Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Publicidade audiovisual Código 616G01012
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Quintas Froufe, Natalia
Correo electrónico
n.quintas.froufe@udc.es
Profesorado
Quintas Froufe, Natalia
Correo electrónico
n.quintas.froufe@udc.es
Web
Descrición xeral A finalidade principal da asignatura Publicidade Audiovisual é coñecer os principios teórico-prácticos da comunicación publicitaria para afrontar a elaboración das súas mensaxes.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A3 Xestionar proxetos audiovisuais.
A6 Coñecelo sector audiovisual: a oferta e as audiencias.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A10 Coñecelo marco legal e deontolóxico.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Crear mensaxes de carácter publicitario, especialmente no que se refire a produtos audiovisuais A2
A3
A7
B9
C1
- Coñecer a historia da publicidade A6
B9
C3
- Coñecer e desenvolver as diferentes técnicas de creatividade A12
B9
C2
C4
- Coñecer os límites legais da actividade publicitaria A10
B9
C3
- Saber elaborar unha mensaxe publicitaria de forma autónoma A1
A2
A7
B9
C1
C2

Contidos
Temas Subtemas
Unidade Didáctica 1. A publicidade: conceptualización teórica. a) Definición da publicidade
b) Os medios e soportes publicitarios
c) A nova publicidade
Unidade Didáctica 2. Técnicas de creatividade publicitaria. a) Definición de creatividade
b) O proceso creativo: técnicas e métodos
c) Certames de creatividade publicitaria
Unidade Didáctica 3. Estratexias publicitarias e creación de campañas. a) Análise previa á campaña, os obxectivos publicitarios e o briefing
b) O público obxectivo
c) A estratexia de contido, creativa e medios
d) Avaliación da eficacia
Unidade Didáctica 4. Estrutura do mercado publicitario e as axencias de publicidade. a) O anunciante
b) As empresas e axencias de publicidade
c) O investimento publicitario
Unidade Didáctica 5. Os límites da publicidade. a) Marco xurídico da publicidade
b) Autorregulación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A1 A2 A3 C1 C2 29 29 58
Lecturas A6 A12 1 3 4
Sesión maxistral A6 A7 A10 A12 C3 C4 29 58 87
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
Nos obradorios os/as alumnos/as recibirán atención personalizada para levar a cabo os traballos requeridos en cada un deles.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A6 A7 A10 A12 C3 C4 A avaliación da sesión maxistral realizarase a través dun exame teórico-práctico que suporá ó 30% da cualificación final. 30
Obradoiro A1 A2 A3 C1 C2 A avaliación do obradoiro realizarase a través da entrega de traballos prácticos tutelados pola docente que suporá o 70% da cualificación final. 70
 
Observacións avaliación




- A avaliación dos obradoiros realizarase a través da entrega de traballos prácticos tutelados pola docente que suporá o 70%
da cualificación final. Istes traballos deberán ser entregados na data e forma indicada pola docente para poder ser evaluados. 

- A copia de fragmentos de textos sen citar a autoría da fonte significará a non valoración dos exercicios.


- A avaliación da sesión maxistral realizarase a través dun exame teórico-práctico que suporá ó 30% da cualificación final. 


- Será necesario alcanzar o valor medio de cada una das partes para aprobar a asignatura, para iso será obrigatorio superar o exame final (cunha
cualificación mínima de 1,5 puntos) e os exercicios prácticos (cunha cualificación mínima de 3,5 puntos).


- Aqueles estudantes que non completaron o proceso de avaliación continua ou/e que non se presentaron ao exame da convocatoria oficial poderán
optar á segunda oportunidade establecida polo calendario de exames oficiais da Facultade de Ciencias da Comunicación. Nesta convocatoria o
profesor fixará un novo prazo de entrega dos traballos prácticos antes da data prevista para a convocatoria oficial do exame.

- Para o alumnado con recoñecemento de dedicación parcial e dispensa
académica de exención de asistencia os criterios, actividades e o peso que
terán na avaliación serán o mesmo para as dúas oportunidades.

 - En termos xerais, en todos os exercicios prácticos valorarase a capacidade de expresión, análise e síntese; a capacidade crítica, analítica e
reflexiva; a redacción, o estilo e a corrección gramatical e ortográfica, así como o coidado formal na presentación dos exercicios.


- Ortografía: as posibles faltas de ortografía no examen e traballos  suporán a non valoración destes. 






Fontes de información
Bibliografía básica Castelló-Martínez, A y del Pino-Romero, C. (2019). De la publicidad a la comunicación persuasiva integrada: estrategia y empatía . Madrid: ESIC
Gómez Nieto, B. (2017). Fundamentos de la publicidad . Madrid: ESIC
Eguizábal, R. (2011). Historia de la publicidad. Madrid: Fragua
Eguizábal, R. (2009). Industrias de la conciencia: una historia de la publicidad en España (1975-2009). Barcelona: Península
Papí-Gálvez, N. (2017). Investigación y planificación de medios publicitarios. Madrid: Síntesis
García Uceda, M. (2011). Las claves de la publicidad. Madrid: ESIC
Hernández Martínez, C. (2010). Manual de creatividad publicitaria. Madrid: Síntesis
Hernández Martínez, C. (2004). Manual de creatividad publicitaria. Madrid: Síntesis
Pérez-Latre, Francisco J. (2017). Marcas humanas: fundamentos de la publicidad del siglo XXI. Barcelona : UOC.

Bibliografía complementaria Bassat, L. (2004). El libro rojo de la publicidad: ideas que mueven montañas. Barcelona: Debolsillo
García García, F. (2018). Creatividad en publicidad : del impacto al comparto. Madrid: Dykinson
Barahona Navarro, N. (2016). Creatividad publicitaria, ¿cómo juzgarla?. Barcelona : UOC.
Feliu García, E. (1984). Los lenguajes de la publicidad. Universidad de Alicante: Alicante
Muela Molina, C. (2018). Manual de estrategias creativas en publicidad. Madrid: Pirámide
Pellicer Jordá, María Teresa (2019). Sobrevivir a la publicidad desde una perspectiva ética . Barcelona: UOC

- Os alumnos deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (moodle) para seguir o desenvolvemento da asignatura.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Comunicación e industrias culturais/616G01009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Comunicación corporativa/616G01013
Estudo da audiencia/616G01020

Materias que continúan o temario
Estratexias de comunicación multimedia/616G01035

Observacións

- Os alumnos deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (moodle) para seguir o desenvolvemento da asignatura.

- Nesta materia desenvolveranse actividades docentes relacionadas coas liñas de inonovación docente ás que se adscribe o grupo de innovación docente GIDCOM.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías