Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Teoría sociolóxica 2 Código 615G01203
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinación
Lopez Rey, Jose
Correo electrónico
jose.lopez.rey@udc.es
Profesorado
Lopez Rey, Jose
Correo electrónico
jose.lopez.rey@udc.es
Web http://http://www.sociologia.udc.es/
Descrición xeral Nesta materia se transmiten os coñecementos teóricos necesarios para a comprensión e coñecemento da ciencia sociolóxica, tanto no que se refire ao eido teórico como á súa aplicación ao eido empírico. Tamén pretende que os/as alumnos/as desenvolvan as competencias que lles permitan a comprensión da realidade social e a súa análise en clave teórica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A9 Análisis de los principales conceptos y generalizaciones sobre la sociedad humana y sus procesos.
A11 Aprendizaje de la historia de la teoría sociológica y sus principales escuelas hasta la actualidad.
A24 Conocimientos y habilidades en transmitir los conceptos, problemáticas y perspectivas sociológicas.
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B4 Resolución de problemas.
B6 Comunicación oral y escrita en la lengua nativa.
B13 Razonamiento crítico.
B18 Creatividad.
B27 Capacidades en reconocer la complejidad de los fenómenos sociales.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.
C7 Asumir como profesional y ciudadano la importancia del aprendizaje a lo largo de la vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar na vida real os conceptos fundamentais da teoría socioloxica contemporánea A9
A11
A24
B3
B4
B6
B13
B18
B27
C1
C7
Definir cos conceptos fundamentais da teoría sociolóxica contemporánea A11
A24
B3
B6
Describir o coñecemento teórico máis relevante da socioloxía das últimas décadas e ser quen de transmitilo sintéticamente A9
A11
A24
B3
B6
B13
B18
C1
C7
Resumir unha monografía sociolóxica e expresar sintéticamente os aspectos máis salientables da mesma A24
B3
B6
B13
C1
C7
Realizar un mapa conceptual das correntes e autores máis salientables da teoría sociolóxica contemporánea A9
A11
A24
B3
B4
B13
B18
C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A escola de Chicago e o interaccionismo simbólico.
Tema 2. O funcionalismo, o funcional-estructuralismo e a teoría de sistemas.
Tema 3. As socioloxías interpretativas: socioloxía fenomenolóxica, etnometodoloxía e Goffman
Tema 4. A teoría crítica
Tema 5. Individualismo metodolóxico e teoría da elección racional
Tema 6. Teoría sociolóxica e a postmodernidade
TEMA 7. Claves da teoría sociolóxica contemporánea: Bourdieu, Giddens e Habermas
Tema 8. Teoría sociolóxica en clave de xénero

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A9 A11 A24 B3 B4 B6 B13 B18 B27 C1 C7 10 40 50
Traballos tutelados A24 B3 B6 B13 C1 C7 1 20 21
Sesión maxistral A11 21 0 21
Mapa conceptual A9 A11 A24 B3 B4 B13 B18 C1 5 5 10
Prácticas a través de TIC A11 A24 B3 B4 B6 B13 B18 C1 C7 5 5 10
Solución de problemas A9 A11 A24 B3 B4 B6 B13 B18 B27 C1 C7 20 17 37
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva ALUMNOS/AS EN MODALIDAD DE EVALUACIÓN CONTINUA:
Faranse dúas probas obxectivas teórico-prácticas (a primeira sobre os Temas 1 e 2, a segunda sobre os 3 e 4). A partires de supostos prácticos e películas, o/a alumno/ amosará o grao de comprensión dos conceptos estudados e a súa capacidade para aplicalos aos contextos cotiáns. Tamén se preguntará pola definición formal dos conceptos esenciais.
Na 2ª proba preguntarase polos temas anteriores (preguntas de recordo). A súa resposta non inflúe na calificación dese parcial, pero conformará un 25% do total da nota teórica a final de curso. O 75% restante é a media dos 2 parciais (sen considerar preguntas de recordo).
Supón un 50% da nota para quen siga a modalidade de avaliación continua e tense que aprobar para considerar outros elementos de avaliación. ATENCIÓN, ESTO SIGNIFICA QUE UN 5 NA PARTE TEÓRICA EQUIVALE A UN 2,5 NO TOTAL DA MATERIA
ALUMNOS/AS QUE NON SIGAN A MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA (Ou que cesaran nela ao longo do curso):
Neste caso a proba obxectiva terá un peso do 90% da nota final e consistirá nun exame de preguntas a desenvolver, preguntas curtas e conceptos sobre os textos da bibliografía.
Traballos tutelados O traballo consiste no seguinte:
1º. Lectura e recensión dunha monografía acordada entre o/la estudante e o profesor. Cunha extensión non superior ás 5 páxinas, deberá explicar críticamente as ideas centrais da monografía.
2º. Revisión crítica da teoría sociolóxica aparecida na monografía desde o punto de vista da socioloxía do xénero (véase a bibliografía para o tema 8).
Valorarase o guión, profundidade de contidos e calidade da redacción. Aínda que só ten un peso do 10% no conxunto da nota (tanto para os alumnos que sigan a avaliación continua como para os que non), é indispensable presentar o traballo para que os alumnos sexan avaliados.
A DATA LÍMITE DE ENTREGA É O 7 DE OUTUBRO.
Non entregar o traballo a tempo (sen causa xustificada) supón cesar automáticamente na modalidade de avaliación continua ou, se non é o caso deste tipo de avaliación, a calificación de non presentado na 1ª convocatoria.
Sesión maxistral É a explicación do profesor dos contidos da materia na aula. Normalmente basearase en soporte visual. ATENCIÓN: As aulas son para entender os conceptos e as teorías e plantexar posibles dúbidas. Por esa razón cómpre ter leídos os textos sobre os que se falará na aula. OS TEXTOS DA BIBLIOGRAFÍA SON O MATERIAL A PARTIRES DO CAL AVALIARANSE OS COÑECEMENTOS
Mapa conceptual SÓ MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA
Consiste na elaboración dun pequeno traballo imaxinativo onde aparezan as ligazóns máis salientables entre as teorías dos autores contemplados nos Temas 6 e 7 (e as correntes/autores/teorías vistos nos temas anteriores, de ser o caso) referidos a un tema concreto a decidir entre o/a alumno/a e o profesor. Plantéxase como un diálogo entre Bourdieu, Habermas e Giddens (e a perspectiva posmoderna), malia que poden intervir outros (os que desexe o alumno).
Entregarase como data límite o 2 de decembro.
AO COMEZO DO CURSO PUBLICARASE A GUIA DE ESTUDO ONDE SE DESENVOLVE ESTA METODOLOXÍA
Prácticas a través de TIC SÓ MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA
Contabilizarase neste apartado a realización dun podcast, video, ou calquera outro formato audiovisual coa información máis relevante e/ou interesante da monografía, a participación nos foros que se establezcan ao longo do curso na plataforma virtual, etc.
A data límite de entrega é o 2 de decembro.
AO COMEZO DO CURSO PUBLICARASE A GUIA DE ESTUDO ONDE SE DESENVOLVE ESTA METODOLOXÍA
Solución de problemas SÓLO MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA:
Conxunto de probas prácticas que sirven para ir preparando a avaliación (e autoavaliación dos/as alumnos/as) dos coñecementos da materia. Iranse plantexando ao longo do curso. Son tanto os comentarios por escrito que se propoñan na aula como os exercicios máis específicos que se plantexen para cada tema (normalmente, probas de anos anteriores). Teñen un peso do 10% sobre a nota total.
AO COMEZO DO CURSO PUBLICARASE A GUÍA DE ESTUDO ONDE SE DESENVOLVE ESTA METODOLOXÍA

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Solución de problemas
Descrición
A atención persoalizada realizarase individualmente nos traballos tutelados, a resolución de problemas e a revisión das probas obxectivas cando a retroalimentación de cara ao alumno así o requira. Tamén na aula prevese adicar parte das sesións maxistrais cando a ocasión o precise.
Recomendase a todos os alumnos que, ante la dúbida, fagan uso das tutorías sempre.
HORARIO DE TITORÍAS NO PRIMEIRO CUADRIMESTRE: Luns, mércores e venres de 11 a 14. En calquera caso, se o/a estudante non puidera asisitir no horario indicado, que escriba un correo a jlopezr@udc.es para fixar a entrevista nunha hora máis convinte para ela ou el.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A24 B3 B6 B13 C1 C7 Consiste na lectura crítica dunha monografía (elexida de común acordo co profesor) e o seu comentario desde, alomenos, a perspectiva de xénero. 10
Proba obxectiva A9 A11 A24 B3 B4 B6 B13 B18 B27 C1 C7 Dúas probas (unha por cada dous temas, dos temas 1 a 4) con supostos teórico-prácticos sobre os contidos dos temas traballados. Cómpre ser aprobada para considerar os outros elementos de avaliación.
Unha parte importante da calificación (o 25% do total da teoría) refirese aos conceptos xa aprendidos en temas anteriores, polo que se recomenda aos alumnos/as que respondan sempre ás preguntas sobre temas pasados.
EN CASO DE NON FACER AVALIACIÓN CONTINUA: O peso do exame final sobre o total da nota é do 90%.
50
Prácticas a través de TIC A11 A24 B3 B4 B6 B13 B18 C1 C7 SÓ PARA A MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA:
1) Resumo do máis salientable da monografía recensionada, pero presentado esta vez nun formato de divulgación, non académico, de xeito que o/a estudante sexa quen de transmitir a un público non especializado a idea e contidos principais do texto traballado. Pode ser un podcast, vídeo, ou calquera outro formato audiovisual. Valorarase especialmente a creatividade, orixinalidade, capacidade de síntese e calidade do traballo. Vale 10 puntos sobre 100.
2) Resumo do tema 5. Resumo por escrito e en presentación powerpoint/audiovisual dun texto do tema 5. Vale 5 puntos sobre 100 e é condición inexcusable para seguir na avaliación continua.
15
Solución de problemas A9 A11 A24 B3 B4 B6 B13 B18 B27 C1 C7 SÓLO PARA A MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA:
Conxunto de probas prácticas que sirven para ir preparando a avaliación (e autoavaliación dos alumnos) dos coñecementos da materia. Iranse plantexando ao longo do curso. Son os comentarios por escrito que se propoñan na aula, como, máis especialmente, os exercicios que se plantexen para cada tema (normalmente, probas de anos anteriores e que e presentan na Guía de Estudo a principios de curso)... etc.
10
Mapa conceptual A9 A11 A24 B3 B4 B13 B18 C1 SÓ PARA A MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA:
Representación gráfica dos principais autores/correntes/teorías tratados nos temas 6 e 7.
15
 
Observacións avaliación

OPCIÓN DE AVALIACIÓN CONTINUA
O/a estudante que en xuño non fora quen de superar a materia pola razón que sexa (ter unha nota inferior ao 5 na parte teórica, non acadar puntos suficientes no apartado de solución de problemas, etc.), non deberá presentarse na 2ª oportunidade (xullo) con aquela parte que estea aprobada.

OPCIÓN DE AVALIACIÓN NON CONTINUA: O estudante presentaráse a un exame que contará o 90% da nota e presentará a recensión da monografía, que contará o 10% e é condición inexcusable para aprobar a materia

Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa adicación. ?En caso de non acrordarense uns elementos de avaliación particulares para os/as estudantes a tempo parcial, na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexiranse dacordo a modalidade de avaliación non continua.


Fontes de información
Bibliografía básica

TEMA 1:

GONZÁLEZ DE LA FE, Teresa (2003) “El interaccionismo simbólico” en Salvador Giner (dir.) Teoría Sociológica Moderna, Barcelona, Ariel, pp. 167-197 (excepto Goffman, que se estudia en el Tema 3).

TEMA 2:

TOHARIA, J.J. (1978). “El funcionalismo normativista: La obra de Talcott Parsons” en José Jiménez Blanco y Carlos Moya Valgañón Teoría Sociológica Contemporánea, Madrid, Tecnos, pp. 111-147.

RITZER, G. (2003). Teoría Sociológica Contemporánea, Madrid, McGraw-Hill (a parte referida a Robert Merton).

TEMA 3:

GONZÁLEZ DE LA FE, Teresa (2003) “El interaccionismo simbólico” en Salvador Giner (dir.) Teoría Sociológica Moderna, Barcelona, Ariel, pp. 197-217 (es la parte referida a Goffman).

GONZÁLEZ DE LA FE, Teresa (2003) “Sociología Fenomenológica y Etnometodología” en Salvador Giner (dir.) Teoría Sociológica Moderna, Barcelona, Ariel, pp. 246-267.

RITZER, G. (2003). Teoría Sociológica Contemporánea, Madrid, McGraw-Hill (a parte referida a Berger e Luckmann e a construcción social da realidade).

TEMA 4:

RITZER, G. (2003). Teoría Sociológica Contemporánea, Madrid, McGraw-Hill (la parte referida a la Teoría Crítica —sin Habermas—).

RODRIGO ALSINA, M. (2001): Teorías de la comunicación. Ámbitos métodos y perspectivas, Barcelona, U.A.B., pp: 195-201

TEMA 5:

MARTÍNEZ GARCÍA, José Saturnino (2004): “Tipos de elección racional” en Revista Internacional de Sociología 37, pp. 139-173

NOGUERA, José Antonio (2003). “¿Quién teme al individualismo metodológico? Un análisis de sus implicaciones para la teoría social” en Papers. Revista de Sociología 69, pp, 101-132

AGUIAR, F., CRIADO, H., y HERREROS, F. (). “Sociología y elección racional” en Salvador Giner (dir.) Teoría Sociológica Moderna, Barcelona, Ariel, pp. 269-291.

TEMA 6:

RITZER, G. (2003). Teoría Sociológica Contemporánea, Madrid, McGraw-Hill (a parte referida á Teoría Social Postmoderna)

BAERT, P. (2001), La teoría social en el siglo XX, Madrid, Alianza (ídem)

TEMA 7:

RITZER, G. (2003). Teoría Sociológica Contemporánea, Madrid, McGraw-Hill (En general, la parte referida a Giddens y a Habermas, así como la parte referida a la integración macro/micro; estructura/acción; la crítica de R. Collins; la proposta integradora de N. Elías; el concepto de hábitus y campo de acción en la teoría de P. Bourdieu).

BAERT, P. (2001), La teoría social en el siglo XX, Madrid, Alianza (ídem)

TEMA 8:

COBO, R. (2005): “El género en las ciencias sociales” en Cuadernos de Trabajo Ssocial 18 pp.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución á socioloxía/615G01103
Teoría sociolóxica 1/615G01110

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Estrutura e cambio social/615G01208

Materias que continúan o temario

Observacións

Ao comezaren o curso entregarase aos/ás estudantes unha GUÍA DE ESTUDO coa información máis relevante, orientacións, prazos, calendario, etc. Esa Guía de Estudo é complementaria desta Guía Docente e desenvolve máis os aspectos aquí tratados.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías