Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Estrutura e cambio social de Galicia Código 615G01412
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinación
Lopez Rey, Jose
Correo electrónico
jose.lopez.rey@udc.es
Profesorado
Lopez Rey, Jose
Correo electrónico
jose.lopez.rey@udc.es
Web http://www.sociologia.udc.gal
Descrición xeral O/a estudante, chegado/a a 4º curso, ten traballado dabondo moitos dos elementos que constitúen os contidos propios dunha "Estrutura e cambio social de Galicia". Porén, cómpre que sexa quen de responder a preguntas sinxelas que, pola contra, requiren dunha resposta traballada se quere fuxir dos tópicos e lugares comúns que adoitan a aparecer cando se fala de como é social, cultural, económica, histórica ou políticamente Galicia. O obxectivo principal desta materia é, por tanto, que o/a estudante saiba desenvolver unha metodoloxía de traballo que integre moitas das competencias e coñecementos xa aprendidos noutras materias, nun marco conceptual axeitado á realidade sociolóxica de Galicia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Introducción a la psicología de los colectivos y grupos humanos.
A3 Introducción a la evolución de las sociedades contemporáneas y de sus movimientos sociales y políticos.
A8 Análisis de las transformaciones y evolución de las sociedades contemporáneas.
A15 Conocimientos y habilidades para plantear y desarrollar una investigación aplicada en las diferentes áreas de la sociedad.
A17 Conocimientos y habilidades en la búsqueda de información secundaria en las diferentes fuentes (instituciones oficiales, bibliotecas, internet, etc.).
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B5 Capacidad de gestión de la información.
B6 Comunicación oral y escrita en la lengua nativa.
B13 Razonamiento crítico.
B21 Aprendizaje autónomo.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a estrutura social de Galicia, discernindo entre o que son os tópicos e mitos contruidos sobre ela da realidade material e cultural. A2
A3
A8
B3
B5
B13
C4
Desenvolver unha metodoloxía de traballo que lle proporcione a información necesaria para acadar respostas rigorosas a preguntas concretas A15
A17
B3
B5
B13
B21
C4
Expoñer ante un público crítico ideas complexas apoiándose en ferramentas tecnolóxicas axeitadas A8
B3
B5
B6
B13

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1. Cuestións teóricas Língua. Familia. Relixión. Identidade. Sociedade da información. Traballo. Economía. Élites. Política e participación. Capital social. Felicidade, benestar subxectivo e satisfacción. Tópicos e mitos.
Bloque 2. Cuestións prácticas Pregunta de traballo inicial que se desenvolverá, sobre un dos subtemas anteriores, ao longo da meridande parte do curso. A parte final destinaráse á exposición deste traballo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A3 A8 2 0 2
Lecturas A2 A1 A3 A8 B3 B5 B13 C4 4 20 24
Seminario A1 A8 A17 B3 B5 B6 B13 6 24 30
Solución de problemas A15 A17 B6 B13 B21 12 31 43
Presentación oral B3 B5 B6 B13 4 6 10
 
Atención personalizada 3.5 0 3.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O curso comeza cunha exposición dos temas que compoñen o temario e coa asignación/elección dunha pregunta de traballo para cada estudante. Nesa mesma actividade inicial teráse que dar resposta e será un primeiro punto de partida para á metodoloxía "Solución de problemas"
Lecturas O/a estudante terá que manexar únicamente 4 lecturas (como mínimo, como máximo poderá empregar as que desexe) curtas e sinxelas ao longo do curso. Unha delas (a elexir pola/o estudante segundo sexa a súa pregunta inicial) traballaránse en "Solución de problemas". As outras formarán parte do "Seminario"
Seminario Consiste na posta en común e debate das lecturas comúns, e na exposición de cada un dos textos particulares.
Solución de problemas Cada pregunta de traballo implica afondar nun tema determinado (identidade, língua, participación política, etc.). Por exemplo: "Estáse a diluir a identidade galega na española?" ou "Como está inserida Galicia na sociedade da información?" ou "Son os/as galegas/os conservadores políticamente falando?".
En función da pregunta, requeriráse un tipo concreto de información, quer de carácter cuantitativa, quer cualitativa, que o/a estudante terá que acadar para achergar a súa resposta. O traballo de acadar e analizar esta información será unha parte importante do curso.
Presentación oral Serán dúas presentacións orais. Unha, a correspondente á lectura particular (capítulo dun libro) que desenvolve cada un dos subtemas. A segunda, a final de curso, cando o/a estudante expoña ante os demáis a resposta á súa pregunta de traballo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
Esta metodoloxía require do asesoramento particular do profesor para resolver as dúbidas que poidan xurdir nas distintas fases do proceso de traballo

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais A1 A3 A8 Consiste na primeira formulación da resposta á pregunta de traballo que se plantexa o primeiro día de clase. Lóxicamente, o importante non é que a resposta sexa ou non correta, senón valorar a asistencia e a participación desde o comezo 5
Lecturas A2 A1 A3 A8 B3 B5 B13 C4 A comprensión das lecturas, a capacidade de síntese, a análise crítica, a súa aplicación a casos concretos, etc., será o que se valore. Todo esto poñeráse de manifesto ao longo do seminario e nas exposicións orais (tanto da propia lectura particular como da solución do problema). 25
Solución de problemas A15 A17 B6 B13 B21 A diversidade de fontes (se for o caso), que estas sexan as axeitadas, do tipo de información, o traballo de elección dos indicadores necesarios, etc. para dar resposta cumprida á pregunta de traballo, será o que se teña en conta para avaliar esta metodoloxía. 40
Presentación oral B3 B5 B6 B13 Valoraráse a calidade da exposición (xa sexa da lectura, xa a da solución ao problema), o fío argumental, o apoio dos datos, o emprego axeitado de materiais audiovisuais, etc. 15
Seminario A1 A8 A17 B3 B5 B6 B13 A participación no seminario aportando ideas, suxerindo, plantexando, criticando ou debatindo é unha parte salientable da calificación final 15
 
Observacións avaliación

A materia está deseñada para que calquera estudante cunha asistencia e participación normal nas aulas e cun mínimo de traballo continuado poda superala na primeira oportunidade sen problemas.
Se for o caso dalgún/ha estudante que non superara a materia en primeira oportunidade,
só terá que presentarse á segunda cos elementos suspensos.
Esta asignatura está plantexada para ser cursada presencial e participativamente. Porén, se hai quen por razóns xustas non puidera asistir ao 70% das aulas, debe plantexalo ao comezo do curso para establecer mecanismos de avaliación alternativos.
Pero se non fose así, é dicir, se aparece algún/ha marciano/a a final de curso ou mesmo a mediados plantexando que non puido asistir á meirande parte das clases, entenderáse que non cumpre os elementos de traballo necesarios para seren avaliados/as e necesariamente suspenderá a primeira oportunidade, tendo que presentarse á segunda oportunidade de xullo estudando todos os textos que compoñen a materia.

Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa adicación. ?En caso de non acrordarense uns elementos de avaliación particulares para os/as estudantes a tempo parcial, na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexiranse dacordo a modalidade de avaliación non continua.


Fontes de información
Bibliografía básica VEIRA VEIRA, José Luis (coord) (2010). La evolución de los valores sociales en Galicia. A Coruña: Netbiblo
VÁZQUEZ FERNÁNDEZ, Xosé Gabriel (2009). Análise da sociedade galega. León: Orbigraf
OTERO PEDRAYO, Ramón (1982). Ensaio Histórico sobre a Cultura Galega. Vigo: Editorial Galaxia
LAMAS, Santiago (2004). Galicia borrosa. Sada (A Coruña): Edicións do Castro
FREIXANES, Víctor (Coord.) (2002). Galicia. Unha luz no Atlántico. Vigo: Edicións Xerais
PRECEDO LEDO, Andrés (1988). Geografía humana de Galicia. Vilassar de Mar (Barcelona): Oikos-Tau
DUBERT GARCÍA, Isidro (2016). Historia das historias de Galicia. Vigo: Xerais
VILLARES, Ramón (2000). Historia, con algo de prospectiva. Vigo: Ir Indo Edicións
VEIRA VEIRA, José Luis (dir.) (2007). Las actitudes y los valores sociales en Galicia. Madrid: CIS
MURADO, Miguel-Anxo (2008). Otra idea de Galicia. Barcelona: Random House Mondadori
VÁZQUEZ FERNÁNDEZ, Xosé Gabriel (2011). Perfil y Tipologías Sociales de Galicia. Madrid: Editorial Académica Española

Malia que a bibliografía "básica" é ampla dabondo, o/a estudante non terá que manexala toda. Nen moito menos. Si deberá:
1) Manexar con soltura un capítulo dun libro (dependendo da súa pregunta de traballo será un ou outro) para a súa exposición na aula e contextualizar ben a información que necesita para dar resposta á súa pregunta de traballo inicial.
2) Leer a obra citada de Miguel Murado
3) Leer un (ou dous) capítulos do libro citado de Isidro Dusbert.

Bibliografía complementaria SERRANO CAMBÓN, Francisco Luis (2006). Cronología inédita de Galicia. En: http://perso.wanadoo.es/cambon/
VV. AA. (C. LAMELA, O. TABOADELA, X. G. VÁZQUEZ) (2003). El País de Nunca Máis y Máis que Nunca. A Coruña: Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre
KERBO, H. R. (1998). Estratificación social y desigualdad. El conflicto de clases en perspectivas histórica y comparada. Madrid: McGraw-Hill
I.G.E. (Instituto Galego de Estatística) (Anual). Galicia en cifras. Xunta de Galicia
VÁZQUEZ FERNÁNDEZ, Xosé Gabriel (2003). Galicia: Nunca Máis (cada 500 años). Barcelona: AEDEMO
FERNÁNDEZ DE ROTA, José Antonio (1987). Gallegos ante un espejo: Imaginación Antropológica en la Historia. . A Coruña: Ediciós do Castro
VV.AA. (SABUCEDO;KLANDERMANS;RODRÍGUEZ;FERNÁNDEZ) (2000). Identidad social, valoración política y movilización colectiva en un contexto supranacional. Madrid: Fundación Infancia y Aprendizaje
SANGRADOR, José Luis (1994). Identidades, actitudes y estereotipos en la España de las autonomías. Madrid: CIS
CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA (Anual). Memoria sobre a situación económica e social de Galicia. Xunta de Galicia
LISÓN TOLOSANA, Carmelo (1974). Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega. Madrid: Akal
Para coñecer máis: - ALONSO MONTERO, Xesús: Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas. Alvarellos Editora. Santiago de Compostela. 2008 - ÁLVAREZ SOUSA, Antón (Coordinador): Realidade social galega. Ir Indo Edicións. Vigo. 2000. - ATLAS SOCIOECONÓMICO DE GALICIA CAIXANOVA. Edita Instituto Sondaxe. A Coruña. Anos 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009. - BARREIRO RIVAS, Xosé Luis: A Galicia do 2020, en “Galicia 2020”. Ir Indo Edicións. Vigo. 2000. - C.I.S. (Centro de Investigaciones Sociológicas): Identidades, actitudes y estereotipos en la España de las Autonomías. Estudo nº 2.123. Madrid. 1994. - CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS: Memoria do Consello Galego de Relacións Laborais, Consello Galego de Relacións Laborais. - FERNÁNDEZ DE ROTA, José Antonio:Antropología de un viejo paisaje gallego. C.I.S. Siglo XXI Editores. Madrid. 1984. - GABINET D'ESTUDIS SOCIALS: Informe sobre a pobreza en Galicia, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1995. - GARCÍA DOCAMPO, M. (2000): El concepto y la medida de las desigualdades sociales. A Coruña: Servicio de Publicación da Universidade da Coruña. - GONDAR PORTASANY, Marcial: Entre o si e o non: retrato antropolóxico de nós, en “Galicia. Unha Luz no Atlántico”, Edicións Xeráis. Vigo. 2002. - HERNÁNDEZ DE FRUTOS, T. (1997): Para comprender las estructuras sociales; Pamplona: Verbo Divino. - LAMAS ALONSO, L., (Asesor): A poboación de Galicia. Proxeccións, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1987. - MARTÍNEZ, R. (1999): Estructura social y estratificación. Reflexiones sobre las desigualdades sociales; Madrid: Miño y Dávila editores. - MUÑIZ DE LAS CUEVAS, R.: O pobo oculto. Pobreza e acción social en Galicia, Vigo, Edicións A Nosa Terra, 1996. - PENSADO, José Luis: Galicia en su lengua y sus gentes. Biblioteca Gallega. A Coruña. 1991. - PINTOS DE CEA, Juan Luis: Análisis y descripción de los hábitos culturales de los gallegos. Xunta de Galicia. - SACO ÁLVAREZ, A. (2006): Sociología aplicada al cambio social. Santiago. Tórculo. -TARRÍO FERNÁNDEZ, José Antonio: Cultura, educación e tradicións populares en Galicia. Edicións do Castro. Sada (A Coruña). 1989. - TEZANOS, J. F. (1988): “La estratificación social: Desigualdad y jerarquización” en S. del Campo, Tratado de Sociología, Madrid, Taurus (1992), pp. 287-318. - TEZANOS, J. F. (1988): “Principales teorías sobre estratificación social”, en S. del Campo, Tratado de Sociología, Madrid: Taurus, pp. 319-365. - VÁZQUEZ FERNÁNDEZ, Xosé Gabriel: El suicidio en Galicia. En Libro de Ponencias do 1º Congreso Astur-Galaico de Socioloxía. Santiago de Compostela. 1993. - VÁZQUEZ FERNÁNDEZ, Xosé Gabriel: La historia de la demoscopia en Galicia. En “Realidade social de Galicia”. Ir Indo Edicións. Vigo. 2000. - VILAS NOGUEIRA, Xosé: Competitivos, xerárquicos e igualitaristas en Galicia: prosopografía. Revista de Estudos Políticos. nº 103. Madrid. 1999 - VILLARES, Ramón: Sobre a identidade histórica de Galicia, en; "Galicia. Unha Luz no Atlántico”. Edicións Xeráis. Vigo. 2002 - V.V. AA. (VICENTI, ROVIRA, TENORIO): Aldeas, Aldeanos y Labriegos en la Galicia Tradicional. Instituto de Estudos Agrarios, Pesqueros y Alimentarios. Madrid. 1984.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Hª política e social contemporánea/615G01109
Estrutura e cambio social/615G01208
Socioloxía do traballo/615G01209
Análise demográfica/615G01301
Socioloxía urbana e ordeamento do territorio/615G01306

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fontes de datos secundarios para o estudo da sociedade/615G01408

Materias que continúan o temario

Observacións

O obxecto de estudo específico da materia de Estutura e cambio social de Galicia asúmese que foi traballado (pode que intensamente nalgunhas das súas dimensións ou apartados) noutras materias. Por eso non se insistirá tanto en que o/a estudante adquira unha serie de contidos concretos (todos os subtemas que compoñen o temario) como en que sexa quen de desenvolver críticamente unha resposta a unha pregunta concreta, que participe activa e colaborativamente na posta en común dos traballos e que obteña unha idea cabal da sociedade complexa na que vive, da súa estrutura e do cambio ocurrido nela.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías