Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Teoría sociolóxica 1 Código 615G01110
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Rodríguez Rodríguez, María del Carmen
Correo electrónico
carmen.rodriguez2@udc.es
Profesorado
Gomez Rodriguez, Sergio
Lubián Graña, Carlos
Rodríguez Rodríguez, María del Carmen
Correo electrónico
sgomez@udc.es
carlos.lubian@col.udc.es
carmen.rodriguez2@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia aborda, de forma introdutoria, os/as autores/as, correntes e conceptos da Teoría Sociolóxica Clásica. Trátase dunha materia onde se ofrecen as referencias e os trazos básicos da historia da Socioloxía, prestando especial atención ao proceso de aparición desta disciplina.

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 Análisis de los principales conceptos y generalizaciones sobre la sociedad humana y sus procesos.
A11 Aprendizaje de la historia de la teoría sociológica y sus principales escuelas hasta la actualidad.
A24 Conocimientos y habilidades en transmitir los conceptos, problemáticas y perspectivas sociológicas.
A35 Actitud crítica frente a las doctrinas y las prácticas sociales.
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B4 Resolución de problemas.
B6 Comunicación oral y escrita en la lengua nativa.
B13 Razonamiento crítico.
B18 Creatividad.
B25 Capacidades para relacionar los conocimientos de la sociología y de otras disciplinas afines.
B27 Capacidades en reconocer la complejidad de los fenómenos sociales.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Definir os conceptos fundamentais da teoría sociolóxica clásica A11
A24
B3
B6
Recoñecer e identificar na realidade actual os conceptos fundamentais da teoría sociolóxica clásica A9
A11
A24
B3
B4
B6
B13
B18
B27
C1
C7
Adquirir o coñecemento teórico máis relevante da historia da socioloxía clásica e ser capaz de aplicalo ao estudo da realidade social nas súas diferentes vertentes A9
A11
A24
A35
B3
B6
B13
B18
B25
C7
Analizar unha monografía sociolóxica e expresar os aspectos máis importantes da mesma A35
B3
B4
B6
B13
B18
B25
C1
C7
Buscar información, reflexionar sobre ela e presentala oralmente A24
A35
B3
B4
B6
B13
B18
B25
C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Precursores da Socioloxía A herdanza da Ilustración
Tema 2. A teoría social Tönnies. Tocqueville
Tema 3. Os fundadores e as fundadoras da Socioloxía O positivismo, o historicismo e o evolucionismo
Tema 4. Formalismo, valor, saber e símbolo Simmel. Mannheim
Tema 5. Teoría do conflicto Marx
Tema 6. Centralidade dos clásicos Durkheim. Weber
Tema 7. Socioloxía económica e social Veblen. Marshall
Tema 8. A acción social. Fenomenoloxía Pareto. Schutz

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A11 A35 B25 B27 C7 22 0 22
Traballos tutelados A9 A24 B4 B6 B13 B18 C1 22 30 52
Lecturas A9 A11 B3 0 20 20
Presentación oral A24 B3 B4 B6 B13 B18 C1 2 10 12
Proba obxectiva A9 A11 A24 B3 B6 B13 C1 2 38 40
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral É o método tradicional da docencia no que tanto a iniciativa como o peso principal da actividade recaen sobre o profesor. Supón un perigo importante de provocar actitudes pasivas por parte do alumnado e limitar así a súa capacidade de aprendizaxe. Con todo, unha clase maxistral ben preparada, densa nos contidos e amena na forma, será sempre un instrumento interesante na educación.
Ademais, a clase expositiva, a lección maxistral, non debe ir soa na formulación dunha materia como esta. É necesario complementar este método pedagóxico máis tradicional coa introdución doutras actividades e métodos que permitan un rol máis activo dos estudantes.

Neste tipo de clases tentarase promover unha participación que nos permita un mínimo feed-back do nivel de comprensión e de asimilación en cada tema e desenvolver debates sobre temas actuais e concretos relacionados coas cuestións teóricas tratadas.

A participación do alumnado neste tipo de clases é moi importante e valorarase.

Con estes requisitos, a clase expositiva, mesmo cun número amplo de alumnos (a asistencia voluntaria sempre limita o número real), pode conseguir, en primeiro lugar, unha transmisión adecuada de coñecementos, preferentemente daqueles que poidan ser de difícil acceso ou asimilación. En segundo lugar, debe converterse no espazo da síntese, da crítica, da interrelación de ideas e da profundización de coñecementos. En terceiro lugar, na clase deben achegarse orientacións claras para a aplicabilidade dos coñecementos transmitidos e exemplos concretos da práctica social dos mesmos.
Traballos tutelados Os traballos tutelados ou prácticas de clase (feitas de forma individual ou grupal) terán distinto formato e tratarán sobre distintos temas. Supoñen a ocasión para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia.
Lecturas Nalgúns temas do programa existen un número determinado de lecturas obrigatorias que permiten a adecuada comprensión da materia. Evitan ademais a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións. Son unha guía dos contidos da materia.

Ademais, nalgunhas sesións prácticas utilizaranse para dinamizar debates e para saber interpretar autores e conceptos.
Presentación oral Unha presentación oral sobre un tema da materia será exposta en clase (de forma grupal) a final de curso.
Proba obxectiva Exame final sobre os contidos da materia explicados nas sesións maxistrais e os recolleitos nas lecturas obrigatorias. A data é marcada oficialmente pola UDC.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
A atención personalizada desta materia desenvolverase de forma presencial e non presencial. Para a comprensión das lecturas e para a realización dos traballos tutelados contaredes coa presenza do profesorado na aula durante as sesións en grupos reducidos e, ademais, poderedes programar as titorías presenciais que consideredes necesarias no horario que se comunicará ao comezo de curso. Tamén o profesorado estará dispoñible de forma non presencial preferiblemente a través do correo electrónico (e tamén a través de Teams e do campus virtual).

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto co profesorado ao comezo do curso e terán que asistir a unha titoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase en dous traballos (40% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (60% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados como o exame.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A24 B4 B6 B13 B18 C1 Considéranse traballos tutelados as prácticas expostas en clase (valoraranse as prácticas, a asistencia e a participación).
En todos estes traballos valorarase:
-A comprensión e manexo dos conceptos, textos e autores.
-O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social.
-O pensamento crítico, reflexivo e relacional.
-A orixinalidade.
-A correcta expresión escrita.
-A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso).
30
Proba obxectiva A9 A11 A24 B3 B6 B13 C1 Exame escrito con preguntas breves e/ou de desenvolvemento sobre o contido da materia.
Nel valorarase:
-O manexo de conceptos, autores e teorías.
-A comprensión da materia da materia.
-A coherencia do discurso.
-A correcta expresión escrita.
60
Presentación oral A24 B3 B4 B6 B13 B18 C1 A presentación oral é obrigatoria.
Nela valorarase:
-O dominio e comprensión do tema.
-A capacidade de síntese.
-A correcta expresión oral.
-A creatividade.
-O traballo en grupo.
10
 
Observacións avaliación
Avaliación continua.

A parte práctica (o conxunto de prácticas e actividades de clase, a exposición, a asistencia e a participación) supoñerá o 40% da cualificación, o exame final o 60%. Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado.

As prácticas que se realizarán ao longo do cuadrimestre terán un contido variado.

O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC.

Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame. Se se suspende algunha das partes, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10.

Avaliación non continua.

Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso e terán que asistir a unha titoría para concretar as metodoloxías de avaliación.

A súa avaliación basearase en dous traballos (40% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (60% da nota).

Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados como o exame. Se se suspende algunha das partes, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10.

Segunda oportunidade.

A aqueles que teñan aprobada a parte práctica da materia pero non se presenten ou suspendan o exame teórico da primeira convocatoria gardaránselles as notas da parte práctica pero terán que presentarse a un exame teórico nas datas oficiais marcadas pola UDC (en segunda oportunidade).

Aqueles que teñan que recuperar a parte práctica por suspendela deberán facer o mesmo exame teórico que os seus compañeiros que a teñan superada e ademais responder a unha ou varias cuestións para recuperar a parte práctica (a parte teórica do exame valerá un 60% da nota e a parte práctica un 40%). 

Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto a parte práctica como o exame teórico. Se se suspende algunha das partes, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica FERRAROTTI, F. (1975). El pensamiento sociológico: de A. Comte a M. Horkheimer. Barcelona, Península
SCHUTZ, A (1974). Estudios sobre teoría social. Buenos Aires. Amorrortu
ZEITLIN, I. (1968). Ideología y teoría sociológica. Buenos Aires, Amorrortu
NISBET, R (1977). La formación del pensamiento sociológico. Buenos Aires, Amorrortu
RODRÍGUEZ IBAÑEZ, J.E. (1984). La perspectiva sociológica. Historia, teoría y método. Madrid, Taurus
GONZÁLEZ SEARA, L. (1971). La sociología: Aventura dialéctica. Madrid, Tecnos
ARON. R (1980). Las etapas del pensamiento sociológico. Buenos Aires, Siglo XXI
IGLESIAS, C. et al. (1980). Los orígenes de la teoría sociológica. Madrid, Akal
BERIAIN, J. ITURRATE, J.L. (ed.) (2008). Para comprender la teoría sociológica. Estella, Editorial Verbo Divino
MOYA, C (1975). Sociólogos y sociología. Madrid, Siglo XXI
GINER, S. (2001). Teoría sociológica clásica. Barcelona. Ariel
RITZER, G (1993). Teoría sociológica clásica. Madrid, MacGraw-Hill

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Teoría Sociolóxica I/615011202
Teoría Sociolóxica II/615011302
Teoría Sociolóxica (I e II)/615011713
Teoría Sociolóxica 2/615011723

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Filosofía e Metodoloxía das Cc. Sociais/615011104

Materias que continúan o temario
Filosofía e Metodoloxía das Cc. Sociais/615011104

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías