Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Metodoloxía da investigación etnográfica Código 615G01403
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Couceiro Dominguez, Enrique
Correo electrónico
enrique.couceiro.dominguez@udc.es
Profesorado
Couceiro Dominguez, Enrique
Correo electrónico
enrique.couceiro.dominguez@udc.es
Web
Descrición xeral Curso especificamente dirixido ao estudo e exercitación dos diferentes recursos e instrumentos metodolóxicos e técnicas de investigación etnográfica en Antropoloxía social e en xeral en investigación social cualitativa, poñendo atención atención ás estratexias da observación participante, a investigación-acción participativa, a observación multisituada, o estudo da narratividade, e a entrevista etnográfica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A12 Conocimiento de la especie humana a través de la cultura, parentesco y hábitat con especial atención a los pueblos preindustriales.
A16 Conocimientos y habilidades técnicas para la produción y el análisis de los datos cuantitativos y cualitativos.
A26 Saber elegir las técnicas de investigación social (cuantitativas y cualitativas) pertinentes en cada momento.
A27 Conocimientos y habilidades de las técnicas de muestreo y de trabajo de campo.
B9 Reconocimiento a la diversidad y a la multiculturalidad.
B20 Conocimiento de otras culturas y costumbres.
B27 Capacidades en reconocer la complejidad de los fenómenos sociales.
C6 Valorar críticamente el conocimiento, la tecnología y la información disponible para resolver los problemas con los que deben enfrentarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Proxectar e desenvolver metodolóxica e tecnicamente investigacións etnográficas baseadas na observación participante e/ou en instrumentos alternativos ou complementarios a esta A16
A26
A27
B9
B20
B27
C6
Proxectar e realizar entrevistas etnográficas orientadas á identificación e interpretación de problemas, procesos emerxentes ou fenómenos socioculturais A12
A16
A26
B20
B27

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1º. O TRABALLO DE CAMPO
EN ETNOGRAFIA ANTROPOLOGICA

TEMA 2º. A OBSERVACIÓN PARTICIPANTE

TEMA 3º. INVESTIGACIÓN-ACCIÓN E OUTRAS ESTRATEXIAS DE OBSERVACIÓN

TEMA 4º. A ENTREVISTA EN ETNOGRAFÍA E AS NARRATIVAS LOCAIS. INTERPRETAR TEXTOS E ACCIÓNS RITUAIS.

TEMA 5º. OUTROS METODOS COMPLEMENTARIOS. FONTES E REXISTROS.

TEMA 6º. PROCESO DE ANALISIS E ESCRITURA ETNOGRÁFICA
DO TEMA 1º. O traballo de campo: identificación e comprensión da complexidade sociocultural a través da experiencia convivencial prolongada.. A etnografía como proceso interactivo e reflexivo. O deseño e as reconsideracións da investigación. Fases do traballo de campo.

DO TEMA 2º. Participar para observar e aprender a observar. Vantaxes da o.p. e inconvenientes. Acceso ao campo e relacións. A dispoñibilidade e a redución da reactividade. Técnicas e estratexias na o.p. A etnografía multisituada ante os procesos da globalización. O rexistro e organización da información: útiles e procedementos.

DO TEMA 3º La participación observante.
Outras estratexias de observación.
Investigación-acción participativa, ou "colaboración participante".
Orientacións e lóxicas destas prácticas de investigación.
O estudo de caso en etnografía. O método "Time Allocation"

DO TEMA 4º. As narrativas e o seu rexistro. Discursos e narratividade. Interpretar textos e representacións. A entrevista etnográfica na era da globalización. Indagación dos valores e coñecementos. Tipos de entrevistas segundo obxectivos de investigación. Estruturas e estratexias do proceso de entrevista.

DO TEMA 5º. O método biográfico en antropoloxía. O método xenealóxico. Documentos e rexistros de interese etnográfico, e técnicas para o seu aproveitamento. O método combinatorio en antropoloxía. Fichas persoais e fichas domésticas. A fotografía e o filme etnográfico.

DO TEMA 6º. Análise interpretativa dos datos en antropoloxía. A etnografía como produto: escritura antropolóxica e redacción de informes.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A12 A16 A27 B20 20 23 43
Discusión dirixida B9 B27 10 15.5 25.5
Traballos tutelados A26 A27 C6 5 35 40
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación polo profesor dos contidos da materia na aula. Complementarase con materiais visuais de apoio -presentacións en Power Point, e con proxeccións de filmes etnográficos-. O obxectivo destas sesións será o coñecemento, polo alumno, das técnicas e métodos etnográficos e da análise do discurso cultural, as súas utilidades e aplicabilidade; así como estimular debates participativos. O alumno deberá asistir polo menos aos 2/3 das sesións.
Discusión dirixida Comentario e debate, durante a segunda parte de cada sesión, de materiais textuais -artigos de revistas, capítulos de libros, concernentes aos pormenores, problemas e aplicación práctica de diferentes técnicas de investigación de utilidade etnográfica. O obxectivo da discusión será o desenvolvemento polo alumno dunha capacidade crítica e unha conciencia da diversidade cultural, así como o recoñecemento da complexidade dos problemas socioculturais e a necesidade de adecuar os instrumentos de investigación etnográficos aos casos de estudo específicos.
Traballos tutelados Concíbese como unha proba práctica que se irá realizando ao longo do curso. Consistirá nun traballo de curso desenvolvido mediante a práctica da observación participante ou multisituada, a entrevista semiestruturada, a análise dun caso de narrativa popular, e/ou o ensaio do rexistro e a interpretación 'técnica' dunha historia de vida. O seu obxectivo é que o alumno desenvolva coñecementos e habilidades na proxección básica da investigación etnográfica, no emprego das técnicas de traballo de campo, e se exercite sobre o terreo en valorar criticamente o coñecemento, técnicas e información dispoñibles para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada realizarase de xeito individual nas prácticas tuteladas (Traballos tutelados) e nas titorías sobre contidos teóricos cando o proceso de aprendizaxe e os problemas suscitados polas prácticas así o requiran. Tamén parte das sesións maxistrais pode canalizarse cara á discusión personalizada de problemas específicos suscitados nos temas expostos cando a ocasión o precise.

Para o alumnado con reñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso as tutorías específicas ás que asistir, e que sexan compatibles coa sua dedicación

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A12 A16 A27 B20 Valorarase a asistencia activa e participativa ás sesións do curso. O alumno deberá asistir polo menos ós 2/3 das sesións. 10% da cualificacion. 10
Traballos tutelados A26 A27 C6 Avaliarase un traballo individual de curso (entrevista semiestruturada, analizar un caso de narrativa popular, e/ou ensaiar o rexistro e a interpretación 'técnica' dunha historia de vida). Este traballo supón un 60% da cualificación 40
Discusión dirixida B9 B27 Será criterio de avaliación a participación activa na preparación e exposición de textos sobre metodoloxía etnográfica aplicada a estudos de caso específicos, así como na subseguinte discusión dos devanditos materiais nas sesións de clase. A avaliación individual desta metodoloxía supoñerá un 30% da cualificación. 50
 
Observacións avaliación

Para a avaliación da 2ª oportunidade, esixirase a realización do traballo tutelado, ou a súa ampliación se é o caso.

No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia seguiranse os mesmos criterios de avaliación para a 1ª oportunidade que para o restante alumnado, salvo en que, para aqueles non se aplicará o primeiro criterio -asistencia activa e participativa-, cuxo porcentaxe de avaliación (10%) distribuirase a partes iguais entre os outros dous criterios ("discusión dirixida" supoñerá un 55%, e "traballo tutelado" un 45%). Pola súa banda, determinaranse as datas nas que devanditos alumnos con exención poidan asistir para expoñer e discutir os seus correspondentes textos sobre metodoloxía específica.

Para a avaliación da 2ª oportunidade, os alumnos exentos de asistencia deberán presentar un comentario valorado sobre un texto de metodoloxía etnográfica, ademais do traballo tutelado -ou da ampliación do mesmo-.


Fontes de información
Bibliografía básica Ellen, R.F., ed. ((1984)). Ethnographic Research. A Guide to General Conduct.. London, Academic Press
González, A. ((1990)). Etnografía y comparación. La investigación intercultural en Antropología.. Barcelona, Bellaterra
Hammersley, M. / Atkinson ((1994) ). Etnografía. Métodos de investigación. Barcelona, Paidos
Hammersley, M. / Atkinson ((1994)). Etnografía. Métodos de investigación.. Barcelona, Paidos
Taylor, S.J./ R. Bogdan ((1986)). Introducción a los métodos cualitativos de investigación. Barcelona, Paidos
Taylor, S.J./ R. Bogdan ((1986)). Introducción a los métodos cualitativos de investigación.. Barcelona, Paidos
Angrosino, Michael ((2012)). La investigación etnográfica y de observación en Investigación Cualitativa. Madrid. Morata
Velasco, H. /Díaz de rada, A. ((1997)). La lógica de la investigación etnográfica.. Madrid, Trotta
Kvale, Steinar ((2011)). Las entrevistas en Investigación Cualitativa. Madrid. Morata
Sanmartin, R. ((2003)). Observar, escuchar, comparar, escribir. La práctica de la investigación cualitativa.. Barcelona, Ariel
Sanmartin, R ((2003) ). Observar, escuchar, comparar, escribir. La práctica de la investigación cualitativa. . Barcelona, Ariel
Rabinow, P. ((1992)). Reflexiones sobre un trabajo de campo en Marruecos.. Madrid, Júcar
VV.AA ((2000)). Revista de Antropología social, nº 9. Madrid. Universidad Complutense
Fardon, R.; O. Harris, T.H.J. Marchand & al. ((2012)). Social Anthropology.Vol. 2, Part 3: Methods. London, Sage
Sanmartín, R. ((2007)). “El trabajo de campo”, Cap. III de Lisón, C., ed. Introducción a la antropología social y cultural. Teoría, método y práctica.. Madrid, Akal.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Antropoloxía social e cultural/615G01102

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Risco, cultura e medio ambiente/615G01417

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías