Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Formatos de televisión e novos medios Código 616G01019
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Arrojo Baliña, María José
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Web
Descrición xeral No actual panorama audiovisual os contidos sitúanse no máis alto da cadea de valor. O obxectivo desta asignatura é que os alumnos:
- se familiaricen coa análise das grellas de programación
- identifiquen e analicen a casuística de cada un dos xéneros audiovisuais
- coñezan o proceso de ideación e creación de formatos
- descubran os mecanismos de comercialización e adaptación dos formatos audiovisuais
- analicen o proceso de converxencia do sistema audiovisual, e
- coñezan e investiguen os novos contidos que se están producindo para os soportes emerxentes.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A6 Coñecelo sector audiovisual: a oferta e as audiencias.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B6 Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma
B7 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comunicar mensaxes audiovisuais A1
B6
B7
Crear produtos audiovisuais A2
B8
C2
Coñecer o sector audiovisual: a oferta e as súas audiencias A6
C4
Coñecer as técnicas de creación e produción audiovisual A7
B8
B9
C1
Coñecer a tecnoloxía audiovisual A8
B8
C4
Coñecer os principais códigos da mensaxe audiovisual A12
C3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- Estructura da Televisión 1.1.- Organización interna das televisións
1.2.- Departamento de informativos
1.3.- Departamento de programas
1.4.- Departamento de produción allea
1.4.1.- A relación coas produtoras
Tema 2.- Programación 2.1.- Filosofía empresarial da canle
2.2.- Criterios de viabilidade
2.3.- A grella como estratexia de fidelización da audiencia
2.4.- Principais técnicas de programación
2.5.- A programación nun entorno multimedia
Tema 3.- Xéneros audiovisuais 3.1.- Informativos
3.2.- Entretemento
3.3.- Fición
Tema 4.- Formatos televisivos 4.1.- Características do formato televisivo
4.2.- Tendencias
4.3.- Crear un formato
4.4.- Adaptación dun formato
4.5.- Comercialización dos formatos
Tema 5.- Dixitalización e converxencia 5.1.- Os contidos audiovisuais nun entorno multimedia
5.2.- Da planificación vertical á horizontal
5.3.- A nova experiencia audiovisual
5.4.- A xestión integral dos contidos
Tema 6.- Contidos audiovisuais para os novos soportes 6.1.- Principais contidos para os novos media
6.2.- Formatos multiplataforma
6.3.- Formatos crossmedia
6.4.- O branded content
6.5.- A produción low cost

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A12 B9 C3 24 0 24
Traballos tutelados A1 A2 A7 13 65 78
Estudo de casos A6 A8 C1 C2 5 25 30
Presentación oral B6 B7 B8 1 0 1
Proba mixta B6 C4 2 12 14
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nestas clases explicaranse os diferentes temas do programa, para o que se contará co apoio de presentacións power-point, vídeos e diversos materiais que faciliten a explicación dos asuntos abordados e que se empregan habitualmente nas televisións e produtoras audiovisuais
Traballos tutelados Ao longo do cuadrimestre os alumnos deberán realizar diferentes traballos en grupo e indviduais (segundo o cronograma da asignatura) que computarán na nota final.
Os contidos destes traballos son os seguintes
- análise dunha grella de programación. Localización de xéneros por canles
- análise dos contidos que conforman o catálogo das principais distribuidoras de formatos
- ideación dun formato
- busca e análise de contidos tranmedia, crossmedia e branded content
Estudo de casos Realizaranse os seguintes estudos de casos:
- revisión de materiais de formatos informativos
- revisión de materiais de formatos de entretemento
- análise das tendencias de formatos a nivel internacional
Presentación oral É importante para a formación dos alumnos que se fagan coas técnicas de defensa de proxectos de maneira oral, polo que terán que facer unha presentación oral do formato audiovisual que teñan deseñado
Proba mixta Un exame escrito no que o alumno terá que demostrar os coñecementos adquiridos

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Estudo de casos
Presentación oral
Descrición
O profesor tutelará os traballos do alumno a través das sesións destinadas á atención personalizada, así coma no seguimento e corrección dos traballos tutelados e das prácticas realizadas na aula

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B6 C4 Exame escrito con preguntas curtas e preguntas a desenvolver 40
Traballos tutelados A1 A2 A7 - análise dunha grella de programación e localización de xéneros por canles
- análise dos contidos que conforman o catálogo das principais distribuidoras de formatos
- ideación de un formato
- busca e análise de contidos transmedia, crossmedia e branded content
55
Presentación oral B6 B7 B8 Presentación oral do formato audiovisual que teñan deseñado 5
 
Observacións avaliación

É necesario superar tanto o exame escrito como cada unha das probas prácticas (traballos tutelados) para poder aprobar a  asignatura.

Considero que dúas cuestións básicas que un futuro comunicador debe ter perfectamente asentadas son as seguintes:

- por unha banda, debe saber explicarse con claridade -tanto nun soporte escrito como de xeito oral-, construíndo frases correctas dende un punto de vista sintáctico e semánto.

- por outro lado, debe ser quen de redactar sen faltas de ortografía.

Por estes dous motivos os alumnos deberán facer exposicións orais dos exercicios prácticos que realicen ao longo da asignatura. A presentación terase en conta na avaliación final das prácticas. Así mesmo, o exame non será tipo test, senón que será necesario redactar e razoar as respostas.

As faltas de acentuación ou calquera outro tipo de falta ortográfica poderá invalidar o exame (só se aceptará un máximo de dous acentos mal colocados ou inexistentes. Non se tolerarán faltas ortográficas graves).


Fontes de información
Bibliografía básica VILLAGRASA, J.M. (2010). Atrápalos como puedas! La competencia televisiva: programación y géneros. Valencia : Tirant lo Blanch
RUANO, S. (2009). Contenidos culturales en las televisiones generalistas. Madrid: Fragua
FRANCÉS, M. (coor) (2011). Contenidos y formatos de calidad en la nueva televisión. Madrid: Instituto RTVE
ARROJO, M.J. (2010). Distribución y financiación de formatos audiovisuales en Internet. Nuevas estrategias para rentabilizar los contenidos. Telos, n. 85, Madrid: Fundación Telefónica
CEBRIÁN, M. (1992). Géneros informativos audiovisuales Radio, Televisión, Periodismo Gráfico, Cine, Video. Madrid : Ciencia 3
LACALLE, CH. (2005). Los formatos de la televisión. Barcelona: Gedisa
ARROJO, M.J. (2012). “Algo más que Juegos de Realidad Alternativa: The truth about Marika; Conspiracy for Good; y Alt Minds”. http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4247757
ARROJO, M.J. (2012). “La Televisión Social. Nuevas oportunidades y nuevos retos para el sector audiovisual”. http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4247732
ARROJO, M.J. (2014). “Los Juegos de Realidad Alternativa. Una nueva generación de contenidos multimedia interactivos”, en SIERRA, J., Y RODRIGUES, D. (coord.) Contenidos digitales en la era de la sociedad conectada. Madrid: Fragua
SALÓ, G. (2003). ¿Qué es eso del formato? Cómo nace y se desarrolla un programa de televisión. Barcelona: Gedisa

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase encarecidamente que se revisen as normas sintácticas, semánticas e ortográficas da asignatura de primeiro de grao "Comunicación oral e escrita" antes de comezar.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías