Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Publicidade audiovisual Código 616G01012
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Martínez Costa, Sandra
Correo electrónico
s.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Publicidade Audiovisual é unha sinatura de interese na formación dos futuros titulados en comunicación audiovisual, dado que os dota das ferramentas axeitadas para coñecer o funcionamento da comunicación publicitaria e, inclusive, para enfrontarse á elaboración das súas mensaxes.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A3 Xestionar proxetos audiovisuais.
A5 Coñecelas teorías e a historia da comunicación audiovisual.
A6 Coñecelo sector audiovisual: a oferta e as audiencias.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A9 Coñecelos modelos de xestión.
A10 Coñecelo marco legal e deontolóxico.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro do seu área de estudo)
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B6 Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma
B7 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Crear mensaxes de carácter publicitario, especialmente no que se refire a produtos audiovisuais. A1
A2
A3
A12
B2
B3
C1
Coñecer a historia da publicidade e as súas tendencias na actualidade. A5
Coñecer e saber desenvolver as diferentes técnicas de creatividade. A6
A7
C2
Coñecer os límites legais da actividade publicitaria e os seus dereitos como consumidores. Desenvolver unha conduta ética no desenvolvemento da súa profesión, atendendo á capacidade da publicidade como axente socializador. A10
B6
C4
Enfrontarse á elaboración dunha mensaxe publicitaria de forma autónoma. B4
B9
Ser quen de incorporarse a un grupo e adaptarse ás dinámicas do traballo colaborativo para asumir o desenvolvemento de diferentes proxectos. B7
B8
B9
Coñecer o funcionamento do sector publicitario. A9
Coñecer o contexto da actividade publicitaria en relación ás novas tecnoloxías da comunicación, novas posibilidades e límites. A8
C3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A publicidade. Formatos e mensaxes publicitarios. Que é a publicidade. Conceptualización.
Breve historia da publicidade.
Medios publicitarios.
Formatos e soportes publicitarios.
Tema 2. Técnicas de creatividade publicitaria. Qué e a creatividade.
Técnicas de creatividade.
Os camiños creativos.
Tema 3. Estratexias publicitarias e creación de campañas. A estratexia publicitaria.
Tipos de estratexias publicitarias.
Creación dunha campaña de publicidade.
Avaliación dunha campaña publicitaria.
Tema 4. Estrutura do mercado publicitario. Suxeitos e estruturas da publicidade.
Tipoloxías de empresas de publicidade.
A axencia de publicidade. Composición e funcionamento.
O sector publicitario español e galego.
Tema 5. Os límites da publicidade. Lexislación publicitaria e publicidade ilícita.
Autorregulación publicitaria.
Publicidade ética e ética publicitaria.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 16 54 70
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 A10 A12 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C4 24 48 72
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
Durante o desenvolvemento das diferentes funcións que lle son requeridas para cada unha das actividades concretas (estudos de caso, solución de problemas, presentación oral, etc.) farase un seguimento individualizado.
Para este seguimento optarase por traballar co/a estudante sobre unha serie de cuestións relativas ás tarefas que está a desenvolver, co gallo que descubra outras perspectivas ou que mellore-amplíe as liñas que está a desenvolver.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 A avaliación dos obradoiros realizarase a través da entrega de traballos prácticos e suporá o 55% da nota final. 50
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 A10 A12 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C4 A avaliación da sesión maxistral realizarase a través dun exame escrito e suporá ó 45% da nota final. 50
 
Observacións avaliación


Fontes de información
Bibliografía básica Robin Landa (). Publicidad y diseño. Las claves del éxito. Madrid: Anaya
Sandra Villajoana (). ¿Cómo diseñar una campaña de publicidad?. Barcelona: UOC

Bibliografía complementaria McStay, Andrew (2010). Digital advertising. Houndmill: Palgrave Macmillan
Nik Mahon (2010). Dirección de arte: publicidad. Gustavo Gili
Rusell, J.T.; Lane, R. y Whitehill, K. (2005). Kleppner Publicidad. Pearson. Prentice Hill
Guijarro, Tony y Muela, Clara (2003). La música, la voz, los efectos y el silencio en la publicidad : la creatividad en la producción de sonido. Madrid. CIE Inversiones Editoriales Dossat
Feliu García, Emilio (1984). Los lenguajes de la publicidad. Universidad de Alicante:Alicante
Pricken, Mario (2006). Publicidad creativa. Barcelona. Gustavo Gili


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Comunicación corporativa/616G01013

Materias que continúan o temario
Comunicación oral e escrita/616G01001
Expresión gráfica/616G01004
Empresa/616G01010

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías