Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Guión Código 616G01018
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Nozal Cantarero, Teresa
Correo electrónico
teresa.nozal@udc.es
Profesorado
Nozal Cantarero, Teresa
Correo electrónico
teresa.nozal@udc.es
Web
Descrición xeral A elaboración do guión é o paso previo imprescindible en calquera procedemento de produción audiovisual. Nesta asignatura, o alumnado introducirase nas técnicas, estratexias e formatos necesarios para desenvolver a súa faceta de guionista.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas

*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams A demanda.
Moodle Facilítase material e información e faise atención personalizada a demanda.
Correo electrónico A demanda.
Conversa telefónica En casos excepcionais en que sexa imposible outro medio, empregarase a comunicación telefónica.

4. Modificacións na avaliación
En caso de ser necesario cambiarase a ponderación entre taller e proba mixta.

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Os materiais estarán accesibles de modo dixital de ser nececario.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B6 Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer dinámicas de escrita creativa. A2
A7
Coñecer as ferramentas de traballo necesarias para o desenvolvemento de guións. A7
A8
Coñecemento e manexo dos códigos, técnicas e estruturas narrativas necesarias para realizar un produto atractivo para o espectador. A1
A2
A7
B6
Desenvolver a capacidade de visualización que require a escrita audiovisual A1
A12

Contidos
Temas Subtemas
Introducción. O oficio de contar historias O traballo de guionista
Escribir para un guion audiovisual
O guion Fases na elaboración dun guion. Dende a idea á elaboración do guion literario e técnico

A estrutura. Estratexias de interese

Personaxes

Diálogos
O guion seriado Escritura autoconclusiva e horizontal
Guion documental Guion de documentais
O guion de programas Planificación
Desenvolvemento
O guion multimedia/interactivo O guion de formatos interactivos
O guion técnico Paso do guion literario ao guion técnico.
Formatos de guion técnico.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A1 A2 A7 A8 A12 B6 24 44 68
Proba mixta A7 A12 B6 8 48 56
Sesión maxistral A7 A8 A12 24 0 24
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. Pode ser presencial ou online, síncrono ou asíncrono en función do contexto sanitario.
Proba mixta A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pódese construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. Pode ser escrita ou oral, presencial ou online, segundo as circunstancias que a situación sanitaria permita.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe, no caso de ser presencial. Exposición con vídeo, podcast ou textos dos contidos para o seu consumo online de modo síncrono ou asíincrono.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
O profesor resolverá dúbidas do traballo. Poderá ser presencial ou online de modo síncrono ou asíncrono en función do contexto sanitario e o estipulado por a profesora.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A7 A8 A12 B6 Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. 50
Proba mixta A7 A12 B6 A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pódese construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. Pode ser escrita ou oral, presencial ou online, segundo as circunstancias que a situación sanitaria permita. Parcialmente formará parte da avaliación continua.
50
 
Observacións avaliación

O estudante debe consultar periódicamente a plataforma do Campus Virtual onde se publicarán avisos, datas de entrega, exercicios e parte do material de estudo. Os exercicios entregaranse exclusivamente a través desta plataforma.

Seguirase un sistema de avaliación continua, para o que terán que facer:

1. Unha proba teórica adiantada que suporá o 25% da nota final e que, ainda que sexa obrigatoriamente presencial na aula, o profesor pode plantexala a través do campus virtual, o que require que o estudante leve un equipo axeitado.

2. Realizar unha serie de actividades a través do Campus Virtual con data límite de entrega e, se as cicrunstancias sanitarias lo permiten, asistir a un mínimo de conferencias ou sesións con profesionais. Esto suporá o 50% da avaliación final. Todo isto informarase no primeiro día de clase, publicarase no Campus Virtual e a execución seguirase a través da mesma plataforma do Campus Virtual. 

3. Realizar unha proba teórica na data oficial do examen que suporá o 25% da nota final.

Os guiones dos estudantes poden ser expostos durante as clases e lidos e/ou analizados por compañeiros.

Toda exposición oral ou escrita terá que respectar os usos e normas desta demarcación xeográfica da Real Academia Galega ou da Real Academia Española para que poida ser correctamente entendida e, por conseguinte, avaliada.

Os estudantes con matrícula parcial ou exención académica de asistencia deberán concretar coa profesora o sistema de traballo antes do inicio do curso ou coma moi tarde na primeria semana do mesmo.


Fontes de información
Bibliografía básica Syd Field (2002). Cómo mejorar un guión. Madrid. Plot ediciones
CHION, Michel (2009). Cómo se escribe un guión. Madrid. Cátedra
Aguyé, Ramón (2017). Cómo se escribe un guion: doce guiones de cortometraje. Sevilla. Punto Rojo
Comparato, Doc (2002). De la creación al guión. Madrid. IORTVE
Rabiger, Michael (2001). Dirección de documentales. Dirección de documentales
Daniel González (2011). Diseño de videojuegos. Da forma a tus sueños. Madrid. Ra-Ma
Mckee, Robert (2004). El guión. Barcelona. Alba Editorial
Bou Bouzá, Guillem (1997). El guión multimedia. Madrid. Anaya
Ríos San Martín, Manuel ( coordinador) (2012). El guión para series de televisión . Madrid : Instituto RTVE
Fernández Diez, Federico (2005). El libro del guión. Madrid. Díaz de Santos
Syd Field (2002). El libro del guión. fundamentos de la escritura de guiones.. Madrid. Plot ediciones
Syd Field (2002). El manual del guionista. Ejercicios e instrucciones para escribir un buen guión paso a paso. Madrid. Plot ediciones
Sánchez Escalonilla, Antonio (2014). Estrategias de guión cinematográfico. Barcelona. Ariel /Obligatorio para examen
Bateman, Chris (ed.) (2007). Game writing. Narrative skills for videogames. Thompson
De la Cruz, Ángel (2016). La escalera de papel: los primeros pasos hacia el Goya. Ézaro ediciones
El material del campus virtual que indique la profesora en el aula (). Todo lo disponible en el Campus Virtual que indique la profesora en el aula. Obligatorio para examen

Bibliografía complementaria Diamante, Julio (2010). De la idea al film. Madrid. Catedra
Huet, Anne (). El guión. Barcelona. Paidos
Vanoye, Francis (1996). Guiones modelo y modelos de guión. Barcelona. Paidos
Vale, Eugene (2002). Técnicas del guión para cine y televisión . Barcelona. Gedisa
Marx, Christy (2007). Writing for Animation, Comics and Games. Focal Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia do cine e da animación/616G01006
Ficción audiovisual/616G01014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase que o alumno consulte periodicamente a plataforma moodle onde se colgarán avisos, exercicios e parte do material de estudo. Os exercicios entregaranse exclusivamente a través desta plataforma. Asemesmo recoméndase o emprego das plataformas Stream e Teams que serán empregadas para a docencia de ser o caso.  

Seguirase un sistema de avaliación continua para o que o estudante terá que facer unha proba teórica liberatoria adiantada, entregar unha serie de exercicios a través da plataforma Moodle e asistir a un mínimo de actividades, se as circunstancias sanitarias o permiten. De todo iso informarase o primeiro día de clase, colgarase a información en Moodle e seguirase a execución a través da mesma plataforma. T

Todo escrito, vídeo ou exposición oral terá que aterse aos usos e normas nesta demarcación xeográfica da Real Academia Galega ou da Real Academia Española para que poida ser correctamente entendido e en consecuencia avaliado.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías