Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Sistemas políticos comparados Código 615G01202
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Roman Masedo, Laura
Correo electrónico
laura.roman@udc.es
Profesorado
Ferrín Pereira, Mónica
Roman Masedo, Laura
Correo electrónico
monica.ferrin.pereira@udc.es
laura.roman@udc.es
Web http://http://www.sociologia.udc.es/
Descrición xeral O principal obxetivo desta materia é proporcionar coñecemento relevante sobre os sistemas políticos contemporáneos, con especial énfase na súa recente historia e situación actual, desenvolvendo capacidades para o estudo comparado. Seguindo varios modelos de análise das diferentes dimensións dos réximes políticos (institucións, procesos políticos, cultura política, etc.) préstase especial atención aos réximes democráticos occidentais, pero tamén se fai unha aproximación a realidade actual dos réximes políticos doutras rexións (América Latina, África etc.).
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios, excepto a posibilidade de reducir ao mínimo imprescindible os contidos da materia obxecto de exame.

2. Metodoloxías
- Metodoloxías docentes que se manteñen (sempre que sexa posible, en función das dispoñibilidades técnicas):
- Proba obxectiva
- Traballos tutelados
- Sesión maxistral
- Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico a demanda do alumnado.
- Moodle: sempre que sexa necesario realizaranse comunicacións colectivas con instrucións para o seguimento do curso ou a incorporación de materiais de apoio ao estudo.
- Teams: sempre que sexa posible, en función das dispoñibilidades técnicas, poderían realizarse sesións en Teams na franxa horaria correspondente á materia, tanto para as sesións maxistrais como para as interactivas.

4. Modificacións na avaliación (só no caso de que as clases presenciais non poidan comezar en absoluto):
- Proba obxectiva = 40%
- Traballos tutelados = 60%


Observacións de avaliación:
- As mesmas que no caso de presencialidade para o alumnado a tempo parcial.
- Para os/ as estudantes a tempo completo: 1º) no caso de suspensión da actividade presencial manterase a porcentaxe asignada á asistencia (20% que se restaría da porcentaxe asignada aos traballos tutelados) para as sesións presenciais que puidesen celebrarse, sempre que estas alcanzasen polo menos un 50%; 2º) en todos os casos para superar a materia sería necesario alcanzar polo menos 5 puntos nos items avaliables, 2 dos cales teñen que obterse no exame.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se contemplan.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Introducción a las teorías sobre el poder, la legitimidad y el Estado. Formas de organización política y su evolución histórica, con especial atención a los sistemas contemporáneos.
A17 Conocimientos y habilidades en la búsqueda de información secundaria en las diferentes fuentes (instituciones oficiales, bibliotecas, internet, etc.).
A24 Conocimientos y habilidades en transmitir los conceptos, problemáticas y perspectivas sociológicas.
B1 Capacidad de organización y planificación.
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B5 Capacidad de gestión de la información.
B12 Trabajo en equipo.
B17 Motivación por la calidad.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Se finalizan con éxito esta materia, os/ as estudantes deberán ser capaces de: DESCRIBIR os conceptos básicos para un coñecemento inicial dos temas fundamentais da política comparada. A10
RECOMPILAR bases de datos e índices sinxelos relacionadas con temas concretos da materia. A17
RESUMIR as cuestións candentes do panorama político contemporáneo. A24
ORGANIZAR o tempo en función da planificación da materia. B1
REPRODUCIR de maneira sintética os contidos elementais da materia. B3
MANEXAR de forma ordenada os materiais para elaborar os traballos. B5
COLABORAR cos seus compañeiros/ as na elaboración de traballos do curso. B12
MOSTRAR interese pola presentación e o contido dos seus traballos. B17
EXERCER unha cidadanía crítica e responsable C4

Contidos
Temas Subtemas
1. A LÓXICA DA COMPARACIÓN 1. O obxecto da política comparada
2. O método comparado
3. Tipos de estudo. Casos e variables. Causalidade: condicións necesarias e condicións suficientes
2. A TEORÍA DE SISTEMAS APLICADA Á ANÁLISE POLÍTICA 1. A teoría de sistemas
2. Elementos dos sistemas políticos
3. A dinámica do sistema político
3. AS INSTITUCIÓNS NOS SISTEMAS POLÍTICOS CONTEMPORÁNEOS 1. Os principios de representación, accountability e participación
2. Tipos de institucións
3. Institucións extractivas vs. inclusivas
4. IDENTIDADES E CLIVAXES 1. Actores e identidades
2. Conflicto e clivaxes
3. Apoio democrático e desafección
5. LÓXICA COMPARADA, TEORÍA DE SISTEMAS, INSTITUCIÓNS E IDENTIDADES 1. Definicións e tipoloxías: tipos de sistemas en perspectiva comparada
2. A calidade da(s) democracia(s)
3. A lóxica comparada nun sistema global
6. DEMOCRACIAS MAIORITARIAS E DE CONSENSO. A tipoloxía de Arendt Lijphart 1. Democracias maioritarias versus democracias consensuais.
2. O modelo maioritario no Reino Unido
3. O modelo consensual en Suiza.

7. ESTUDO DE CASO 1: As formas de goberno 1. Presidencialismo
2. Parlamentarismo
3. Perspectiva comparada

8. ESTUDO DE CASO 2: Sistemas electorais e sistemas de partidos 1. Sistemas electorales maioritarios e proporcionais
2. Sistemas de partidos
3. Perspectiva comparada

9. ESTUDO DE CASO 3: Os lexislativos 1. Unicameralismo e bicameralismo
2. Variedades de bicameralismo
3. Perspectiva comparada
10. ESTUDO DE CASO 4: Organización territorial do estado 1. Estados unitarios
2. Estados compostos
3. Perspectiva comparada
11. ESTUDO DE CASO 5: O sistema político español 1. O Gobierno
2. O Parlamento
3. O sistema electoral
4. O sistema de partidos
5. O Estado das Autonomías

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 24 0 24
Proba obxectiva A24 B3 2 20 22
Traballos tutelados A17 B1 B5 B12 B17 C4 24 70 94
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Comprenden o conxunto de explicacións das profesoras, necesarias para que o/a alumno/a adquira as competencias de Tipo A (relativas á comprensión dos contidos temáticos da materia) e se dote das ferramentas analíticas e das habilidades adecuadas ás competencias Tipo B.
Proba obxectiva Ao final do periodo lectivo correspondente á materia, cada estudante ten que pasar unha proba escrita na que deberá demostrar o grao de coñecemento e comprensión da materia obxecto de estudo. Contémplase a posibilidade de facer unha proba na metade do período lectivo, sempre dacordo co alumnado.
Traballos tutelados Comprenden un conxunto de actividades semanais encamiñadas ao coñecemento práctico das competencias A e B. Trátase por tanto de aplicar as devanditas competencias á análise de materiais de contido político dos que disporá o/a alumno/a antes ou durante o horario de clases. Devanditos materiais poden ser desde textos políticos clásicos ata noticias sobre cuestións políticas de actualidade, pasando por aqueles que permitan a realización de pequenas investigacións. Algúns destes traballos terán que presentarse por escrito e poderán realizarse dentro ou fóra da aula, mentres que a realización doutros requirirá da presenza do/a alumno/a na aula e da súa participación na actividade proposta. A principios do cuadrimestre os/as estudantes disporán dun documento coa explicación pormenorizada das prácticas que se realizarán semanalmente e, máis concretamente, sobre aquelas obxecto de avaliación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada ao alumnado realizarase respecto ao conxunto de actividades que comprende a materia. Por tanto, dita atención prestarase na resolución de dúbidas que poidan xurdir durante as clases maxistrais ou para a preparación da proba escrita. Con todo, pola mesma natureza dos traballos tutelados, a atención personalizada
reforzarase mediante un horario de titorías establecido para ese efecto.

No caso dos/as estudantes matriculados a tempo parcial, acordarase un horario de titorías acomodado ás circunstancias persoais do devandito alumnado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A10 Neste caso trátase de valorar a asistencia regular dos/ as estudantes ás clases. 20
Proba obxectiva A24 B3 Trátase dunha proba na que os alumnos haberán de responder por escrito a unha
serie de preguntas relacionadas cos contidos do temario da materia.
50
Traballos tutelados A17 B1 B5 B12 B17 C4 Trátase da valoración da serie de exercicios descritos máis arriba (véxase apartado de Metodoloxía;) que han de realizarse, ben por escrito, ben asinando unha folla de asistencia aos mesmos. A principio do curso os/as estudantes serán puntualmente informados do tipo de prácticas que han de realizar, como
realizalas, e de cales delas serán consideradas para a súa avaliación.
30
 
Observacións avaliación

1º) OBSERVACIÓNS PARA ESTUDANTES MATRICULADOS A TEMPO COMPLETO. 

CUESTIÓNS XERAIS. 

A utilización dos créditos ECTS como unidade de medida académica, implica a avaliación continua dos/as estudantes a través dun seguimento do seu aproveitamento das clases, tanto teóricas como prácticas, así como a valoración do nivel de coñecementos e competencias adquiridos. En consecuencia, a nota final de cada estudante estará composta polos seguintes elementos, que se sumarán independentemente do valor que adquira cada un deles, tanto na convocatoria de 1º como de 2ª oportunidade: 

A) Asistencia: 20%. Para ter constancia da asistencia dos/as estudantes, as profesoras facilitaranlles na aula a correspondente folla de firmas.

B) Presentación de traballos: 30%. Os/ as estudantes unicamente deberán entregar as dúas prácticas sinaladas para ese efecto no Programa de Exercicios, que son as que serán sometidas a avaliación, e nelas valorarase a adquisición das competencias tipo B. As profesoras resérvanse a posibilidade de non avaliar os traballos que non se axusten ás esixencias formais requiridas no Plan de Traballo da materia (índice, apartados, identificación do traballo, etc.).

C) Proba escrita de avaliación: 50%. Nesta proba valorarase o nivel de coñecementos sobre a materia (competencias tipo A) adquirido polo/a estudante ao longo do curso. O tipo de proba será explicado na aula polas profesoras coa antelación suficiente. 

INSTRUCIÓNS SOBRE A ENTREGA DE TRABALLOS E XUSTIFICANTES DE AUSENCIA. 

 1º) As prácticas avaliables deben entregarse na clase o día sinalado no Plan de Traballo. Fóra desta data, os traballos só se recollerán de maneira excepcional e por causas de forza maior debidamente xustificadas. En calquera caso, Os TRABALLOS DEBEN ESTAR ENTREGADOS ANTES DA CELEBRACIÓN DA PROBA ESCRITA DA CONVOCATORIA DE 1ª OPORTUNIDADE e, por tanto, NON SE PODEN ENTREGAR TRABALLOS NA CONVOCATORIA DE 2º OPORTUNIDADE. Se un/a estudante só se presenta á convocatoria de 2ª oportunidade e quere que os seus traballos sexan avaliados, debe presentalos atendendo ás instrucións anteriores.

2º) Non se poden repetir os traballos entre as convocatorias de 1ª e 2ª oportunidade do mesmo curso académico. Só se o/a estudante non supera a materia en ningunha das convocatorias dun mesmo curso académico, terá a oportunidade de repetir os traballos e entregalos nos prazos establecidos para o seguinte ou seguintes cursos.

3º) Nesta materia non se contempla a celebración de probas extra ou a entrega de traballos adicionais para subir nota.

4º) Os xustificantes de ausencia (cuxo modelo será facilitado polas profesoras) deben entregarse na semana inmediatamente posterior á devandita ausencia e, en calquera caso, deben estar en posesión das profesoras ANTES DA FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE CLASES. Por tanto, NON SE ADMITIRÁN XUSTIFICANTES DE AUSENCIA DESPOIS DESTA DATA. Respecto a estes xustificantes, as profesoras resérvanse a posibilidade de esixir aos/ as estudantes os documentos que corroboren a causa aducida para xustificar a ausencia. 

NOTA:



- Advertencia sobre o plaxio. Os traballos requiridos aos/as estudantes deben ser orixinais. As citas de calquera fonte deben ir

convenientemente entrecomilladas e coa referencia correspondente. No caso de que as profesoras detecten este tipo de práctica, o traballo ou traballos involucrados quedarán automaticamente sen avaliar. 

2º) OBSERVACIÓNS PARA ESTUDANTES MATRICULADOS A TEMPO PARCIAL.

Para aqueles/ as estudantes acollidos á situación de recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (segundo a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na Universidade da Coruña"), observaranse as seguintes normas de avaliación, tanto na primeira como na segunda oportunidade: 

 1º) Realización do exame oficial na primeira ou segunda oportunidade. A materia do devandito exame é a mesma e prepárase cos mesmos

Manuais que no caso do resto de estudantes. O seu valor sobre a nota final será dun 70%. 

 2º) Presentación dun traballo nas datas establecidas para os exames da primeira ou segunda oportunidade. Devandito traballo versará sobre un asunto relacionado coa temática da materia que se acordará coas profesoras na primeira titoría realizada para ese efecto. O seu valor sobre a nota final será dun 30%. O/a estudante que entregue o seu traballo na convocatoria de exame da primeira oportunidade non poderá repetilo en caso de ter que presentarse de novo ao exame na segunda, pero a cualificación quedará gardada. Non se poderá superar a materia sen presentar o traballo obrigatorio. 

 3º) Para acollerse a esta modalidade de avaliación, é condición sine qua non que os/ as estudantes nesta situación SE POÑAN EN CONTACTO COAS PROFESORAS DA MATERIA DURANTE AS TRES PRIMEIRAS SEMANAS DO CUADRIMESTRE. Este requirimento ten o obxecto de planificar e acomodar o seguimento da materia de forma individualizada e en función das circunstancias de cada estudante. Por tanto, non se admitirá que un/a estudante recorra a esta modalidade de avaliación unha vez superado devandito prazo.


Fontes de información
Bibliografía básica SIAROFF, A. (2019). Comparative European Party Systems. An Analysis of Paliamentary Elections Since 1945. London and New York, Routledge
CARAMANI, D. (2017). Comparative Politics. Oxford, Oxford University Press
LIJPHART, A. (2012). Modelos de democracia. Formas de gobierno y resultados en treinta y seis países. Barcelona, Ariel.
DURAN CENIT, M., y Inmaculada SZMOLKA VIDA(eds.)A (2015). Política comparada y sistemas políticos: operando con datos e indicadores. Granada, Universidad de Granada

 

Bibliografía complementaria Meredith,M (2011). Africa. Una historia de 50 años de independencia. Intermon-Oxfam
Hague, R. y Martin Harrop (2013). Comparative Government and Politics. Hampshire, Macmillan Publishers
O'Neill P.H. (2013). Essentials of Comparative Politics. New York, W.W. Norton
Goodin, R. y Hans-Dieter Klingemann (eds.) (2001). Nuevo manual de Ciencia Política. Madrid, Istmo.
Landman, T. (2011). Política Comparada. Madrid, Alianza
Sánchez de Dios, M. (2012). Política Comparada. Madrid, Síntesis
Acemoglu, D. y James A. Robinson (2012). Por qué fracasan los países. Los orígenes del poder, la prosperidad y la pobreza. Barcelona, Deusto
Gandhi, J. y Rubén Ruíz Rufino (eds.) (2015). Routledge Handbook of Comparative Political Institutions. Oxon, Routledge
DELGADO, I., P.CHAVARRI Y P. OÑATE (2002). Sistemas de organización política contemporánea. Madrid, UNED.
PASQUINO, G. (2004). Sistemas políticos comparados. Francia, Alemania, Gran Bretaña, Italia y Estados Unidos. Buenos Aires, Prometeo
Sánchez Melero, G. (2014). Sistemas políticos en Europa. Valencia, Tirant Lo Blanch
HERRON, ERIK S., ROBERT J. PEKKANEN AND MATTHEW S. SHUGART (Eds.) (2018). The Oxford Handbook of Electoral Systems. New York : Oxford University Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución á ciencia política e da administración/615G01106
Hª política e social contemporánea/615G01109

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Unha aprendizaxe sustentabel, non sexista  e integradora

Nas actividades que se leven a cabo nesta materia respetaranse as normas da sustentanbilidade, igualdade de sexos e  integración das persoas por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais.

Sustentabilidade.

- A entrega dos traballos documentais realizarase en formato dixital e a través de Moodle.

- Cando se empregue papel, aconsellase que sexa reciclado e con formatos de impresión sinxelos e a doble cara.

- Evitarase a impresión innecesaria de borradores.

- Non se admitirán traballos con elementos plásticos (portadas, carpetas, etc).

Igualdade por razóns de xénero/sexo

- Evitaranse actitudes e expresións sexistas  

 Integración das persoas con problemas por razóns físicas, psiquicas ou socioculturales.

- Daraselles o apoio necesario tanto nas actividades programadas como na aprendizaxe en xeral da materia. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías