Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Análise audiovisual Código 616G01021
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
López Garrrido, Mercedes Marina
Correo electrónico
mercedes.lopez@udc.es
Profesorado
López Garrrido, Mercedes Marina
Correo electrónico
mercedes.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia afonda nas diversas teorías e técnicas existentes no eido da información e a comunicación para ofrecer unha base sobre a que artellar a análise profesional de calquera obra audiovisual.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A4 Investigar e analizala comunicación audiovisual.
A5 Coñecelas teorías e a historia da comunicación audiovisual.
A6 Coñecelo sector audiovisual: a oferta e as audiencias.
A11 Coñecelas metodoloxías de investigación e análise.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A11
A1
A4
A5
A6
A12
B9
C1
C2
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Metodoloxías de análise audiovisual Principais teorías da comunicación e da información.
Perspectivas dende as que se realiza a análise audiovisual.
2. Análise da mensaxe informativa Análise retórico, discursivo, narrativo e semiótico dos productos audiovisuais informativos.
3. Análise da mensaxe persuasiva Análise retórico, discursivo, narrativo e semiótico dos productos audiovisuais persuasivos.
4. Análise do producto audiovisual de entretemento Análise retórico, discursivo, narrativo e semiótico dos productos audiovisuais de entretemento.
5. Analise crítico de estratexias de manipulación e desinformación A mensaxe audiovisual como ferramenta do poder
6. Análise ético do producto audiovisual Responsabilidade ética do creador de productos audiovisuais informativos, persuasivos e de entretemento.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A4 A5 A6 A11 A12 B9 C1 C2 C3 C4 5 0 5
Discusión dirixida A1 A4 A5 A6 A11 A12 B9 C1 C2 C3 C4 25 30 55
Traballos tutelados A1 A4 A5 A6 A11 A12 B9 C1 C2 C3 C4 0 72 72
 
Atención personalizada 18 0 18
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Cada sesión presencial contará con 20 minutos de introdución na que se plantexarán as ferramentas
teóricas necesarias para realizar a análise audiovisual.
Discusión dirixida Cada sesión constará de 100 minutos de discusión dirixida sobre o produto audiovisual que se analiza.
Traballos tutelados Cada participante poderá facer traballos tutelados de análise de produtos audiovisuais que se estudarán en clase e un traballo final obrigatorio para superar a materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Previa cita vía mail

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A4 A5 A6 A11 A12 B9 C1 C2 C3 C4 Avaliación continua en función da participación nos debates, a entrega de traballos de análise para o seu estudo en clase e da resposta a preguntas concretas durante a análise. 50
Traballos tutelados A1 A4 A5 A6 A11 A12 B9 C1 C2 C3 C4 Entrega dunha análise audiovisual final. 50
 
Observacións avaliación

Alumnado presencial

O alumnado presencial será avaliado en función dos traballos de prácticas solicitados ao longo do curso, a participación nas discusións dirixidas e o traballo final da materia (entregado en tempo e forma, cumprindo cos requirimentos especificados para o mesmo). 

Alumnado con dispensa académica, segunda oportunidade e convocatoria de decembro 

O alumnado con dispensa académica será evaluado en función dos mesmos criterios, malia que se establecerá formalmente entre profesorado e cada alumno/a a forma, prazo e formato de entrega dos traballos prácticos.

No caso de suspender, a evaluación na segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria será idéntica, pero se o/a estudante ten aprobada unha parte dos traballos tutelados, so deberá examinarse da parte suspensa. A vixencia da nota da parte aprobada quedará limitada á convocatoria do ano académico en curso.

Plaxio

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en toda as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica SÁNCHEZ NORIEGA, José Luis (1997). Crítica de la seducción mediática. Madrid: Tecnos
Bordwell, David (2002). El arte audiovisual: una introducción. Barcelona: Paidós Ibérica
JACQUARD, Roland, (1988). La Desinformación: una manipulación del poder|. Madrid Espasa Calpe
VILCHES, Lorenzo (1989). Manipulación de la información televisiva. Barcelona: Paidós
Herrero, Julio César (Ed.) (2009). Manual de Teoría de la Información y de la Comunicación. Madrid: Universitas
Igartua Perosanz, Juan José (2006). Métodos cuantitativos de investigación en comunicación. Bosch
KAPFERER, Jean-Noël (1989). Rumores. Plaza y Janés
Gutiérrez San Miguel, Begoña (2006). Teoría de la narración adiovisual. Madrid: Cátedra
WATZLAWICK, Paul (1994). ¿Es real la realidad?. Barcelona: Herder

Bibliografía complementaria (1999-2006). EL ALA OESTE DE LA CASA BLANCA.
Torres, Pep (2011). EL ARTE DEL RUIDO. BARCELONA: PLATAFORMA EDITORIAL
Reitman, Jason (2005). Gracias por fumar.
FERGUSON, CHARLES (2010). INSIDE JOB.
(1989-2011). LOS SIMPSON.
KAREL, WILLIAM (2002). OPERACIÓN LUNA.
WILDER, BILLY (1974). PRIMERA PLANA.
LASSETER, JOHN (1995). TOY STORY.
Docter, Peter (2009). UP.
JOSEPH, PETER (2007). ZEITGEIST, LA PELÍCULA.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dirección de Fotografía: Cámara e Iluminación/616G01022
Teoría e práctica da edición e a montaxe/616G01023
Infografía 3D-1/616G01024
Deseño de Produción e Dirección Artística/616G01025

Materias que continúan o temario

Observacións

Non hai comentarios



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías