Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Sector audiovisual Código 616G01007
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Diaz Gonzalez, Maria Jesus
Correo electrónico
m.j.diaz@udc.es
Profesorado
Diaz Gonzalez, Maria Jesus
Correo electrónico
m.j.diaz@udc.es
Web
Descrición xeral Sector Audiovisual ofrece ao alumno os coñecementos específicos sobre o funcionamento institucional, económico e político do sistema audiovisual e dos actores que o integran (administración, empresas, soportes e audiencias). Preténdese unha aproximación ao sector audiovisual como industria.
Os profesionais da comunicación audiovisual necesitan saber como operan e interrelaciónanse os medios, as tecnoloxías e os produtos nun campo de actividade económica de crecente peso e influencia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Xestionar proxetos audiovisuais.
A4 Investigar e analizala comunicación audiovisual.
A6 Coñecelo sector audiovisual: a oferta e as audiencias.
A9 Coñecelos modelos de xestión.
A10 Coñecelo marco legal e deontolóxico.
B1 Que os estudantes demostraran posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoitan atoparse nun nivle que, se ben se apoia en libros de textos avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu eido de estudo.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que acheguen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a estrutura do sistema audiovisual español e internacional a partir da análise da radio, a televisión, o cinema, a animación e internet como mercado de produtos audiovisuais. A3
A4
A6
A9
A10
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C4
Análise dos elementos estruturais do mercado audiovisual mediante técnicas cuantitativas e cualitativas. A4
A6
B2
B3
B4
B5
C1
C3
C4
Adquirir os hábitos de traballo individual e colaborativo para desempeñarse profesionalmente no sector audiovisual. Tomar decisións, asumir riscos e afrontar con madurez os acertos e erros derivados das mesmas. Capacidade de organización e temporalización das tarefas. Consultar se se necesita orientación: chegar a tempo coas preguntas e as dúbidas. A3
A4
A6
A9
B2
B3
B4
B5
B9
C2
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. O sector audiovisual en España -Configuración do sistema de radio e televisión na etapa democrática (dende 1977 ata a actualidade)
- O sector audiovisual no contexto dos sectores económicos españois
- Grupos audiovisuais españois.
- Grupos de comunicación europeos en España.
- Grupos de comunicación non europeos en España.
Tema 2. O sector radiofónico - Datos estruturais do sector radiofónico.
- Tendencias.
Tema 3. O sector televisivo - Datos estruturais do sector televisivo.
- O mercado publicitario e a televisión.
- Novos modelos de explotación e distribución.
Tema 4. O sector cinemetográfico - Cadea de valor: produción-distribución-exhibición
- Datos estruturais do sector do cine
- Novos modelos de explotación e distribución
Tema 5. O sector da animación - Antecedentes
- Datos estruturais da industria da animación
- Tendencias
- O sector da animación en Galicia
Tema 6. Internet como centro dos cambios no sector audiovisual - Novos modelos de produción, distribución e consumo

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A4 A6 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 32 16 48
Análise de fontes documentais A4 A6 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 8 10 18
Lecturas A6 A9 A10 B3 B9 C2 C4 0 20 20
Aprendizaxe colaborativa A4 A6 A9 B2 B3 B4 B5 B9 C2 C3 C4 10 30 40
Proba mixta B1 B2 B3 B4 C2 2 20 22
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Leccións expositivas nas que se explicarán os aspectos principais dos bloques temáticos que comprende a materia. Un dos seus obxectivos é facilitar a aprendizaxe dos conceptos propios desta disciplina.
É conveniente que o alumno dedique polo menos unha hora de traballo persoal para cada lección expositiva, para reflexionar sobre o explicado e expoñer a tempo as súas dúbidas e comentarios.
Análise de fontes documentais Busca, selección e sistematización de fontes de información de referencia sobre os sectores estudados, e sobre os grupos de comunicación.
Interpretación da información obtida nas devanditas fontes: informes sectoriais, informes económico-financeiros, datos estatísticos.
É conveniente que o alumno dedique polo menos unha hora de traballo persoal por cada clase de análise de fontes, para reflexionar sobre o explicado e expoñer a tempo as súas dúbidas e comentarios.
Lecturas Seleccionarase un libro de lectura obrigatoria.
A lectura de libros actuais sobre a materia facilita a comprensión conceptual e a reflexión, e contribúe a garantir unha aprendizaxe en profundidade.
A lectura é un dos hábitos que máis contribúe á profundidade no xuízo e á riqueza expresiva.
Aprendizaxe colaborativa Para lograr a aprendizaxe do alumno sobre as características e situación actual dos distintos sectores que abrangue esta materia, realizarase un traballo en grupo.
Deste modo preténdese alcanzar unha aprendizaxe dinámica sobre uns contidos que son en si mesmos cambiantes, e polo tanto, o máis importante é que os alumnos saiban que é relevante actualizar, cales son as fontes de información significativas e como utilizalas.
Proba mixta Exames sobre a materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
A profesora estará a disposición dos alumnos nas súas horas de titoría e a través do correo electrónico para as necesarias orientacións e seguimento nestas actividades.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A4 A6 A9 B2 B3 B4 B5 B9 C2 C3 C4 Traballo en grupo no que se valora tanto o resultado como o proceso.
A cualificación de cada alumno integrante do grupo podería ser diferente en función da súa achega e compromiso.
A asistencia ás clases relativas a esta actividade é obrigatoria, e terase en conta para a cualificación de cada alumno.
A participación neste traballo é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
20
Proba mixta B1 B2 B3 B4 C2 Exames.
É necesario aprobar o exame final para que a súa cualificación faga media coas outras probas e traballos previstos nesta avaliación.
Se este exame non se aproba, a materia resulta automaticamente suspensa
60
Lecturas A6 A9 A10 B3 B9 C2 C4 Proba para a avaliación do libro de lectura obrigatoria.
A presentación a esta proba é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
20
 
Observacións avaliación

Ortografía: as posibles faltas de ortografía nos exames e traballos baixarán de modo significativo a cualificación dos mesmos.

Os alumnos deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (moodle),
porque a través deste espazo docente virtual comunicaráselles toda a
información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e
cualificacións.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: as actividades de avaliación e a súa valoración serán iguais. O traballo
en grupo previsto poderá facelo individualmente, se é necesario. A
través das titorías, a profesora adaptará ás circunstancias do alumno/a ás
datas para realizar as actividades e facilitaralle a orientación
necesaria para cursar a materia.



Fontes de información
Bibliografía básica LÓPEZ GARCÍA, X. y ANEIROS DÍAZ, R.(coord.) (2016). A Comunicación en Galicia 2015. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Sección de Comunicación
SGAE (). Anuario SGAE de las artes escénicas, musicales y audiovisuales. Madrid: Fundación Autor-SGAE
AUDIOVISUAL451 (). Audiovisual451. El medio online de la industria audiovisual. https://www.audiovisual451.com/
FERNÁNDEZ ALONSO, Isabel (ed.) (2017). Austeridad y clientelismo. Política audiovisual en España en el contexto mediterráneo y de la crisis financiera. Barcelona: Gedisa
MIÑARRO, Laura (2013). Cómo vender una obra audiovisual : una aproximación a la distribución de contenidos audiovisuales. Barcelona: Editorial UOC
HERBERA, J.; LINARES, R. y NEIRA, E. (2015). Márketing Cinematográfico. Cómo promocionar una película en el entorno digital. Barcelona: Editorial UOC
MUNDOPLUS.TV (). Mundoplus.tv. Televisión digital en España. http://www.mundoplus.tv/
NOTICIAS DE LA COMUNICACIÓN (). Noticias de la Comunicación (revista mensual especializada).
GUTIÉRREZ MONTES, Eladio (coord.) (2017). Televisión Abierta. Situación actual y tendencias de futuro de la TDT. Madrid: Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicaciones

Bibliografía complementaria AZURMENDI, A. (2011). Derecho de la Comunicación. Barcelona. Bosch
CLARES, J. (2013). Distribución audiovisual en Internet: VoD y nuevos modelos de negocio. Barcelona: Editorial UOC
KAHNEY, Leander ([2009] (2010 imp.) ). En la cabeza de Steve Jobs : la mente detrás de Apple. Barcelona : Gestión 2000
VAN DIJCK, José (2016). La cultura de la conectividad : una historia crítica de las redes sociales. Buenos Aires: Siglo XXI
EPSTEIN, E.J. (2007). La gran ilusión. Dinero y poder en Hollywood. Barcelona. Tusquets
NEIRA, Elena (2015). La otra pantalla : redes sociales, móviles y la nueva televisión. Barcelona: Editorial UOC
ISAACSON, Walter (2011). Steve Jobs : la biografía. Barcelona : Random House Mondadori


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia da Radio, a Televisión e a Multimedia/616G01002
Dereito/616G01005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Historia do cine e da animación/616G01006
Comunicación e industrias culturais/616G01009
Empresa/616G01010

Materias que continúan o temario

Observacións

Estudo persoal: nada pode suplir o tempo que o alumno necesita para pensar e entender os contidos. Nesta materia non se require tanto un exercicio de memoria como un traballo continuado que permita incorporar os coñecementos.

Os alumnos deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (moodle), porque a través deste espazo docente virtual comunicaráselles toda a información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e cualificacións.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías