Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Dirección de Fotografía: Cámara e Iluminación Código 616G01022
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Martínez Costa, Sandra
Correo electrónico
s.martinez@udc.es
Profesorado
Martínez Costa, Sandra
Correo electrónico
s.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta asignatura é o de aprender os fundamentos do traballo dun director de fotografía, e crear contidos fotográficos e cinematográficos de calidade técnica e estética.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ser capaz de realizar unha interpretación visual do guión para guiar a emoción do espectador a través dun uso adecuado da cor, a luz, tipos de plano, ángulos e movemento A1
A2
A7
A8
Comprender as posiblidades expresivas da luz e as posiblidades de modificación creativa da mesma. A1
A2
A7
A8
Coñecer os principais fundamentos técnicos que sustentan o traballo dun director de fotografía: exposición, cor e operativa da cámara de vídeo e fotográfica. A1
A2
A7
A8
B8
Demostrar destrezas básicas no manexo dunha cámara fotográfica, cámara de vídeo e equipo básico de iluminación. A1
A2
A7
A8
Familiarizarse co traballo dalgúns dos principais directores de fotografía clásicos e contemporáneos C1
C2
C3
C4
Coñecer o fluxo de traballo na creación dun produto fotográfico ou audiovisual. A1
A2
A7
A8
B8
C1
C2
C3
C4
Desenvolver a creatividade e autocrítica na creación de imaxes. A1
A7
B8
Analizar a calidade técnica e estética das mensaxes fotográficas e audiovisuais, situándoos dentro do seu contexto de produción A1
A7
B8

Contidos
Temas Subtemas
1. A dirección de fotografía en cine, televisión e internet 1.1. O equipo de fotografía en cine e televisión
1.2. Mestres da luz. Revisión xeral da dirección de fotografía na historia do cine
1.3. Directores de fotografía contemporáneos
1.4. dSLR para vídeos e cine low-cost
2. O encuadre.
2.1. Formatos de fotografía, cine e televisión
2.2. Principios básicos de composición
2.3. Uso narrativo e expresivo dos distintos tipos de planos
3. A linguaxe das ópticas 3.1. Lonxitude focal: ópticas e perspectiva
3.2. Ópticas e profundidade de campo
3.3. Uso narrativo das ópticas
4. A exposición 4.1. Exposición, ISO e relacións de iluminación
4.2. Relacións de contraste
4.3. Exposición e cámara. Sistemas de medición
4.4. O obturador en fotografía e vídeo
5. Dinámica da cámara 5.1. Tipos de movimento
5.2. Soportes
5.3. Uso narrativo do movemento de cámara
6. A luz en fotografía, cine e televisión
6.1. Equipos de iluminación: luminarias e elementos para o control da luz
6.2. Técnicas de iluminación para retrato
6.3. Técnicas de iluminación en vídeo
6.4. A luz como elemento narrativo
7. A cor
7.1. Temperatura de cor
7.2. Cor e soporte de rexistro
7.3. Control de cor e contraste en postprocesado: baño de blanqueo e bleach by-pass

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A1 A7 A8 B8 C1 2 30 32
Portafolios do alumno A2 2 6 8
Prácticas de laboratorio A2 22 36 58
Sesión maxistral C2 C3 C4 24 24 48
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Exame tipo test sobre os coñecementos teórico prácticos adquiridos durante o curso
Portafolios do alumno Creación dun traballo fotográfico propio
Prácticas de laboratorio Prácticas de dirección de fotografía e iluminación.
Sesión maxistral Clases teórico-prácticas sobre os principais aspectos técnicos e expresivos da dirección de fotografía.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Portafolios do alumno
Descrición
A realización do portfolio fotográfico será supervisado nas súas distintas etapas.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A7 A8 B8 C1 O exame inclúe os contidos teóricos e prácticos adquiridos durante as sesións maxistrais así como os materiais de lectura obrigatoria 30
Prácticas de laboratorio A2 Os exercicios prácticos son obrigatorios 60
Portafolios do alumno A2 Avaliaranse os seguintes aspectos:
Proposta conceptual; calidade técnica da execución; composición e estética; orixinalidade e retos asumidos na realización do traballo
10
 
Observacións avaliación

A avaliación da segunda oportunidade será a mesma que para a primeira.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia debe poñerse en contacto coa responsable da materia para acordar as condicións de avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica

Brown, Blain (2002) Cinematografía. Teoría y práctica. Barcelona: Ediciones Omega.

Bibliografía complementaria

Frost, Jacquelin (2009) Cinematography for Directors: A Guide for Creative Collaboration. Michael Wiese Productions.

Castillo, José María (2009) Televisión, realización y lenguaje audiovisual. Madrid: IORTV.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Ficción audiovisual/616G01014
Análise audiovisual/616G01021
Deseño de Produción e Dirección Artística/616G01025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Análise audiovisual/616G01021
Teoría e práctica da edición e a montaxe/616G01023
Deseño de Produción e Dirección Artística/616G01025

Materias que continúan o temario
Realización Audiovisual/616G01030
Posprodución dixital/616G01031

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías