Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Informática para a creación de web e vídeo Código 616G01017
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Dafonte Vazquez, Jose Carlos
Correo electrónico
carlos.dafonte@udc.es
Profesorado
Carballal Mato, Adrián
Castro Pena, Luz
Dafonte Vazquez, Jose Carlos
Gomez Garcia, Angel
Romero Cardalda, Juan Jesus
Santos Del Riego, Antonino
Correo electrónico
adrian.carballal@udc.es
maria.luz.castro@udc.es
carlos.dafonte@udc.es
angel.gomez@udc.es
juan.romero1@udc.es
antonino.santos@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da asignatura é coñecer tanto os fundamentos como as ferramentas necesarias asociadas a dous aspectos moi importantes hoxe en día en numeros proxectos audiovisuais: a creación web e o manexo de información multimedia. Dende un punto de vista práctico, o obxectivo principal desta materia é dar a coñecer aos alumnos a existencia de ferramentas que facilitan o deseño e permiten a optimización do material a publicar, sen esquencer o aspecto teórico e de fundamentos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Crear productos audiovisuais.
A5 Coñecelas teorías e a historia da comunicación audiovisual.
A6 Coñecelo sector audiovisual: a oferta e as audiencias.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A10 Coñecelo marco legal e deontolóxico.
A11 Coñecelas metodoloxías de investigación e análise.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B6 Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma
B7 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comunicar contidos mediante web e vídeo A7
A8
A10
A12
B6
B7
Deseñar materiais para publicación en web e contidos multimedia mediante video A2
A7
A8
A10
A12
B8
Xestionar a creación dos contidos en función do entorno e obxectivo A6
A7
A8
A10
C3
Investigar e analizar a necesidades nun desenvolvemento multimedia así como xestionar os proxectos A5
A6
A11
B9
C1
C2
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Sitios Web 1.1. Características e evolución: web 1.0, 2.0, …
1.2. Análise e planificación dun sitio web.
1.3. Mapa de navegación.
1.4. Estrutura e guía de estilo.
1.5. Usabilidade e accesibilidade.
2. HTML5 2.1. Introdución ás linguaxes de marcado
2.2. Etiquetas básicas de composición de texto.
2.3. Imaxes e ligazóns.
2.4. Etiquetas para a creación de listas e táboas.
3. Ferramentas de creación de sitios web: Dreamweaver 3.1. Ambiente de traballo
3.2. Inserción de etiquetas básicas
3.3. Atributos da páxina
3.4. Composición con táboas
3.5. Formularios
3.6. Follas de estilo
3.7. Composición con capas
4. Publicación e xestión de sitios web 4.1. Aloxamento
4.2. Posicionamento en buscadores (SEO).
5. Introducción á codificación e almacenamento de datos dixitais. 5.1. Codificación binaria e álxebra de boole.
5.2. Almacenamento en dispositivos e tecnoloxías.
5.3. Interfaces de comunicación (USB, IEEE1394, RS-232, etc.)
6. Introducción ás tecnoloxías multimedia. 6.1. Teoría da cor e modelos.
6.2. Codificación en imaxe fixa.
6.3. Mecanismos de compresión en imaxe fixa, formatos.
6.4. Audio para multimedia, audio envolvente.
6.5. Conceptos básicos de vídeo.
7. Vídeo para multimedia 7.1. Dixitalización de vídeo e codificación.
7.2. Formatos estándar de televisión e cine. Denominacións comerciais.
7.3. Dispositivos de captura de vídeo.
7.4. Ratio de bits e tasa de transferencia.
7.5. Campos de vídeo i entrelazado.
7.6. Entropía e redundancia.
7.7. Compresión con pérdida e sen pérdida.
7.8. Compresión intercadro e intracadro.
7.9. Artefactos da compresión.
7.10. Cableado analóxico e digital para a comunicación de vídeo.
8. Formatos de vídeo para multimedia 8.1. Códec
8.2. Arquivos contenedores multimedia
8.3. Formatos para almacenamento de vídeo
8.4. Códecs de vídeo e audio/vídeo.
8.5. Evolución dos códecs: MPEG e outros.
8.6. Tecnoloxías de difusión en internet.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A6 A8 A12 10 0 10
Traballos tutelados A2 A7 A8 A10 A11 A12 B8 B9 C3 7 35 42
Proba obxectiva A5 A7 A8 A10 A12 1 0 1
Presentación oral A7 A8 A11 A12 B6 B7 3 0 3
Prácticas de laboratorio A7 A8 A11 A12 C1 C2 C4 28 56 84
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentacións dos temas máis teóricos da asignatura.
Traballos tutelados Proxectos propostos relacionados coas técnicas empregadas nas prácticas de laboratorio.
Proba obxectiva Proba de avaliación centrada principalmente na parte teórica pero tamén incorpora preguntas sobre as prácticas.
Presentación oral Presentacións de traballos e proxectos, en boa parte relacionados coas prácticas de laboratorio.
Prácticas de laboratorio 1. Creación dunha estrutura e mapa de navegación para unha web proposta.
2. Creación de páxinas web básicas co bloc de notas.
3. Creación de páxinas web con distintos elementos e composicións (táboas, formularios, frames…).
4. Busca e comparación de distintos tipos de aloxamento web. Aloxamento da páxina web persoal.
5. Deseño de compoñentes visuales para web.
6. Manexo de ferramentas de edición e compresión de imaxes.
7. Manexo de ferramentas de edición e procesado de vídeo.
8. Manexo de ferramentas de conversión e compresión de video.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os alumnos terán que plantexar un proxecto web individual como traballo da asignatura. Como parte dos traballos tutelados, os alumnos farán un seguimento durante ó curso onde aplicarán os coñecementos adquiridos na clases de teoría e practicas no desenvolvemento de seu proxecto.
O alumnado irá realizando en distintas fases os seus proxectos: deseño conceptual, deseño estructural e desenvolvemento tecnolóxico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A5 A7 A8 A10 A12 Proba relacionada cos coñecementos teóricos da asignatura 50
Prácticas de laboratorio A7 A8 A11 A12 C1 C2 C4 Practicas individuais onde os alumnos poñen en practica os coñecementos aprendidos durante a asignatura. 20
Traballos tutelados A2 A7 A8 A10 A11 A12 B8 B9 C3 Práctica obrigatoria: creación dunha web 30
 
Observacións avaliación

As prácticas de laboratorio son de abrigada asistencia e presentación do material solicitado en cada unha delas.

Para superar a asignatura é imprescindible aprobar tanto a parte teórica como a práctica (traballos tutelados e practicas de laboratorio). 

É
imprescindible acadar
unha nota mínima de 5 sobre 10 en ámbalas duas partes (practicas e proba
obxectiva) para aprobar a asignatura (en caso contrario, a máxima nota que se poderá acadar é un 4,5).

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto cos profesores da asignatura para posibilitar a realización das tarefas fora da organización habitual de materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

- Rummel, Manuel. Producción de Vídeo Digital para Multimedia. Ediciones Paraninfo, Madrid, 2001

- Bethencourt, Tomás. Televisión Digital. Colección Beta. Temas Audiovisuales, Madrid, 2001

- Watkinson, John. El Arte del Vídeo Digital. Instituto Oficial de RTVE. Madrid,1992

- Zabaleta, Iñaki. Tecnología de la Información Audiovisual. Bosch Comunicación, Barcelona, 2003

- Crespo, Julio. DVD, DIVX y Otros Formatos de Vídeo Digital. Anaya Multimedia, Madrid, 2003

- Martínez, José. Manual básico de tecnología audiovisual y técnicas decreación, emisión y difusión de contenidos. Paidós, Barcelona, 2004

- Fries, Bruce. Audio digital práctico (medios digitales y creatividad). Anaya Multimedia, Madrid, 2005

- Pohlmann K.C. Principios del audio digital, McGraw Hill, 2002

- Sánchez J.M. Fotografía digital, Anaya Multimedia, 2003

- Wootton, Cliff. Compresión de audio y vídeo (medios digitales y creatividad). Anaya Multimedia, Madrid, 2006

- Álvarez García, Alonso. HTML 5 (guía práctica). Anaya Multimedia, Madrid, 2010.

- McFarland, David Sawyer. CSS. Anaya Multimedia, Madrid, 2010.

- Peña de San Antonio, Óscar. CSS. Anaya Multimedia, Madrid, 2010.

- Pascual, Francisco. Navegar en Internet, Adobe Dreamweaver CS4. RA-MA, Madrid, 2010.

- Mediaactive. Aprender Dreamweaver CS4 con 100 ejercicios prácticos. S.A. MARCOMBO, Barcelona, 2009.

- Prat, Marie. Posicionamiento de su sitio web en Google y otros buscadores. ENI, Paris, 2009.

- Valdés-Miranda, Claudia & Plasencia López, Zoe. Dreamweaver CS4. Anaya Multimedia, Madrid, 2009.

- Murphy, Christopher & Persson, Nicklas. HTML y CSS. Anaya Multimedia, Madrid, 2009.

Bibliografía complementaria

http://www.w3.org/

http://www.htmlcodetutorial.com/

http://validator.w3.org/

http://www.w3.org/Style/CSS/

http://www.w3schools.com/css/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Fundamentos tecnolóxicos dos medios audioviosuais/616G01003
Informática audiovisual/616G01008

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías