Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Metodoloxía da investigación por enquisas Código 615G01303
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Ferrín Pereira, Mónica
Correo electrónico
monica.ferrin.pereira@udc.es
Profesorado
Ferrín Pereira, Mónica
Suárez Grimalt, Laura
Correo electrónico
monica.ferrin.pereira@udc.es
laura.suarez.grimalt@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral desta materia é coñecer e entender os procesos na realización dunha investigación mediante enquisa tanto no ámbito académico coma noutros ámbitos profesionais: desde o deseño, á posta en práctica, á análise dos datos e ao informe de resultados.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral (non computará na nota)
Prácticas de laboratorio (computará na nota)
Proxecto de investigación (computará na nota)
Proba obxectiva (computará na nota)
Atención personalizada


*Metodoloxías docentes que se modifican
Presentación oral: non se realizará. A avaliación desta metodoloxía incorpórase á realización do proxecto de investigación, que se acompañará dunha presentación power-point do traballo.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para calquera tipo de consulta relacionada coa asignatura e solicitar titorías virtuais. A menos que haxa problemas técnicos, todas as comunicacións individuais se deberán dirixir preferentemente por esta vía.
- Moodle: Diariamente. Para promover a participación do alumnado e a compresión dos contidos usaranse os foros temáticos asociados aos módulos da materia, na que o estudantado poida formular as consultas necesarias. Estes foros tamén se abriran para a comunicación sobre os traballos de investigación (só accesibles aos membros do grupo), de maneira que se poida facer o seguimento do traballo de investigación.
- Teams: unha sesión semanal para todos/as alumnos/as na que se discuten os contidos teóricos, na franxa horaria que tén asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Outra sesión semanal en grupos reducidos na que se levan a cabo as prácticas de laboratorio, tamén na franxa horaria que tén asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Ademais do uso de voz, promoverase o uso do chat entre os alumnos para que a resolución de dúbidas sexa o máis eficiente posible. Unha vez ao mes aproximadamente organizarase unha sesión de Teams con cada un dos grupos dos traballos de investigación para completar o seguimento realizado a través de Moodle.

4. Modificacións na avaliación
Prácticas de laboratorio (10%)
- Entrega de dúas prácticas nas datas establecidas
Proxecto de investigación (50%). En relación ao proxecto de investigación valorarase:
- A adecuación da metodoloxía aos obxectivos da investigación
- O axuste entre os obxectivos e os conceptos a medir
- A calidade da operacionalización
- A calidade do cuestionario
- O uso adecuado do software para a realización do cuestionario online
- O uso das técnicas estatísticas adecuadas para a análise dos datos
- A presentación dos resultados
- A calidade da presentación power-point (que substitúe a presentación oral)
Proba obxectiva (40%): comprenderá preguntas curtas e/ou de resposta múltiple, administrarase online en formato enquisa.

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, cambiando o peso de cada unha das partes na avaliación global, tal e como se indica máis arriba. Unicamente non computarán na nota final a participación nas sesións maxistrais.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non se realizarán cambios. Os materias de traballo poñeranse a disposición de forma dixitalizada no Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Aprendizaje de los conceptos y de las técnicas estadísticas aplicadas a la sociedad humana.
A7 Conocimiento y dominio de la metodología de las ciencias sociales y de sus técnicas básicas y avanzadas (cuantitativas y cualitativas) de investigación social; con especial atención a los aspectos de muestreo y de los programas informáticos de aplicación.
A13 Habilidades para la evaluación y realización de estudios de calidad y satisfacción.
A14 Capacidades en elaborar, utilizar, e interpretar indicadores sociales e instrumentos de medición social.
A15 Conocimientos y habilidades para plantear y desarrollar una investigación aplicada en las diferentes áreas de la sociedad.
A16 Conocimientos y habilidades técnicas para la produción y el análisis de los datos cuantitativos y cualitativos.
A17 Conocimientos y habilidades en la búsqueda de información secundaria en las diferentes fuentes (instituciones oficiales, bibliotecas, internet, etc.).
A20 Capacidades para adecuar los objetivos a los recusos económicos, temporales y humanos.
A21 Capacidades para identificar y medir factores de vulnerabilidad social y procesos conflictivos.
A24 Conocimientos y habilidades en transmitir los conceptos, problemáticas y perspectivas sociológicas.
A26 Saber elegir las técnicas de investigación social (cuantitativas y cualitativas) pertinentes en cada momento.
A27 Conocimientos y habilidades de las técnicas de muestreo y de trabajo de campo.
A34 Conocimientos y actitudes de ética profesional.
B1 Capacidad de organización y planificación.
B2 Toma de decisiones.
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B4 Resolución de problemas.
B5 Capacidad de gestión de la información.
B6 Comunicación oral y escrita en la lengua nativa.
B7 Conocimientos de informática relativos al ámbito de estudio.
B10 Habilidades en las relaciones interpersonales.
B12 Trabajo en equipo.
B13 Razonamiento crítico.
B17 Motivación por la calidad.
B18 Creatividad.
B21 Aprendizaje autónomo.
B23 Iniciativa y espíritu emprendedor.
B25 Capacidades para relacionar los conocimientos de la sociología y de otras disciplinas afines.
B27 Capacidades en reconocer la complejidad de los fenómenos sociales.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.
C3 Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C6 Valorar críticamente el conocimiento, la tecnología y la información disponible para resolver los problemas con los que deben enfrentarse.
C8 Valorar la importancia que tiene la investigación, la innovación y el desarrollo tecnológico en el avance socioeconómico y cultural de la sociedad.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O/a estudante identificará os potenciais usos da metodoloxía de enquisa A5
A15
A17
A26
B3
B5
B13
B25
B27
C4
C6
C8
O/a estudante poñerá en relación a metodoloxía de enquisa con outras materias do grao, o TFG e diferentes ámbitos profesionais A5
A13
A15
B3
B5
B13
B25
B27
C4
C6
C8
O/a estudante identificará as fases no deseño e aplicación dunha enquisa A7
A14
A15
A16
A20
A21
A27
A34
B3
B13
B17
B21
C3
C4
O/a estudante recordará os aspectos fundamentais a considerar na elaboración dunha enquisa de calidade A7
A13
A14
A15
A16
A20
A34
B17
B21
C6
O/a estudante coñecerá e usará os programas informáticos de aplicación para o desenvolvemento e análise dunha enquisa A5
A7
A14
A16
B3
B7
C3
O/a estudante desenvolverá un proxecto de investigación utilizando a metodoloxía de enquisa A7
A15
A16
A20
B1
B2
B3
B4
B10
B12
B13
B18
B23
C1
C4
C8
O/a estudante defenderá, mediante una presentación oral, o proxecto de investigación A24
B6
B10
B12
B25
B27
C1
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: Introducción á metodoloxía de enquisas Breve historia da enquisa
Usos da metodoloxía de enquisas no ámbito académico e noutros ámbitos profesionais
TEMA 2: Ética e protección de datos A ética na realización dunha enquisa
Protección e tratamento dos datos de enquisa
TEMA 3: Fases no deseño e aplicación dunha enquisa As fases no deseño e aplicación dunha enquisa: medida e representación
Validez interna e validez externa
A relación entre as fases no deseño e aplicación dunha enquisa e outras materias do grao e o TFG
TEMA 4: Do concepto ao desenvolvemento do cuestionario Identificación dos obxectivos e os conceptos
Operativización dos conceptos
Tipos de preguntas e implicacións
O desenvolvemento do cuestionario
A calidade das medidas
A calidade co cuestionario
TEMA 5: Deseño da mostra e traballo de campo Universo, poboación e mostra: deseño da mostra
Deseño e documentación do traballo de campo
O papel do/a entrevistado e do/a entrevistador/a
Control e calidade do traballo de campo
TEMA 6: Rexistro e análise de datos A codificación e rexistro dos datos
Programas informáticos de aplicación para rexistro de datos
Análise e interpretación dos datos
TEMA 7: Informe e presentación de resultados A elaboración dun informe
A presentación dos resultados a diferentes públicos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A7 A13 A16 A20 A21 A26 A27 A34 C4 C6 C8 20 30 50
Prácticas de laboratorio A14 A16 A17 B1 B2 B4 B5 B7 B12 B23 B25 C3 20 20 40
Investigación (Proxecto de investigación) A15 A16 B1 B2 B3 B4 B7 B10 B12 B13 B17 B18 B27 C4 16 16 32
Presentación oral A15 A24 B6 B12 B13 C1 5 5 10
Proba obxectiva A7 A14 B3 B5 B21 4 4 8
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte da profesora dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audivisuais e a introducción de temas para debate por parte do estudantado. Propiciarase a participación na clase tanto de alumnas como de alumnos. Na medida en que o desenvolvemento da materia o permita, invitaránse profesionais de distintas disciplinas a participar nas sesións maxistrais.
Prácticas de laboratorio Realización de actividades de carácter práctico, relacionadas coa materia impartida nas sesións maxistrais. A maioría das actividades de prácticas desenvolveráse en grupos.
Investigación (Proxecto de investigación) Realización dun proxecto de investigación con metodoloxía de enquisa. O proxecto de investigación realizarase en grupos.
Presentación oral Presentación oral do proxecto de investigación desenvolvido durante o curso ao resto dos estudantes.
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva para valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia. Estará composta por preguntas curtas e/ou de resposta múltiple.


Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Prácticas de laboratorio
Presentación oral
Descrición
As titorías desenvolveranse preferentemente de forma online, a través de Teams ou calquera outra plataforma que se estime oportuna.

O horario das titorías comunicarase no inicio do cuatrimestre. O alumnado pode pedir cita por adiantado via email, para concertar a titoría online.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa situación.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A15 A16 B1 B2 B3 B4 B7 B10 B12 B13 B17 B18 B27 C4 O proxecto de investigación en grupo contribuirá ao 40% da nota final.


Fixarase unha data límite para a entrega do proxecto de investigación. Non se admitirá o proxecto de investigación para avaliación fóra de prazo.


O proxecto de investigación solicitaráse en formato dixital.
40
Prácticas de laboratorio A14 A16 A17 B1 B2 B4 B5 B7 B12 B23 B25 C3 Valorarase a asistencia ás prácticas de laboratorio e a participación activa do estudantado nas prácticas que se propoñan.

Os/as estudantes deberán entregar un mínimo de dúas das prácticas realizadas no laboratorio para a súa avaliación.

A asistencia e participación do estudantado e a entrega das prácticas contribuirá ao 10% da nota final.

Fixarase unha data límite para a entrega de cada unha das prácticas. Non se admitirán as prácticas para avaliación fóra de prazo.

As prácticas solicitaranse en formato dixital.
10
Sesión maxistral A5 A7 A13 A16 A20 A21 A26 A27 A34 C4 C6 C8 Valorarase a asistencia ás sesións maxistrais e a participación nos debates que se propoñan na aula.

A asistencia e participación nas clases maxistrais do estudantado contribuirá ao 10% da nota final.
10
Presentación oral A15 A24 B6 B12 B13 C1 A presentación oral do traballo de investigación contribuirá ao 10% da nota final. 10
Proba obxectiva A7 A14 B3 B5 B21 Realizarase unha proba obxectiva que contribuirá ao 30% da nota final. 30
 
Observacións avaliación
O sistema de avaliación que se prantexa é de avaliación continua, no que cada unha das partes ten un peso específico para o cómputo da nota final da materia. Se un/ha alumno/a non presentase a calquera dos seguintes elementos de avaliación tería como nota na avaliación continua un "non presentado":
- prácticas de laboratorio
- proxecto de investigación
- presentación oral
- ou proba obxectiva

No caso de que a nota na avaliación continua sexa un "non presentado" ou que non se obteñan os mínimos esixidos para superar a materia polo sistema de avaliación continua (é dicir que non se supere o 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación), os estudantes poderán presentarse a unha proba obxectiva única que comprenderá toda a materia. Esa proba obxectiva constará de preguntas curtas e/ou de resposta múltiple e de exercicios prácticos.

A proba obxectiva única farase nas datas que estableza o centro nos calendarios oficiais de exames.


O alumnado que se acolla ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia terá que avaliarse, preferentemente, mediante a realización da proba obxectiva única.

Fontes de información
Bibliografía básica Díaz de Rada, V. (2009). Análisis de datos de encuesta: Desarrollo de una investigación completa utilizando SPSS. Barcelona: UOC
Azofra, M.J. (1999). Cuestionarios. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
Saris, W. (2014). Design, evaluation, and analysis of questionnaires for survey research. Hoboken: Wiley
Alvira Martín, F. (2011). La encuesta: Una perspectiva general metodológica. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
Font, J. e Pasadas, S. (2016). Las encuestas de opinión. Madrid: Catarata; CSIC
Cea D´Ancona, M.A (2004). Métodos de encuesta: Teoría y práctica, errores y mejora. Madrid: Síntesis
Díaz de Rada, V. (2001). Organización y gestión de los trabajos de campo con encuestas personales y telefónicas. Barcelona: Ariel
Wolf, C., Joye, D., Smith, T.W., and Y. (2016). The SAGE Handbook of Survey Methodology. Los Angeles: Sage
Díaz de Rada, V. (2002). Tipos de encuestas y diseños de investigación. Pamplona: Universidad Pública de Navarra

Bibliografía complementaria

https://www.europeansocialsurvey.org/data/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística aplicada ás ciencias sociais 1/615G01101
Métodos e técnicas de Investigación social/615G01105
Estatística aplicada ás ciencias sociais 2/615G01201
Análise multivariante de datos sociais/615G01206

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías