Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Comunicar mensaxes audiovisuais. |
A2 |
Crear productos audiovisuais. |
A3 |
Xestionar proxetos audiovisuais. |
A4 |
Investigar e analizala comunicación audiovisual. |
A7 |
Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual. |
A8 |
Coñecela tecnoloxía audiovisual. |
A9 |
Coñecelos modelos de xestión. |
A10 |
Coñecelo marco legal e deontolóxico. |
A11 |
Coñecelas metodoloxías de investigación e análise. |
A12 |
Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que acheguen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma |
B7 |
|
B8 |
Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
B9 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
C1 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C2 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C3 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C4 |
Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comunicar mensaxes audiovisuais |
A1 A2 A3 A7 A8 A12
|
B2
|
C3 C4
|
Crear productos sonoros |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A10 A12
|
B8
|
C1
|
Investigar e analizar o componente sonoro da comunicación audiovisual |
A1 A4 A11
|
B6 B7
|
|
Coñecelos principais códigos sonoros da mensaxe audiovisual |
A12
|
|
|
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
A11
|
B3 B4 B5 B8 B9
|
C2
|
Traballar de forma colaborativa. |
|
B2 B4 B9
|
C2
|
Mellorar a capacidade de análise no que se refire aos diferentes compoñentes da linguaxe sonora |
A7 A11 A12
|
B8
|
C2
|
Mellorar a expresión oral. |
|
B6 B7
|
|
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión. |
A2 A3 A8
|
|
C2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. O son na narración audiovisual.
|
I. Introdución ao son audiovisual
1.1. Introdución
1.2. A ilusión do son audiovisual
II. Escenario acústico
1.3. Paisaxe sonoro
1.4. Espazo sonoro
III. O son na industria audiovisual
1.5. O son no cine. Orixes e primeiros hitos
1.6. Os profesionais do son no audiovisual |
2. A dimensión sonora nas combinacións audiovisuais |
2.1. A audiovisión
2.2. O sistema de sons
2.3. Focalización e procesado dos sons
2.4. As combinacións audiovisuais
2.5. Clasificación de sons no relato audiovisual |
3. A música |
3.1. Conceptos musicais básicos e a súa relación con convencións audiovisuais
3.2. Breve aproximación histórica á musica no cine
3.3. A música audiovisual
3.4. Componentes estructurais e expresivos
3.5. Tipoloxías de música
3.6. Valor engadido pola música
3.7. Funcións da música audiovisual |
4. Os efectos de son |
4.1. Ruídos e espazo audible. A construción artificial da realidade
4.2. Tipoloxía de efectos de son
4.3. Cuestións de montaxe, edición e mezcla
4.4. Funcións
|
5. A voz |
5.1. Introdución
5.2. Vococentrismo e verbocentrismo
5.3. Tipoloxías de voz
5.4. O acusmaser
5.5. A doblaxe |
6. O silencio. |
6.1. O silencio dentro do continuum sonoro
6.2. Tipoloxías de silencio
6.3. Funcións
6.4. Silencio e kinésica |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Obradoiro |
A1 A2 A8 A9 A10 A12 C2 |
24 |
24 |
48 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 |
4 |
12 |
16 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A7 A10 A12 B2 C1 C2 C3 C4 |
6 |
18 |
24 |
Presentación oral |
A7 A12 B2 B4 B6 C2 |
2 |
4 |
6 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A4 A7 A9 A11 A12 B7 B9 |
24 |
24 |
48 |
|
Atención personalizada |
|
8 |
0 |
8 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Obradoiro |
Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico (en grupo) cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas.
A entrega de ditas prácticas efectuarase no tempo e na forma fixados pola profesora. |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Investigación realizada de forma individual cuxo tema, relacionado cos contidos da materia, será proposto pola profesora.
Dita investigación entregarase en formato audio (locución e fragmentos sonoros) en soporte CD.
A presenza dun fragmento, superior a unha frase, copiado supón a anulación do traballo de investigación e -polo tanto- un cero.
|
Traballos tutelados |
Creación dun relato (grupo) únicamente a partir de recursos sonoros (Traballo A)
Deseño sonoro en grupo dun fragmento audiovisual (Traballo B ou Proxecto Final)
|
Presentación oral |
Presentación do deseño sonoro dun fragmento audiovisual (Traballo B ou Proxecto Final). Na presentación explicarase o emprego do son -ou a ausencia deste- ademáis de responder a preguntas respecto ás decisións tomadas no plano estético.
Complementariamente os estudantes desenvolverán una rúbrica de avaliación do seu proxecto así como do desenvolvido por outros grupos. |
Sesión maxistral |
Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual.
Nas sesións maxistrais realizaranse actividades dirixidas a facilitar a comprensión da materia así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos sobre a materia.
Naqueles casos en que ditas actividades se establecesen como traballo autónomo fóra da aula, empregaranse fórmulas de seguemento para determinar o grao de cumprimento da tarefa. Nestes casos as sesións maxistrais poderanse destinar á posta en común das tarefas ou a súa corrección colaborativa.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Sesión maxistral |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Obradoiro |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O desenvolvemento de cada unha destas actividades contará con atención personalizada tanto na aula como fóra dela, co obxecto de apoiar ou reconducir a planificación ou execución de cada un destes traballos e solventar as dúbidas oportunas.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A7 A12 B2 B4 B6 C2 |
Presentación oral do "Proxecto final". Nesta presentación cada grupo deberá explicar o seu deseño sonoro, especialmente no que respecta ás decisións narrativas e estéticas, e responder ás preguntas dos/as compañeiros/as.
Cada un dos proxectos finais será avaliado polos estudantes a partir dunha rúbrica de avaliación proposta pola profesora.
Para a avaliación da presentación oral débense cumplir os seguintes requerimentos: (1) asistir e participar na presentación (propia e na dos restantes grupos), (2) entregar a rúbrica de avaliación cumprimentada e (3) ter entregado o "Proxecto final" (traballo tutelado B) en tempo e forma.
|
10 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A4 A7 A9 A11 A12 B7 B9 |
No marco das sesións maxistrais, ou relacionadas con éstas, desenvolveranse actividades e exercicios prácticos, así como discusións dirixidas, orientados á consolidación dos contidos teóricos.
Estas prácticas teñen un valor global de 2 puntos (variando en función do número de prácticas entregadas e a calidade das mesmas).
Só se admitirán prácticas entregadas en tempo e forma. Práctica que non cumpra eses requerimentos quedará anulada cunha valoración de 0 puntos.
Para sumar a avaliación destas actividades á nota final do curso o/a estudante ten que ter asistido ao 80% das horas prácticas da asignatura (grupo mediano). |
20 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 |
O traballo de análise-investigación, sobre un tema proposto pola profesora, será realizado de forma individual e entregado en formato audio (vía Moodle).
Ten unha valoración máxima de 2 puntos.
No caso de que se detecte que parte/totalidade do devandito traballo está copiado (até un máximo dunha frase ou corte de audio en todo o arquivo) este quedará anulado cunha valoración de 0 puntos.
Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos quedarán anulados cunha valoración de 0 puntos.
Para a avaliación do proxecto de investigación o/a estudante ten que ter asistido ao 80% das horas prácticas da materia (grupo mediano).
|
20 |
Obradoiro |
A1 A2 A8 A9 A10 A12 C2 |
As prácticas grupais teñen unha valoración total de 1 punto (variando en función do número de prácticas entregadas e calidade das mesmas).
Só se admitirán prácticas entregadas en tempo e forma. Práctica que non cumpra eses requerimentos quedará anulada cunha valoración de 0 puntos.
Para a avaliación das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter asistido ao 80% das horas prácticas da materia (grupo mediano).
Asemade, para a avaliación de cada práctica entregada cómpre ter asistido á sesión presencial correspondente. |
10 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A7 A10 A12 B2 C1 C2 C3 C4 |
De realización grupal e entrega en soporte CD (salvo outra indicación da profesora).
Conta cunha valoración máxima de 4 puntos (1,5+2,5) distribuídos da seguinte maneira:
· até 1,5 punto pola construción dun relato exclusivamente con sons (traballo A)
· até 2,5 puntos polo deseño sonoro e dobraxe dun fragmento audiovisual proposto pola profesora (traballo B ou "Proxecto final"). Parte desta nota (até 0,5 puntos) virá determinada polas rúbricas de avaliación propia e dos/as compañeiros/as.
Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos obterán una valoración de 0 puntos.
Para a avaliación dos traballos tutelados o/a estudante ten que ter asistido ao 80% das horas prácticas da materia (grupo mediano).
|
40 |
|
Observacións avaliación |
Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a profesora explicará polo miúdo o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de soporte e data de entrega. Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XUÑO (sistema de avaliación continua) o/a estudante deberá:
· Asistir como mínimo ao 80% das horas prácticas da materia (permitirase un máximo de tres faltas xustificadas ou non xustificadas). Entenderase como asistencia a presencialidade durante o 80% do tempo programado para cada sesión, salvo circunstancias imponderables debidamente xustificadas. Dentro desta salvidade non se inclúe o feito de estar a cursar outra materia: na selección do grupo de prácticas o/a estudante debe ter en conta as posibles colisións con horarios doutras materias e cursos. · Obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións dos diversos traballos e prácticas da materia. Neste cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato diferente ao indicado.
Dado o obxecto da materia, todo traballo que careza de son nunha parte ou na súa totalidade será anulado e -por tanto- contará cun 0 na súa avaliación. Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XULLO o/a estudante deberá aprobar o exame na data oficial (cun mínimo de 5 puntos). Esta proba teórica, de preguntas breves, versará sobre os contidos do libro de Chion, M.(1993). "LA AUDIOVISION: INTRODUCCION A UN ANÁLISIS CONJUNTO DE LA IMAGEN Y EL SONIDO" Barcelona: Paidós Ibérica.
Este exame constituirá o 100% da nota final.
Asemade aqueles/as estudantes que na avaliación continua teñan superado número de faltas permitido, ou que na nota final de xuño queden por debaixo do umbral do 5 (o 50% da puntuación global), deberán presentarse e aprobar a proba teórica na convocatoria oficial de xullo. En calquera caso dito exame constituirá o 100% da nota final na convocatoria de xullo.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Labrada, Jerónimo (2009). El sentido del sonido: la expresión sonora en el medio audiovisual. Barcelona: Alba
Beltrán Moner, Rafael (2006). La ambientación musical selección, montaje y sonorización. Madrid:Instituto Oficial de Radio y Televisión
Chion, Michel (1993). La audiovisión. Introducción a un análisis conjunto de la imagen y el sonido. Barcelona: Paidós
Baca, Jesús Ángel (2005). La comunicación sonora. Singularidad y caracterización de los procesos auditivos.. Madrid: Biblioteca Nueva
Rodríguez Bravo, Ángel (1998). La dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Barcelona: Paidós
Chion, Michel (1985). La música en el cine. Barcelona: Paidós
Gustems, Josep (coord.) (2013). Música y sonido en los audiovisuales. Comunicación Activa: Universitat de Barcelona
Weis, Elithabeth y Belton, John (1985). The Theory and Practice of Film Sound. Nueva York: Columbia University Press |
Ademais destas fontes de referencia a través de Moodle facilitaranse artigos e outro tipo de recursos que faciliten a comprensión da materia, traten en concreto algún exemplo ilustrativo ou permitan afondar nalgún tema de interese. |
Bibliografía complementaria
|
Guijarro, T. y Muela, C. (2003). La música, la voz, los efectos y el silencio en la publicidad : la creatividad en la producción de sonido. Madrid: CIE
Fraile Prieto, Teresa (2010). Música de cine en España: señas de identidad en la banda sonora contemporánea. Badajoz: Diputación
Altmant, Rick (2004). Silent film sound. Nueva York: Columbia University Press |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Audio/616G01016 | Teoría e práctica da edición e a montaxe/616G01023 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|