Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Historia do cine e da animación Código 616G01006
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
González Neira, Ana María
Nozal Cantarero, Teresa
Correo electrónico
ana.gneira@udc.es
teresa.nozal@udc.es
Web
Descrición xeral Estudiarase a evolución do cinema e da animación dende as súa orixe ata hoxe en día. Dende unha perspectiva diacrónica os alumnos analizarán a progresión do cine tanto a nivel mundial, como español e galego. Este estudo farase visionando os principais filmes da historia do cinema e situándoos no seu contexto. O obxectivo é dotar aos alumnos dunha cultura audiovisual básica para os estudos posteriores.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A4 Investigar e analizala comunicación audiovisual.
A5 Coñecelas teorías e a historia da comunicación audiovisual.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A11 Coñecelas metodoloxías de investigación e análise.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro do seu área de estudo)
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma
B7 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de analiza-las obras audiovisuais desde a perspectiva da historia estética e tecnolóxica A4
Coñece-la evolución histórica do cine atendendendo ás principais obras cinematográficas A5
C4
Ser capaz de expoñe-las conclusións e argumentacións dun estudio de forma clara, establecendo diálogo con argumentos que contradín os propios A1
A4
A11
Ser capaz de escribir un estudio diacrónico comparativo das obras cinematográficas A1
A4
A5
A11
C1
Coñece-las técnicas de creación e produción audiovisual A7
Coñece-los principais códigos da mensaxe audiovisual. A12
Aprender a comunicarse con habilidade e fluidez. B2
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. B3
C2
C3
Mellorar a capacidade de análise. B2
B3
Habilidade para a organización e temporalización de tarefas B5
B9
Resolver problemas de forma efectiva. B9
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. B6
B7
C1
C4
Traballar en equipo dun xeito colaborativo B5
B8

Contidos
Temas Subtemas
Inicios do cine Inicios da animación: do teatro óptico ás primeiras curtametraxes
O rexistro da realidade: os irmáns Lumière
A maxia do cine: Méliès
Avance da gramática cinematográfica: D.W. Griffith
Da teoría ao cine: primeiras vangardas
Período de entreguerras Primeiros lungametraxes de animación e The Walt Disney Company S.A.
Expresionismo alemán
O cinema burlesco francés e norteamericano
As vangardas soviéticas e o cinema ideolóxico
A escola nórdica: o cinema danés e sueco
Os anos 40 e 50 Consolidación dos xéneros hollywoodienses
Da rodaxe en estudo ao Neorrealismo italiano
O realismo poético francés
O cinema de postguerra española, os primeiros festivais e a consolidación dos directores: Bardem, Berlanga e outros
A revolución dos 60 A animación conquista a televisión
A Nouvelle Vague, o Free cinema e o Cinema Novo
O novo cinema español
O New American cinema
Dos anos 70 ao fin de século Cinema comercial e cinema independente
Grandes producións, novos formatos e efectos
O cinema español, do destape aos festivais internacionais e Hollywood
O manga e a xeneralización da animación para adultos e novos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A7 A11 A12 C1 27 27 54
Análise de fontes documentais B3 B5 B8 C2 C3 7 14 21
Portafolios do alumno A4 B2 B3 0 20 20
Presentación oral B6 B7 B9 C1 C4 1 2 3
Saídas de campo A1 A4 A5 4 0 4
Discusión dirixida A4 B2 B3 B5 B6 2 4 6
Proba de resposta breve A5 A7 A12 B3 B2 1 4 5
Proba obxectiva A7 A11 A12 B3 B5 6 30 36
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A clase maxistral tamén é coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. O profesor exporá os aspectos máis relevantes que contextualizan cada etapa da historia do cine e amosará exemplos de filmes na aula.
Análise de fontes documentais Na aula veránse películas ou fragmentos delas cada semana para que o alumno coñeza e analice o visto nas clases maxistrais.
Portafolios do alumno Os alumnos deberán facer uns traballos sobre as películas de visionado obrigatorio seguindo un esquema previo.
Presentación oral Presentación do traballo en grupos sobre algún filme.
Saídas de campo Visita a centros relacionados coa historia do audiovisual como o CGAI
Discusión dirixida Cada membro dun grupo responderá a unha pregunta que será discutida entre todos e será moderado por a profesora
Proba de resposta breve Proba obxectiva dirixida a provocar o recordo e a identificación sobre os documentos audiovisuais que entran no contenido da materia.
Proba obxectiva O alumno realizará un exame sobre o explicado nas sesións maxistrais, o material de estudio definido polo profesor e os traballos feitos sobre as películas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Descrición
Para a realización destes traballos o alumno contará coa atención do profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A11 A12 B3 B5 Proba sobre os contidos das clases maxistrais e do visionado dos films. Para aprobar a materia é necesario ter superado estes exames. 60
Presentación oral B6 B7 B9 C1 C4 Exposición oral duns traballos sobre films acordados cos docentes. Ademais do contido, na avalición terase en conta a exposición (duns vinte-trinta minutos), o estilo e a ortografía. Durante o curso, os docentes darán máis indicacións sobre o calendario, estructura e forma desta tarefa. 30
Discusión dirixida A4 B2 B3 B5 B6 Cada membro dun grupo responderá a unha pregunta que será discutida entre todos e será moderado por a profesora 2
Proba de resposta breve A5 A7 A12 B3 B2 Proba obxectiva dirixida a provocar o recordo e a identificación sobre os documentos audiovisuais que entran no contenido da materia. 8
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é necesario ter superadas as probas sobre os flimes e teoría.

Os traballos deberán entregarse na data establecida. Se non se cumple esta condición, non se avaliarán.

Valorarase a participación e rendemento do alumno na clase.

Ortografía: unha falta de ortografía suporá o suspenso no traballo ou examen. Asemesmo, calquer fragmento copiado e detectado nos traballos entregados suporá a anulación dese traballo.

Insístese no requisito imprescindible de que os alumnos vexan os filmes propostos.

Para a oportunidade de xullo manterase a mesma porcentaxe de avaliación
que na de maio.

Este apartado poderá sufrir modificacacións parciais debido a baixa médica dunha das profesoras.

 


Fontes de información
Bibliografía básica Enrique Martínez-Salanova Sánchez (). El cine de animación. http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/historiacineanimacion.htm#E l_cine_de_animación_

Boltaña, J.,Sjöström no es un mueble de Ikea: historia del cine para leer en una tarde. Madrid: T&B, 2015.


Caparrós Lera, J. M., Historia del cine europeo: de Lumière a Lars von Trier. Madrid: Rialp, 2007.

Caparrós Lera, J. M., Historia del cine mundial. Madrid: Rialp. 2009.

Castro de Paz, J. L. (coord.), Historia do cine en Galicia. Perillo: Vía Láctea, 1996.  

Chong, A., Animación digital. Barcelona: Blume, 2010.

Cousins, M., Historia del cine. Barcelona: Blume, 2005.

García Fernández, E.,Guía histórica del cine: 1895-2001. Madrid: UCM, 2002.

García Fernández, E., Historia del cine. Madrid: Fragua, 2011.

Gubern, R., Historia del cine. Barcelona: Lumen, 2000.

Memba, J., Historia del cine universal. Madrid: T&B, 2008.

Sánchez Noriega, J. L., Historia del cine: teoría y géneros cinematográficos, fotografía y televisión. Madrid: Alianza, 2002.

VVAA., Historia del cine español. Madrid: Cátedra, 2009.

Zubiaur Carreño, F. J., Historia del cine y de otros medios audiovisuales. Pamplona: Eunsa, 2008.

Bibliografía complementaria

Alberich, E., Películas clave del cine histórico. Barcelona: Robinbook, 2009.

Allen, R.C., Teoría y práctica de la historia del cine. Barcelona: Paidós, 1995.

Barroso, M. A., Las cien mejores películas del siglo XX. Madrid: Jaguar, 2010.

Bello Cuevas, J. A., Cine mudo español 1896-1920: (Ficción, documental y reportaje). Barcelona: Laertes, 2010.

Benet, V., La cultura del cine. Barcelona: Paidós, 2004.

Beylie, C., Películas clave de la historia del cine. Barcelona: Robinbook, 2006.

Bordwell, D., El cine clásico de Hollywood estilo cinematográfico y modo de producción hasta 196o. Barcelona: Paidos, 1997.

Brunetta, G.P., Historia mundial del cine. Madrid: Akal, 2011.

Carmona, R., Cómo se comenta un texto fílmico. Madrid: Cátedra, 1993.

Casetti, F., Di Chio, F., Cómo analizar un film. Barcelona: Paidos, 1991.

Costa, A., Saber ver el cine. Barcelona: Paidos: 1988.

Deltell Escolar, L., Breve historia del cine. Madrid: Fragua, 2009.

García Fernández, E.,Historia del cine en Galicia 1896-1984. Coruña: La Voz de Galicia, 1985.

Kemp, P., Cine toda la historia. Barcelona: Blume, 2011.

Lacolla, E., El cine en su época. Una historia política del filme. Córdoba: Comunic-Arte, 2008.

Parkinson: D., Historia del cine. Barcelona: Destino, 1998.

Sánchez Noriega, J. L., Historia del cine en películas 1990-1999. Bilbao: Mensajero, 2007.

Sánchez Noriega, J. L., Historia del cine en películas 1980-1989. Bilbao: Mensajero, 2009.

Sánchez Noriega, J. L., Historia del cine en películas 1970-1979. Bilbao: Mensajero, 2011.

Sánchez Vidal, A., Historia del cine. Madrid: Historia 16, 1997.

Schneider, S. (coord.), 1001 películas que hay que ver antes de morir. Barcelona: Grijalbo, 2009.

Talens, J., Zunzunegui, S. (eds.): Contracampo. Ensayos sobre teoría e historia del cine. Madrid: Cátedra, 2007.

VVAA., Estéticas de la animación. Madrid: Maia, 2010.

Wyver, J., La imagen en movimiento. Valencia: IVAECM, 1992.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia da radiotelevisión e do multimedia/616G01002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Valorarase a participación e rendemento do alumno na clase.

Ortografía: unha falta de ortografía suporá o suspenso no traballo/examen.

Insístese no requisito imprescindible de que os alumnos vexan os filmes propostos.

É moi recomendable que os alumnos consulten periódicamente a plataforma virtual moodle na que se colgarán avisos e material da asignatura.

Recoméndase o visionado das películas nas versións que ten a biblioteca e completalo co material adicional que inclúen.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías