dentro do ámbito temático en contextos de alta transferencia de coñecemento.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
Realizarase atención personalizada durante os talleres e a través das tutorías individuais. O material utilizado tanto nas sesións maxistrais como nos talleres estará dispoñible no Campus Virtual, así como os materiais necesarios para a realización das diferentes prácticas e traballos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A13 A16 A21 A29 Nos talleres aplicaranse os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais a través de exercicios prácticos e exemplos da investigación social e cultural realizada na Facultade de Socioloxía para saber, de forma práctica, como se implementa o coñecemento á hora de abordar a investigación dos retos sociais actuais. 50
Traballos tutelados A13 A16 A21 A29 Os estudantes realizarán exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos abordados que lles permitirán coñecer o uso do método científico, así como a aplicación dos fundamentos epistemolóxicos e éticos da investigación, transmitir de forma clara os resultados da investigación a distintos públicos, ou a capacidade de desenvolver traballos de investigación de forma autónoma en proxectos de investigación dentro do ámbito temático en contextos de alta transferencia de coñecemento. 50
 
Observacións avaliación
Convocatoria de primeira oportunidade: A cualificación global da materia será a resultante da suma das cualificacións obtidas nas distintas prácticas e traballos realizados.

Convocatoria de segunda oportunidade: Manterase o mesmo sistema de avaliación para as convocatorias de segunda oportunidade. Os estudantes que non superasen a materia en primeira convocatoria, deberán presentar a totalidade das prácticas e traballos, manténdolles a cualificación obtida naqueles que presentasen durante o cuadrimestre.

Fontes de información
Bibliografía básica Medina, I.; Castillo, P.; Alamos-Concha, P- (2017). Análisis cualitativo comparado. Madrid, CIS
Rodríguez, Mª. J.; Garrigós, J.I. (2017). Análisis sociológico con documentos personales. Madrid, CIS
Conde Gutiérrez, F. (2009). Análisis sociológico del sistema de discursos. Madrid, CIS
Yin Robert (2009). Case study research. Design and Methods. CA: SAGE
Coller, X. (2000). Estudio de casos. Madrid, CIS
Creswell, John (2007). Qualitative Enquiry and Research Design: choosing among five approaches. CA:SAGE
Ellet, W. (2018). The case study handbook_ a student´s guide. Boston

Durante o curso se compartirán no campus virtual as fontes de información adicional específicas de cada unha das sesións que poidan resultar necesarias para o correcto seguimento do curso.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Matrícula

Esta é unha do tres materias optativas que se ofertan no 2º cuadrimestre. Para superar a titulación, deberán cursarse polo menos dúas materias optativas, a elixir os seminarios de especialización e o complemento de formación "Análise estatística descritivo e inferencial" (1º cuadrimestre). Quen se matricule no complemento de formación, só necesitará matricularse nun seminario de especialización. Quen non se matricule no complemento de formación, necesitará cursar dous seminarios de especialización.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías