Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Sistemas políticos comparados Código 615G01202
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Miguez Gonzalez, Santiago
Correo electrónico
santiago.miguez@udc.es
Profesorado
Miguez Gonzalez, Santiago
Correo electrónico
santiago.miguez@udc.es
Web http://http://www.sociologia.udc.es/
Descrición xeral O principal obxetivo desta materia é proporcionar coñecemento relevante sobre os sistemas políticos contemporáneos, con especial énfase na súa recente historía e situación actual, desenvolvendo capacidades para o estudio comparado. Seguindo varios modelos de análise das diferentes dimensións dos rexímenes políticos (institucións, procesos políticos, cultura política, etc.) prestase especial atención aos rexímenes democráticos occidentais pero tamen. faise unha aproximación a realidade actual dos rexímenes políticos doutras rexións (America Latina, Africa etc.).
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Proba obxectiva.
Traballos tutelados.
Estudo de casos.
Lecturas.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral. Pasaría a Aula virtual con Teams

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico. Diariamente para consultas, propostas e suxerencias para encontros virtuais e para o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle. Diariamente. Sesiones de Chat. Foro de novas. Foros de actividade específica. Foro aberto para intercambio de información e debates.
- Teams.
A) Unha sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade
B) De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”.

4. Modificacións na avaliación.
Serán as mesmas que figuran na guía docente agas as referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións presenciais ate o momento da suspensión das mesmas. Non tera efecto o anterior para o alumnado con dedicación parcial e con dispensa académica de asistencia

*Observacións de avaliación:
Para o alumnado con dedicación completa mantense o plan de evaluación continua a través de Moodle e Teams. Para o alumnado a tempo parcial as probas e tareas poderán reemplazarse por probas on-line en Moodle.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (tareas, traballos tutelados e probas on-line).
Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
A 2ª oportunidade consistirá nunha proba on-line e as tareas e os traballos tutelados teranse en conta na nota final.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Análisis de las transformaciones y evolución de las sociedades contemporáneas.
A10 Introducción a las teorías sobre el poder, la legitimidad y el Estado. Formas de organización política y su evolución histórica, con especial atención a los sistemas contemporáneos.
A15 Conocimientos y habilidades para plantear y desarrollar una investigación aplicada en las diferentes áreas de la sociedad.
A17 Conocimientos y habilidades en la búsqueda de información secundaria en las diferentes fuentes (instituciones oficiales, bibliotecas, internet, etc.).
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B5 Capacidad de gestión de la información.
B12 Trabajo en equipo.
B27 Capacidades en reconocer la complejidad de los fenómenos sociales.
C3 Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Describir e analizar os diferentes elementos que compoñen os principais sistemas políticos contemporáneos. A10
Recoñecer a complexidade dos procesos políticos nos rexímenes democráticos actuais e saber aplicar instrumentos analíticos adecuados e de uso común nos estudos de ciencia política B27
Coñecer e saber empregar os principais recursos na procura de información en diferentes fontes secundarias para a análise das diferentes dimensións dos sistemas políticos actuais. A17
Saber empregar axeitadamente e de forma crítica a información recollida nas principais fontes de información (bibliotecas, internet,etc) para levar un análise comparativo dos rexímemes políticos actuais. B5
Saber manexarse cos principais recursos e aplicacions para conseguir datos secundarios fiables A17
C3
Demostrar un dominio básico dos instrumentos de comparación específicos da ciencia política A15
Saber levar a cabo unha analise comparativa das principais institucions políticas dos rexímenes democráticos actuais A8
Presentar axeitadamente un traballo de análise comparado realizado individualmente ou en grupo B12
Saber interpretar a situación actual dos sistemas políticos seguindo unha análise sistemática. B3
Recoñecer e saber empregar os principais indicadores que conforman a cultura política C4

Contidos
Temas Subtemas
1. O análise comparado e a teoría política 1. A política como obxecto de estudo.
2. Natureza e caracteres do método comparado.
3. Antecedentes. Platón: A república. Aristóteles: A política. Maquiavelo: O príncipe. Montesquieu: O espíritu das leis. Tocqueville. A democracia en América.
4. A revolución behaviorista.
5. Novos enfoques. Formulación de teorías e análise empírico.
6. Tipos de estudo. Casos e variables. Causalidade: condicions necesarias condicions suficientes.
7. Clasificacions e tipoloxías.
8. Recursos e principais fontes de información.
2. Os sistemas políticos do mundo 1. A política como variable independente.
2. A teoría de sistemas aplicada ao análise político.
3. Elementos dos sistemas políticos: actores, institucions e cultura política.
4. A dinámica do sistema político.
5. Institucions extractivas vs. inclusivas.
6. Tipoloxías de sistemas políticos: democracias, rexímenes autoritarios e tipos híbridos. Distribución por áreas xeográficas.
7. Globalización e política.
3. Rexímenes autoritarios e sistemas híbridos 1. Definicions e tipoloxías: dictaduras, autoritarismos tradicionais e modernos e sistemas totalitarios.
2. Metodoloxía e elementos teóricos para o estudo dos sistemas non democráticos.
3. Do autoritarismo á democracia: apertura, liberalización e democratización.
4. Excursus sobre o franquismo e a transición a democracia en España.
4. As democracias. Definición, antecedentes e requisitos 1. Participación e democracia.
2. Democracia directa e democracia representativa. Mandato imperativo e mandato representativo.
3. Antecedentes históricos. A democracia ateniense.
4. Os sistemas democráticos actuais. Definición mínima: a democracia como método.
6. Requisitos: participación, oposición, dereitos e libertades.
7. Medicions do grao de libertade e da calidade das democracias.
5. Democracias mayoritarias e democracias de consenso 1. Democracias mayoritarias versus democracias consensuais.
2. O modelo mayoritario no Reino Unido e Nova Zelanda.
3. O modelo consensual en Suiza e Bélxica.
6.Sistemas de partidos. Modelos bipartidistas e multipartidistas 1. O número efectivo de partidos.
2. As dimensións do conflito partidista.
3. Perspectiva comparada.
7. Sistemas electorais 1. Elementos dos sistemas electorais.
2. Modelos maioritarios e proporcionais.
3. O sistema electoral do Reino Unido.
4. O sistema electoral dos Estados Unidos de Norteamérica.
5. O sistema electoral da República Francesa.
6. O sistema electoral de España.
7. O sistema electoral da República Federal Alemana.
8. O sistema electoral da República Italiana.
8. Modelos de poder executivo 1. Teoría das coalicións.
2. Incentivos para a formación de gabinetes de minoría e sobredimensionados.
3. Perspectiva comparada.
9. Relacións entre o executivo e o lexislativo 1. Formas de goberno parlamentario e presidencial.
2. Separación de poderes e equilibrio de poder.
3. Perspectiva comparada.
10. División do poder. Estados federais e unitarios 1. Os contrastes federal-unitario e centralizado-descentralizado.
2. Institucions dos Estados federais.
3. Perspectiva comparada.
4. España e o modelo autonómico
11. Parlamentos 1. Unicameraliamo e bicameralismo.
2. Variedades do bicameralismo.
3. Perspectiva comparada.
12. Constitucions: procedementos de enmenda e revisión xudicial 1. Constitucións escritas e non escritas.
2. Constitucións flexibles e ríxidas.
3. Revisión xudicial.
4. Rixidez constitucional e revisión xudicial.
5. Perspectiva comparada.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 A10 A17 C4 40 0 40
Proba obxectiva A8 A10 B3 B27 5 30 35
Traballos tutelados A15 A17 B3 B5 B12 C3 12 28 40
Estudo de casos A17 B3 B5 C3 6 10 16
Lecturas B3 B5 6 10 16
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición impartida polo profesor/a baseada no uso da palabra e apoiada en materiais gráficos e resumos informativos.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a evaluación do aprendizaxe.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade sobre a súa aprendizaxe.
Consistirá na presentación dun traballo escrito de extensión non superior a quince páxinas de texto pero que poderá incluir anexos con datos, taboas, figuras, etc sen límites de extensión.
Estudo de casos Análise da información obtida en portais de Internet sobre dereitos políticos, libertades e actitudes e valores en varios paises
Lecturas Lectura de varios textos de autores clásicos e actuais sobre método comparado, formas de estado e institucións políticas

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
A atención personalizada ao alumno realizarase en relación co conxunto de actividades que comprende a materia. Dita atención prestarase na resolución de dúbidas que poidan xurdir durante na realización das lecturas, o estudo de casos e os traballos tutelados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A8 A10 B3 B27 Proba de avaliación global sobre os contidos da materia que se realizará ao final do curso 65
Traballos tutelados A15 A17 B3 B5 B12 C3 Traballos escritos realizados de forma individual ou en grupo adicados a analizar aspectos relevantes dos sistemas políticos obxecto de estudo e presentados cunha metodoloxía comparativa 25
Lecturas B3 B5 Lectura de varios textos de autores clásicos e actuais sobre método comparado, formas de estado e institucións políticas 5
Estudo de casos A17 B3 B5 C3 Análise da información obtida en portais de Internet sobre dereitos políticos, libertades e actitudes e valores en varios paises 5
 
Observacións avaliación

1) Asistencia
e participación na clase.  A asistencia a clase é obrigatoria nos estudos de grao.  A participación na clase terase en conta para subir a nota.

2) Traballos tutelados de fin de curso.  Supoñen a posta en práctica dos coñecementos teóricos e poden representar ata o 25 % da nota final da asignatura. Entreganse pola plataforma Moodle en formato PDF unha semana antes do exame final. As normas para a sua realización e os principais recursos de Internet podense consultar na plataforma Moodle.

3) Estudo de casos e lecturas. Aos efectos da evaluación continua faranse probas presenciais e a nota media das mesmas pode representar ata un 10% da calificación final 



4) Exames.  Haberá un exame parcial voluntario e liberatorio que tera lugar unha semana antes das vacacións da Semana Santa. Para superar a materia e imprescindibel aprobar o
examen final oficial. A nota do exame final, ou a nota media no caso de ter aprobado o parcial, representará o 65% da nota final.



Segunda
oportunidade:  Os traballos de fin de curso son válidos nesta
convocatoria. Os/as  que non foran quen
de aprobar os traballos de fin de curso poderán volver a presentalos seguindo as indicacions do
profesor.   


Fontes de información
Bibliografía básica SIAROFF, A. (2019). Comparative European Party Systems. An Analysis of Paliamentary Elections Since 1945. London and New York, Routledge
CARAMANI, D. (2017). Comparative Politics. Oxford, Oxford University Press
LIJPHART, A. (2012). Modelos de democracia. Formas de gobierno y resultados en treinta y seis países. Barcelona, Ariel.
DURAN CENIT, M., y Inmaculada SZMOLKA VIDA(eds.)A (2015). Política comparada y sistemas políticos: operando con datos e indicadores. Granada, Universidad de Granada

Na plataforma Moodle están disponibles as leccións e materiais complementarios (informes, lecturas, exercicios prácticos, etc.), incluindo unha exhaustiva relación de sitios web e varios tutoriais para a búsqueda da información necesaria para a preparación dos traballos tutelados e das tareas de entrega obligatoria. 

Bibliografía complementaria Meredith,M (2011). Africa. Una historia de 50 años de independencia. Intermon-Oxfam
Hague, R. y Martin Harrop (2013). Comparative Government and Politics. Hampshire, Macmillan Publishers
O'Neill P.H. (2013). Essentials of Comparative Politics. New York, W.W. Norton
Goodin, R. y Hans-Dieter Klingemann (eds.) (2001). Nuevo manual de Ciencia Política. Madrid, Istmo.
Landman, T. (2011). Política Comparada. Madrid, Alianza
Sánchez de Dios, M. (2012). Política Comparada. Madrid, Síntesis
Acemoglu, D. y James A. Robinson (2012). Por qué fracasan los países. Los orígenes del poder, la prosperidad y la pobreza. Barcelona, Deusto
Gandhi, J. y Rubén Ruíz Rufino (eds.) (2015). Routledge Handbook of Comparative Political Institutions. Oxon, Routledge
DELGADO, I., P.CHAVARRI Y P. OÑATE (2002). Sistemas de organización política contemporánea. Madrid, UNED.
PASQUINO, G. (2004). Sistemas políticos comparados. Francia, Alemania, Gran Bretaña, Italia y Estados Unidos. Buenos Aires, Prometeo
Sánchez Melero, G. (2014). Sistemas políticos en Europa. Valencia, Tirant Lo Blanch
HERRON, ERIK S., ROBERT J. PEKKANEN AND MATTHEW S. SHUGART (Eds.) (2018). The Oxford Handbook of Electoral Systems. New York : Oxford University Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística aplicada ás ciencias sociais 1/615G01101
Introdución á ciencia política e da administración/615G01106
Hª política e social contemporánea/615G01109

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Unha aprendizaxe sustentabel, non sexista  e integradora

Nas actividades que se leven a cabo nesta materia respetaranse as normas da sustentanbilidade, igualdade de sexos e  integración das persoas por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais.

Sustentabilidade.

- A entrega dos traballos documentais realizarase en formato dixital e a través de Moodle.

- Cando se empregue papel, aconsellase que sexa reciclado e con formatos de impresión sinxelos e a doble cara.

- Evitarase a impresión innecesaria de borradores.

- Non se admitirán traballos con elementos plásticos (portadas, carpetas, etc).

Igualdade por razóns de xénero/sexo

- Evitaranse actitudes e expresións sexistas  

 Integración das persoas con problemas por razóns físicas, psiquicas ou socioculturales.

- Daraselles o apoio necesario tanto nas actividades programadas como na aprendizaxe en xeral da materia. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías