Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Antropoloxía social e cultural Código 615G01102
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Couceiro Dominguez, Enrique
Correo electrónico
enrique.couceiro.dominguez@udc.es
Profesorado
Couceiro Dominguez, Enrique
Correo electrónico
enrique.couceiro.dominguez@udc.es
Web
Descrición xeral O curso de Antropoloxía social e cultural concíbese como un estudo introdutorio, pero exhaustivo, da sistemática da antropoloxía contemporánea, centrado nas achegas, enfoques teórico-metodolóxicos e campos de investigación de vangarda na disciplina e na súa conexión cos grandes problemas e procesos da globalizada realidade sociocultural actual. Con iso proxéctase ampliar e fundamentar no alumno as súas competencias no coñecemento crítico e as ferramentas conceptuais e técnicas para abordar a complexa tarefa de interpretar a diversidade, especificidade e regularidades dos fenómenos socioculturais contemporáneos e as súas problemáticas inherentes, dende a perspectiva do local, característica da disciplina antropolóxica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións previstas nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Prueba obxectiva
Discusión dirixida
Sesión maxistral (todas elas con medidas de adaptación a condicións de docencia non presencial que se expresan en cada caso)
Menos a "Sesión maxistral", todas elas computan na evaluación.

*Metodoloxías docentes que se modifican:
Resumen. Se trata de un resumen-crítico de films etnográficos, que sustitúe á anterior metodoloxía de 'Traballo tutelado'. Asimismo prevé medidas de adaptación ás condicións de non presencialidad


3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
A atención personalizada realizaráse de xeito individual respecto ao resumo fílmico, a materia impartida en clase e as discusións dirixidas cando a retroalimentación cara ao alumno así lo requira. (1 vez á semana, mínimo).
No caso de situación de presencialidad, terá lugar durante el desenrolo das tutorías dala materia.
No caso de situación de non presencialidad, terá lugar online, en horario de tutorías previamente concertadas, e a través do correo electrónico (diariamente) ou de Moodle.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordaráse al inicio do curso as tutorías específicas, ben mediante Moodle, ou ben concertadas telemáticamente a través do correo electrónico, e que sexan compatibles con a sua dedicación


4. Modificacións na avaliación:
non se preven modificacions nos porcentaxes de evaluación asignados a cada metodoloxía, e ainda cando o resumo fílmico sustitúa ao traballo tutelado, manten o mesmo porcentaxe do 30% que cubría iste derradeiro. Avaliarase a capacidade de síntese e interpretación das dimensións socioculturais por parte do alumno.


*Observaciones de evaluación: Prevense os xeitos de evaluación das metodoloxías en función dos contextos de presencialidad/non presencialidad.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Añadese un título introductoreo á bibliografía xeral da materia, y se comunica que no caso de confinamento, o alunnado poderá acceder a textos e artículos antropolóxicos na aplicación eLibro, a través da páxina web da Biblioteca UDC.
Os enlaces web aos films etnográficos obxecto de resumo y valoración iránse proporcionando ó alunnado durante el curso, ben presencialmente, ben a través do Moodle, dependendo do contexto presencial/no presencial.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Conocimiento de los componentes básicos de las desigualdades sociales y las diferencias culturales.
A12 Conocimiento de la especie humana a través de la cultura, parentesco y hábitat con especial atención a los pueblos preindustriales.
A35 Actitud crítica frente a las doctrinas y las prácticas sociales.
A36 Actitud de compromiso frente a los problemas sociales y culturales.
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B9 Reconocimiento a la diversidad y a la multiculturalidad.
B13 Razonamiento crítico.
B20 Conocimiento de otras culturas y costumbres.
B27 Capacidades en reconocer la complejidad de los fenómenos sociales.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Definir, contrastar e debater críticamente conceptos básicos da antropoloxía, asociándoos á diversidade de realidades e problemáticas das sociedades humanas encadradas nos diferentes dominios da cultura. A1
A12
A35
A36
B9
B13
B20
Describir e examinar, utilizando a etnografía, a diversidade, especificidade e regularidades dos fenómenos socioculturais, as súas problemáticas e as súas potencialidades, interpretándoas desde unha perspectiva comprometida e desenvolvida desde o punto de vista do local. A1
A12
A35
A36
B3
B9
B13
B27

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1º: Unha sistemática da antropoloxía social e cultural contemporánea DO TEMA 1º: Emerxencia de novos campos e fenómenos de investigación, e reconsideracións dos clásicos; Métodos e técnicas na antropoloxía contemporánea. Reflexividade, interpretación e reconfiguración do traballo de campo.
TEMA 2º: Antropoloxía económica e economía cultural. Culturas do traballo. DO TEMA 2º: A economía e as economías como dimensións da cultura. Teorías clásicas (formalismo, sustantivismo, enfoques marxistas). A economía cultural.; O intercambio. Teoría sobre o don de Mauss e debates posteriores. A mercadoría -Arjun Appadurai-. A produción. Sistemas de produción, modos de produción e correlatos socioculturais.; O traballo en perspectiva antropolóxica: dimensións simbólico-rituais do traballo e a actividade, e diversidade de perspectivas culturais en torno a este. As culturas do traballo.
TEMA 3º: A familia e o seu proceso de cambio. Modelos de convivencia familiar dende a comparación intercultural. A actualidade dos estudos de parentesco DO TEMA 3º: Teorías clásicas sobre o parentesco, a familia e o matrimonio; Familia e grupo doméstico; Os tipos de agrupación familiar e os procesos familiares contemporáneos en perspectiva cultural comparada; A actualidade dos estudos de parentesco.
TEMA 4º: Antropoloxía política. Poder, violencia e simbolismo político. DO TEMA 4º: Estruturas e sistemas políticos nas diferentes sociedades: Liñaxes segmentarias, bandas, xefaturas, big men, asociacións e sociedades, sistemas de grupos de idade, monarquías divinas, formacións estatales.Clientelismo. Os ámbitos de poder. O poder como discurso hexemónico incorporado. Colectivos "mudos" e "apoderamento". Nacionalismos e políticas de etnicidade. Vectores recorrentes na antropoloxía política: liderado, memoria, xerarquía, violencia. Análise da dimensión simbólico-ritual da acción política.
TEMA 5º: Asociacións, categorías e xerarquías sociais DO TEMA 5º: Xénero e idade. O privado e o público. Dominio e subordinación. Graos de idade e grupos de idade. Castas: varnas e jatis. As castas e a mobilidade social. Clases e estratos sociais. Clases culturais. O "capital simbólico" en Bourdieu. A complexidade na diferenciación social. O poder e os sen poder. Métodos de estudo da estratificación social.
TEMA 6º: Ritual, mito e simbolismo. Análises e interpretación antropolóxicas da acción simbólica e a narratividade DO TEMA 6º: A análise simbólica en antropoloxía. Antecedentes clásicos -simbolismo, relixión e sacrificio, totemismo-. Metodoloxía de Turner. A "Thick Description" de Geertz. Schneider, Leach, Mary Douglas e os "símbolos naturais", Cohen, Sperber. O mito, a historia e as narrativas na produción da realidade social cultural. Sahlins. A análise estrutural do mito e a hermenéutica cultural -Lisón-. O ritual como acción performativa: as súas propiedades e efectos. Van Gennep, de novo Turner, Rappaport.
TEMA 7º: Representacións, crenzas e estilos de pensamento DO TEMA 7º: Relixión, crenza e pensamento en Antropoloxía: Enfoques intelectualistas de Tylor, Marett, Frazer e Lang. Enfoques sociologistas de Robertson-Smith, Durkheim e Radcliffe-Brown. Morris. O pensamento prelóxico segundo Lévy-Bruhl. A tradución interpretativa das crenzas e o debate da racionalidade das formas de pensamento: Evans-Pritchard e Lienhardt. A réplica de Winch. Needham: crenza, linguaxe e experiencia. De pensamentos salvaxes, pensamentos civilizados, bricoleurs e enxeñeiros: o enfoque estrutural de Lévi-Strauss. Clasificacións simbólicas e estilos de pensamento: Mary Douglas e o método de « Group & Grid ». O problema da práctica. Estrutura e práctica, habitus esquemas culturais e paradigmas-raíces: de Bourdieu a Sherry Ortner pasando por Turner, Giddens e Sahlins,
TEMA 8º: Outros campos de análises antropolóxicas contemporáneas DO TEMA 8º: A nova Antropoloxía médica; risco e cultura; Antropoloxía e tecnoloxías emerxentes; Antropoloxía do deporte; Antropoloxía, cerebro, mente e conciencia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A12 B20 52 0 52
Proba obxectiva A12 B3 B20 B27 2 20 22
Resumo A1 B3 B13 7 25 32
Discusión dirixida A35 A36 B9 30 10 40
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral · Sesión maxistral: Explicación polo profesor dos contidos da materia na aula (se presencialmente). Complementarase con materiais visuais de apoio -esquemas e presentacións en Power-Point. O obxectivo destas sesións consistirá en proporcionar, desenvolver e orientar aos alumnos nos coñecementos acerca dos contidos, teorías e complexidades dos fenómenos da cultura, e estimular debates participativos sobre todo iso. Un obxectivo engadido consistirá en fomentar o recoñecemento da diversidade característica do modo de manifestarse os fenómenos culturais.

En condicións de presencialidad, recoméndase a asistencia regular ao curso, en referencia ao aproveitamento do impartido nas sesións presenciais.

En condicións de non-presencialidad, a sesión maxistral será conducida mediante sesións a través da aplicación Teams (para os dous grupos maiores), e proporcionando resumos dos diferentes temas do programa a través da plataforma Moodle
Proba obxectiva · A proba obxectiva consistirá nunha proba escrita, ao fin do curso cuadrimestral, sobre os coñecementos alcanzados polo alumno, que consistirá no desenvolvemento argumental apoiado en exemplos etnográficos, desde un pequeno listado temático proporcionado polo profesor. Valoraranse os coñecementos básicos sobre as culturas desde o ángulo antropolóxico, a capacidade de recoñecemento da complexidade social , a capacidade de análise e síntese e as actitudes cara á diversidade cultural.

En condicións de presencialidade, recoméndase a asistencia regular ao curso, en referencia á preparación e subseguinte avaliación desta proba obxectiva.

De precisarse a realización online da proba, esta poderá ser realizada como 'tarea' a desarrollar a través da plataforma Moodle, e consistirá no desenrolo de dous epígrafes do temario da materia, seguidos de cadanseu exemplo etnográfico.
Resumo · O resumo consistirá na elaboración polo alumno dun único traballo de resumo e comentario crítico elaborado sobre o argumento sociocultural e a técnica de elaboración de dous filmes etnográficos, seleccionados polo mesmo, de entre máis dunha vintena que se proxectarán na aula durante o curso (en condicións de presencialidad), ou -alternativamente- cuxos ligazóns serán semanalmente proporcionados a través de Moodle polo profesor, para o seu visionado e análise autónoma (en condicións de non presencialidad).Será entregado a mediados-finais de decembro
Discusión dirixida · Discusión dirixida: presentación e debate en clase, durante as sesións de prácticas de grupos, de textos seleccionados polo seu valor teórico-etnográfico, acordes coa unidade temática que se estea desenvolvendo nese tempo, e na que tras a presentación dun resumo esquemático do texto desenvolvida por grupos de 3-5 alumnos, todos poden intervir con comentarios a aspectos da devandita lectura. Valorarase como se argumenta crítica e comprometidamente.

En condicións de presencialidade, recoméndase a asistencia regular ao curso, en referencia á participación en, e avaliación de, as discusións dirixidas.

En caso de non presencialidade, os grupos de alumnos substituirán a presentación en clase do texto que lles for asignado, por pequenos traballos colectivos con extensión máxima de cinco páxinas, aos que se poderá engadir mapas conceptuais da materia tratada. Estes traballos enviaranse por Moodle ao profesor, a data en que lles correspondeu a presentación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Resumo
Sesión maxistral
Discusión dirixida
Descrición
AA atención personalizada realizarase de forma individual respecto ao resumo fílmico e as discusións dirixidas cando a retroalimentación de face ao alumno así o requira.
En caso de situación de presencialidad, terá lugar durante o desenvolvemento das tutorías da materia.
En caso de situación de non presencialidad, terá lugar online, en horario de tutorías previamente concertadas, e a través de correo electrónico.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao comezo do curso as tutorías específicas, ben ás que asistir, ou ben concertadas telemáticamente a través de correo electrónico, e que sexan compatibles coa súa dedicación

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Resumo A1 B3 B13 O resumo unitario dos dous films etnográficos terá unha extensión máxima de 10 páxinas, e computará un valor do 30% no conxunto da cualificación global. Valorarase particularmente o esforzo e destreza na síntese e comentarios críticos sobre os films, a traballar por cada alumno, así como a selección e tratamento dos conceptos crave do argumento fílmico. 30
Proba obxectiva A12 B3 B20 B27 A proba obxectiva considérase como un exame único ao final de curso, no que o alumno desenvolverá argumentalmente dous cuestións de rango intermedio, elixidas dentro dun listado temático proporcionado polo profesor (50% da cualificación desta Proba obxectiva), e en combinación con sendos exemplos etnográficos ilustrativos de cada tema teórico proposto (que supoñen outro 50% da cualificación). En conxunto, a cualificación da Proba obxectiva supón un valor do 50% da nota global. É requisito inescusable superar esta Proba obxectiva para considerar os outros elementos de avaliación. 50
Discusión dirixida A35 A36 B9 A discusión dirixida avaliarase sobre a comprensión, habilidade expositiva e criterio argumental crítico de cada alumno na súa presentación do seu respectivo resumen-esquema da lectura que lle será asignada; lecturas que se irán entregando ao longo do curso. Achega un 20% da consideración evaluativa.

En caso de non presencialidad, a avaliación realizarase sobre o escrito en formato dixital entregado por cada grupo de 3-5 alumnos que traballasen un mesmo artigo ou capítulo de libro.
20
 
Observacións avaliación
Para a evaluación da 2ª oportunidade, realizarase unha media ponderada dos resultados da proba obxectiva(50% da calificación final)con as resultantes das outras duas metodoloxías (30% y 20%, respectivamente).O alumno deberá realizar a proba obxetiva na data da convocatoria de 2ª oportunidade (ben presencialmente, ben online, dependendo das circunstancias na data), si non tera superado ou asistido a tal proba na 1ª convocatoria. Si o resumo fílmico ou a discusión dirixida foran a causa de non superar a materia na 1ª oportunidade, deberá presentar o resumo fílmico e/ou o escrito-resumen da discusión dirixida en esta 2ª oportunidade


No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia seguiránse os mesmos criterios de evaluación para a 1ª y 2ª oportunidade que para o restante alunnado, inda que, no caso da "discusión dirixida" sustituirase, para os primeiros, a presentación oral en clase pola entrega do esquema-resumo de algunha das lecturas indicadas.

Fontes de información
Bibliografía básica Ingold, Tim ((2020)). "Antropología: ¿por qué importa?". Madrid, Alianza
Wolf, E. ((1982)). "Aspectos económicos del campesinado", en Id., Los campesinos.. Madrid, Labor
Blim, Michael ((2005)). "Culture and economy", en J.G. Carrier, A Handbook of Economic Anthropology.. Northampton, Mass., Edward Elgar Publishing
Munarriz, Luis ((2005)). "La conciencia humana", en id. (ed.) La Conciencia humana: perspectiva cultural.. Barcelona, Anthropos
Evans-Pritchard, E. ((1979)). "La realeza divina de los Shilluk del Sudán"., en Llobera, J.R.: Antropología política.. Barcelona, Anagrama
Beattie, J. ((1974)). "Matrimonio y afinidad", cap. VIII de Id.: Otras Culturas. Madrid, Fondo de Cultura Económica
Turner, V. ((1990)). "Símbolos en el ritual Ndembu", cap. 1º de Id.: La selva de los símbolos.. Madrid, Siglo XXI.
Morris, Bryan. ((2009)). Cap. 1º de Religión y antropología.. Madrid, Akal.
Lisón Tolosana, Carmelo, ed., ((2007) ). Introducción a la antropología social y cultural. Teoría, método y práctica.. Madrid, Akal.
Peacock, J.L. ((2005)). La lente antropológica. cap. 1º: “Materia". Madrid, Alianza
Sanroman, T. / González Echevarría, A ((2003)). Las relaciones de parentesco. Caps. 3 y 6. Barcelona, Universidad Autónoma de Barcelona
Good, Byron ((2003)). Medicina, racionalidad y experiencia.. Barcelona, Bellaterra
Fernández de Rota, J.A. ((2005)). Nacionalismo, cultura y tradición.Cap. 2º. Barcelona, Anthropos.
Augé, Marc / Jean-Paul Colleyn ((2005) ). Qué es la antropología. Barcelona, Paidós
Lisón Tolosana, Carmelo ((2012)). Teoría etnológica de Galicia. Madrid, Akal
Buxó, Mª. J. ((2007)). “Antropología aplicada”, en Lisón, C., ed.: cap. XIV. Madrid, Akal
Miquel, A. ((2007)). “Antropología económica”, en Lisón, C. op.cit., cap IV. Madrid, Akal
Godelier, M. ((1981)). “Antropología y economía: análisis de la producción, circulación y consumo de los bienes económicos”, cap. Iº de, id. Instituciones económicas.. Barcelona, Anagrama
Mairal, G. ( (2007)). “Culturas del riesgo. Antropología para una sociedad científica y tecnológica”, en Lisón, C.: op. cit., cap. XIII. Madrid, Akal
Gómez Pellón, E. ((2007)). “El patrimonio cultural: memoria e imagen del grupo social”, en Lisón, C., ed.: op. cit., cap. XVI. Madrid, Akal
Rappaport, R. ((2002)). “El ritual y sus formas”. Cap. 2º de Id., Ritual y religión.. Madrid, Cambridge U.P.
McCombie, S. ((1999)). “Folk. Flu and Viral Síndrome: An Anthropological Perspective”, en Hahn, R., ed. Anthropology in Public Health. New york, Oxford U.P. USA
Appadurai, A. ((1988)). “Introduction: commodities and the politics of value" in The Social Life of Things. cambridge, Cambridge Un. Press
Geertz, C. ((1988)). “Juego profundo. Notas sobre la riña de gallos en Bali”, en Id., La interpretación de las culturas. . Barcelona, Gedisa.
González Alcantud, J.A. ((2007)). “La antropología política”, en Lisón, C.: op. cit., cap. VIII. Madrid, Akal
Douglas, M. ((1998)). “La elección entre lo somático y lo espiritual: algunas preferencias médicas”, en Id., Estilos de pensar.. Barcelona, Gedisa.
Lévi-Strauss, C. ((1995)). “la familia”, en Lévi-Strauss, Spiro y Gough Polémica sobre el origen y universalidad de la familia humana.. Barcelona, Anagrama.
Cohen, A. ((2013)). “La mística del poder”, en Cañedo, Montserrat "Cosmopoliticas. Barcelona,Gedisa.
Gledhill, J. ((2000)). “Para situar lo político: una antropología política actual.”; cap. 1º de Id., El poder y sus disfraces.. Barcelona, Bellaterra
Lévi-Strauss, C. ((2007)). “Pensamiento ‘primitivo’ y mente ‘civilizada’”, en id., Mito y significado. Madrid, Alianza
Couceiro, E. ((2007)). “Religión y creencia. Cultura de los fundamentos y ultimidades existenciales”, en Lisón, C.: op. cit., cap. XVIII. Madrid, Akal
Couceiro, E. ((2007)). “Rito, mito y símbolo: acción, palabra e imagen en la construcción de los mundos culturales”, en Lisón, C.: op. cit., cap. XVII. Madrid, Akal
Rivas, A. ((2007)). “Transformaciones socioculturales y cambios familiares: continuidades y rupturas”, en Lisón, C. op.cit., cap. V. Madrid, Akal
Álvarez Munárriz, Luis ((2007)). “Visión histórico-sistemática de la Antropología social”, en Lisón, Introducción a la antropología social y cultural…, op. cit, cap.II. Madrid, Akal
En situación de non presencialidad, existe posibilidade de acceso a libros e lecturas de antropoloxía en e-Libro, a través da páxina da Biblioteca da UDC.
Bibliografía complementaria (). .


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Metodoloxía da investigación etnográfica/615G01403

Observacións

Sin observaciones ni recomendaciones específicas



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías