Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Sector audiovisual Código 616G01007
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
López Golán, Mónica
Correo electrónico
monica.lopez.golan@udc.es
Profesorado
Formoso Barro, Maria Josefa
López Golán, Mónica
Correo electrónico
m.formoso@udc.es
monica.lopez.golan@udc.es
Web
Descrición xeral Sector Audiovisual ofrece ao alumno os coñecementos específicos sobre o funcionamento institucional, económico e político do sistema audiovisual e dos actores que o integran (administración, empresas, soportes e audiencias). Preténdese unha aproximación ao sector audiovisual como industria.
Os profesionais da comunicación audiovisual necesitan saber como operan e interrelaciónanse os medios, as tecnoloxías e os produtos nun campo de actividade económica de crecente peso e influencia.
Considerando tanto os contidos como o contexto organizativo da materia, así como a importancia que a universidade ten á hora de contribuír a alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas, desde Sector Audiovisual traballarase tamén na xeración e difusión do coñecemento dos retos e desafíos máis urxentes que ten o mundo para gañar en prosperidade e sustentabilidade.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Xestionar proxetos audiovisuais.
A4 Investigar e analizar a comunicación audiovisual.
A6 Coñecelo sector audiovisual: a oferta e as audiencias.
A9 Coñecelos modelos de xestión.
A10 Coñecelo marco legal e deontolóxico.
B1 Que os estudantes demostraran posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoitan atoparse nun nivle que, se ben se apoia en libros de textos avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu eido de estudo.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que acheguen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a estrutura do sistema audiovisual español e internacional a partir da análise da radio, a televisión, o cinema, a animación e internet como mercado de produtos audiovisuais. A3
A4
A6
A9
A10
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C4
Análise dos elementos estruturais do mercado audiovisual mediante técnicas cuantitativas e cualitativas. A4
A6
B2
B3
B4
B5
C1
C3
C4
Adquirir os hábitos de traballo individual e colaborativo para desempeñarse profesionalmente no sector audiovisual. Tomar decisións, asumir riscos e afrontar con madurez os acertos e erros derivados das mesmas. Capacidade de organización e temporalización das tarefas. Consultar se se necesita orientación: chegar a tempo coas preguntas e as dúbidas. A3
A4
A6
A9
B2
B3
B4
B5
B9
C2
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. O sector audiovisual. Introdución - Conceptos introdutorios e nocións xerais.
- A estrutura, caracterización e clasificación da actividade empresarial da comunicación audiovisual.
- A empresa audiovisual.
Tema 2. Conglomerados e grupos mediáticos - Caracterización e actores.
- Tendencias.
Tema 3. Análise sectorial I. Estrutura do sistema radiotelevisivo - Configuración do sector.
- Datos estruturais do sector radiotelevisivo
- Tendencias.
Tema 4. Análise sectorial II. Estrutura do sistema cinematográfico - Marco regulatorio europeo e español.
- Cadea de valor: produción-distribución-exhibición
- Políticas de fomento da cinematografía.
- Premios e festivais.
Tema 5. Análise sectorial III. O sector da animación - A animación, industria global.
- Tendencias e retos.
Tema 6. As novas plataformas dixitais como innovación disruptiva - Conceptualización, características e descripción do impacto das plataformas no sector audiovisual.
- Os contidos e a súa distribución.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A4 A6 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 2 2 4
Sesión maxistral A3 A4 A6 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 26 30 56
Obradoiro A6 A9 B3 B9 C2 C3 C4 16 24 40
Aprendizaxe colaborativa A4 A6 A9 B2 B3 B4 B5 B9 C2 C3 C4 8 22 30
Aprendizaxe servizo A3 B2 B4 B9 C2 C3 C4 6 10 16
Proba mixta B1 B2 B3 B4 C2 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Busca, selección e sistematización de fontes de información de referencia sobre os sectores estudados, e sobre os grupos de comunicación.
Interpretación da información obtida nas devanditas fontes: informes sectoriais, informes económico-financeiros, datos estatísticos.
É conveniente que o alumno dedique polo menos unha hora de traballo persoal por cada clase de análise de fontes, para reflexionar sobre o explicado e expoñer a tempo as súas dúbidas e comentarios.
Sesión maxistral Sesións expositivas presenciais nas que se explicarán os aspectos principais dos bloques temáticos que comprende a materia. Un dos seus obxectivos é facilitar a aprendizaxe dos conceptos propios desta disciplina.
Os materiais necesarios para estudar a materia poñeranse ao dispor dos estudantes a través do campo virtual.
É conveniente que o alumno dedique polo menos unha hora de traballo persoal para cada sesión expositiva, para reflexionar sobre o explicado e expoñer a tempo as súas dúbidas e comentarios.
Obradoiro Actividades que se realizarán individualmente ou en grupo durante as sesións interactivas.
Aprendizaxe colaborativa Para lograr a aprendizaxe do alumno sobre as características e situación actual dos distintos sectores que abrangue esta materia, realizarase un traballo en grupo.
Deste modo preténdese alcanzar unha aprendizaxe dinámica sobre uns contidos que son en si mesmos cambiantes, e polo tanto, o máis importante é que o alumnado saiba que é relevante actualizar, cales son as fontes de información significativas e como utilizalas.
Aprendizaxe servizo Desenvolvemento de obradoiro aplicado a unha organización real.
Proba mixta Exames sobre a materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe servizo
Aprendizaxe colaborativa
Obradoiro
Descrición
O docente da materia estará a disposición dos alumnos nas súas horas de titoría e a través do correo electrónico para as necesarias orientacións e seguimento nestas actividades.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A3 B2 B4 B9 C2 C3 C4 Aprendizaxe práctica aplicada ao traballo individual ou en equipo para adquirir os coñecementos da materia á vez que se adquire un compromiso social que converta ao alumnado en cidadáns activos no logro dos ODS.
A participación nestes traballos é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
10
Aprendizaxe colaborativa A4 A6 A9 B2 B3 B4 B5 B9 C2 C3 C4 Traballo en grupo no que se valora tanto o resultado como o proceso.
A cualificación de cada alumno integrante do grupo podería ser diferente en función da súa achega e compromiso.
A asistencia ás clases relativas a esta actividade é obrigatoria, e terase en conta para a cualificación de cada alumno.
A participación neste traballo é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
20
Proba mixta B1 B2 B3 B4 C2 Exames.
É necesario obter un mínimo de dous puntos para que esta cualificación faga media coas outras probas e traballos previstos nesta avaliación.
Se non se alcanza este mínimo, a materia resulta automaticamente suspensa
40
Obradoiro A6 A9 B3 B9 C2 C3 C4 Aprendizaxe práctica aplicada ao traballo individual ou en equipo para a consecución de obxectivos.
A participación nestes traballos é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
30
 
Observacións avaliación

Ortografía: as posibles faltas de ortografía nos exames e traballos baixarán de modo significativo a cualificación dos mesmos.

Os alumnos deberán consultar diariamente o Moodle,
porque a través deste espazo docente virtual comunicaráselles toda a
información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e
cualificacións.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: as actividades de avaliación e a súa valoración serán iguais. O traballo
en grupo previsto poderá facelo individualmente, se é necesario. A
través das titorías, o docente adaptará ás circunstancias do alumno/a ás
datas para realizar as actividades e facilitaralle a orientación
necesaria para cursar a materia.

Incidencias por plaxio: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.



Fontes de información
Bibliografía básica BREVINI, B.; SWIATEK, L. (2021). Amazon. Understanding a Global Communication Giant. New York: Routledge
SGAE (). Anuario SGAE de las artes escénicas, musicales y audiovisuales. Madrid: Fundación Autor-SGAE
AUDIOVISUAL451 (). Audiovisual451. El medio online de la industria audiovisual. https://www.audiovisual451.com/
FERNÁNDEZ ALONSO, Isabel (ed.) (2017). Austeridad y clientelismo. Política audiovisual en España en el contexto mediterráneo y de la crisis financiera. Barcelona: Gedisa
MIÑARRO, Laura (2013). Cómo vender una obra audiovisual : una aproximación a la distribución de contenidos audiovisuales. Barcelona: Editorial UOC
REIG, R.; LABIO, A. (2017). El laberinto mundial de la información. Estructura mediática y poder. Barcelona: Anthropos
ALBORNOZ L.A.; SEGOVIA, A.I.; ALMIRÓN, N. (2020). Grupo PRISA. Media Power in Contemporary Spain - Series: Global Media Giants. New York: Routledge
HEREDERO, Carlos F. y CAIMÁN CUADERNOS DE CINE (2019). Industria del cine y el audiovisual en España. Estado de la cuestión (2015-2018). Málaga: Festival de Málaga Cine en español
INNOVACIÓN AUDIOVISUAL (). Innovación Audiovisual. Blog colaborativo. https://innovacionaudiovisual.com/
DIBOOS (2018). Libro Blanco de la industria española de la animación y los efectos visuales. Madrid: Diboos
HERBERA, J.; LINARES, R. y NEIRA, E. (2015). Márketing Cinematográfico. Cómo promocionar una película en el entorno digital. Barcelona: Editorial UOC
MUNDOPLUS.TV (). Mundoplus.tv. Televisión digital en España. http://www.mundoplus.tv/
PEDRERO, Luis Miguel (). Pantallas, ondas, frames y bits. Semanario online. https://paper.li/luismipedrero/1322421870#/
CARRILLO BERNAL, Javier (2018). Paradigma Netflix. El entretenimiento de algoritmo. Barcelona: Editorial UOC
GUTIÉRREZ MONTES, Eladio (coord.) (2017). Televisión Abierta. Situación actual y tendencias de futuro de la TDT. Madrid: Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicaciones
OBSERVATORIO EUROPEO DEL AUDIOVISUAL (). Yearbook. Television, VOD, cinema and video in 40 European States: markets and players, services and usage. Estrasburgo: OBS. Consejo de Europa

Bibliografía complementaria BONET, Montse (coord.) (2016). El imperio del aire. Espectro radioeléctrico y radiodifusión. Barcelona: Editorial UOC
VAN DIJCK, José (2016). La cultura de la conectividad : una historia crítica de las redes sociales. Buenos Aires: Siglo XXI
NEIRA, Elena (2015). La otra pantalla : redes sociales, móviles y la nueva televisión. Barcelona: Editorial UOC
INFANTE PINEDA, Sara (2018). Vivir la radio: empresa, tecnología y audiencia. Barcelona: Editorial UOC


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia da Radio, a Televisión e a Multimedia/616G01002
Comunicación e industrias culturais/616G01009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dereito/616G01005
Historia do cine e da animación/616G01006
Empresa/616G01010

Materias que continúan o temario
Estudo da audiencia/616G01020
Organización e produción audiovisual/616G01029

Observacións

Estudo persoal: nada pode suplir o tempo que o alumno necesita para pensar e entender os contidos. Nesta materia non se require tanto un exercicio de memoria como un traballo continuado que permita incorporar os coñecementos.

Os alumnos deberán consultar diariamente o Moodle, porque a través deste espazo docente virtual comunicaráselles toda a información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e cualificacións.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías