Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Socioloxía da familia Código 615G01305
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Martínez Buján, Raquel
Correo electrónico
raquel.bujan@udc.es
Profesorado
Diz Reboredo, Carlos
Martínez Buján, Raquel
Correo electrónico
carlos.diz@udc.es
raquel.bujan@udc.es
Web
Descrición xeral A especialidade dun campo científico sobre a familia dentro do Grao de Socioloxía responde á necesidade de analizar as repercusións da dinámica familiar e os seus cambios en relación ás transformacións que ocorren no resto dos subsistemas sociais (as institucións económicas, educativas e políticas). Aínda que os inicios desta disciplina vincúlanse a outros campos académicos como a historia e a demografía, o desenvolvemento que tivo a socioloxía española nos anos sesenta levou a un avance nesta materia. A familia comezou a formar parte dos estudos sociolóxicos ao entenderse que o cambio familiar non afecta unicamente á composición e estrutura dos fogares, senón tamén á cultura na que se insere. Aínda así, no noso país as investigacións e a docencia no ámbito da Socioloxía da Familia estiveron moi vinculadas a institucións relixiosas e eclesiásticas. As achegas teóricas de autoras feministas han ido modificando ese panorama ata que na actualidade prácticamente non se entende que poida estudarse a familia sen a incorporación dunha perspectiva de xénero.
Precisamente ese será o enfoque que predominará na docencia desta materia. Por iso, comezaremos explicando no tema 1, A evolución da familia en España, os cambios básicos máis relevantes na estrutura da familia así como os elementos que incidiron no seu cambio. Este tema permítenos adquirir unha visión xeral de como se modificaron as estratexias e pautas da formación das familias entendendo que os novos comportamentos son produto dos procesos de modernización, privatización da vida familiar e aumento da autonomía individual dos seus membros.
Desta primeira aproximación ás formas familiares en España e a súa evolución histórica penetrámonos nun capítulo máis teórico, o tema 2 “Buscando o lugar das familias na teoría sociolóxica”, enfocado ao ámbito de como a socioloxía analizou ás familias desde as opcións máis clásicas cara ás máis contemporáneas. O capítulo 3, As achegas da teoría feminista ao estudo das familias, segue sendo eminentemente teórico pero incorpora os avances que as teorías feministas han realizado aos estudos da familia en España e cales foron as súas repercusións noutras disciplinas académicas. Destacarase fundamentalmente o novo xiro das teorías feministas cara ao estudo dos traballos de coidados nas familias e a repartición do traballo reprodutivo entre xéneros e xeracións.
Despois de visualizar as teorías non penetramos no ámbito das dinámicas familiares internas. É dicir, a organización real das familias segundo a súa composición e as actitudes culturais dos seus membros. Neste eido, estudaremos como se produce a división do traballo doméstico, como se modificou a composición dos roles familiares e que repercusións tiveron nos modelos de familias. A finalidade do tema 4, Dinámicas familiares internas, é estudar como os cambios sociais máis relevantes viñeron acompañados da axencia das mulleres e o seu papel no interior das familias.
O último dos temas, Familia e Estado, analiza o papel das familias como axencias de provisión en España ante a ausencia de políticas públicas adecuadas que cubran os riscos sociais dos individuos. Este capítulo, por tanto, serve para analizar as relacións existentes entre as familias e os estados e como a fundación das políticas sociais realizouse baseándose na configuración familiar existente nese momento no país.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Análisis de las transformaciones y evolución de las sociedades contemporáneas.
A9 Análisis de los principales conceptos y generalizaciones sobre la sociedad humana y sus procesos.
A14 Capacidades en elaborar, utilizar, e interpretar indicadores sociales e instrumentos de medición social.
A18 Capacidades en evaluar los proyectos de políticas públicas y de intervención social, así como sus resultados.
A24 Conocimientos y habilidades en transmitir los conceptos, problemáticas y perspectivas sociológicas.
A32 Capacidades en contribuir al diseño de políticas públicas orientadas a abordar problemas sociales.
B1 Capacidad de organización y planificación.
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B10 Habilidades en las relaciones interpersonales.
B12 Trabajo en equipo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Interpretar as claves sobre as que se sustenta a reprodución social e a sostibilidade da vida dende unha perspectiva de xénero e xeración. A8
A9
Explorar os compoñentes que deron lugar á transformación histórica das familias e recoñecer así a pluralidade das súas formas A8
A9
Analizar as desigualdades existentes na distribución de poder dentro do grupo de parentesco e doméstico. A8
A9
Deseñar políticas sociais dirixidas ás familias e que incorporen intervencións capaces de dirimir as situacións adversas dos seus compoñentes. A18
A32
Avaliar proxectos comunitarios e sociais que actúen directamente sobre as necesidades sociais das familias. A18
A32
B1
B3
Elaborar indicadores para a medición da evolución das formas familiares contemporáneas. A14
B1
B3
Redactar informes analíticos que mediante resultados empíricos ofrezan evidencias sobre as implicacións sociais dos procesos estudados na materia A8
A9
A14
A24
B1
B3
B10
B12
C1

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A evolución da familia en España 1.1.- Os cambios familiares españois en comparación con outros países do entorno europeo.
1.2.- Evolución da composición e da estructura dos fogares e das familias en España.
1.3.- Novas formas de organización familiar asociadas aos cambios de valores e culturais: monoparentalidade, maternidade en solitario, divorcio, unións de feito, parellas do mesmo sexo, matrimonios sen fillos, parentesco ficticio, familias transnacionais.

Tema 2. Buscando o lugar das familias na teoría sociolóxica 2.1.- Teorías institucionais. A familia como unidade básica de análisis: Frédéric Le Play
2.2.- Os clásicos: Engels, Marx e Durkheim.
2.3.- Aproximacións teóricas contemporáneas.
Tema 3.- A aportación das teorías feministas ao estudo das familias. 3.1.- Qué é a perspectiva feminista na socioloxía da familia.
3.2.- As aportacións das teorías feministas sobre o traballo reproductivo e doméstico.
3.3.- Novas tendencias no ámbito dos coidados.
Tema 4.- Dinámicas familiares internas: relacións ffamiliares e solidaridade interxeracional. 4.1.- A división do traballo doméstico. A aplicación metodolóxica das Enquisas do Uso do Tempo.
4.2.- Transformación dos roles familiares: poder e toma de decisións
4.3.- Relacións familiares y solidaridade interxeneracional.
Tema 5.- Familia e Estado: a política familiar e o papel da familia española na provisión de benestar 5.1.- O Estado de benestar mediterráneo e o papel da familia.
5.2.- Do Estado de Benestar aos Rexímenes de Coidados e á Teoría do Coidado Social.
5.3.- A Ley de Dependencia como política familiar e de conciliación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 A9 A24 A32 B3 C1 14 28 42
Discusión dirixida A8 A18 B1 B3 B10 6 12 18
Traballos tutelados A8 A14 A18 A32 B1 B3 B10 B12 C1 21 31.5 52.5
Proba obxectiva A8 A9 A14 A18 A24 A32 B1 B3 C1 1 32.5 33.5
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consisten na explicación da parte teórica da asignatura.
Discusión dirixida Debates dirixidos polo docente que fomentan a participación dos estudantes e desenvolven ás suas habilidades orais e as súas capacidades críticas sobre fenómenos sociais.
Traballos tutelados Trátase de sesións prácticas interactivas que apoian aos estudantes para a elaboración de informes analíticos sobre temas relacionados cos contenidos da asignatura.
En estas sesións realizarase un traballo de investigación aplicado en equipo relacionado cos contidos da materia.
Proba obxectiva Consistirá en:

- Exame escrito sobre os contidos teóricos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Adicación personalizada na aula por parte do docente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A8 A9 A14 A18 A24 A32 B1 B3 C1 Exame final que terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC. É necesario ter aprobado o exame e o traballo para superar a materia. A asistencia é obrigatoria ás clases teóricas e prácticas. Pasarase lista en cada unha das sesións. Soamente gardarse a nota obtida en cada unha das probas durante a convocatoria en curso.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, se acordará ao inicio do curso académico un calendario específico de tutorías compatible coa súa dedicación.
50
Traballos tutelados A8 A14 A18 A32 B1 B3 B10 B12 C1 Traballo de investigación grupal que será tutelado nas sesións interactivas e nas tutorías individuais. Supón o 50% da cualificación final. Entregarase na data do exame oficial.

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
50
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorpórase a perspectiva de xénero nesta materia utilizando bibliografía de autores de ambos os sexos:

Agarwal, B. (1999), “Negociación y relaciones de género: dentro y fuera de la unidad doméstica”, Historia Agraria, 17: 13-58.

Alberdi, I. (2004), “Cambios en los roles familiares y domésticos”, Revista Arbor, 702: 231-261.

Ayuso, L. (2009), “Los emparejamientos sucesivos: una reto para la demografía y la sociología de la familia”, Temas para el debate, 180: 61-63.

Ayuso, L. (2012), “El deber de apoyar a la familia: Una revisión del pacto intergeneracional de ayudas familiares en España”, Panorama social, 15: 143-158.

Ayuso, L. (2012), “Living apart together en España. ¿Noviazgos o parejas independientes?”, Revista Internacional de Sociología, 2012, 70(3): 587-613.

Bazo, T. (2012), “Relaciones familiares y solidaridad intergeneracional en las nuevas sociedades envejecidas”, Panorama social, 15: 127-142.

Benería, L. (2008), “De la ‘armonía’ a los ‘conflictos cooperativos’. La contribución de Amartya Sen a la Teoría de la Unidad Doméstica”, Araucaria. Revista Iberoamericana de Filosofía, Política y Humanidades, 10(20): 15-34.

Carrasco, C., Borderías, C. y Torns, T. (2011), "Introducción. El trabajo de cuidados: Antecedentes históricos y debates actuales", en Carrasco, C. et al. (eds.), El trabajo de cuidados. Historia, teoría y políticas, Madrid: Los libros de La Catarata: 13-95.

Cea D’Ancona, Ángeles (2010), “La sociedad española ante los nuevos modelos de familia”, Panorama Social, 10: 8-22.

Del Campo, S. (2004), “Las transiciones de la familia española”, Revista Arbor, 702: 451-464.

Elzo, J. (2004), “Tipología y socialización de las familias españolas”, Revista Arbor, 702: 263-312.

Elzo, J. (2008), “Siete aspectos de la familia española, hoy”, El Ciervo: revista mensual de pensamiento y cultura, 686: 7.

Flaquer, L. (2004), “La articulación entre familia y estado de bienestar en los países del Sur de Europa”, Papers, 73: 27-58.

Garrigós, J.J. (2003), Frédéric Le Play. Biografía intelectual, metodología e investigaciones sociológicas, Madrid: CIS: 208-216.

Gil Calvo, E. (2010), “Metamorfosis del conflicto familiar: género y generaciones”, Panorama Social, 10: 40-51.

Iglesias-Usell, J. (2003), “La sociología de la familia en España: pasado, presente y futuro”, Revista Arbor, 685: 1-20.

Iglesias-Usell, J. y Flaquer, L. (1993), “Familia y análisis sociológico: el caso de España”, Revista Española de Investigaciones Sociológicas, 61-93: 57-75.

Jurado, Teresa (2008), “Las nuevas familias españolas” en J.J. González y M. Requena (es.), Tres décadas de cambio social en España, Madrid: Alianza Editorial, 59-88.

Meil, G. (1998), “La sociología de la familia en España, 1978/1998”, Revista Española de Investigaciones Sociológicas, 83/98: 179-215.

Meil, G. (2004), “Cambios en las relaciones familiares y en la solidaridad familiar”, Revista Arbor, 702: 263-312.

Meil, G. y Ayuso, L. (2007), “Sociología de la familia”, en Pérez, M. (coord.), La sociología en España, Madrid: CIS

Nanda, R. (1994), Fromm, Horkheimer, Parsons. La Familia, Barcelona: Península: 31-65.

Navarro, L. (2006), “Modelos ideales de familia en la sociedad española”, Revista Internacional de Sociología, 43: 119-138.

Reher, D. (1999), “La historia de la familia en España: Crónica de un campo en auge”, Berceo, 137:11-24.

Reher, D. (2004), “El cambio familiar en España en el marco de la evolución histórica”, Revista Arbor, 702: 87-203.

Requena, M. (2004), “Tamaño y composición de los hogares y las familias en España”, en J. Leal (coord.), Informe sobre la situación demográfica en España, Fundación Abril Martorel: 135-160.

Varela, J. (1999), “Mater familias: modelos clásicos de sociología del género; F. Engels y E. Durkheim”, Política y Sociedad, 32: 173-188.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise demográfica/615G01301
Política social e servizos sociais/615G01308
Fontes de datos secundarios para o estudo da sociedade/615G01408
/

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Socioloxía das migracións/615G01410
Estrutura e cambio social de Galicia/615G01412
/

Materias que continúan o temario
Antropoloxía social e cultural/615G01102
Psicoloxía social/615G01108
Estrutura e cambio social/615G01208
Socioloxía da educación/615G01210
Análise demográfica/615G01301

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías