Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Socioloxía do consumo e investigación de mercados Código 615G01309
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Oso Casas, Laura
Correo electrónico
laura.oso@udc.es
Profesorado
Oso Casas, Laura
Souto García, Andrea
Correo electrónico
laura.oso@udc.es
andrea.souto@udc.es
Web http://http://esomi.es/causas-de-las-migraciones/laura-oso-casas/gmx-niv34-con133.htm
Descrición xeral A análise do consumo coma un fenómeno social constitúe un campo de estudo en pleno auxe. O crecente interese sociolóxico por este tema vén condicionado pola propia dinámica da sociedade de consumo e do sistema económico. O/A consumidor/a vaise afianzando coma un actor social central, no marco do capitalismo global. O obxectivo desta materia é estudar a configuración da sociedade de consumo, no marco do desenrolo do sistema capitalista. E cómo, de forma paralela, se vai construíndo o consumo en tanto que obxecto de estudo sociolóxico. Tamén, que o alumnado coñeza os mecanismos polos cales se realiza unha investigación de mercados.


Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Análisis de las transformaciones y evolución de las sociedades contemporáneas.
A15 Conocimientos y habilidades para plantear y desarrollar una investigación aplicada en las diferentes áreas de la sociedad.
A16 Conocimientos y habilidades técnicas para la produción y el análisis de los datos cuantitativos y cualitativos.
A24 Conocimientos y habilidades en transmitir los conceptos, problemáticas y perspectivas sociológicas.
A26 Saber elegir las técnicas de investigación social (cuantitativas y cualitativas) pertinentes en cada momento.
A35 Actitud crítica frente a las doctrinas y las prácticas sociales.
B1 Capacidad de organización y planificación.
B2 Toma de decisiones.
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B6 Comunicación oral y escrita en la lengua nativa.
B12 Trabajo en equipo.
B13 Razonamiento crítico.
B18 Creatividad.
B27 Capacidades en reconocer la complejidad de los fenómenos sociales.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.
C8 Valorar la importancia que tiene la investigación, la innovación y el desarrollo tecnológico en el avance socioeconómico y cultural de la sociedad.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender o enfoque sociolóxico na investigación de mercados e desenrolar a capacidade de deseñar un proxecto de investigación de mercados A15
A16
A26
B1
B2
B3
B12
B27
C1
C4
C8
Analizar a construción do consumo en tanto que obxecto de estudo sociolóxico e comprender, dende o punto de vista histórico, as orixes da sociedade de consumo A8
A24
A35
B6
B13
B27
C4
Estudar as principais correntes teóricas, dende o campo da socioloxía, ao estudo do consumo, desenrolando a análise crítica do consumo en tanto que fenómeno social. A8
A24
A35
B3
B6
B13
B27
C1
C4
Adquirir habilidades para o deseño e execución dun traballo de investigación en grupo, e as súas diferentes fases: familiarizarse coa procura e traballo bibliográfico, e a delimitación das técnicas cualitativas. A15
A16
A26
B1
B2
B3
B6
B12
B18
B27
C1
C8

Contidos
Temas Subtemas
Parte teórica Tema 1- Xénese e desenvolvemento histórico da sociedade de consumo

- O interese do consumo como fenómeno social
- O consumo desde unha perspectiva histórica
- O desenvolvemento da sociedade de consumo de masas
- Do fordismo ao postfordismo
- Naomi Klein e o poder das marcas

Tema 2-España como sociedade de consumo

- O modelo dual de consumo na España de principios do século XX
- O modelo de desenvolvemento económico español e a sociedade de consumo en España
- Os valores da sociedade española e o consumo

Tema 3-O consumo, a distinción social e a construción de identidades sociais

- Veblen e a teoría da clase ociosa
- A Distinción Social de Bourdieu
- O consumo e a construción de identidades sociais
- A sociedade postmoderna e o consumo

Parte práctica Práctica 1: Deseño dun proxecto de investigación aplicado á Investigación de Mercados.

- Tema de investigación
- Xustificación da investigación: interese, relevancia, transferencia de resultados
- Formulación da pregunta inicial e da hipótese
- Definición do obxectivo xeral e dos obxectivos concretos

Práctica 2: Deseño Metodolóxico Ideal

2.1. A entrevista en profundidade
- Deseño do casilleiro tipolóxico
- Deseño do guión de entrevista
- Deseño da Ficha técnica da entrevista

2.2. Grupos de Discusión:
- Deseño do número e composición dos grupos (criterios de homoxeneidade e heteroxeneidade)
- Deseño do guión temático do grupo de discusión que vincule hipótese, obxectivos, e preguntas
- Ficha técnica do grupo de discusión e da persoa que participa no grupo

2.3. A observación participante e non participante
- Deseño da estratexia de observación (lugares onde realizar a observación, nº de observacións, días e horarios)
- Deseño da ficha da observación coas variables a analizar.

2.4. Orzamento da investigación

2.5 Plan de traballo e cronograma

Práctica 3: INFORME FINAL (prácticas corrixidas e análises dos datos recompilados no traballo de campo).

- Tratamento e presentación da información obtida nas entrevistas en profundidade e nos grupos focais
- Análise da información lograda a través da aplicación da observación participante
- Indicacións de estilo sobre como presentar un traballo de investigación sociolóxica


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 A35 B13 B27 C1 C4 27 12 39
Investigación (Proxecto de investigación) A15 A16 A26 B1 B2 B3 B6 B12 B18 C8 47 32 79
Presentación oral A24 B6 C1 4 7 11
Proba obxectiva A8 A24 A35 B3 B6 B13 B27 C1 2 18 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Ao longo do curso as profesoras presentarán os diferentes temas teóricos do programa, que serán discutidos e analizados na clase. A participación dos/as alumnos/as, introducindo reflexións críticas e suscitando o debate, será fundamental para a dinámica do curso.
Investigación (Proxecto de investigación) Para a realización da práctica formaranse grupos de traballo dun máximo de 4 persoas, a proposta dos/as alumnos/as. A principios de curso se lles pedirá aos/ás alumnos/as que entreguen un folio coa listaxe de nomes dos compoñentes do grupo de traballo.

Nas clases prácticas iranse explicando as diferentes prácticas e se levará a cabo un sistema de traballo en grupo, onde se porá en práctica o explicado, baixo a titoría personalizada das profesoras. As prácticas concretaranse na realización dun traballo de investigación durante o curso, que será en grupo, e consistirá basicamente en levar a cabo unha investigación (relacionada coa temática do consumo) sobre un tema relacionado co programa a elixir polos/as alumnos/as. Trátase de pór en práctica as técnicas de investigación de mercados e socioloxía do consumo que se explicarán en clase.

O informe final do estudo práctico será presentado a final de curso. Incluirá todas as prácticas realizadas ao longo do curso. As profesoras explicarán como deberán ordenarse as distintas prácticas realizadas durante o curso baixo esta estrutura de informe final. As prácticas serán as seguintes:

Práctica 1: Deseño do proxecto de investigación:
1.1. Titulo do proxecto
1.2. Entidade á cal sería presentado para o seu financiamento
1.3. Xustificación, interese da investigación e marco teórico
1.4. Pregunta inicial e hipótese
1.5. Obxectivo xeral e obxectivos concretos

Práctica 2. Deseño metodolóxico do proxecto de investigación:
2.1. Deseño de entrevistas en profundidade (marcadora tipolóxico, guión de entrevistas, mapa de contactos)
2.2. Deseño de observación (deseño da guía e da estratexia de observación)
2.3. Deseño de grupos de discusión (número de grupos de discusión, composición dos grupos de discusión, guión)
2.4. Plan de traballo e cronograma

Práctica 3: Realización do traballo de campo. Elixiranse dúas das tres técnicas de investigación deseñadas (entrevista, observación, grupo de discusión). Análise de contido dos resultados do traballo de campo.

Os grupos de traballo deberán DESEÑAR todas as técnicas de investigación explicadas. Con todo, SÓ deberanse realizar 2 das técnicas deseñadas (por exemplo e entrevista en profundidade). Os criterios mínimos esixidos de realización de traballo de campo, son os seguintes:

- Entrevista en profundidade: 2 entrevistas por persoa en cada grupo (polo menos 1 transcrición por persoa e entrega dos arquivos de audio da entrevista non transcrita)
- Observación: 5 Observacións por persoa en cada grupo coas fichas de observación cubertas
- Grupo focal: 1 grupo focal por grupo de traballo, trascrito.

As prácticas serán entregadas na data marcada polas profesoras, non se corrixirá ningunha práctica fóra de prazo. As prácticas corrixiranse unha vez polas profesoras: non hai segunda corrección. A avaliación farase sobre a base do informe final. As profesoras explicarán como deberán ordenarse as distintas prácticas realizadas durante o curso baixo a estrutura de informe final.
Presentación oral O deseño do traballo de investigación, e eventualmente dous resultados preliminares do traballo de campo, serán expostos en clase ao resto dous compañeiros.
Proba obxectiva Exame con preguntas de carácter teórico e aberto.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
Levaranse a cabo titorías personalizadas no despacho das profesoras da materia, como complemento ás titorías grupales, para os alumnos/as que asisten a clase, as titorías individuais non substituirán as grupales no caso de alumnos/as que non asisten a clase:

*Laura Oso Casas- Facultade de Socioloxía - Terceiro módulo. Rógase pedir cita previa por e-mail para acudir a titorías. E-mail: osofac@udc.es

*Andrea Souto-Facultade de Socioloxia. E-mail: andrea.souto@udc.es

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A15 A16 A26 B1 B2 B3 B6 B12 B18 C8 O proxecto é o resultado final das prácticas realizadas durante o curso. Avaliarase sobre a base do informe final do traballo de investigación entregado. É imprescindible, no desenrolo da súa elaboración, cumplir as datas de entrega marcadas. 50
Proba obxectiva A8 A24 A35 B3 B6 B13 B27 C1 O exame estará composto de preguntas de carácter aberto e teórico. Para a súa preparación é indispensable a asimilación comprensiva das leituras obrigatorias que se indicarán ao comezo do curso. O exame ten un valor do 40%.

A avaliación final do curso farase sobre a media das notas obtidas no exame (40%) e nas prácticas realizadas durante o curso (50%). Débense superar as dúas partes (lograr máis dun 5) para aprobar a materia.Tamén se considerará na avaliación final do curso a presentación oral do traballo (10%).
No caso de alumnos/as que superen só unha parte da materia (xa sexa teoría ou a práctica) e que teñan pendente la outra parte, só se lles gardará a nota correspondente á parte aprobada ata a convocatoria de Xullo do curso académico en vigor. Non caso de alumnos/as que non aproben a presentación oral do traballo deberán alcanzar polo menos un 5 entre a nota ponderada do traballo (50%) e do exame (40%) para poder aprobar a materia.
40
Presentación oral A24 B6 C1 A presentación oral do traballo de investigación suporá un 10% da nota final
10
 
Observacións avaliación
A avaliación final do curso farase sobre a media das notas obtidas no exame (40%) e nas prácticas realizadas durante o curso (50%). Débense superar as dúas partes (lograr máis dun 5) para aprobar a materia.Tamén se considerará na avaliación final do curso a presentación oral do traballo (10%).
No caso de alumnos/as que superen só unha parte da materia (xa sexa teoría ou a práctica) e que teñan pendente a outra parte, só se lles gardará a nota correspondente á parte aprobada ata a convocatoria de Xullo do curso académico en vigor. No caso de alumnos/as que non aproben a presentación oral do traballo deberán alcanzar polo menos un 5 entre a nota ponderada do traballo (50%) e do exame (40%) para poder aprobar a materia.

Fontes de información
Bibliografía básica Lipovetsky, G. ((2007) ). La felicidad paradójica: ensayo sobre la sociedad de hiperconsumo,. Barcelona: Anagrama
Bauman, Z. ((2005) ). Amor Liquido. Acerca de la fragilidad de los vínculos humanos. Fondo de Cultura Ecomómica: Buenos Aires-México-Madrid
Brändle Señán, G. (2007)). Consumo y cambio social en España: evolución en el equipamiento doméstico (1983-2005). . REIS, n. 120
Gutiérrez Brito, J. ((2008) ). Dinámica del grupo de discusión. Cuaderno Metodologico. CIS. Madrid
Bocock, R. ((1995) ). El consumo. Madrid: Talasa
Borràs Català, V. ((1998) ). El consumo, un análisis sociológico. Barcelona: Cedecs Editorial
Alonso, L.E. y Conde, F. ((1994)). Historia del consumo en España: una aproximación a sus orígenes y primer desarrollo. Madrid: Debate
Fernández Nogales, A. ((2002) ). Investigación y técnicas de mercado. Madrid: ESIC
Bourdieu, P. ((1988) ). La Distinción. Madrid, Taurus
Alonso, L.E ((2005) ). La era del consumo. Madrid: Siglo XXI
Baudrillard, J. ((1974) ). La sociedad de consumo. Sus mitos, sus estructuras. Barcelona: Plaza y Janés
Bree, J. ((1995) ). Los niños, el consumo y el márketing. Barcelona: Paidós
Sarabia Sánchez, F.J. (coord.) ((1999) ). Metodología para la investigación en marketing y dirección de empresas,. Madrid: Ediciones Pirámide
Schor, J. B. ((2006) ). Nacidos para comprar. Los nuevos consumidores infantiles,. Barcelona: Paidós
Klein, N. ((2001) ). No Logo. El poder de las marcas. Barcelona: Paidós Contextos
((1994)). Política y Sociedad, nº16, mayo-agosto 1994. Número especial de la revista dedicado a la sociología del consumo. .
((2002)). Política y Sociedad, nº39, enero-abril 2002. Número especial de la revista dedicado a la sociología del consumo. .
Valles, M. ((1997)). Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica profesional. Madrid: Síntesis
Veblen, T. ((1974) ). Teoría de la clase ociosa. México: FCE
Bauman, Z. ((2007) ). Vida de consumo. Madrid: Fondo de Cultura Económica.
Alonso, L.E. ((2004)). “Las políticas del consumo: transformaciones en el proceso de trabajo y fragmentación de los estilos de vida”, . Revista Española de Sociología, 4: 7-50.
Durning, A. T. ((1994) ). ¿Cuánto es bastante. La sociedad de consumo y el futuro de la tierra?,. Barcelona: Apóstrofe Divulgación

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Métodos e técnicas de Investigación social/615G01105
Metodoloxía da investigación por enquisas/615G01303

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións:

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

5.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías