Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Medios Técnicos Código 616531014
Titulación
Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Arrojo Baliña, María José
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Profesorado
Arrojo Baliña, María José
Formoso Barro, Maria Josefa
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
m.formoso@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da materia é que o alumno adquira coñecementos sobre os recursos técnicos e ferramentas tecnolóxicas que son necesarios na produción de obras audiovisuais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Traballos tutelados (con atención personalizada, computa na avaliación)
– Seminarios con profesionais
– Práctica en laboratorio (poden realizarse online con atención personalizada, computa na avaliación)
– Estudio de casos (con atención personalizada, computa na avaliación)


*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Google Docs: para compartir materiais dos profesores e profesionais que imparten docencia.
– Teams: utilizarase esta plataforma para as clases maxistrais, os seminarios con profesionais, segundo o horario, e para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados e das prácticas en laboratorio”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. A través de Teams os alumnos tamén poden transladar consultas.

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
– As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo
presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación.
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.


5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 CE3. Conocer las técnicas de creación y producción de contenidos comunicativos
B7 CG3 - Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecemento dos recursos técnicos e ferramentas tecnolóxicas utilizadas na produción de obras audiovisuais. AP3
BP7

Contidos
Temas Subtemas
-Medios técnicos I.
1. Os recursos técnicos na produción audiovisual.
2. Fluxos técnicos de produción. Referentes.
3. A cámara: tecnoloxía, prestacións, modelos e utilidades.
4. Edición e postproducción de vídeo: solucións actuais.
-Medios técnicos II. 1. Introdución sobre o que lle pedimos á música.
2. Big picture da música nas producións audiovisuais:
2.1. Estrutura: modelo americano, a nosa realidade.
2.2. Unindo son e visión: o son entrega a mensaxe.
2.3. Música orixinal e música preexistente.
2.4. Licenzas: dereitos de autor- publishing, fonográficos, interpretación. Sincronización, prezos casuística, territorio, prazo, samples, licencias paraugas de tv’s.
2.5. Entidades de xestión, comunicación pública. Plataformas e buyouts
2.6. Copyright, copyuleft, creative commons, dominio público, versións recentes de temas en dominio público.
2.7. Ferramentas para Pitching
-Medios técnicos III. 1. Quen é o Director de Fotografia?
2. O Labor Creativo
3. O Labor técnico
4. Responsabilidades
5. O Departamento de Fotografía (Cámara e Iluminación)
6. Desenvolvemento do traballo do DOP, Relación co Director
7. Relacións con outros departamentos (Arte,Dirección,Produción, Maquillaxe,vestiario)
8. Fases do traballo (Preprodución, Localizacións, Rodaxe, Postpo)
9. Medios técnicos especiais tanto para luz como cámara

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio B7 5 30 35
Traballos tutelados A3 4 24 28
Seminario A3 12 0 12
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio - Práctica de visualización do look dun proxecto de película.
- Análise sonora dunha secuencia cinematográfica elixida polo alumno.
Traballos tutelados 1. Sinopse do seu proxecto (3-4 liñas)
2. Xénero
3. Elección de cámara tendo en conta os seguintes puntos de vista:
- EBU – UER
- Información da marca da cámara seleccionada.
- Viabilidade desa selección polo aluguer.
- Desde un punto de vista do director de fotografía ( directordefotografia. com): ver que criterios téñense en conta para elixir unha cámara nun proxecto audiovisual.
- Desde o punto de vista dun DIT. Que importancia ten un DIT na rodaxe. Que setups vas utilizar. Quen a vai a manexar.
- Que empresa pode acceder a esa cámara.
- Criterios técnicos da canle para poder emitir o produto.
Seminario Clases presenciais con profesionais de recoñecido prestixio nas que trasladan aos alumnos os contidos nucleares da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado por cada alumno. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B7 En relación con las prácticas de laboratorio se valorará:
- El tratamiento de un lenguaje propio del contexto disciplinar.
- La adecuación metodológica de las propuestas de trabajo.
- La profundidad del contenido.
50
Traballos tutelados A3 En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
50
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica (). Maestros de la Luz.
Bill Holshevnikof (). Manual de Iluminación ARRI.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías