Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Lingua Galega Código 616011704
Titulación
Licenciado en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo Anual
Terceiro Cuarto Obrigatoria 7
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Introdución teórico-práctica ao coñecemento e uso da lingua galega.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Capacidade para deseñar e concebir a presentación estética e técnica da posta en escena.
A13 Capacidade para escribir textos, escaletas ou guións, así como para analizar textos audiovisuais.
A16 Capacidade para levar a cabo a análise de estructuras, contidos e estilos de programación nos medios de comunicación.
A19 Capacidade para analizar a realidade e comunicala con coherencia e sentido.
B2 Aprender a comunicarse con habilidade e fluidez.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B10 Mellorar a capacidade de análise.
B16 Capacidade de autoavaliación crítica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Producir textos orais e escritos con cohesión, coherencia e adecuación a cada situación comunicativa A13
B2
B7
C1
Fornecer recursos para presentar información e conectar ideas utilizando a lingua galega, quer oralmente quer por escrito A16
B2
Expresarse oralmente e por escrito con corrección adaptando o discurso a cada contexto comunicativo, demostrando ter un coñecemento suficiente dos rexistros formais da lingua galega e automatizando os recursos discursivos (verbais e non verbais) necesarios ao efecto A3
A13
A19
B2
B7
Potenciar o contraste de ideas sobre os asuntos propostos, así como a lectura analítica e crítica dos textos estudados (sexan estes orais, escritos ou audiovisuais) B3
B7
C4
Proporcionar e / ou consolidar no alumnado un coñecemento esencial dos elementos sociolingüísticos que operan no uso da lingua galega nos medios de comunicación B6
B16
C4
Consolidar o coñecemento da lingua estándar e achegar ou reforzar recursos e estratexias para a expresión tanto oral como escrita en lingua galega B2
C1
Analizar e comentar de forma crítica os materiais (orais, escritos ou audiovisuais) propostos B10
C6
Iniciar o alumnado en procedementos básicos de investigación e en práticas e mecanismos colectivos de ensino-aprendizaxe B5
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Introdución á situación actual da lingua galega 1.1. A lingua galega en relación coas outras linguas peninsulares: O proceso de elaboración lingüística no século XX.
1.2. A lingua galega en relación coas outras linguas da Europa: o Marco Común de Referencia Europeo para o ensino de linguas.
1.3. A lingua galega na Galiza e no mundo: situación social e perspectivas de futuro.
Tema 2: A lingua galega nos medios de comunicación
2.1. Caracterización e análise dos usos orais nos medios de comunicación en lingua galega.
2.2. Caracterización e análise dos usos escritos nos medios de comunicación en lingua galega.
Tema 3: Recursos (para)lingüísticos
3.1. A comunicación non verbal: elementos de paralingüística.
3.2. Mecanismos para a coherencia e a cohesión do discurso: informar, explicar, argumentar, debater, ...
3.2. Ferramentas e estratexias lingüísticas: recursos para o galego oral e para ao galego escrito.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 30 60 90
Traballos tutelados 4 12 16
Recensión bilbiográfica 1 12 13
Proba mixta 2 10 12
Presentación oral 3 6 9
Actividades iniciais 2 0 2
Discusión dirixida 6 0 6
Foro virtual 1 6 7
Lecturas 2 12 14
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Para alén da presentación teórica dos contidos da materia realizada polo profesor em cada sesión presencial, durante estas o conxunto do alumnado realizará tamén actividades de diferente tipoloxía (prácticas ou teórico-prácticas: seminarios, obradoiros, estudos de caso, resolución de problemas, análise de fontes documentais, prácticas através de TIC, etc.) destinadas á consolidación dos contidos, á adquisición das destrezas e á implementación das estratexias relacionadas coa expresión oral e escrita contempladas nos obxectivos da materia
Traballos tutelados O alumnado realizará un TRABALLO TUTELADO elaborado en grupo reducido (dúas ou tres persoas, en función do volume de matrícula) que consistirá nun estudo cualitativo dun discurso en lingua galega de acordo cos parámetros e os modelos fornecidos previamente polo profesor na sala de aulas; este trabalho será realizado de acordo co seguinte procedemento:
- selección dun discurso público (oral, audiovisual ou escrito) para a súa análise de acordo cos parámetros teóricos fornecidos polo docente,
- elaboración dun roteiro específico e unha memoria da actividade,
- acompañamento periódico por parte do docente dos labores relacionados coa actividade, quer na sala de aulas, quer no ATENDEMENTO PERSONALIZADO,
- preparación de materiais para a presentación de resultados,
- EXPOSICIÓN ORAL na sala de aulas, e
- disponibilización para o conxunto do alumnado a través do FORO VIRTUAL
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura dun libro escollido da listaxe fornecida polo profesor no inicio das sesións (véxase "Bibliografía de apoio"). Como tal proceso comprende a lectura crítica da obra, a análise do seu contido, a extracción, abstracción e hierarquización das principais ideas nele contidas e a sua valorización.
(véxanse LECTURAS, PRESENTACIÓN ORAL e FORO VIRTUAL)
Proba mixta Proba (oral e/ou escrita) en que o alunado dará conta da asimilación dos contidos vehiculados nas SESIÓNS MAXISTRAIS e da aplicación dos procedementos e conceitos metodolóxicos traballados nas aulas práticas.
Presentación oral O alumnado procederá de modo ordenado, dinámico, crítico e coherente en calquera exposición oral realizada na sala de aulas, onde presentará cuestións, conceptos ou contidos de lecturas facilitando a interacción co auditorio.
Nas presentacións orais relacionadas co TRABALLO TUTELADO e a RECENSIÓN deberán ser explicados os procesos e os resultados das actividades realizadas. Durante esa presentación pública, o alumnado deberá utilizar os recursos tecnolóxicos precisos ao efecto e demostrar a asunción e a aplicación práctica dos contidos, destrezas e competencias abordados durante o curso
Actividades iniciais Realización dun cuestionario de avaliación sobre a competencia oral e escrita en lingua galega.
Discusión dirixida Posta en común e discusión argumentada a partir das actividades realizadas na sala de aulas e das varias exposicións e presentacións orais realizadas polo alumnado.
Foro virtual Espazo habilitado pora o intercambio de materiais e a discusión dos conceptos previamente traballados na sala de aulas.
(véxanse TRABALLOS TUTELADOS, RECENSIÓN BIBLIOGRÁFICA e LECTURAS)
Lecturas O alumnado realizará unha LECTURA seleccionada entre unha listaxe fornecida polo profesorado no inicio das sesións (véxase a "bibliografia de apoio") e a correspondente RECENSIÓN BIBLIOGRÁFICA individual, realizada de acordo cos modelos e os parámetros indicados polo docente, e que despois será exposta oralmente na sala de aulas e disponibilizada para o conxunto do grupo a través do FORO VIRTUAL

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesor responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non exclusivamente) para o apoio á realización do “Traballo Tutelado” e da “Recensión Bibliográfica”. De maneira xeral, cada alumno/a asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa a cada unha das exposicións das actividades obrigatorias encomendadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos utilizados na realización, a participación ao longo dos traballos desenvolvidos nas sesións destinadas ao efecto, os contidos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados nesta actividade
20
Recensión bilbiográfica Na recensión bibliográfica da LECTURA OBRIGATORIA marcada no inicio das sesións será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de contidos e a adecuación de forma e fondo 15
Proba mixta Serán avaliadas a corrección lingüística e expositiva, así como a adecuación entre os resultados da proba mixta e os contidos explicados nas SESIÓNS MAXISTRAIS e as destrezas focados ao longo do conxunto do curso 30
Presentación oral Nas presentacións orais do TRABALLO TUTELADO e da RECENSIÓN BIBLIOGRÁFICA será avaliado o dominio do contido, a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos, a utilidade da presentación para os propósitos da materia e, cando proceder, o traballo en equipo 20
Discusión dirixida Será avaliada a asistencia e a participación nas sesións presenciais e a interacción durante as mesmas. 7.5
Foro virtual Neste espazo virtual serán avaliados especificamente os contributos para o acompañamento da materia (preguntas, dúbidas, suxestións, debates...) 7.5
 
Observacións avaliación
A avaliación está encamiñada a determinar o nivel de consecución dos obxectivos propostos e de adquisición das competencias sinaladas nos apartados correspondentes deste guía docente. Na avaliación da materia serán levadas en conta todas as actividades desenvolvidas ao longo do curso. Estas actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesor fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e através do Foro Virtual. Os criterios específicos de avaliación para cada unha das tarefas serán oportunamente disponibilizados polo profesor responsábel da materia en formato “rúbrica” na sala de aulas ou por medio do Foro Virtual, xunto coas instrucións a seguir para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

Fora deste sistema de avaliación, o alumnado non integrado nas esixencias do sistema ECTS deberá superar un exame final na data marcada ao efecto pola Facultade de Ciencias da Comunicación. Este exame poderá contemplar unha parte de avaliación oral e incluirá todos aqueles aspectos téoricos e prácticos desenvolvidos ao longo do curso e que figuran no presente guía docente. Alén disto, para superar a materia, cada alumno/a deberá entregar no día do exame final a recensión bibliográfica correspondente á obra de Freixeiro Mato, X.R (2009): Lingua de calidade: vinte reflexións e unha proposta esperanzada para un galego con futuro (Vigo: Edicións Xerais de Galicia).

Fontes de información
Bibliografía básica ÁLVAREZ BLANCO, R. / XOVE, X. (2002). Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia
FREIXEIRO MATO, X.R. (1998-2004). Gramática da lingua galega. 4 vols.. Vigo: A Nosa Terra
FERNANDES, A. G. (2005). Gramática da língua portuguesa, uma nova abordagem. Porto: Caixotim
HERMIDA GULÍAS, C. (2005). Gramática práctica (Morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
MARIÑO PAZ, R. (1998). Historia da lingua galega . Santiago: Sotelo Blanco
MONTEAGUDO, H. (1999). Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia
FREIXEIRO MATO, X.R. (2009). Lingua de calidade: vinte reflexións e unha proposta esperanzada para un galego con futuro. Vigo: Edicións Xerais de Galicia
FREIXEIRO MATO, X. R. (2002 ). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela, Laiovento
FREIXEIRO MATO, X.R. (2001). Manual de Gramática galega. Vigo: A Nosa Terra
SANMARTÍN REI, G. (2009). Nos camiños do entusiasmo: calidade de lingua e planificación . Vigo: Xerais
HERMIDA GULÍAS, C. (2003). Ortografía práctica . Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
REGUEIRA, X. L. (coord.) (1999). Os sons da lingua. Vigo: Xerais
SANMARTÍN REI, G. (ed.) (2006). Sobre a calidade da nosa lingua . A Coruña, Servizo de Publicacións da UDC
GRAÑA, X. (1993). Vacilacións, interferencias e outros “pecados” da lingua galega. Vigo: Ir Indo
REGUEIRA, X. L. (1994). “Modelos fonéticos e autenticidade lingüística” . Cadernos de lingua, 10

DICIONARIOS:

Cid Cabido, X. (ed.) (2000): Gran Diccionario Xerais da Lingua (Vigo: Xerais).

Fernández Salgado et alii (1993)[1991]: Diccionario de dúbidas da lingua galega (Vigo: Galaxia)

García, C. / González González, M. (dirs.) (1997): Diccionario da Real Academia Galega (A Coruña: Real Academia Galega).

Ledo Cabido, B. (dir) (2004): Dicionario de galego (Vigo: Ir Indo Edicións).

Pena, X. A. (dir) (2004): Gran Dicionario Cumio da Lingua Galega (Vigo: Edicións do Cumio).

Porto Editora (2008): Dicionário da língua portuguesa (Porto: Porto Editora).

NORMAS, PRONTUARIOS E LIBROS DE EXERCICIOS:

Arias, V. (1993): Prontuario ortográfico da lingua galega (Vigo: Xerais).

Feixó Cid, X. (2002): Ortografía e estilo da lingua galega (Vigo: Edicións do Cumio).

Feixó Cid, X. (2003): As normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Actualización, complementos e desviacións (Vigo: Edicións do Cumio).

González Rei, B. (2004): Ortografía da Lingua Galega (A Coruña: Galinova Editorial).

Hermida Gulías, C. (2003): Ortografía práctica (Santiago de Compostela: Sotelo Blanco).

Real Academia Galega (2003): Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (A Coruña: Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega).

Regueira, X. L. (coord.) (1998): Os sons da lingua (Vigo: Xerais).

Sanmartín Rei, G. (coord) (2006a): Sobre a calidade da nosa lingua (A Coruña: Servizo de Publicacións da UDC).

Sanmartín Rei, G. (coord) (2006b): Criterios para o uso da lingua (A Coruña: Servizo de Publicacións da UDC).

ESTUDOS:

Alonso Pintos, S. (2006): O proceso de codificación do galego moderno (1950-1980)(A Coruña: Funación Barrié).

Bouzada, X. / Lorenzo, A. (1997): O futuro da lingua. Elementos sociolingüísticos para un achegamento prospectivo da lingua galega (Santiago: Consello da Cultura Galega).

Bringas, A. / Martín, B. (eds.) (2003): Nacionalismo e globalización; lingua, cultura e identidade (Vigo: Universidade de Vigo).

Costas, X. H. (2002): Guía das linguas de Europa (Santiago: Positivas).

García Negro, M. P. (1991): O galego e as leis. Aproximación sociolingüística (Pontevedra: Cumio).

Graña, X. (1993): Vacilacións, interferencias e outros “pecados” da lingua galega (Vigo: Ir Indo).

Martínez Celdrán, E. (2002): Introducción á Fonética. O son na comunicación humana (Vigo: Galaxia).

Monteagudo, H. / García, S. / López, H. /Subiela, X. (2002): A normalización lingüística a debate (Vigo: Xerais).

Monteagudo, H. / Bouzada, X. (coords.) (2002): O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000. Elaboración e difusión da lingua. Vol. III (Santiago: Consello da Cultura Galega).

Portas, M. (1991): Língua e sociedade na Galiza (A Coruña: Bahía Edicións).

Ramallo, F. / Rei-Doval, G. / Rodríguez Yáñez, X. P. (eds.) (2000): Manual de Ciencias da Linguaxe (Vigo: Xerais).

Servizo de Normalización Lingüística da UDC (2005): Lingua e cidade. I Xornadas sobre Lingua e Usos (A Coruña: Servizo de Publicacións da UDC).

Servizo de Normalización Lingüística da UDC (2006): Lingua e investigación. II Xornadas sobre Lingua e Usos (A Coruña: Servizo de Publicacións da UDC).

Algúns recursos en liña:

http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index.html

http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/

http://www.priberam.pt/dlpo/

http://www.estraviz.org/

http://www.udc.es/snl/

http://www.realacademiagalega.org/mainadvice/GetMainAdvice.do

http://www.udc.es/dep/lx/cac/vo/textos.htm

Bibliografía complementaria

· Cristal, D. (2003): A morte das linguas (Vigo: Galaxia).· Ninyoles, R. L.(2005) [1972]: Idioma e poder social (Santiago: Laiovento).

· Calvet, L. J. (1993): Lingüística e colonialismo (Santiago: Laiovento).

· Calvet, L. J. (1995): A guerra das linguas (Santiago: Laiovento).

· Calvet, L. J. (2004): Por unha ecoloxía das linguas no mundo (Santiago: Laiovento).

· Freixeiro Mato, X.R. (2006): Lingua, nación e identidade (Santiago de Compostela: Laiovento).

· García Negro, Mª P. (1993): Sempre en Galego (Santiago: Laiovento).

· García Negro, Mª P. (2000): Direitos lingüísticos e control político (Santiago: Laiovento).

· Moure, T. (2005): Outro idioma é posible (Vigo: Galaxia).

· Rodríguez Sánchez, F. (1998) [1976]: Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza (Santiago: Laiovento).

· Queipo, X. (2007): Caderno da revolución cultural (Santiago: Laiovento).

· Romero, D. / Vaquero, I. (2001): Da periferia á rede. Internet en Galicia. Lingua e contidos (Vigo: Xerais).

. Sanmartín Rei, G. (2009): Nos camiños do entusiasmo: calidade de lingua e planificación (Vigo: Xerais)

· Sende, S. (2007): Made in Galicia (Vigo: Galaxia).


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
É recomendábel que o alumnado posúa os coñecementos de Lingua galega equivalentes a Lingua galega de COU, 2º de Bacharelato ou Lingua galega Perfeccionamento. De non ser así, recoméndase facer previamente un curso deste nivel: Centro de Linguas, Escola Oficial de Idiomas ou cursos de Secretaría Xeral de Política Lingüística.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías