Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Análise audiovisual Código 616G01021
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Comesaña Comesaña, Patricia
Correo electrónico
p.comesanac@udc.es
Profesorado
Comesaña Comesaña, Patricia
Correo electrónico
p.comesanac@udc.es
Web
Descrición xeral A materia afonda nas diversas teorías e técnicas existentes no eido da información e a comunicación para ofrecer unha base sobre a que artellar a análise profesional de calquera obra audiovisual.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A4 Investigar e analizar a comunicación audiovisual.
A5 Coñecelas teorías e a historia da comunicación audiovisual.
A6 Coñecelo sector audiovisual: a oferta e as audiencias.
A11 Coñecelas metodoloxías de investigación e análise.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer la estrutura interna da mensaxe informativa y da mensaxe persuasiva. A11
A12
Coñecer as estratexias de manipulación e desinformación. A1
A4
A5
A6
A12
B9
C1
C2
C3
C4
Coñecer as metodoloxías de análise das mensaxes audiovisuais e a influencia nos medios audiovisuais. A4
A5
A6
A11
A12
B9
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. Metodoloxías de análise de mensaxes audiovisuais. Principais teorías da comunicación e da información.
Perspectivas dende as que se realiza a análise audiovisual.

Análise retórico, discursivo, narrativo e semiótico dos productos audiovisuais de entretemento.
2. Metodoloxíaa de análise da mensaxe informativa Análise retórico, discursivo, narrativo e semiótico dos productos audiovisuais informativos.
3. Análise do produto persuasivo Análise retórico, discursivo, narrativo e semiótico dos productos audiovisuais persuasivos.
4. Estratexias de manipulación e desinformación. Analise crítico de estratexias de manipulación e desinformación.
5. Crítica audiovisual. Interrelación da crítica con outras disciplinas de análise audiovisual.
6. Influencia dos medios audiovisuais. Análise ético do produto audiovisual. Responsabilidade ética do creador de produtos audiovisuais informativos, persuasivos e de entretenimiento.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A4 A5 A6 A11 A12 B9 C1 C2 C3 C4 22 61 83
Proba mixta A1 A4 A5 A11 A12 C2 C3 C4 3 0 3
Análise de fontes documentais A1 A4 A5 A6 A11 A12 B9 C1 C2 C3 C4 21 41 62
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento; as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, artigos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a súa análise.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Sesión maxistral
Descrición
Previa cita vía mail

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A4 A5 A11 A12 C2 C3 C4 Ao longo do semestre realizaranse distintas probas mixtas para avaliar tanto o coñecemento teórico como de análise práctica, nas que se poderán combinar probas de resposta breve, resposta múltiple, de completar, de asociación ou de tipo ensaio. 60
Análise de fontes documentais A1 A4 A5 A6 A11 A12 B9 C1 C2 C3 C4 Proba de análise de algún tipo de documento audiovisual segundo as indicacións do enunciado propuesto pola docente. 40
 
Observacións avaliación

Alumnado con dispensa académica, segunda oportunidade e convocatoria de decembro 

O alumnado con dispensa académica será evaluado en función dos mesmos criterios.

No caso de suspender, a evaluación na segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria será idéntica.

Plaxio

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica SÁNCHEZ NORIEGA, José Luis (1997). Crítica de la seducción mediática. Madrid: Tecnos
Bordwell, David (2002). El arte audiovisual: una introducción. Barcelona: Paidós Ibérica
JACQUARD, Roland, (1988). La Desinformación: una manipulación del poder|. Madrid Espasa Calpe
VILCHES, Lorenzo (1989). Manipulación de la información televisiva. Barcelona: Paidós
Herrero, Julio César (Ed.) (2009). Manual de Teoría de la Información y de la Comunicación. Madrid: Universitas
Igartua Perosanz, Juan José (2006). Métodos cuantitativos de investigación en comunicación. Bosch
KAPFERER, Jean-Noël (1989). Rumores. Plaza y Janés
Gutiérrez San Miguel, Begoña (2006). Teoría de la narración adiovisual. Madrid: Cátedra
WATZLAWICK, Paul (1994). ¿Es real la realidad?. Barcelona: Herder

Bibliografía complementaria (1999-2006). EL ALA OESTE DE LA CASA BLANCA.
Torres, Pep (2011). EL ARTE DEL RUIDO. BARCELONA: PLATAFORMA EDITORIAL
Reitman, Jason (2005). Gracias por fumar.
FERGUSON, CHARLES (2010). INSIDE JOB.
(1989-2011). LOS SIMPSON.
KAREL, WILLIAM (2002). OPERACIÓN LUNA.
WILDER, BILLY (1974). PRIMERA PLANA.
LASSETER, JOHN (1995). TOY STORY.
Docter, Peter (2009). UP.
JOSEPH, PETER (2007). ZEITGEIST, LA PELÍCULA.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dirección de Fotografía: Cámara e Iluminación/616G01022
Teoría e práctica da edición e a montaxe/616G01023
Infografía 3D-1/616G01024
Deseño de Produción e Dirección Artística/616G01025

Materias que continúan o temario

Observacións

Non hai comentarios



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías