Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Métodos e técnicas de Investigación social Código 615G01105
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Álvarez Sousa, Antonio
Correo electrónico
antonio.alvarez@udc.es
Profesorado
Álvarez Sousa, Antonio
Correo electrónico
antonio.alvarez@udc.es
Web http://www.udc.es/ucv
Descrición xeral Esta materia introduce ao alumnado na investigación sociolóxica tanto desde un punto de vista teórico como desde un punto de vista práctico. Reflexiónase sobre a metodoloxía científica en xeral e sobre a investigación social en particular, explicando especificamente as diferenzas entre as técnicas de investigación social cuantitativas e cualitativas. Tamén se explican as diferentes fases do proceso de investigación social.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Conocimiento y dominio de la metodología de las ciencias sociales y de sus técnicas básicas y avanzadas (cuantitativas y cualitativas) de investigación social; con especial atención a los aspectos de muestreo y de los programas informáticos de aplicación.
A14 Capacidades en elaborar, utilizar, e interpretar indicadores sociales e instrumentos de medición social.
A15 Conocimientos y habilidades para plantear y desarrollar una investigación aplicada en las diferentes áreas de la sociedad.
A16 Conocimientos y habilidades técnicas para la produción y el análisis de los datos cuantitativos y cualitativos.
A26 Saber elegir las técnicas de investigación social (cuantitativas y cualitativas) pertinentes en cada momento.
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B4 Resolución de problemas.
B6 Comunicación oral y escrita en la lengua nativa.
B12 Trabajo en equipo.
B13 Razonamiento crítico.
B18 Creatividad.
B21 Aprendizaje autónomo.
B23 Iniciativa y espíritu emprendedor.
B27 Capacidades en reconocer la complejidad de los fenómenos sociales.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A/o alumna/o coñecerá os métodos e técnicas das ciencias sociais, diferenciando entre as técnicas de investigación cualitativas e cuantitativas. A7
A15
A16
A26
A/o alumna/o saberá elixir as técnicas de investigación social (cuantitativas e/ou cualitativas) pertinentes en cada momento. A26
A/o alumna/o identificará as diferentes fases dun proceso de investigación cuantitativo A7
A14
A15
A16
B3
B4
B27
A/o alumna/o identificará as diferentes fases dun proceso de investigación cualitativo A7
A14
A15
A16
B3
B4
B27
A/o alumna/o saberá identificar e reflexionar criticamente sobre as fases dun proceso de investigación, desenvolvendo una metodoloxía cualitativa e cuantitativa. A14
A15
B3
B4
B6
B12
B13
B18
B21
B23
B27
C1
A/o alumna/o saberá comunicar e expresarse con claridade e razoamento crítico B6
B13
C1

Contidos
Temas Subtemas
1.- Os enfoques cuantitativo e cualitativo na investigación científica
1.1.- Definición e enfoques da investigación social
1.2.- Características do enfoque cuantitativo de investigación
1.3.- Características do enfoque cualitativo de investigación
1.4.- Diferencias entre o enfoque cuantitativo e cualitativo
2.- O proceso de investigación cuantitativa 2.1.- Formulación do problema cuantitativo
2.2.- Desenvolvemento da perspectiva teórica: revisión da literatura e construción do marco teórico
2.3.- Definición do alcance da investigación a realizar: exploratoria, descritiva, correlacional ou explicativa
2.4.- Formulación de hipótese
2.5.- Concepción ou elección do deseño de investigación
2.6.- Recolección de datos cuantitativos
2.7.- Análise de datos cuantitativos
2.8.- O reporte de resultados do proceso cuantitativo
3.- O proceso de investigación cualitativa 3.1.- O inicio do proceso cualitativo: formulación do problema, revisión da literatura, xurdimento de hipótese e inmersión no campo
3.2.- Mostraxe na investigación cualitativa
3.3.- Recolección e análise de datos cualitativos
3.4.- Deseños do proceso de investigación cualitativa
3.5.- O reporte de resultados do proceso cualitativo
4.- Os procesos mixtos de investigación 4.1.- En qué consiste o enfoque mixto
4.2.- Por qué utilizar o enfoque mixto
4.3.- O proceso mixto
4.4.- Deseños mixtos específicos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A14 A15 A16 A26 B3 B27 39 0 39
Traballos tutelados B3 B4 B6 B12 B13 B18 B21 B23 C1 30 45 75
Proba obxectiva A7 A14 A15 A16 A26 B3 B27 C1 2 33 35
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Cada tema indicado nos contidos será explicado polo profesor nas clases. Dita explicación será acompañada de material didáctico
Traballos tutelados Os/as alumnos/as realizarán un traballo en grupos de 2-3 persoas. O traballo consistirá na análise dun artigo feito con metodoloxía cuantitativa ou cualitativa, explicando cada fase da investigación.
Ao longo do curso o profesor -seguindo as fontes de información indicadas-, tutelará ao alumnado explicando con detalle cada unha das fases, con exemplos concretos de investigacións xa feitas e publicadas. Deste xeito, os/as alumnos/as terán orientación tutelada de cada unha das fases dos traballos. Sen embargo, o alumnado ten que saber aplicar dito proceso de xeito autónomo.
Os traballos serán entregados ó profesor na data que se lle indique, sempre antes de rematar as clases, e será exposto na aula ante o resto dos/as alumnos/as e do profesor.
Proba obxectiva Realizarase una proba obxectiva dos temas recollidos nos contidos e explicados nas sexións maxistrales.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Sempre que o alumno/a o precise en horario de titorías. O menos nunha ocasión durante o curso, o/a alumno/a deberá acudir as titorías para que o profesor coñeza a súa situación respecto a materia e facer suxerencias sobre posibles dificultades.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A14 A15 A16 A26 B3 B27 C1 Examen da teoría no que entran os distintos temas dos contidos explicados na clase 50
Traballos tutelados B3 B4 B6 B12 B13 B18 B21 B23 C1 Valorarase o dominio que demostre o alumnado en cada unha das fases do proceso de investigación. Valorarase, sobre todo, a autonomía manifestada polos alumnos, que demostre a capacidade que terán no futuro cando teñan que facer unha investigación. 50
 
Observacións avaliación
Para poder aprobar a materia o alumno necesita ter un mínimo de 5 puntos sumando o traballo (máximo 5 puntos) e a proba obxectiva (polo que se poden ter un máximo de 5 puntos). En todo caso, para aprobar é necesario ter un mínimo de 2 puntos de xeito individual en cada unha das partes, traballo e proba obxectiva. Si o alumno non ten ese mínimo de 2 puntos nunha das partes, será mantida para convocatoria de xullo a nota da outra parte na que ten máis de dous puntos, pero terá que repetir a parte suspensa. Cando unha das partes teña menos de dous puntos, nas actas aparecerá a nota da parte suspensa.

Fontes de información
Bibliografía básica Hernández Sampieri, R.; Fernández Collado, C. y Baptista Lucio, M. P. (2010). Metodología de la investigación. Madrid: McGraw-Hill

Bibliografía complementaria García Ferrando, M.; Ibáñez, J. y Alvira Martín, F. (coord.) (2000). El análisis de la realidad social. Madrid: Alianza
Ispizua, M. A. y Ruiz Olabuénaga, J. I. (1989). La descodificación de la vida cotidiana: métodos de investigación cualitativa. Bilbao: Universidad de Deusto
Corbetta, P. (2010). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw-Hill
Viedma, A. y Callejo, J. (2005). Proyectos y estrategias de investigación social: la perspectiva de la intervención . Madrid: McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Estatística aplicada ás ciencias sociais 2/615G01201
Análise multivariante de datos sociais/615G01206
Metodoloxía da investigación por enquisas/615G01303
Metodoloxía da investigación etnográfica/615G01403
Metodoloxía, técnica e estratexias para o deseño e elaboración de proxectos e traballos de investigación/615G01406
Análise sociolóxica de textos e discursos/615G01407

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías