Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Edición de Contidos en Función da Plataforma Código 616531010
Titulación
Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Arrojo Baliña, María José
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Profesorado
Arrojo Baliña, María José
Sanchez Sanchez, Jose Francisco
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
francisco.sanchez@udc.es
Web http://www.mpxa.net
Descrición xeral Os alumnos aprenderán a xestionar os procesos e as técnicas necesarias para construír contidos informativos en función do soporte tecnolóxico onde lles toque actuar, sacando o maior proveito de cada un deles. Converteranse en expertos en edición de contidos tanto textual como visualmente, para a súa difusión en calquera soporte: impreso, web, televisión, radio, RRSS, etc. O obxectivo é que sexan capaces de poñer a tecnoloxía ao servizo do contido.


Competencias do título
Código Competencias do título
A3 CE3. Conocer las técnicas de creación y producción de contenidos comunicativos
A4 CE4. Crear y diseñar productos comunicativos periodísticos y de entretenimiento
A5 CE5. Crear propuestas comunicativas innovadoras que respondan a necesidades reales en el entorno profesional actual
A6 CE6. Gestionar proyectos comunicativos digitales de informativos o de entretenimiento
A12 CE12 - Desarrollar la capacidad innovadora y crítica en las empresas de comunicación, tanto informativas como de entretenimiento, en el entorno digital
A13 CE13 - Profundizar en el análisis de los productos periodísticos y de entretenimiento desde una perspectiva práctica e internacional
A14 CE14 - Adquirir las habilidades y aptitudes necesarias para entender las interdependencias de la comunicación digital
A18 CE18 - Incorporar habilidades creativas para la generación de contenidos y recursos en el entorno periodístico y audiovisual
B9 CG6 - Valorar críticamente el conocimiento, la tecnología y la información disponibles para resolver problemas con los que deben enfrentarse

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Xestión dos procesos e as técnicas necesarias para construír contidos informativos en función dos distintos soportes tecnolóxicos. AP3
AP4
AP5
AP6
AP12
AP13
BP9
Edición de contidos tanto textual como visualmente, para a súa difusión en calquera soporte: impreso, web, televisión, radio, RRSS, etc. AP14
AP18

Contidos
Temas Subtemas
-Edición de texto 1. O Libro de Estilo e os seus apartados.

2. Explicación das ferramentas de edición e elaboración do xornal: Indesign, SGDVoz, SIX.

3. Elaboración de noticias.

4. Titulación.

5. A Primeira.

6. Fotografía e gráficos.
-Edición de video 1. Conceptos básicos de narrativa visual aplicados á edición de pezas informativas

2. Ferramentas básicas de edición de vídeo e son. O programa Edius.
-Edición de contidos na contorna dixital 1. Percorrido histórico pola representación visual de información

2. Infografía: disciplina de disciplinas

2.1.Aptitudes e Actitudes

2.2.Transversalidade

2.3. Taxonomía e usos de gráficas

2.4.Innovación e conquistas gráficas

3. Ferramentas

3.1. Edición

3.2. Narrativas

3.3. Orde e fluxo da información

4. Ángulo editorial, cómo dicir

4.1. A importancia do contexto

4.2. Responsabilidade ética e mala praxe

4.3. Boas prácticas ( Do' s & Don' ts)

4.4. Emoción e enxeño
-Locución 1. Introdución. Consellos inicio e erros comúns.

2. Locución publicitaria:

2.1 Tipos de voces. Mostrario.
2.2 Publicidade “barata”.
2.3 Publicidade “de calidade”.
2.4 Promocións.

3. Locución informativa:

3.1 Pasos a vídeos.
3.2 Locución de noticias.
3.3 Locución de reportaxes.
- Argumentación xornalística 1. A retórica:

1.1 Definición
1.2 Un pouco de historia

2. Discurso:

2.1 Sede-escenario
2.2 Obxectivo
2.3 Orador (ethos)
2.4 Audiencia (pathos)

3. Fases do discurso:

3.1 Inventio
3.2 Estrutura (dispositio)
3.3 Uso da linguaxe (redacción/elocutio)
3.4 (Pronuncia/actio)

4. Argumentación:

4.1 Argumentación. Nocións básicas
4.2 Puntos de partida da argumentación
4.3 Tipos de argumentos lóxicos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A4 A5 A6 A12 A14 A18 54 53 107
Sesión maxistral A3 A13 B9 42 0 42
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Nestes obradoiros incorpóranse as metodoloxías que na memoria verificada denomínanse "Talleres/Laboratorio" e "Seminarios". Trátase de sesións nas que se realizan os seguintes traballos prácticos:
- Edición de textos: cada alumnos elixirá un xénero xornalístico e redactará un texto para entregar no xornal. Ademais, decidirán en grupo cómo e onde deberán ir eses temas: en qué sección, en qué lugar da páxina, a qué tamaño... e deseñarán a primeira páxina do xornal do día seguinte.
- Edición de vídeos e audio para a redación dixital.
- Locución de cuña publicitaria, paso a vídeo, noticia e/ou reportaxe.
Sesión maxistral Clases presenciais con profesionais de recoñecido prestixio nas que trasladan aos alumnos os contidos nucleares da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Obradoiro
Descrición
A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías e denominadas "Titorías" na memoria de verificación do título, concíbese como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado por cada alumno. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A3 A13 B9 As sesión maxistrais inclúen a “INTERVENCIÓN DO ALUMNO NA AULA” como método de avaliación que queda reflectido na memoria de verificación do título. 20
Obradoiro A4 A5 A6 A12 A14 A18 No Obradoiro recóllese o método de avaliación dos TRABALLOS PRÁCTICOS reflectido na acta de verificación da titulación, consistente en:

- O alumnado deberá presentar diversos traballos na segunda etapa do curso e aplicar o Libro de Estilo. Nesta fase os exercicios serán utilizados para a avaliación do alumno.
- Elixirán un xénero xornalístico: entrevista, reportaxe, crónica de acontecementos, deportes, sociedade... e farán ese traballo para entregalo no xornal. Corrección dos textos segundo o Libro de Estilo.

-Decidirán en grupo cómo e onde deben ir estes temas: en qué apartado, en qué lugar da páxina, a qué tamaño... e deseñarán a primeira páxina do xornal do día seguinte.

- Realización de gráficos demostrando o manexo das ferramentas informáticas explicadas en clase.

- Anuncio de cuña publicitaria, transición a vídeo, noticias e/ou reportaxe.

80
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Libro de Estilo de "La Voz de Galicia" (). .
Jonathan Gray and Liliana Bounegru (2019). The Data Journalism Handbook 2. European Journalism Centre and Google News Initiative
Luis Fraga y María Solar (2017). ¿Quieres ser periodista?. Siruela

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías