Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estudo da audiencia Código 616G01020
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Quintas Froufe, Natalia
Correo electrónico
n.quintas.froufe@udc.es
Profesorado
González Neira, Ana María
Quintas Froufe, Natalia
Correo electrónico
ana.gneira@udc.es
n.quintas.froufe@udc.es
Web
Descrición xeral A finalidade principal da materia Estudo da Audiencia é coñecer o sector audiovisual desde o punto de vista dos receptores. Para iso estudaranse e analizarán as principais técnicas de investigación de audiencias, tanto as cuantitativas coma as cualitativas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Obradorio

*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se realizarán cambios

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Os/as alumnos/as recibirán atención personalizada a través das seguintes ferramentas e plataformas:
– Correo electrónico: según as demandas do alumnado.
– Moodle: diariamente. Segundo a necesidade do alumnado.
- Teams: unha sesión semanal en grupo grande para o avance dos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Empregarase esta ferramenta tamén para realizar unha sesión semanal en grupos medios para o seguimento e apoio na realización dos traballos tutelados.

4. Modificacións na avaliación
O examen teórico-práctico será sustituido por un examen tipo test (proba de evaluación síncrona realizada a través das plataformas recomendadas pola Universidade (Microsoft Forms o u Moodle e, opcionalmente, Microsoft Teams) cun peso na cualificación de 40%.

*Observacións de avaliación:
- Mantéñense as mesmas que as establecidas na guía docente.
- Se algún alumno/a tivera problemas de conectividade debe manifestalo antes da data oficial da proba de evaluación para poder solventar esta dificultade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificacións.


Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Investigar e analizala comunicación audiovisual.
A6 Coñecelo sector audiovisual: a oferta e as audiencias.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A11 Coñecelas metodoloxías de investigación e análise.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecer as metodoloxías de investigación e análise de audiencias. A4
A6
A8
A11
B9
C1
C2
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
I) Bloque temático I. A conceptualización da audiencia. Unidade didáctica 1. A definición da audiencia. Introducción aos estudos da audiencia.

Unidade didáctica 2. Formas, estratexias e tendencias no consumo de medios
II) Bloque temático II. Tipoloxías de investigación de audiencias: cuestións metodolóxicas. Unidade didáctica 3. Métodos e técnicas na investigación e medición de audiencias
III) Bloque temático III. Os medios e a súa medición. Unidade didáctica 4. A medición de audiencia en televisión
Unidade didáctica 5. Medición de audiencia en radio, cine, prensa e internet

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A4 B9 C1 29 29 58
Lecturas A4 A6 1 3 4
Sesión maxistral A6 A8 A11 C2 C3 C4 29 58 87
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
A realización dos obradorios realizarase, na maioría das ocasións, de xeito presencial.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
A maioría destas sesión maxistrais desenvolveranse de xeito virtual a través das plataformas institucionais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
Nos obradorios os/as alumnos/as recibirán atención personalizada para levar a cabo os traballos requeridos en cada un deles.

Os/as alumnos/as recibirán tamén atención personalizada a través das siguientes ferramentas:
- Correo electrónico: según as demandas do alumnado
- Moodle: semanalmente e segundo a necesidade do alumnado.
- Microsoft Teams: segundo a necesidade do alumnado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A4 B9 C1 A avaliación dos obradoiros realizarase a través da entrega de traballos prácticos tutelados e suporá o 60% da cualificación final. 60
Sesión maxistral A6 A8 A11 C2 C3 C4 A avaliación da sesión maxistral realizarase a través dun exame teórico-práctico que suporá ó 40% da cualificación final. 40
 
Observacións avaliación

-  A avaliación dos obradoiros realizarase a través da entrega de traballos prácticos tutelados pola docente que suporá o 60% da cualificación final. Istes traballos deberán ser entregados na data e forma indicada pola docente para poder ser avaliados.

-  A copia de fragmentos de textos sen citar a autoría da fonte significará a non valoración dos exercicios.

-  A avaliación da sesión maxistral realizarase a través dun exame teórico-práctico que suporá ó 40% da cualificación final.

-  Será necesario alcanzar o valor medio de cada una das partes para aprobar a asignatura, para iso será obrigatorio superar o exame final (cunha cualificación mínima de 2 puntos) e os exercicios prácticos (cunha cualificación mínima de 3 puntos). 

- Aqueles estudantes que non completen o proceso de avaliación continua ou/e que non se presentaron ao exame da convocatoria oficial poderán optar á segunda oportunidade establecida polo calendario de exames oficiais da Facultade de Ciencias da Comunicación. Nesta convocatoria o profesor fixará un novo prazo de entrega dos traballos prácticos antes da data prevista para a convocatoria oficial do exame. 

- En termos xerais, en todos os exercicios prácticos valorarase a capacidade de expresión, análise e síntese; a capacidade crítica, analítica e reflexiva; a redacción, o estilo e a corrección gramatical e ortográfica, así como o coidado formal na presentación dos exercicios.

- Para o
alumnado con recoñecemento de dedicación parcial e dispensa académica de
exención de asistencia os criterios, actividades e o peso que terán na
avaliación serán o mesmo para as dúas oportunidades. 

-  Ortografía: as posibles faltas de ortografía no examen e traballos suporán a non valoración destes.


Fontes de información
Bibliografía básica Huertas Bailén, A. (2015). Yo soy audiencia : ciudadanía, público y mercado . Barcelona: UOC
Napoli, P. M. (2011). Audience Evolution, New Technologies and The Transformation of Media Audiences. New York: Columbia University Press
Dayan, D. (Comp.) (1997). En busca del público. Barcelona: Gedisa.
Callejo Gallego, J. (2001). Investigar las audiencias: un análisis cualitativo. Barcelona: Paidós
Medina, M. (coord.) (2015). La audiencia en la era digital. Madrid: Fragua
Huertas Bailén, A. (2002). La audiencia investigada. Barcelona: Gedisa
Morley, D. (1996). Televisión, audiencias y estudios culturales. Buenos Aires: Amorrortu
Nightingale, V. (2011). The Handbook of Media Audiences. Malden: Wiley- Blackwell
Orozco Gómez, G. y González, R. (2012) (2012). Una coartada metodológica: abordajes cualitativos en la investigación en comunicación, medios y audiencias. México: Productora de Contenidos Culturales

Bibliografía complementaria Grandío, M. M. (2009). Audiencia, fenómeno fan y ficción televisiva: el caso de friends. . Argentina: Libros en Red
Vaca Berdayes, R. (2009). El puzle de la audiencia televisiva. Madrid: Fundación Ex-libris
Neira, E. (2015). La otra pantalla: redes sociales, móviles y la nueva televisión. Barcelona: UOC
Quintas-Froufe, N. y González-Neira, A. (Coord.) (2015). La participación de la audiencia en la televisión: de la audiencia activa a la social. Madrid: AIMC
Clares-Gavilán, J. (Coord) (2019). La revolución over the top : del video bajo demanda (VOD) a la televisión por internet. Barcelona: UOC
Álvarez Monzoncillo, J.M. (2011). La televisión etiquetada: nuevas audiencias, nuevos negocios . Barcelona: Fundación Telefónica
Igartua Perosanz, J. J. (2006). Métodos cuantitativos de investigación en comunicación . Barcelona: Bosch
Das Ranjana & Ytre-Arne, B.(Editors) (2018). The Future of Audiences : a Foresight Analysis of Interfaces and Engagement. Cham: Springer International Publishing


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia da Radio, a Televisión e a Multimedia/616G01002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Publicidade audiovisual/616G01012

Materias que continúan o temario

Observacións

- Os alumnos deberán consultar semanalmente o Campus Virtual (moodle) para seguir o desenvolvemento da asignatura.

- Durante o cuatrimestre está prevista realizar unha actividade práctica en colaboración coa CRTVG. 

- Nesta materia desenvolveranse actividades docentes relacionadas coas liñas de inonovación docente ás que se adscribe o grupo de innovación docente GIDCOM.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías