Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Estrutura e cambio social de Galicia Código 615G01412
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinación
Vazquez Fernandez, Xose Gabriel
Correo electrónico
gabriel.vazquez@udc.es
Profesorado
Vazquez Fernandez, Xose Gabriel
Correo electrónico
gabriel.vazquez@udc.es
Web http://www.sociologia.udc.gal
Descrición xeral O cometido desta asignatura é o de chegar a coñecer a realidade social galega de maneira obxetiva e profunda. Para o que se pretende analizar os distintos compoñentes da estructura e o cambio social de Galicia, intentando entender a súa imbricación no conxunto das materias e contidos da Socioloxía e, tamén, a aplicación práctica desta parte teórica á realidade social, incluso ao día a día -na vida cotidiana ou na construcción social da realidade-. Co fin de formar os novos oscultadores do estado social dunha sociedade como a galega.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Introducción a la psicología de los colectivos y grupos humanos.
A3 Introducción a la evolución de las sociedades contemporáneas y de sus movimientos sociales y políticos.
A8 Análisis de las transformaciones y evolución de las sociedades contemporáneas.
A15 Conocimientos y habilidades para plantear y desarrollar una investigación aplicada en las diferentes áreas de la sociedad.
A17 Conocimientos y habilidades en la búsqueda de información secundaria en las diferentes fuentes (instituciones oficiales, bibliotecas, internet, etc.).
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B5 Capacidad de gestión de la información.
B6 Comunicación oral y escrita en la lengua nativa.
B13 Razonamiento crítico.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento da historia, datos e demáis información sobre a sociedade galega A2
A3
Comprensión do devir e do presente da sociedade galega A3
A8
Aplicación dos coñecementos ao estudo e ao estado da sociedade galega B3
B5
Análise de aspectos e situacións da sociedade galega A15
A17
B3
B5
Síntese da información e do estudo sobre a realidade social galega B3
B5
B6
B13
Avaliación da situación actual, o presente, e sobre as perspectivas de futuro da sociedade galega. A8
B3
B13
C4

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1:

IDENTIDADE DA SOCIEDADE GALEGA
1.1. Identificación
1.2. Contorna
1.3. Historia
BLOQUE 2:

ALGÚNS DATOS SOBRE A SOCIEDADE GALEGA
2.1: Poboación
2.2: Economía
2.3: Outras referencias
BLOQUE 3:

IMAXE DA SOCIEDADE GALEGA
3.1: Imaxe mediática
3.2: Estereotipos
3.3: Imaxe dos galegos por xénero, idade e hábitat
BLOQUE 4:

INFORMACIÓN EMPÍRICA SOBRE A SOCIEDADE GALEGA
4.1. Enquisa Mundial de Valores, Edición Galicia
4.2. Tipoloxías de galegos
4.3. Estilos de vida urbana
4.4. Índice de Desenvolvemento Humano
BLOQUE 5:

FACTORES E AXENTES DO CAMBIO SOCIAL EN GALICIA
5.1: Factor demográfico
5.2: Factor tecnolóxico
5.3: Factor económico
5.4: Factor cultural
5.5: Factor ideolóxico
5.6: As élites
5.7: Os movementos sociais
7.8: Os grupos de presión

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A3 A8 15 0 15
Discusión dirixida B3 B6 B13 C4 5 10 15
Lecturas A17 B3 B5 B6 1 13 14
Traballos tutelados A17 B3 B5 B6 B13 10 0 10
Investigación (Proxecto de investigación) A2 A3 A8 A15 A17 B3 B5 B6 B13 5 50 55
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación por parte do profesor dos contidos teórico/prácticos xerais, más suliñables e necasarios para comprender a asignatura e para levar a cabo o traballo de investigación.
Discusión dirixida Nesta parte da asignatura tamén se procura fomentar o traballo e espírito de equipo, noutras palabras, desenvolver a chamada intelixencia social; de xeito que o alumnado poda ver por sí mesmo as ventaxes de xuncir esforzos, fronte á empresa individual. Para acadar isto, así como para o conxunto da asignatura, se presenta o contido referido á parte práctica, no que tamén resulta fundamentel a discusión dirixida, tanto nas clases como nas titorías.
Polo tanto, a asistencia e participación estímanse fundamentais no plantexamento da asignatura. Un dos obxectivos principais de calquera plantexamento didáctico debería conseguir a máxima implicación posible por parte do alumnado. E uns bos indicadores da mesma son, sen dúbida, a asistencia e a participación dos alumnos no desenvolvemento das clases, no ensino e na aprendizaxe. Por un lado, unha asistencia non coercitiva, senón acadada a traveso de despertar o interese e, polo tanto, o seguimento voluntario da asignatura. Asimesmo, a participación tamén supón un valor a fomentar e acadar no desenvolvemento destas clases, que os alumnos participen, ben facendo preguntas, debatindo, pedindo máis información, nas titorías, etc. En definitiva, estamos a falar da importancia que ten o traballo participativo do alumnado nas clases.
Lecturas Os textos fundamentais relacionados coa asignatura, así como aqueles outros que polo seu interese e/ou súa actualidade sexan recomendables para dotar ao alumnado dun marco teórico máis fornecido e completo, así como para darlles unha maior profundidade e especialización no ámbito da materia serán tamén tidos en conta entre o material a empregar nas clases. Sobre todo, con estas lecturas se busca que o alumnado coñeza, se informe, reflexione e dé o seu punto de vista sobre ditos contidos. Para estas lecturas, o alumnado tamén poderá apoiarse na bibliografía referenciada, así como noutras fontes de información que poidan ser útiles.
Traballos tutelados Cara ao traballo de investigación, o curso terá un calendario de entregas das sucesivas fases do mesmo: proxecto, marco teórico, parte empírica e análises.
Estas partes teñen adicada a parte práctica da asignatura, desenvolvéndose mediante as correspondentes titorías.
Estas partes ou traballos terán un calendario de entregas, que serán en formato arquivo, perante correo electrónico.
Investigación (Proxecto de investigación) Básicamente a asignatura xira en torno a elaboración dun traballo teórico-práctico sobre a sociedade galega, no que se pretende recoller os coñecementos adquiridos, así como as habilidades do estudante e as súas aportacións. Constituindo en conxunto a proba ou demostración do saber facer polo que vai a ser avaliado principalmente.
No plantexamento desta asignatura esta parte conta cun interese e obxectivo especial, que o alumnado acade -na medida do posible- unhas habilidades para o correcto desenvolvemento dun oficio ou dunha parte do mesmo. É dicir, o que se pretende no plantexamento práctico explicitado é ensinar aos alumnos a traballar como sociólogos nun ámbito concreto como é o da materia a impartir, entendido no sentido de análise, diagnóstico e/ou tratamento das situacións, problemas e demáis feitos que afectan ás diversas formas da organización e o sistema social, neste caso da sociedade galega.
Este traballo entregarase ao final do cuatrimestre en formato arquivo adxunto a través de correo electrónico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Lecturas
Discusión dirixida
Investigación (Proxecto de investigación)
Traballos tutelados
Descrición
As clases preséntanse eminentemente prácticas, para que o alumnado desenvolva co seu traballo o contido e coñecemento da mesma, sobre todo a traveso do traballo individual ou en equipo, coa participación nas clases sobre os temas a tratar, así como nos propios traballos a realizar (o titelado, as lecturas, os debates, etc.). Todo elo baixo a supervisión o coa colaboración do profesor, que procura ser un membro máis do equipo de traballo.
Polo que tanto os contidos de carácter teórico –explicitados no temario- como as actividades a realizar na parte práctica non poderán conseguir os seus propósitos sen a estreita colaboración entre o alumnado e o profesor.
Así pois, nesta asignatura dedícase as horas de prácticas precisamente a atención e titorización dos traballos e demáis asuntos do alumnado relacionados coa materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A3 A8 Do explicitado na parte teórica da asignatura, haberá que integralo no traballo co que se avalía principalmente a asignatura 15
Lecturas A17 B3 B5 B6 O seguimento, ampliación e capacidade de profundización nos temas explicitados nas sesións maxistrais veranse reflectidas polos textos e lecturas que leve a cabo o alumnado e que podan ser repercutidas e avaliadas no traballo teórico-práctico 15
Discusión dirixida B3 B6 B13 C4 As clases, tanto na súa parte TEÓRICA como na parte PRÁCTICA, están deseñadas para facilitar a participación do alumnado e para plantexar cuestións e debates nos que o alumnado opine, se implique e mostre interese polos contidos da asignatura. Ese interese e a participación serán tidas en conta na avaliación. 10
Investigación (Proxecto de investigación) A2 A3 A8 A15 A17 B3 B5 B6 B13 Esta é a parte máis importante e significativa da asignatura, na que se pretende mixturar e aplicar os coñecementos teóricos coa súa aplicación práctica ao estudo da realidade social, neste caso da sociedade galega.
Neste apartado, polo tanto, o alumnado terá que demostrar as súas destrezas tanto en materia de coñecementos adquiridos como da súa valía investigando.
No traballo de investigación se pretende reflexar o resultado da asignatura, nas súas diferentes fases, metodoloxías, contidos e avaliacións (desde as clases maxistrais, ata o estudo de casos ou lecturas), o na que o alumnado deberá recoller os coñecementos aprendidos, a información secundaria recabada, así como a procura doutra que sirva para o propósito da investigación a realizar.
40
Traballos tutelados A17 B3 B5 B6 B13 De cara ao proxecto da investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto.
Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións.
As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega.
20
 
Observacións avaliación
Esta asignatura está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilitade técnica, interese, actitude, etc.). De aí que a asistencia e a participación sexan tidas en conta á hora da avaliación.

A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico sobre a sociedade galega ou algún aspecto da mesma. Sendo a participación, o interese mostrado e a asistencia ou outros pilares da asignatura.

En principio, o traballo vai a ser igual para todos os alumnos: conseguir a mellor descripción da sociedade galega. Admitíndose outras propostas, ben polo seu interese, innovación, circunstancias, etc. Tamén poderá ser individual ou colectivo, ponderándose a avaliación en base ao número de autores.

Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas.

Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua.

Para o resto de convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico.

O traballo participativo e a asistencia so serán válidas para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua.

Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores.


Fontes de información
Bibliografía básica VÁZQUEZ FERNÁNDEZ, Xosé Gabriel (2009). Análise da sociedade galega. León: Orbigraf
OTERO PEDRAYO, Ramón (1982). Ensaio Histórico sobre a Cultura Galega. Vigo: Editorial Galaxia
LAMAS, Santiago (2004). Galicia borrosa. Sada (A Coruña): Edicións do Castro
FREIXANES, Víctor (Coord.) (2002). Galicia. Unha luz no Atlántico. Vigo: Edicións Xerais
PRECEDO LEDO, Andrés (1988). Geografía humana de Galicia. Vilassar de Mar (Barcelona): Oikos-Tau
VILLARES, Ramón (1985). Historia de Galicia. Madrid: Alianza
VILLARES, Ramón (2000). Historia, con algo de prospectiva. Vigo: Ir Indo Edicións
VEIRA VEIRA, José Luis (dir.) (2007). Las actitudes y los valores sociales en Galicia. Madrid: CIS
MURADO, Miguel-Anxo (2008). Otra idea de Galicia. Barcelona: Random House Mondadori
VÁZQUEZ FERNÁNDEZ, Xosé Gabriel (2011). Perfil y Tipologías Sociales de Galicia. Madrid: Editorial Académica Española

Bibliografía complementaria SERRANO CAMBÓN, Francisco Luis (2006). Cronología inédita de Galicia. En: http://perso.wanadoo.es/cambon/
VV. AA. (C. LAMELA, O. TABOADELA, X. G. VÁZQUEZ) (2003). El País de Nunca Máis y Máis que Nunca. A Coruña: Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre
KERBO, H. R. (1998). Estratificación social y desigualdad. El conflicto de clases en perspectivas histórica y comparada. Madrid: McGraw-Hill
I.G.E. (Instituto Galego de Estatística) (Anual). Galicia en cifras. Xunta de Galicia
VÁZQUEZ FERNÁNDEZ, Xosé Gabriel (2003). Galicia: Nunca Máis (cada 500 años). Barcelona: AEDEMO
FERNÁNDEZ DE ROTA, José Antonio (1987). Gallegos ante un espejo: Imaginación Antropológica en la Historia. . A Coruña: Ediciós do Castro
VV.AA. (SABUCEDO;KLANDERMANS;RODRÍGUEZ;FERNÁNDEZ) (2000). Identidad social, valoración política y movilización colectiva en un contexto supranacional. Madrid: Fundación Infancia y Aprendizaje
SANGRADOR, José Luis (1994). Identidades, actitudes y estereotipos en la España de las autonomías. Madrid: CIS
CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA (Anual). Memoria sobre a situación económica e social de Galicia. Xunta de Galicia
LISÓN TOLOSANA, Carmelo (1974). Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega. Madrid: Akal
Para coñecer máis: - ALONSO MONTERO, Xesús: Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas. Alvarellos Editora. Santiago de Compostela. 2008 - ÁLVAREZ SOUSA, Antón (Coordinador): Realidade social galega. Ir Indo Edicións. Vigo. 2000. - ATLAS SOCIOECONÓMICO DE GALICIA CAIXANOVA. Edita Instituto Sondaxe. A Coruña. Anos 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009. - BARREIRO RIVAS, Xosé Luis: A Galicia do 2020, en “Galicia 2020”. Ir Indo Edicións. Vigo. 2000. - C.I.S. (Centro de Investigaciones Sociológicas): Identidades, actitudes y estereotipos en la España de las Autonomías. Estudo nº 2.123. Madrid. 1994. - CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS: Memoria do Consello Galego de Relacións Laborais, Consello Galego de Relacións Laborais. - FERNÁNDEZ DE ROTA, José Antonio:Antropología de un viejo paisaje gallego. C.I.S. Siglo XXI Editores. Madrid. 1984. - GABINET D'ESTUDIS SOCIALS: Informe sobre a pobreza en Galicia, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1995. - GARCÍA DOCAMPO, M. (2000): El concepto y la medida de las desigualdades sociales. A Coruña: Servicio de Publicación da Universidade da Coruña. - GONDAR PORTASANY, Marcial: Entre o si e o non: retrato antropolóxico de nós, en “Galicia. Unha Luz no Atlántico”, Edicións Xeráis. Vigo. 2002. - HERNÁNDEZ DE FRUTOS, T. (1997): Para comprender las estructuras sociales; Pamplona: Verbo Divino. - LAMAS ALONSO, L., (Asesor): A poboación de Galicia. Proxeccións, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1987. - MARTÍNEZ, R. (1999): Estructura social y estratificación. Reflexiones sobre las desigualdades sociales; Madrid: Miño y Dávila editores. - MUÑIZ DE LAS CUEVAS, R.: O pobo oculto. Pobreza e acción social en Galicia, Vigo, Edicións A Nosa Terra, 1996. - PENSADO, José Luis: Galicia en su lengua y sus gentes. Biblioteca Gallega. A Coruña. 1991. - PINTOS DE CEA, Juan Luis: Análisis y descripción de los hábitos culturales de los gallegos. Xunta de Galicia. - SACO ÁLVAREZ, A. (2006): Sociología aplicada al cambio social. Santiago. Tórculo. -TARRÍO FERNÁNDEZ, José Antonio: Cultura, educación e tradicións populares en Galicia. Edicións do Castro. Sada (A Coruña). 1989. - TEZANOS, J. F. (1988): “La estratificación social: Desigualdad y jerarquización” en S. del Campo, Tratado de Sociología, Madrid, Taurus (1992), pp. 287-318. - TEZANOS, J. F. (1988): “Principales teorías sobre estratificación social”, en S. del Campo, Tratado de Sociología, Madrid: Taurus, pp. 319-365. - VÁZQUEZ FERNÁNDEZ, Xosé Gabriel: El suicidio en Galicia. En Libro de Ponencias do 1º Congreso Astur-Galaico de Socioloxía. Santiago de Compostela. 1993. - VÁZQUEZ FERNÁNDEZ, Xosé Gabriel: La historia de la demoscopia en Galicia. En “Realidade social de Galicia”. Ir Indo Edicións. Vigo. 2000. - VILAS NOGUEIRA, Xosé: Competitivos, xerárquicos e igualitaristas en Galicia: prosopografía. Revista de Estudos Políticos. nº 103. Madrid. 1999 - VILLARES, Ramón: Sobre a identidade histórica de Galicia, en; "Galicia. Unha Luz no Atlántico”. Edicións Xeráis. Vigo. 2002 - V.V. AA. (VICENTI, ROVIRA, TENORIO): Aldeas, Aldeanos y Labriegos en la Galicia Tradicional. Instituto de Estudos Agrarios, Pesqueros y Alimentarios. Madrid. 1984.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Hª política e social contemporánea/615G01109
Estrutura e cambio social/615G01208
/
Socioloxía da cultura e proxectos socioculturales/615G01418

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Antropoloxía social e cultural/615G01102
Análise demográfica/615G01301
Fontes de datos secundarios para o estudo da sociedade/615G01408

Materias que continúan o temario
Economía política/615G01104
Psicoloxía social/615G01108
Proxeccións de poboación/615G01411

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías