Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Previsión de Necesidades do Mercado: Análise de Repositorios e Programacións Código 616531021
Titulación
Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Humanidades
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Arrojo Baliña, María José
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Profesorado
Arrojo Baliña, María José
Catalá Amílivia, Elena
Flórez García, Olga
Loureiro Vilarelle, Maria C.
Lustres Gómez, Emma
Revaldería Reija, Pedro
Romeo González, Luisa María
Sedes Prego, Carlos
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Web
Descrición xeral A materia ten como obxectivo que o alumno comprenda a figura do produtor executivo de obras audiovisuais como promotor do proxecto, responsable da produción e xestión da obra como empresario creativo. O alumno coñecerá as tarefas e ferramentas do produtor executivo desde a xeración ou adquisición dunha idea ata a distribución, programación e exhibición da obra.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Prácticas de laboratorio (poden facerse online, con atención personalizada, computa na avaliación)
– Seminarios con profesionais
- Estudo de casos (con atención personalizada. Computa na aviación)

Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimiento dos traballos tutelados.
- Google Docs: para compartir materiais dos profesores e profesionais que imparten docencia.
- Teams: esta plataforma utilizarase para as clases maxistrais, os seminarios con profesionais, segundo o horario establecido, e para o seguimiento e apoio na realización dos traballos tutelados e prácticas en laboratorio. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. A través de Teams os alumnos tamén poden transladar consultas.

4. Modificacións na avaliación

Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo presenciais ata o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios ca de xuño.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 CE8. Encontrar medios de financiación para proyectos comunicativos de informativos o de entretenimiento
A13 CE13 - Profundizar en el análisis de los productos periodísticos y de entretenimiento desde una perspectiva práctica e internacional
A14 CE14 - Adquirir las habilidades y aptitudes necesarias para entender las interdependencias de la comunicación digital
A20 CE20 - Conocer las responsabilidades de un productor ejecutivo en un proyecto de entrete
B2 CB7 - Que los estudiantes sepan aplicar los conocimientos adquiridos y su capacidad de resolución de problemas en entornos nuevos o poco conocidos dentro de contextos más amplios (o multidisciplinares) relacionados con su área de estudio

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
-Coñecemento da figura do produtor executivo de obras audiovisuais como promotor do proxecto, responsable da produción e xestión da obra como empresario creativo. AP13
AP14
AP20
-O alumno coñecerá as tarefas e ferramentas do produtor executivo desde a xeración ou adquisición dunha idea ata a distribución, programación e exhibición da obra. AP8
BP2

Contidos
Temas Subtemas
-Produción cualitativa.
1. A cultura cualitativa.
2. O talento.
3. O sistema.
4. O produto.
-Creación de marca. 1. Un día na división de antena
2. Elaboración da grella:
2.1. A audiencia
2.2. O orzamento
2.3. O catálogo
2.4. A competencia
2.5. A xestión das canles propias
2.6. A empaginación publicitaria
2.7. A lexislación
3. Mediaset España: Universo en 360º
-Cinema I. 1. O cinema comercial
2. Selección de mercados
3. Revisión de casos de éxito
-Cinema II. 1. O cinema de autor
2. Selección de festivais
3. Revisión de casos de éxito
-Cinema III. 1. Financiamento local coa posibilidade do financiamento internacional. Temas locais vs temas universais.
2. Coprodución nacional e internacional.
3. Facer non ficción como paso previo á produción de ficción.
4. Novos realizadores.
-Entretemento. 1. A telerealidade:
- A vida real na tele.
- As nosas emocións a través doutros.
- Os perfís máis buscados.
2. Os castings:
- Cada xénero unha procura.
- Especialidade profesional.
3. Os programas especiais:
- A procura de comunicación.
- Datas especiais.
- Badaladas fin de ano. Todos a un tempo.
-Formatos. 1. GRAN HERMANO// QUIéN QUIERE SER MILLONARIO?: o gran cambio.
2. Os concursos:
2.1 O Quiz Show. Un xénero paralelo á historia da televisión.
2.2 O Game un clásico que volve.
2.3 O Guessing game. Novo xénero: “O concurso do ano”, “ Bet on your talent”.
2.4 Como se fai un concurso?: Factores crave.
2.5 Os concursantes heroes dos espectadores.
2.6 “Boom” as claves levadas ao extremo.
3. O Emotaiment:
3.1 A televisión é emoción.
3.2 As historias da vida.
3.3 Os protagonistas.
3.4 As procuras.
4. Os programas de aventura:
4.1 "Volando Voy".
4.2 "Planeta Calleja".
4.3 Un comunicador: Jesús Calleja.
4.4 O famosos como reclamo.
5. O cooking show:
5.1 A cociña como xénero.
5.2 As receitas.
5.3 O plan de traballo. Unha formulación diferente.
5.4 O espectador aprende.
-Animación. 1. Películas de Animación: ÓSCAR e GOYA.
2. Diferenzas fundamentais entre producir animación e imaxe real.
3. Incremento das técnicas de animación no cinema de ficción: exemplos.
4. Orzamentos.
5. Financiamento.
6. As televisións, compañeiras imprescindibles.
7. O mercado internacional como obxectivo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio B2 4 36 40
Estudo de casos A13 A14 2 16 18
Seminario A8 A13 A20 15 2 17
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Práctica de realización dun casting para un programa de entretemento de telerrealidade.
Estudo de casos
Produtores executivos expoñen o día da profesión audiovisual cos seus éxitos e os seus fracasos.
Seminario Clases presenciais con profesionais de recoñecido prestixio nas que trasladan aos alumnos os contidos nucleares da materia


Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Estudo de casos
Descrición

A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado por cada alumno. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B2 En relación coas prácticas de laboratorio valorarase:
- O manexo das ferramentas informáticas explicadas en clase.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Lorenzo Díaz (). Informe sobre la televisión en España. (1989-1998).. Ediciones B
Federico Fdez. Díez (). La dirección de producción propia para cine y TV. Paidós
(). La nueva era de la televisión. Academia de Televisión (ATV)
Gloria Saló y Olga Flórez (). ¿Qué es eso del formato?. Gedisa

Peters, Tom. Nuevas organizaciones en tiempos de caos. Ed. Deusto.

Gasalla, José Mª. La nueva dirección de personas. Marco paradójico del talento directivo. Ed. Pirámide.

Tartikoff, Brandon. The last great ride. Ed. Tourtle bay books

Sculley, John. De Pepsi a Apple

Spencer Jonson, MD. Quién se ha llevado mi queso. Ed. Empresa Activa.

Albretch, Karl. La inteligencia social. Ed. Vergara.

Porter, Michael. Estrategia competitiva. Ed. Cecsa. Méxixo. Free Press. USA.  

Jarillo, José Carlos. Dirección estratégica. Ed. MCGRAW HILL 

Peters, Tom. El Círculo de la innovación. Ed. Colección Revista Negocios.   

Peters, Tom. Re-Imagina. La experiencia empresarial en una era perturbadora. Ed. Pearson.  

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías