Identifying Data 2020/21
Subject (*) Sound and Music Code 616G01028
Study programme
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinador
Piñeiro Otero, Maria Teresa
E-mail
teresa.pineiro@udc.es
Lecturers
Piñeiro Otero, Maria Teresa
E-mail
teresa.pineiro@udc.es
Web
General description Ambientación Sonora y Musical constitúe unha materia de interese para a formación d@s futur@s titulad@s en Comunicación Audiovisual debido á relevancia que adquiere o son tanto no audiovisual convencional como no eido dixital e multimedia.
Esta materia pretende dotar ao alumnado dos coñecementos precisos para analizar os compoñentes do son e as súas posibilidades expresivas; para manexar os códigos sonoros e da música no audiovisual e -máis concretamente- nos diversos xéneros e formatos, así como para abordar o deseño sonoro dunha peza audiovisual.


Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican
A presentación oral poderia facerse gravada en diferido sempre que, por causas xustificadas, o alumnado tivese dificultades para a conexión e defensa do proxecto final coa solvencia requerida.
Neste caso apostaríase por un repositorio de presentacións gravadas para que o alumnado poida efectuar a avaluación dos proxectos dos seus compañeiros segundo rúbrica.


3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando e os exercicios planteados nas clases expositivas. Dispoñen    de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias e, de ser o caso,“foros de actividade específica”.
Teams: unha sesión semanal de toda a clase, para o desenvolvemento de contidos teóricos, e outra sesión para grupos medianos na franxa horaria sinalada a materia no horario. Asemade no horario oficial de titorías haberá a posibilidade de establecer interaccións individuais e grupais nesta plataforma para o seguimiento e apoio dos trabalos tutelados.
Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
Mantéñense as mesmas previstas na guía docente
*Observacións de avaliación:
A única modificación na avaliación estaría vinculada á presentación oral do proxecto final, en tanto a súa “virtualización” faría precisa a atención a algún aspecto non tido en conta de ser presencial. En calquera caso, os criterios de valoración sinalaranse no momento de presentación da actividade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. No caso daquelas obras que non teñan versión dixital aportaranse aqueles fragmentos precisos para a comprensión da materia a través do campus virtual.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A3 Xestionar proxetos audiovisuais.
A4 Investigar e analizala comunicación audiovisual.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A9 Coñecelos modelos de xestión.
A10 Coñecelo marco legal e deontolóxico.
A11 Coñecelas metodoloxías de investigación e análise.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que acheguen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma
B7
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Comunicar mensaxes audiovisuais A1
A2
A3
A7
A8
A12
B2
C3
C4
Crear productos sonoros A1
A2
A3
A4
A7
A8
A9
A10
A12
B8
C1
Investigar e analizar o componente sonoro da comunicación audiovisual A1
A4
A11
B6
B7
Coñecelos principais códigos sonoros da mensaxe audiovisual A12
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. A11
B3
B4
B5
B8
B9
C2
Traballar de forma colaborativa. B2
B4
B9
C2
Mellorar a capacidade de análise no que se refire aos diferentes compoñentes da linguaxe sonora A7
A11
A12
B8
C2
Mellorar a expresión oral. B6
B7
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión. A2
A3
A8
C2

Contents
Topic Sub-topic
1. O son na narración audiovisual.
I. Introdución ao son audiovisual
1.1. Introdución
1.2. A ilusión do son audiovisual

II. Escenario acústico
1.3. Paisaxe sonoro
1.4. Espazo sonoro

III. O son na industria audiovisual
1.5. O son no cine. Orixes e primeiros hitos
1.6. Os profesionais do son no audiovisual
2. A dimensión sonora nas combinacións audiovisuais 2.1. A audiovisión
2.2. O sistema de sons
2.3. Focalización e procesado dos sons
2.4. As combinacións audiovisuais
2.5. Clasificación de sons no relato audiovisual
3. A música 3.1. Conceptos musicais básicos e a súa relación con convencións audiovisuais
3.2. Breve aproximación histórica á musica no cine
3.3. A música audiovisual
3.4. Componentes estructurais e expresivos
3.5. Tipoloxías de música
3.6. Valor engadido pola música
3.7. Funcións da música audiovisual
4. Os efectos de son 4.1. Ruídos e espazo audible. A construción artificial da realidade
4.2. Tipoloxía de efectos de son
4.3. Cuestións de montaxe, edición e mezcla
4.4. Funcións
5. A voz 5.1. Introdución
5.2. Vococentrismo e verbocentrismo
5.3. Tipoloxías de voz
5.4. O acusmaser
5.5. A doblaxe
6. O silencio. 6.1. O silencio dentro do continuum sonoro
6.2. Tipoloxías de silencio
6.3. Funcións
6.4. Silencio e kinésica

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Workshop A1 A2 A8 A9 A10 A12 C2 24 24 48
Research (Research project) A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 4 12 16
Supervised projects A1 A2 A3 A7 A10 A12 B2 C1 C2 C3 C4 6 18 24
Oral presentation A7 A12 B2 B4 B6 C2 2 4 6
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A4 A7 A9 A11 A12 B7 B9 24 24 48
 
Personalized attention 8 0 8
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workshop Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas.
A entrega de ditas prácticas efectuarase no tempo e na forma fixados pola profesora.
(Presencial, con posibilidade de virtualizar un dos grupos de ser preciso por necesidades do alumnado, ou por limitacións de espazos e recursos)
Research (Research project) Investigación realizada de forma individual cuxo tema, relacionado cos contidos da materia, será proposto pola profesora.
Dita investigación entregarase en formato audio (locución e fragmentos sonoros) .
A presenza dun fragmento, superior a unha frase, copiado supón a anulación do traballo de investigación e -polo tanto- un cero.
(Presencial e traballo autónomo do alumnado)
Supervised projects Creación dun relato (grupo) únicamente a partir de recursos sonoros (Traballo A)
Deseño sonoro en grupo dun fragmento audiovisual (Traballo B ou Proxecto Final)
(Presencial e traballo autónomo do alumnado)
Oral presentation Presentación do deseño sonoro dun fragmento audiovisual (Traballo B ou Proxecto Final). Na presentación explicarase o emprego do son -ou a ausencia deste- ademáis de responder a preguntas respecto ás decisións tomadas no plano estético.
Complementariamente os estudantes desenvolverán una rúbrica de avaliación do seu proxecto así como do desenvolvido por outros grupos.
(Presencial e traballo autónomo do alumnado. Esta actividade podería virtualizarse por necesidades do alumnado ou de limitacións de espazo).
Guest lecture / keynote speech Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais, en formato pílula, que se porán a disposición do estudantado a través do campus virtual.
Nas sesións maxistrais realizaranse actividades dirixidas a facilitar a comprensión da materia así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos sobre a materia.
Naqueles casos en que ditas actividades se establecesen como traballo autónomo fóra da aula, empregaranse fórmulas de seguemento para determinar o grao de cumprimento da tarefa. Nestes casos as sesións maxistrais poderanse destinar á posta en común das tarefas ou a súa corrección colaborativa.
(Virtual)

Personalized attention
Methodologies
Oral presentation
Guest lecture / keynote speech
Research (Research project)
Workshop
Supervised projects
Description
O desenvolvemento de cada unha destas actividades contará con atención personalizada e continuada tanto na aula como fóra dela, co obxecto de apoiar ou reconducir a planificación ou execución de cada un destes traballos e solventar as dúbidas oportunas.

No caso do proxecto de investigación e dos traballo tutelados que detenten unha maior carga de traballo autónomo, o seguimento destas actividades efectuarase nas clases prácticas sinaladas para tal fin, así como en titorías personalizadas a demanda do/a estudante o do seu equipo de traballo.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation A7 A12 B2 B4 B6 C2 Presentación oral do "Proxecto final". Nesta presentación cada grupo deberá explicar o seu deseño sonoro, especialmente no que respecta ás decisións narrativas e estéticas, e responder ás preguntas dos/as compañeiros/as.

Cada un dos proxectos finais será avaliado polos estudantes a partir dunha rúbrica de avaliación proposta pola profesora.

Para a avaliación da presentación oral débense cumplir os seguintes requerimentos: (1) asistir e participar na presentación (propia e na dos restantes grupos), (2) entregar a rúbrica de avaliación cumprimentada e (3) ter entregado o "Proxecto final" (traballo tutelado B) en tempo e forma.
10
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A4 A7 A9 A11 A12 B7 B9 No marco das sesións maxistrais, ou relacionadas con éstas, desenvolveranse actividades e exercicios prácticos, así como discusións dirixidas, orientados á consolidación dos contidos teóricos.
Estas actividades teñen un valor global de 2,5 puntos (variando en función do número e a calidade dos exercicios entregados). Só se admitirán aqueles exercicios prácticos entregados en tempo e forma. Aquelas entregas que non cumpran eses requerimentos quedarán anuladas cunha valoración de 0 puntos.
25
Research (Research project) A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 O traballo de análise-investigación, sobre un tema proposto pola profesora, será realizado de forma individual e entregado en formato audio (vía Moodle).
Ten unha valoración máxima de 2 puntos.
No caso de que se detecte que parte/totalidade do devandito traballo está copiado (até un máximo dunha frase ou corte de audio en todo o arquivo) este quedará anulado cunha valoración de 0 puntos.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos quedarán anulados cunha valoración de 0 puntos.
20
Workshop A1 A2 A8 A9 A10 A12 C2 As prácticas grupais teñen unha valoración total de 1 punto (variando en función do número de prácticas entregadas e calidade das mesmas).
Só se admitirán prácticas entregadas en tempo e forma. Práctica que non cumpra eses requerimentos quedará anulada cunha valoración de 0 puntos.
Para o cómputo das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter desenvolvido o 80% das prácticas da materia (grupo mediano).
10
Supervised projects A1 A2 A3 A7 A10 A12 B2 C1 C2 C3 C4 De realización grupal.
Conta cunha valoración máxima de 3,5 puntos (1 +2,5) distribuídos da seguinte maneira:
· até 1 punto pola construción dun relato exclusivamente con sons (traballo A)

· até 2,5 puntos polo deseño sonoro e dobraxe dun fragmento audiovisual proposto pola profesora (traballo B ou "Proxecto final"). Parte desta nota (até 0,5 puntos) virá determinada polas rúbricas de avaliación propia e dos/as compañeiros/as.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos obterán una valoración de 0 puntos.

35
 
Assessment comments

Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a profesora explicará polo miúdo o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de soporte e data de entrega.

Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XUÑO (sistema de avaliación continua) o/a estudante deberá obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións dos diversos traballos e prácticas da materia. Neste cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato diferente ao indicado.
Dado o obxecto da materia, todo traballo que careza de son nunha parte, ou na súa totalidade, será anulado e -por tanto- contará cun 0 na súa avaliación.

Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XULLO o/a estudante deberá: 

  • Entregar de forma individual o deseño sonoro íntegro dunha peza audiovisual, proposta pola docente, co correspondente dossier [seguindo as normas do "Proxecto final", traballo tutelado B]. Este traballo e a súa presentación, na que se xustifiquen aquelas decisións tomadas en canto ao son, terá un valor de 70% na nota final (60% proxecto + 10% presentación). Para a súa avaliación deberase entregar na data oficial de exame, no formato sinalado pola profesora (tanto a peza audiovisual co son íntegro, e o dossier).
  • Aprobar o exame (50% puntos) na data oficial. Esta proba teórica, de preguntas breves, versará sobre os contidos do libro "Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual." Barcelona: UOC. Este exame constituirá o 30% da nota final. 

En calquera caso, para

superar a materia débese aprobar o exame

(5 puntos ou 1,5 ponderado)

e obter, como mínimo, unha puntuación de 5 na nota final. 

Asemade aqueles/as estudantes que na avaliación continua (xuño) queden por debaixo do umbral do 5 (o 50% da puntuación global), deberán presentarse de toda a materia -teoría e práctica- na convocatoria de xullo, seguindo as indicacións e requerimentos desta convocatoria. 


Sources of information
Basic Beltrán Moner, Rafael (2006). La ambientación musical selección, montaje y sonorización. Madrid:Instituto Oficial de Radio y Televisión
Chion, Michel (1993). La audiovisión. Introducción a un análisis conjunto de la imagen y el sonido. Barcelona: Paidós
Rodríguez Bravo, Ángel (1998). La dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Barcelona: Paidós
Torelló, J. (2015). La música en las Maneras de Representación cinematográfica. Barcelona:Laboratori de Mitjans Interactius.
Gustems, Josep (coord.) (2013). Música y sonido en los audiovisuales. Barcelona: Universitat de Barcelona
Piñeiro Otero, Teresa (2019). Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual. Barcelona:UOC

Ademais destas fontes de referencia a través de Moodle facilitaranse artigos e outro tipo de recursos que faciliten a comprensión da materia, traten en concreto algún exemplo ilustrativo ou permitan afondar nalgún tema de interese.

Complementary Chion, Michel (2004). La voz en el cine. Madrid: Cátedra
Ávila, Alejandro (1997). El doblaje. Madrid: Cátedra
Jullier, Laurent (2006). El sonido en el cine. Barcelona: Paidós
Chion, Michel (1985). La música en el cine. Barcelona: Paidós
Guijarro, T. y Muela, C. (2003). La música, la voz, los efectos y el silencio en la publicidad : la creatividad en la producción de sonido. Madrid: CIE
Fraile Prieto, Teresa (2010). Música de cine en España: señas de identidad en la banda sonora contemporánea. Badajoz: Diputación
Altmant, Rick (2004). Silent film sound. Nueva York: Columbia University Press


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Audio/616G01016
Theory and Practice of Editing/616G01023

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.