Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia das ideas e formas políticas Código 615G01402
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Cardesin Diaz, Jose Maria
Correo electrónico
j.m.cardesin@udc.es
Profesorado
Cardesin Diaz, Jose Maria
Correo electrónico
j.m.cardesin@udc.es
Web http://https://www.udc.es/gl/get/membros/CARDESIN/
Descrición xeral Cal é o obxecto dunha historia das ideas políticas? Cal a relación entre as ideas desas minorías que quedan plasmadas en textos escritos, e as ideas da maioría da poboación, que en boa medida apóianse en textos orais ou de natureza audiovisual? Cal o papel que xogan os cambios nas tecnoloxías da información e a comunicación? Como se conxugan tradición e innovación no campo das ideas que gobernan a unha sociedade?
En cada unha das unidades temáticas, o estudo de textos e situacións de épocas pasadas serviranos de pretexto para abordar problemas similares que están presentes nas sociedades contemporáneas.
Cada época ou problema exemplificarase nunha cidade concreta. A fin de entender as implicacións que supoñen as circunstancias da época romana, medieval, barroca, ilustrada o contemporánea, visitaremos cidades como Atenas, Roma, Londres, París ou Xerusalén... dun xeito virtual, a través de audiovisuais ou de aplicacións como Google Earth. Faremos o mesmo con cidades galegas como Lugo, Santiago de Compostela ou Ferrol, onde poderemos constatar como se plasmaron localmente as novidades ensaiadas en aquelas cidades globais. Finalmente, faremos unha visita guiada, esta vez presencial, pola cidade da Coruña.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios


2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Discusión dirixida (computa na avaliación)
- Lecturas -traballo por grupos- (computa na avaliación)
- Traballos tutelados –individuais- (computa na avaliación)
- Proba obxectiva (computa na avaliación)
- Atención personalizada

*Metodoloxías docentes que se modifican


3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas
- Moodle: diariamente. Dispoñibilidade de lecturas e formularios, e entrega de tarefas.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos, a discusión dirixida, o debate sobre as lecturas e a exposición oral dos traballos de grupo sobre as devanditas lecturas, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. 1 sesión semanal en horario de titorías, en pequeno grupo, para resolver todo tipo de dúbidas e asesorar na realización dos traballos individuais e de grupo.


4. Modificacións na avaliación
A) Alumnado con dedicación completa:
Mantéñense as metodoloxías e o seu peso na avaliación.
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia
Realización de exame final vía Moodle.
C.- Requisitos para superar a materia:
- Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
- Entregar e expor os traballos tutelados na data que se indique.
- Realización obrigatoria do exame final vía Moodle.
- A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Todas as lecturas obrigatorias están dispoñibles no Moodle. Manterase a filmografía a que se poida acceder online, ou aquela que se difunda a través das sesións docentes en Teams.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Introducción a la evolución de las sociedades contemporáneas y de sus movimientos sociales y políticos.
A9 Análisis de los principales conceptos y generalizaciones sobre la sociedad humana y sus procesos.
A10 Introducción a las teorías sobre el poder, la legitimidad y el Estado. Formas de organización política y su evolución histórica, con especial atención a los sistemas contemporáneos.
A11 Aprendizaje de la historia de la teoría sociológica y sus principales escuelas hasta la actualidad.
A17 Conocimientos y habilidades en la búsqueda de información secundaria en las diferentes fuentes (instituciones oficiales, bibliotecas, internet, etc.).
A24 Conocimientos y habilidades en transmitir los conceptos, problemáticas y perspectivas sociológicas.
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B5 Capacidad de gestión de la información.
B12 Trabajo en equipo.
B25 Capacidades para relacionar los conocimientos de la sociología y de otras disciplinas afines.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Explicar a historia das ideas politicas como resultado dun proceso de acumulacion historica (como se conxugan tradicion e modernidade) A3
A9
A10
A11
B25
Analizar a relacion entre as ideas desas minorias que quedan plasmadas en textos escritos, e as ideas da maioria da poboacion, que en boa medida apoianse en textos orais ou de natureza audiovisual (papel dos cambios nas tecnoloxias de informacion e comunicacion) A9
A10
A11
A24
B3
Avaliar o contexto en que se foi construindo a teoria socioloxica e as teorias sobre o poder e a desigualdade social A3
A9
A10
A11
A24
B25
Xestionar as fontes de informacion primarias e secundarias e analizar os seus datos A17
A24
B3
B5
Desenvolver as habilidades de traballo individual e en equipo A17
B3
B5
B12

Contidos
Temas Subtemas
A CIDADE ANTIGA: A INVENCION DA POLITICA NA GRECIA CLASICA 1.- A invención da escritura alfabética.
1.1.- Cultura letrada vs. cultura oral.
1.2.- Lugares da memoria e políticas de memoria.
2.- O contexto histórico: a polis grega.
2.1.- A cidade de Atenas.
2.2.- A invención da política: Democracia.
3.- Platón e A República.
3.1.- A crítica aos sofistas: o papel da ética.
3.2.- Unha teoría do coñecemento: o "mito da caverna".
3.3.- A polis ideal: a formulación da utopía.
TEMA 2.- A CRISE DO IMPERIO ROMANO: A SUBSTITUCION DA POLITICA POLA RELIXION 1.- O Imperio Romano.
1.1.- A Cidade de Roma, Caput Mundi
1.2.- Ser romano en provincias: A cidade de Lugo.
1.3.- Relixións mistéricas e milenarismo.
2.- O cristianismo e a ruptura co pensamento clásico
2.1.- De seita perseguida a igrexa vitoriosa.
2.2.- Pablo de Tarso: a Carta aos Romanos
TEMA 3.- A CRISTIANDADE MEDIEVAL: A REFORMULACION DOS MODELOS DE REPRODUCION SOCIAL 1.- A relixión e as súas funcións.
1.1.- Mito e ritual: Que hai nunha misa?
2.- O parentesco.
2.1.- Producir e reproducir: unha diversidade de alternativas.
2.2.- Os sistemas de parentesco romanos
2.3.- O sistema de parentesco cristián.
3.- A cidade medieval
3.1.- A cidade de Santiago de Compostela
TEMA 4.- A CIDADE NA EUROPA MODERNA: O PAPEL RECTOR DE CIENCIA E FILOSOFIA 1.- Tres séculos de grandes transformacións
1.1.- Revolución comercial, expansión europea e construción dun sistema mundial.
1.2.- Entre fragmentación relixiosa e revolución científica.
1.3.- Do Renacemento a Ilustración.
2.- A construción das monarquías nacionais:
2.1.- Da monarquía absoluta ao sistema representativo
2.2.- O contrato social, de Hobbes a Locke.
2.3.- Os nodos do sistema: as cidades de Londres, París, Ferrol
TEMA 5.- A CIDADE CONTEMPORANEA: ENTRE REFORMA E UTOPIA 1.- Ese longo século das revolucións (1789-1918).
1.1.- A construción das democracias liberais
1.2.- Da Revolución Americana as Revolucións Bolcheviques
2.- O mundo tras da Segunda Guerra Mundial.
2.1.- Do modelo keynesiano ao triunfo do neoliberalismo.
2.2.- O paradigma da democracia liberal e dos dereitos humanos.
2.3.- Un mundo actual contradictorio: entre Dubai e a franxa de Gaza.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A3 A9 A10 A11 B5 B25 19 6 25
Lecturas A3 A9 A10 A11 B3 B5 B12 B25 8 16 24
Proba obxectiva A3 A9 A10 A11 A17 A24 B3 B5 B25 2 20 22
Saídas de campo A17 A24 B3 B5 B12 2 6 8
Traballos tutelados A17 A24 B3 B5 4 12 16
Sesión maxistral A3 A9 A10 A11 B5 B25 12 0 12
 
Atención personalizada 5.5 0 5.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida A partir dos materiais expostos no aula e do traballo persoal dos alumnos.
Lecturas Ao principio de curso fornecerase un conxunto de textos de lectura obrigatoria, que se discutirán en clase como apoio aos distintos apartados do programa e poderan servir de base para Traballos colectivos que se exporán oralmente na aula e que se encomendarán previamente a grupos de 3 alumnos
Proba obxectiva A avaliación basearase nun exame por escrito a final de curso, en torno á materia impartida nas aulas e aos textos de lectura obrigatoria. O exame basearase en preguntas teóricas e de comentario de texto.
Saídas de campo Itinerarios urbanos ou visitas a exposicións baixo a guía do profesor.
Realizarase unha visita guiada a cidade da Coruña. As datas concretas negociaranse tendo en conta que non interrompan o horario de clases.
Traballos tutelados Todos os alumnos deberan, de maneira obrigatoria, asistir a unha representacion ritual de caracter relixioso, e entregar dun xeito individual un informe de 5 a 8 paxinas sobre o devandito ritual. Estes informes seran debatidos dun xeito conxunto nunha aula que tera lugar na segunda quincena de novembro
Sesión maxistral Docencia maxistral

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Saídas de campo
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada realizarase de xeito individual nos traballos tutelados e na solución de problemas cando sexa preciso. Tamén se producirá no aula no contexto da docencia presencial. As titorías terán lugar a través da aplicación Teams no horario establecido.

Para aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a atención personalizada realizarase no horario de titorías (na aplicación Teams) ou a través de correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A3 A9 A10 A11 B5 B25 Baseado na avaliación permanente realizada polo profesor a partir da participación activa por parte dos alumnos na aula, e na reflexion colectiva en torno as lecturas obrigatorias 30
Lecturas A3 A9 A10 A11 B3 B5 B12 B25 Baseado na avaliación realizada polo profesor a partir da exposicion en grupo por parte de 3 alumnos dalgunha das lecturas obrigatorias. 15
Proba obxectiva A3 A9 A10 A11 A17 A24 B3 B5 B25 A avaliación basearase nun exame por escrito a final de curso, en torno á materia impartida nas aulas e aos textos de lectura obrigatoria. O exame basearase en preguntas teóricas e de comentario de texto. 40
Traballos tutelados A17 A24 B3 B5 Todos os alumnos deberan, de maneira obrigatoria, asistir a unha representacion ritual de caracter relixioso, e entregar dun xeito individual un informe de 5-8 paxinas sobre o devandito ritual. Estes informes seran debatidos dun xeito conxunto nunha aula que tera lugar en torno ao 26 de novembro 15
 
Observacións avaliación

As cualificacións finais serán o resultado da suma de 2
bloques de notas:

a.- A proba obxectiva, que estará baseada nun exame por
escrito ao final do curso, e que aportará o 40% da nota. Non presentarse ao exame final conlevará a cualificación de "Non Presentado" na materia.

b.- A participación activa en clase (discusión dirixida,
estudo de casos, reflexion sobre as lecturas), a exposicion (voluntaria) das lecturas con cargo a grupos e o traballo obrigatorio sobre un ritual, que
aportarán conxuntamente o 60% da nota.

Atención: O prazo para apuntarse para facer a exposición na aula duhnha lectura rematará o 5 de outubro. Se un membro do
grupo non asiste a presentación oral, non poderá recibir cualificación por este
concepto.

Caso de que o estudante non se presentase a exame ou non superase a convocatoria de xaneiro, as cualificacións correspondentes a este segundo concepto (participación activa en clase, exposicion voluntaria e traballo obrigatorio) gardaranse para a convocatoria de xullo.

UNICAMENTE para
aqueles alumnos/as que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación final
dependerá exclusivamente da proba obxectiva baseada nun exame por escrito ao
final do curso, que aportará o 100% da nota.


Fontes de información
Bibliografía básica
Os seguintes textos servirán de introdución aos diferentes temas do programa. Estes textos debateranse en clase e entrarán como materia de exame, xunto ás explicacións de clase

1.- BORGES, Jorge Luis: “Funes el Memorioso”, en Artificios. Madrid, Alianza, (1944) 1993, p. 7-18. Data aproximada de comentario: 6/Outubro.

2.- FINLEY, Moses: “Sócrates y Atenas”, en Aspectos de la Antigüedad, Barcelona, Ariel, (1960) 1975, p. 80-99. Data aproximada de comentario: 13/Outubro.

3.- HARRIS, Marvin: "Mesías", e “El secreto del Príncipe de la Paz”, en Vacas, cerdos, guerras y brujas, Madrid, Alianza, 1981, p. 138-180. Data aproximada de comentario: 27/Outubro.

4.- GOODY, Jack: “El cambio en los países germánicos”, en La evolución de la familia y el matrimonio en Europa, Barcelona, Herder, (1983) 1986, p. 59-76. Data aproximada de comentario: 10/Novembro.

5.- SENNETT, Richard: “Cuerpos en movimiento. La revolución de Harvey”, en Carne y piedra. El cuerpo y la ciudad en la civilización occidental, Madrid, Alianza, (1994) 2003, p. 273-301. Data aproximada de comentario: 24/Novembro.

6.- DETIENNE, Marcel: “De las prácticas asamblearias a las formas políticas: un enfoque comparativo”, en Comparar lo incomparable. Alegato a favor de una ciencia histórica comparada, Barcelona, Península, 2001, p. 101-127. Data aproximada de comentario: 15/Decembro.

7.- DAVIS, Mike: “Miedo y dinero en Dubai”, New Left Review, 41, 2005, p. 43-64. Data aproximada de comentario: 15/Decembro.

8.- SACCO, Joe: Notas al pie de Gaza, Literatura Random House, (2009) 2015, selección de 50 páxinas. Data aproximada de comentario: 12/Xaneiro.

Bibliografía complementaria (). .

Bibliografía Tema 1

CONNOLLY, Peter y Hazel DODGE: La Ciudad Antigua. La vida en la Atenas y Roma clásicas, Madrid, Acento, 1998.

FINLEY, Moses: Aspectos de la antigüedad, Barcelona, Ariel, 1975.

GOODY, Jack: La domesticación del pensamiento salvaje, Madrid, Akal, 1977.

HALL, Peter: “The Fountainhead. Athens 500-400 BC”, en Cities in Civilization. Londres, Weidenfeld & Nicholson, 1998, p. 24-68.

LURI, Gregorio: El proceso de Sócrates. Sócrates y la transposición del socratismo, Madrid, Trotta, 1997.

POLANYI, Karl: "Comercio, mercados y dinero en la Antigua Grecia", El sustento del hombre, Barcelona, Mondadori, 1994, pp. 227-371.

RODRIGUEZ ADRADOS, F.: La democracia ateniense, Madrid, Alianza Universidad, 1980.

Bibliografía Tema 2

BERMEJO, Fernando: La invención de Jesús de Nazaret, Madrid, Siglo XXI, 2018.

CONNOLLY, Peter y Hazel DODGE: La Ciudad Antigua. La vida en la Atenas y Roma clásicas, Madrid, Acento, 1998.

HARRIS, Marvin: "El cargo fantasma"; "Mesías"; "El secreto del Príncipe de la Paz", en Vacas, cerdos, guerras y brujas, Madrid, Alianza, 1981, p. 121-180.

Sagrada Biblia, Madrid, Biblioteca de Autores Cristianos.

SANCHEZ FERLOSIO, Rafael: "La música celestial de la verdad", Le Monde Diplomatique, III/1999.

WEBER, Max: “La rutinización del carisma”, en Economía y Sociedad.

Bibliografía Tema 3

COHN, Norman: En pos del milenio. Revolucionarios milenaristas y anarquistas místicos de la Edad Media, Madrid, Alianza Universidad, 1989.

ECO, Umberto: El nombre de la rosa, Barcelona, Lumen, 1982.

GOODY, Jack: La evolución de la familia y el matrimonio en Europa, Barcelona, Herder, 1986.

LE GOFF, Jacques: La bolsa y la vida. Economía y religión en la Edad Media, Barcelona, Gedisa, 1996.

VIGNAUX, Paul: El pensamiento en la Edad Media, Madrid, Fondo de Cultura Económica, 1993.

Bibliografía Tema 4

DETIENNE, Marcel: “De las prácticas asamblearias a las formas políticas: un enfoque comparativo”, en Comparar lo incomparable. Alegato a favor de una ciencia histórica comparada, Barcelona, Península, 2001, p. 101-127.

EISENSTEIN, E.: “Conclusión: escritura y naturaleza transformada”, La revolución de la imprenta en la Edad Moderna Europea, Madrid, Akal, 1994.

GINZBURG, Carlo: El queso y los gusanos. El cosmos según un molinero del siglo XVI, Barcelona, Muchnick, 1981.

HALL, Peter: “The World as Stage. London 1570-1620”, en Cities in Civilization. Londres, Weidenfeld & Nicholson, 1998, p. 114-158.

SENNETT, Richard: Cuerpos en movimiento. La revolución de Harvey”, en Carne y piedra. El cuerpo y la ciudad en la civilización occidental, Madrid, Alianza, 2003, p. 273-301.

Bibliografía Tema 5

CASANOVA, Julian: "Viejos y nuevos retos sobre las revoluciones de 1917", en Historia Social, 88, 2017, pp. 87-103.

DAVIS, Mike & Monk, Daniel B.: Evil Paradises. Dreamworlds of Neoliberalism, New York, The New Press, 2007.

MARGALIT, Meir: Jerusalén, la ciudad imposible. Claves para comprender la ocupación israelí, Madrid, Catarata, 2018.

POLANYI, Karl: La gran transformación. Crítica del liberalismo económico, Madrid, La Piqueta, 1989.

RAMOS, Jorge: Una historia contemporánea de Palestina-Israel, Madrid, Catarata, 2020.

SACCO, Joe: Notas al pie de Gaza, Literatura Random House, (2009) 2015.

BIBLIOGRAFIA XERAL:

BLACK, Anthony: El pensamiento político en Europa, Cambridge U.P., 1996.

BOBBIO, Norberto: La teoría de las formas de gobierno en la historia del pensamiento político, México, Fondo de Cultura Económica, 1987.

CARDESIN, José María: “Una indagación en la historia del pensamiento occidental”, Cuadernos de Estudios Gallegos, nº 128, 2015, p. 337-369.

GAARDER, Jostein: El mundo de Sofía. Novela sobre la historia de la filosofía, Madrid, Siruela, 1994.

HALL, Peter: Cities in Civilization. Culture, Innovation and Urban Order, Londres, Weidenfeld & Nicholson, 1998.

MACINTYRE, Alasdair: Historia de la ética, Buenos Aires, Paidos, 1970.

MANN, Anthony: Las fuentes del poder social, Madrid, Alianza, 2 vols.

NAREDO, José Manuel: La economía en evolución. Historia y perspectivas de las categorías básicas del pensamiento económico, Madrid, S. XXI, 1987.

ORY, Pascal: Nueva historia de las ideas políticas, Madrid, Mondadori, 1992.

PRIETO, Fernando: Lecturas de historia de las ideas políticas, Madrid, Unión Editorial.

SENNETT, Richard: Carne y piedra. El cuerpo y la ciudad en la civilización occidental, Madrid, Alianza, 2003.

TILLY, Charles: Coerción, capital y los estados europeos, 990-1990, Madrid, Alianza, 1992.

FILMOGRAFIA:

Tema 1:

Documental: Atenas: el rostro público del Estado.

Andrew W. Hadrill (2018): Atenas, vivir en la ciudad antigua.

https://www.youtube.com/watch?v=sYaBcrLw8Ho

Tema 2:

Ridley Scott (2000): Gladiator.

Pier Paolo Passolini (1964): El evangelio según San Mateo.

Alejandro Amenábar (2009): Agora.

Tema 4:

The Great Plague of London (Black Death Documentary)

https://www.youtube.com/watch?v=HPe6BgzHWY0

Peter Watkins (1964): Culloden.

https://www.youtube.com/watch?v=mkxW-nB0nNU

Tema 5:

Carles Bover y Julio Pérez del Campo (2019): Gaza.

https://www.elboletin.com/noticia/169669/contraportada/gaza-cortometraje-dirigido-por-carles-bover-y-julio-perez-preseleccionado-a-los-premios-goya-2019.html

Emad Burnat y Guy Davidi (2011): 5 Broken Cameras.

https://vimeo.com/ondemand/5brokencameras2


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Hª política e social contemporánea/615G01109

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Hª política e social contemporánea/615G01109

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías