Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Lexislación Audiovisual Código 616531013
Titulación
Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Arrojo Baliña, María José
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Profesorado
Arrojo Baliña, María José
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Web
Descrición xeral A materia ten como obxectivo dotar ao alumno do coñecemento do marco constitucional e legal que establece os dereitos da comunicación audiovisual, e proporcionar coñecemento sobre a propiedade intelectual e industrial das obras audiovisuais, así como sobre as claves xurídicas da contratación no sector audiovisual.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1. Conocer la gestión y administración de empresas audiovisuales
A10 CE10 - Conocer el marco legal y deontológico de los contenidos periodísticos y de entretenimiento
A20 CE20 - Conocer las responsabilidades de un productor ejecutivo en un proyecto de entrete
B9 CG6 - Valorar críticamente el conocimiento, la tecnología y la información disponibles para resolver problemas con los que deben enfrentarse

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecemento do marco constitucional e legal que establece os dereitos da comunicación audiovisual. AP1
AP10
BP9
- Profundar na propiedade intelectual e industrial das obras audiovisuais. AP10
AP20
- Introdución ás claves xurídicas da contratación no sector audiovisual. AP10
AP20

Contidos
Temas Subtemas
- Dereito audiovisual
1. O produtor audiovisual como empresario
- Consideracións xerais.
- Contorna legal da produción audiovisual.
- Relacións con institucións como o ICAA, asociacións de produtores, etc.
2. Introdución á Propiedade Intelectual:
- Obras protexidas.
- Dereitos morais e dereitos de explotación.
- Dereitos de autor e dereitos afíns.
- A xestión colectiva obrigatoria ( EGEDA, SGAE, DAMA e outras).
- O Rexistro da Propiedade Intelectual.
- A Propiedade Industrial.
- O dereito de imaxe.
3. Creación dun proxecto:
- Obras derivadas e adaptacións.
- Utilización de músicas e/ou fragmentos doutras obras.
- Creacións orixinais: idea, argumento, guión.
- Precontratos
4. Os autores da obra audiovisual:
- Consideracións xerais.
- O guionista.
- O director-realizador.
- O compositor das músicas.
5. A contratación de persoal artístico:
- Consideracións xerais.
6. A contratación de persoal técnico:
- Consideracións xerais.
7. Outros aspectos da produción:
- Os seguros: clases e contidos.
- Permisos e autorizacións para a rodaxe.
- Product placement e merchandising.
- Labores de postproducción: os materiais e o seu depósito.
8. O contrato de produción:
- Consideracións xerais.
- Os acordos de coprodución e investimento financeira.
-As coproducións internacionais.
9. A distribución:
- Consideracións xerais.
- Modalidades de explotación: Cinema, Internet, Televisión e Vendas internacionais.
- Consideración especial a novos medios e modelos de negocio.
-Dereito na contorna dixital 1. Propiedade intelectual:
- Aproximación á propiedade intelectual.
- Links e comunicación pública.
- Rexistro da propiedade intelectual
- Licenzas libres
2. Dereitos Fundamentais:
- O Regulamento Xeral de Protección de Datos.
- Dereitos fundamentais e imaxes
- A cámara oculta en xornalismo.
- A lei de seguridade cidadá e o xornalismo.
-Contratos I 1. Nocións prácticas da Propiedade Intelectual:
- Que é e que protexe a Propiedade Intelectual
- Duración e Limites
- Dereitos de autor e dereitos conexos
- As editoriais
- As Entidades de Xestión
-Contratos II 1. Os "dereitos" dos programas de TV:
- Obras e gravacións audiovisuais.
- As obras preexistentes: Os “Dereitos de Sincronización” eu o “Dereito de formato”.
- Dereitos de Propiedade Industrial: As marcas.
- Os chamados “Dereitos de Imaxe”.
- Dereitos á Honra e á Intimidade Persoal e familiar.
- O dereito á información.
2 Análise de contratos tipo:
- Encargo de produción: clásico ou novas plataformas.
- “Venda” de de Formatos: opción e licenza.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida A10 2 10 12
Prácticas de laboratorio A10 9 36 45
Seminario A1 A10 A20 B9 10 8 18
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Valoración dos coñecementos adquiridos polo alumno en materia de lexislación audiovisual mediante a discusión de temas que propón o docente.
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento dun caso práctico por grupos en que os alumnos deben definir as decisións de carácter legal que deberían tomar se iniciasen un proxecto audiovisual: como constituír unha empresa, contratos laborais dos empregados, rexistro de ideas, etc.
Seminario Clases presenciais con profesionais de recoñecido prestixio nas que trasladan aos alumnos os contidos nucleares da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Discusión dirixida
Descrición
A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado por cada alumno. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A10 En relación coas prácticas de laboratorio valorarase:
- Corrección dos textos.
- O manexo das ferramentas informáticas explicadas en clase.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
50
Discusión dirixida A10 En relación á discusión dirixida valorarase:
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- Os coñecementos adquiridos durante a sesión.
- A participación na discusión.
50
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Miguel Angel Garcia Vega (). HOLLIWOOD PINTA CUADROS FALSOS. https://elpais.com/cultura/2014/05/02/actualidad/1399048597_422717.html
Ley Orgánica 1/1982, de 5 de mayo (). http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/lo1-1982.html.
Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril (). http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/rdleg1-1996.html.
DEL GUIÓN A LA PANTALLA. Organización Mundial de la Propiedad Intelectual(OMPI) (). http://www.wipo.int/pressroom/es/stories/ip_and_film.html.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías