Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Economía política Código 615G01104
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Martin Palmero, Federico Guillermo
Correo electrónico
f.g.martin@udc.es
Profesorado
Martin Palmero, Federico Guillermo
Correo electrónico
f.g.martin@udc.es
Web
Descrición xeral Este curso está estruturado de forma que resulte o máis fácil posible introducir ao/a alumno/a nos conceptos e instrumentos básicos da Economía. Os atributos que se pretende que caractericen este curso son a claridade e a sencillez, tendo siempre en conta o necesario rigor e ofrecendo ao/a alumno/a unha estrutura lóxica e sólida de coñecementos de Economía, de fundamental importancia na súa formación universitaria.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Conocimientos básicos de macroeconomía.
A20 Capacidades para adecuar los objetivos a los recusos económicos, temporales y humanos.
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B4 Resolución de problemas.
C8 Valorar la importancia que tiene la investigación, la innovación y el desarrollo tecnológico en el avance socioeconómico y cultural de la sociedad.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os fundamentos da análise económica e as súas implicacións sociolóxicas. Introducirse no uso de metodoloxías e das diferentes técnicas de análise. A20
C8
Adquirir coñecementos básicos de microeconomía e macroeconomía con especial atención á aplicación de políticas económicas. A6
Avaliar as capacidades de análise e sintese do/a alumno/a en relación á materia impartida a partir da resolución de problemas e supostos prácticos. B3
B4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: ¿QUE É A ECONOMÍA?
1.1. Introducción.
1.2. Principios básicos
1.3. Modelos económicos: A FPP e o comercio
1.4. As representacións gráficas en economía
TEMA 2: OFERTA E DEMANDA 2.1. Oferta e demanda
2.2. O equilibrio de mercado
2.3. A elasticidade
2.4. Modelos dinámicos: a tea de araña
TEMA 3: AXENTES E MERCADOS 3.1. Excedente do consumidor e do productor
3.2. A toma de decisións
TEMA 4: O PRODUCTOR 4.1. ¿Qué hai detrás da curva de oferta?: Factores productivos e custos
4.2. Competencia perfecta e a curva de oferta
TEMA 5: O CONSUMIDOR 5.1. O consumidor racional
5.2. As preferencias e a elección do consumidor
TEMA 6: MERCADOS E EFICIENCIA 6.1. Mercados de factores e distribución da renda
6.2. Eficiencia i equidade
6.3. Os bens públicos e as externalidades
TEMA 7: ESTRUTURA DE MERCADO: MÁIS ALÁ DA COMPETENCIA PERFECTA 7.1. Monopolio
7.2. Oligopolio e competencia monopolística
7.3. Competencia monopolística e diferenciación de producto
7.4. Análise comparativa das distintas estruturas de mercado

TEMA 8: INTRODUCCIÓN Á CONTABILIDADE NACIONAL. 8.1. Introducción.
8.2. A renda ou producto nacional.
TEMA 9: A DEMANDA AGREGADA E A RENDA DE EQUILIBRIO. 9.1. Introducción.
9.2. A demanda agregada e a producción de equilibrio.
9.3. Aumento da demanda agregada: O multiplicador do gasto.
9.4. Introducción do Sector Público na determinación da renda de equilibrio.
TEMA 10: O DIÑEIRO E OS BANCOS COMERCIAIS. 10.1. Introducción.
10.2. O diñeiro: orixe, tipoloxía e funcións.
10.3. Os bancos comerciais e a creación de diñeiro.
10.4. A demanda de diñeiro.
10.5. Os intermediarios financeiros.
TEMA 11: O BANCO CENTRAL E A POLÍTICA MONETARIA. 11.1. Introducción.
11.2. As funcións dol Banco Central.
11.3. O control da cantidade de diñeiro.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A20 C8 35 42 77
Solución de problemas B4 6 18 24
Proba obxectiva A6 B3 B4 4 40 44
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As actividades de docencia presencial do curso abranguerán clases maxistrais, ademais das clases prácticas. Nas clases maxistrais explicaranse os temas centrais do curso de forma detida, proporcionando toda a información para que o/a alumno/a poda desenvolver o correcto seguimento do curso. A asistencia, de acordo coa guia da titulación, se considera obrigatoria e de fundamental importancia para o correcto seguimento do curso e das actividades propostas polo/a profesor/a. Os/as profesores/as encargados da docencia determinarán as tecnoloxías da información e comunicación que os/as alumnos/as poden utilizar para o desenvolvemento e seguimento das mesmas.
Solución de problemas Os/as alumnos/as realizarán diferentes traballos sobre temas especificos e supostos prácticos recomendados polo profesor/a. Estes traballos valoraran a capacidade de recompilar, sintetizar e a aportación que cada alumno/a poda facer en canto ao estilo, enfoque e procedemiento segundo orientación do profesor/a.
Proba obxectiva A materia terá os exames finais ordinarios nas convocatorias e datas programadas pola Facultade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
Os/as alumnos/as deberán presentarse no despacho do profesor/a co fin de concretar os aspectos esenciais da materia para axudar ao seu estudo, nas datas e horarios que se indiquen.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 B3 B4 Estas probas representarán o 80% da nota final. Realizaranse nas convocatorias oficiais segundo o calendario fixado pola Facultade. En función da evolución do curso poderá realizarse un exame pre-final, previo ás probas obxectivas e que poderá ter carácter liberatorio.
Os/as profesores/as encargados/as da materia determinarán o tipo de material e recursos que poderán utilizarse nos exames, quedando
terminantemente prohibido o uso de dispositivos e teléfonos móbiles. Se se permitise o uso de calculadoras, cada alumno/a deberá vir provisto da súa, para o seu uso individual e exclusivo. Unha vez comezadas as probas obxectivas, quedará prohibido o acceso a éstas aos/as alumnos/as que accedan máis tarde da hora fixada para o comezo dos exames.
80
Solución de problemas B4 Estes traballos representarán o 20% da nota final e a cualificación obtida nos mesmos, desenvolvidos ao longo do curso, manterase para a oportunidade de Xullo. Valoraranse os supostos prácticos e a resolución de problemas realizados polo/a alumno/a. O prazo e o modo de entrega serán de obligado cumprimiento. Non se admitirán excepcións. 20
 
Observacións avaliación
De acordo co establecido no Artigo 7.5 da Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello Social o 4 de maio de 2017), non se admite a dispensa de asistencia a clase nesta materia.
As actividades de docencia presencial do curso abarcarán clases teóricas e clases prácticas.

Fontes de información
Bibliografía básica Mankiw, N.G. y Taylor, M.P. (2017). Economía. Ed. Paraninfo
Francisco Mochón (2009). Economía Teoría y Política.. McGraw-Hill
Krugman, P. Wells, R. y Graddy, K. (2015). Fundamentos de Economía. Ed. Reverté

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías