Identifying Data 2019/20
Subject (*) Globalization, Environment and Population Code 615G01409
Study programme
Grao en Socioloxia
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Optional 4.5
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinador
E-mail
Lecturers
Cortés Vázquez, José Antonio
E-mail
j.a.cortes@udc.es
Web
General description O principal obxectivo deste curso é introducir o campo da Socioloxía ambiental, proporcionando nocións teóricas e metodolóxicas claves para a interpretación das ligazóns entre os procesos de globalización (económica, política, cultural, social) e a actual crisis ecolóxica e ambiental. O avance da ciencia e a tecnoloxía xera novas pautas de relación social; a globalización económica impón novas formas de distribuír os costes e problemas ambientais; a expansión da conciencia ecoloxista crea novos marcos políticos. A análise destes fenómenos e outros similares require unha perspectiva sociolóxica crítica que pescude nas dinámicas sociais e relacions de poder que condicionan como nos relacionamos có medio que nos rodea; e que nos axude a pensar e propoñer alternativas que sexan social e ambientalmente máis xustas.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A4 Relaciones entre la población, los recursos y medio ambiente en su movimiento y estructura; y el estudio de las técnicas y métodos del análisis demográfico.
A8 Análisis de las transformaciones y evolución de las sociedades contemporáneas.
A14 Capacidades en elaborar, utilizar, e interpretar indicadores sociales e instrumentos de medición social.
A17 Conocimientos y habilidades en la búsqueda de información secundaria en las diferentes fuentes (instituciones oficiales, bibliotecas, internet, etc.).
B1 Capacidad de organización y planificación.
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B16 Sensibilidad hacia temas medio ambientales.
B26 Capacidades en reconocer el carácter global y local de los fenómenos sociales.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Interpretar a evolución das sociedades contemporáneas e a súa relación co medio ambiente no marco das estruturas económicas e financeiras globais A8
B3
B26
Avaliar as interaccións entre a poboación e as capacidades dos recursos naturais dispoñibles. A4
B16
Elaborar indicadores para a medición de procesos sociais relacionados co uso dos recursos naturais e as súas consecuencias sobre a desigualdade social. A14
A17
B1
B3
Redactar informes analíticos de fenómenos sociais que permitan o seu estudo empírico e ofrezan evidencias sobre ferramentas teóricas para o estudo das causas da desigualdade social e as súas implicacións. A4
A8
A14
A17
B1
B3
B26
C1

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1. Introdución á socioloxía ambiental O tema ambiental ao longo da historia da disciplina; xurdimento do paradigma socioambiental nos 70; actuais formas de aproximación ás relacións sociedade-ambiente.
Tema 2. Coñecer o medio, gobernar o medio Deconstrución do dualismo sociedade – natureza; distintas formas de coñecemento ambiental; coñecemento tradicional vs coñecemento experto; o rol da ciencia e a tecnoloxía na crisis ecolóxica; Exemplos prácticos: comunidades costeiras, sobrepesca e destrución de pesquerías.
Tema 3. Neoliberalismo, extractivismo e políticas de conservación Apuntes de ecoloxía política; análise da relación economía – sociedade - medio ambiente; desenvolvemento sostible; capitalismo e neoliberalismo verde; New Green Deal e auxe do extractivismo; Exemplos prácticos: cambio climático, espazos naturais protexidos, minería.
Tema 4. Movementos sociais e xustiza ambiental Desenvolvemento do ambientalismo e do ecoloxismo; tipos de ecoloxismo; axenda da xustiza ambiental e participación cidadá; Exemplos prácticos: movementos ambientais na Galiza.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A4 A8 B16 B26 16 32 48
Workshop A14 A17 B1 B3 C1 8 12 20
Document analysis A4 A8 A14 B3 B16 B26 C1 8 12 20
Supervised projects A4 A8 A14 A17 B1 B3 B16 B26 C1 1 19.5 20.5
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral por parte do profesor dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
Workshop Sesións prácticas nas que os estudantes traballarán baixo a atención personalizada do docente. Consistirán en definir e elaborar cada unha das partes do traballo a entregar para a avaliación da materia. Manexaranse distintas fontes bibliográficas.
Document analysis Comentario crítico e debate na aula, sobre fontes documentais (lecturas, documentos audiovisuais, información estatística...) recomendados polo profesor para cada tema.
Supervised projects Realización por parte do alumnado dun traballo escrito, según dos modalidades distintas. O traballo exporase na aula.

Personalized attention
Methodologies
Workshop
Description
Nos talleres traballarase coa guía e a axuda necesaria do profesor. Tamén se poden programar as tutorías que os alumnos consideren necesarias. Dispoñibilidade virtual vía correo electrónico.

Para o alumnado con reconocminto de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao comezo de curso un calendario específico de tutorías compatible coa súa dedicación así como unha serie de tarefas para a súa implicación continuada e activa.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A4 A8 A14 A17 B1 B3 B16 B26 C1 Para os traballos tutelados haberá dúas formas de avaliación, ambos baseados en traballos en grupo:


Opción A. Realización dun estudo tutelado da mobilidade entre alumnos, PDI e PAS da Facultade de Socioloxía da UDC. Este estudo busca coñecer os hábitos de mobilidade e o grao de conciencia ambiental na facultade, así como identificar as claves para promover hábitos máis sostibles medioambientalmente. Os seus resultados avaliaranse en clase conforme á calidade nas fases de deseño da investigación, traballo de campo e análise. De obter a máxima cualificación, as conclusións serían incorporadas á Ecoauditoría da facultade e formarían parte do plan de acción para a obtención do certificado Green Campus, có debido recoñecemento aos seus autores/as.

Opción B. Realización dun traballo teórico en grupo sobre un tema relacionado co tema dos impactos ecolóxicos e ambientais na Galiza. Este traballo consistirá na elección dun tema pertinente, revisión bibliográfica en profundidade a través da literatura sociolóxica e outras fontes de información e definición do problema e do estado da cuestión en investigación sociolóxica. O resultado deste traballop resentarase en formato póster, sendo avaliado na clase e posteriormente exposto e presentado en público na facultade no marco dunhas xornadas sobre Ciencias Sociais e Problemas Ambientais da Galiza. Os temas serán de libre elección por parte dos alumno/as, previa consulta co profesor do curso.


80
Document analysis A4 A8 A14 B3 B16 B26 C1 Realización individual de comentario de texto crítico de dúas lecturas recomendadas con relación directa coa materia do curso. A realización desta análise crítica non é obrigatoria para superar o curso, pero aporta un 20% da nota final.
20
 
Assessment comments

NOTA: A asistencia é obrigatoria polo que non se pode faltar a máis de tres clases sen xustificación


Observación para o alumnado conrecoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención deasistencia: O/o alumno/a deberá porse en contacto co profesor canto antes. Na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexeranse de acordoá realización dun traballo teórico (recensión/análise crítico de lecturas indicadas polo profesor) e práctico (realización do traballo de investigación bibliográfica) e na que o/o alumno/na terá que demostrar alcanzar ascompetencias e os resultados de aprendizaxe da materia. O traballo teórico teráun peso do 20% e o práctico do 80%, é obrigatoria a realización de ambos para superar a materia. O profesor porá en práctica diversas estratexias deacordo ás necesidades que se expoñan para facilitar ao alumnado nestas circunstancias o seguimento activo da materia e a súa atención personalizada.


Sources of information
Basic

As lecturas básicas son:

Haraway, Donna (2015) El patriarcado del osito Teddy. Taxidermia en el Jardín del Edén. Barcelona: Sans Soleil. (Texto clave para tema 2)

Razmig Keucheyan (2016) La naturaleza es un campo de batalla. Ensayo de ecología política. Madrid: Clave Intelectual (Texto clave para Tema 3)

Outras fontes de información complementarias (a complementar durante o curso con máis textos):

BAUMAN, Z. (2001), La globalización: Consecuencias humanas, México, Fondo de Cultura Económico.

BECK, U. (1999), ¿Qué es la globalización? Falacias del globalismo, respuestas a la globalización, Buenos Aires, Editorial Paidós: 43-98.

HARDIN, G. (1968). The tragedy of commons, pp.1243-1248. Science, 162

Harvey, David (2007) Breve Historia del Neoliberalismo. Madrid: Akal

Latour, Bruno (2007) Nunca fuimos modernos. Ensayos de antropología simétrica. Buenos Aires: Siglo XXI editores

MARTÍN PALMERO, F. (Ed.) (2004). Desarrollo sostenible y huella ecológica. Netbiblo, Coruña

Martinez-Alier, J (2005) El ecologismo de los pobres. Barcelona: Icaria

O’Connor, J. (2001) Causas naturales. Ensayos de marxismo ecológico. Mexico: Siglo XXI

SASSEN, S. (2007), Una sociología de la globalización, Buenos Aires, Editorial Katz: 125-164

Zizek, S. (2010) Primero como tragedia, después como farsa, Madrid: Akal.

Complementary