Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Estatística aplicada ás ciencias sociais 1 Código 615G01101
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Santiago Gómez, Elvira
Correo electrónico
elvira.santiago@udc.es
Profesorado
Santiago Gómez, Elvira
Suárez Grimalt, Laura
Correo electrónico
elvira.santiago@udc.es
laura.suarez.grimalt@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral desta materia é iniciar aos estudantes no uso da estatística na fase de análise dos datos na investigación social, o que require coñecer as distintas ferramentas de análise e seleccionar as máis convenientes, dependendo do nivel de medición das variables, así como a comprensión e explicación dos resultados obtidos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Aprendizaje de los conceptos y de las técnicas estadísticas aplicadas a la sociedad humana.
A7 Conocimiento y dominio de la metodología de las ciencias sociales y de sus técnicas básicas y avanzadas (cuantitativas y cualitativas) de investigación social; con especial atención a los aspectos de muestreo y de los programas informáticos de aplicación.
A16 Conocimientos y habilidades técnicas para la produción y el análisis de los datos cuantitativos y cualitativos.
A26 Saber elegir las técnicas de investigación social (cuantitativas y cualitativas) pertinentes en cada momento.
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B5 Capacidad de gestión de la información.
B7 Conocimientos de informática relativos al ámbito de estudio.
B21 Aprendizaje autónomo.
C3 Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A/o alumna/o será capaz de definir e distinguir os conceptos básicos da estatística aplicada ás ciencias sociais e poderá identificar os principais niveis de medición das variables A5
A26
B3
B5
B21
A/o alumna/o coñecerá as principais técnicas de presentación de distribucións univariables, tanto en formato de táboas como gráficamente, e será capaz de seleccionar as ferramentas descritivas univariables máis adecuadas dependendo do nivel de medición das variables. A5
A16
A26
B3
B5
B21
A/o alumna/o coñecerá as principais técnicas de presentación de distribucións bivariables, tanto en formato de táboas de continxencia como gráficamente, e será capaz de calcular e interpretar as distintas porcentaxes dunha táboa de continxencia. A5
A16
A26
B3
B5
B21
A/o alumna/o coñecerá as principais medidas de asociación entre variables, será capaz de calculalas, interpretalas e seleccionar as máis adecuadas dependendo do nivel de medición das variables. A5
A16
A26
B3
B5
B21
A/o alumna/o será capaz de utilizar ferramentas informáticas aplicadas ás ciencias sociais (especialmente o paquete SPSS) a un nivel básico para poder levar a cabo as tarefas de presentación e resumo dunha distribución univariable así como dunha distribución bivariable coas súas correspondentes táboas de continxencia e medidas de asociación. A5
A7
A16
A26
B3
B5
B7
B21
C3

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: Introdución e conceptos básicos. Aplicación da estatística ás ciencias sociais. Conceptos básicos. Tipos de variables e niveis de medición.
TEMA 2: Presentación e representación de distribucións. Presentación de distribucións univariables: frecuencias absolutas, frecuencias relativas e porcentaxes. Formas básicas de representación gráfica: gráfico de sectores, gráfico rectangular, diagrama de barras e histograma. Outras formas de representación gráfica.
TEMA 3: Características dunha distribución univariable. Medidas de posición centrais: media, mediana e moda. Medidas de dispersión: rango, varianza e desviación típica. Medidas de forma: asimetría e curtose.
TEMA 4: Estatística descritiva bivariable. Distribucións bivariables. Presentación e análise de táboas bivariables. Independencia e asociación. Características dunha asociación de dúas variables. Medidas de asociación para variables nominais e ordinais.
TEMA 5: Regresión e correlación simple. Concepto de covarianza. Diagrama de dispersión e curva de axuste. Concepto e tipos de correlación. Coeficiente de correlación de Pearson. Matriz de correlacións. A ecuación de regresión e o seu axuste polo método de mínimos cadrados. Cálculo dos coeficientes de regresión. O coeficiente de determinación e a súa interpretación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A5 1 0 1
Prácticas de laboratorio A7 B7 C3 16 24 40
Proba obxectiva A5 A7 A16 A26 B3 B5 B7 B21 C3 7 42 49
Sesión maxistral A5 A7 A16 A26 B3 18 36 54
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Cuestionario cunha serie de preguntas iniciais para coñecer a composición do grupo e o nivel xeral de formación do alumnado, ademais do interese e motivación fronte á materia.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan de maneira efectiva a través da realización de actividades de carácter práctico, fundamentalmente exercicios. Nalgúns casos estas prácticas levaranse a cabo utilizando ferramentas informáticas.
Proba obxectiva Probas de carácter periódico, para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia, compostas por exercicios breves e cuestións curtas e/ou de resposta múltiple. Nalgúns casos requirirase a utilización de ferramentas informáticas.
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada é unha actividade académica que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado, de forma individual ou en pequeno grupo, relacionadas co estudo e temas vinculados coa materia. Esta actividade desenvolverase de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados ás tutorías de despacho).

Pode solicitarse a atención personalizada nas horas presenciais (tanto nas sesións maxistrais como nas prácticas de laboratorio) ou nas horas de tutorías para resolver dúbidas en relación a temas concretos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 B7 C3 Coincidindo coas sesións prácticas realizaranse dous tipos de probas evaluables para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia.

Primeiro tipo: exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados. Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas, no caso de que sexan necesarias.

Segundo tipo: resolución de supostos prácticos para os que será necesaria a utilización dalgunha ferramenta informática revisada ao longo do curso empregando bases de datos que se facilitarán na proba.

Estímase que se realizará polo menos unha proba evaluable de cada tipo durante o curso.
50
Proba obxectiva A5 A7 A16 A26 B3 B5 B7 B21 C3 Consistirá nunha proba global na que o alumnado terá que resolver cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar achegada por cada estudante (non está permitido o uso doutros dispositivos, por exemplo teléfonos móbiles, tabletas, etc.). Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas, no caso de que sexan necesarias.
A data de realización desta proba acordarase ao inicio do curso e deberá ser anterior a celebración do exame oficial de primeira oportunidade.
40
Sesión maxistral A5 A7 A16 A26 B3 Valorase a asistencia e a participación activa durante as sesións maxistrales 10
 
Observacións avaliación

A planificación exposta nesta guía docente supón a aplicación dun sistema de avaliación continua. A cualificación final obterase promediando as cualificacións das distintas probas realizadas sempre que se acade un mínimo de 3 puntos sobre 10 na proba obsxectiva e nas prácticas de laboratorio.

No caso de que non se acaden os mínimos requiridos para superar a materia polo sistema de avaliación continua, o alumnado poderá presentarse a avaliación da asignatura nas convocatorias oficiais de primeira e segunda oporunidade que consistirán nun exame que abarcará toda a materia e estará composto por cuestións curtas e/ou de resposta múltiple e exercicios breves que requirirán cálculos matemáticos e interpretación de resultados, para os que estará permitido o uso de calculadora científica ou estándar achegada por cada estudante (non está permitido o uso doutros dispositivos, por exemplo teléfonos móbiles, tabletas, etc.). Para a resolución dos exercicios facilitarase unha listaxe de fórmulas básicas.

Os exames celebrarase nas datas que estableza o centro nos seus calendarios oficiais de primeira e segunda oportunidade. Non se admitirá a participación na proba aos estudantes que non se atopen presentes no momento de comezar a realización da proba.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica se acordará a principio de curso un calendario específico de tutorías compatible a súa dedicación. Poderán acollerse a evaluación continua acordando o calendario de prácticas obrigatorias a realizar ao longo do curso ou na proba obxectiva global.

INSTRUCIÓNS SOBRE A ENTREGA DE TRABALLOS E XUSTIFICANTES DE AUSENCIA. 

- As prácticas avaliables han de entregarse en clase no día sinalado. Fóra desta data, os traballos só se recollerán de maneira excepcional e por causas de forza maior debidamente xustificadas. 
- Non se contempla a celebración de probas extra ou a entrega de traballos adicionais para subir nota. Nembargantes o alumnado que superando a asignatura na evaluación continua non quede satisfeito coa súa nota pode presentarse ao exame oficial na primeria oportunidade, a nota final será a nota máis alta acadada -na evaluación continua ou na proba obxectiva da primeira oportunidade-.
- Os xustificantes de ausencia deben entregarse na semana inmediatamente posterior á devandita ausencia, a profesora se reserva a posibilidade de esixir aos estudantes os documentos que corroboren a causa aducida para xustificar a ausencia. 


Fontes de información
Bibliografía básica VISAUTA VINACUA, B. (2007). Análisis estadístico con SPSS 14. Estadística básica. Aravaca: McGraw-Hill/Interamericana
TOMEO PERUCHA, V. y UÑA JUÁREZ, I (2009). Estadística descriptiva. Madrid: Ibergacerceta Publicaciones
RITCHEY, F. J. (2002). Estadística para las Ciencias Sociales. México: McGraw-Hill
SÁNCHEZ CARRIÓN, J. J. (1999). Manual de Análisis Estadístico de los Datos. Madrid: Alianza Editorial
SEISDEDOS BENITO, A. (2009). Manual de socioestadística descriptiva básica. Salamanca: Amarú Ediciones
GARCÍA FERRANDO, M. (2000 ). Socioestadística. Introducción a la Estadística en Sociología. Madrid :Alianza Universidad Textos, nº96

Bibliografía complementaria BLALOCK, H. M. (1966). Estadística Social. México: Fondo de Cultura Económica
PEÑA, D. y ROMO, J. (1997). Introducción a la Estadística para las Ciencias Sociales. Madrid: McGraw-Hill
GLASS, G. V. y STANLEY, J.C. (1986). Métodos Estadísticos Aplicados a las Ciencias Sociales. México: Prentice-Hall Hispanoamericana


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Estatística aplicada ás ciencias sociais 2/615G01201

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías