Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Informática para a creación de web e vídeo Código 616G01017
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Romero Cardalda, Juan Jesus
Correo electrónico
juan.romero1@udc.es
Profesorado
Castro Pena, Luz
Romero Cardalda, Juan Jesus
Correo electrónico
maria.luz.castro@udc.es
juan.romero1@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da materia é coñecer tanto os fundamentos como as ferramentas necesarias asociadas a dous aspectos moi importantes hoxe en día en numerosos proxectos audiovisuais: a creación web e o manexo de información multimedia. Dende un punto de vista práctico, o obxectivo principal desta materia é dar a coñecer ao alumnado a existencia de ferramentas que facilitan o deseño e permiten a optimización do material a publicar, sen esquecer os aspectos teóricos e de fundamentos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A3 Xestionar proxetos audiovisuais.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
B1 Que os estudantes demostraran posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoitan atoparse nun nivle que, se ben se apoia en libros de textos avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu eido de estudo.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que acheguen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comunicar contidos mediante web A2
A7
A8
B8
C2
C3
Deseñar materiais e contidos multimedia para publicación en web A1
A2
A7
A8
B8
Xestionar a creación dos contidos en función da contorna e obxectivo B1
B2
B3
B4
B5
B8
B9
Investigar e analizar a necesidades nun desenvolvemento multimedia así como xestionar os proxectos A2
A3
B8
C1
C2
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Sitios Web 1.1. Características e evolución: web 1.0, 2.0, …
1.2. Análise e planificación dun sitio web.
1.3. Mapa de navegación.
1.4. Estrutura e guía de estilo.
1.5. Usabilidade e accesibilidade.
2. HTML5 2.1. Introdución ás linguaxes de marcado
2.2. Etiquetas básicas de composición de texto.
2.3. Imaxes e ligazóns.
2.4. Etiquetas para a creación de listas e táboas.
3. Ferramentas de creación de sitios web: Dreamweaver 3.1. Ambiente de traballo
3.2. Inserción de etiquetas básicas
3.3. Atributos da páxina
3.4. Composición con táboas
3.5. Formularios
3.6. Follas de estilo
3.7. Composición con capas
4. Publicación e xestión de sitios web 4.1. Aloxamento
4.2. Posicionamento en buscadores (SEO).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 A8 B8 C1 10 0 10
Traballos tutelados A1 A2 A3 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C4 7 35 42
Proba obxectiva A7 A8 B1 B4 B5 B8 1 0 1
Presentación oral A7 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C3 3 0 3
Prácticas de laboratorio A2 A7 A8 B1 B2 B3 B8 B9 C2 C3 28 56 84
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentacións dos temas máis teóricos da asignatura.
Traballos tutelados Proxectos propostos relacionados coas técnicas empregadas nas prácticas de laboratorio.
Proba obxectiva Proba de avaliación centrada principalmente na parte teórica pero tamén incorpora preguntas sobre as prácticas.
Presentación oral Presentacións de traballos e proxectos, en boa parte relacionados coas prácticas de laboratorio.
Prácticas de laboratorio 1. Creación dunha estrutura e mapa de navegación para unha web proposta.
2. Creación de páxinas web básicas co bloc de notas.
3. Creación de páxinas web con distintos elementos e composicións (táboas, formularios, capas…).
4. Busca e comparación de distintos tipos de aloxamento web.
5. Integración de compoñentes visuais en web.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado terá que formular un proxecto web individual como traballo da materia. Como parte dos traballos tutelados, o alumnado fará un seguimento durante o curso onde aplicará os coñecementos adquiridos nas aulas de teoría e prácticas no desenvolvemento do seu proxecto.
O alumnado irá realizando en distintas fases os seus proxectos: deseño conceptual, deseño estrutural e desenvolvemento tecnolóxico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A8 B1 B4 B5 B8 Proba relacionada cos coñecementos teóricos da asignatura 50
Prácticas de laboratorio A2 A7 A8 B1 B2 B3 B8 B9 C2 C3 Practicas individuais onde os alumnos poñen en practica os coñecementos aprendidos durante a asignatura. 20
Traballos tutelados A1 A2 A3 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C2 C4 Práctica obrigatoria: creación dunha web 30
 
Observacións avaliación

As prácticas de laboratorio son de obrigada asistencia, así como a presentación do material solicitado en cada unha delas.

Para superar a materia é imprescindible aprobar tanto a parte teórica como a práctica (traballos tutelados e prácticas de laboratorio). 

É
imprescindible acadar
unha nota mínima de 5 sobre 10 no traballo tutelado e na proba
obxectiva para aprobar a materia (en caso contrario, a máxima nota que se poderá acadar é un 4,5).

ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto co profesorado da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

- Álvarez García, Alonso. HTML 5 (guía práctica). Anaya Multimedia, Madrid, 2010.

- McFarland, David Sawyer. CSS. Anaya Multimedia, Madrid, 2010.

- Peña de San Antonio, Óscar. CSS. Anaya Multimedia, Madrid, 2010.

- Prat, Marie. Posicionamiento de su sitio web en Google y otros buscadores. ENI, Paris, 2009.

- Murphy, Christopher & Persson, Nicklas. HTML y CSS. Anaya Multimedia, Madrid, 2009.

Bibliografía complementaria

http://www.w3.org/

http://www.htmlcodetutorial.com/

http://validator.w3.org/

http://www.w3.org/Style/CSS/

http://www.w3schools.com/css/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Informática audiovisual/616G01008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Audio/616G01016

Materias que continúan o temario
Ferramentas de creación multimedia/616G01027
Ferramentas web avanzadas/616G01036
Obradoiro de creación multimedia/616G01038

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
- Solicitaranse en formato virtual ou soporte informático
- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia.
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías