Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Ambientación sonora e musical Código 616G01028
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Piñeiro Otero, Maria Teresa
Correo electrónico
teresa.pineiro@udc.es
Profesorado
González Neira, Ana María
Piñeiro Otero, Maria Teresa
Correo electrónico
ana.gneira@udc.es
teresa.pineiro@udc.es
Web
Descrición xeral Ambientación Sonora y Musical constitúe unha materia de interese para a formación d@s futur@s titulad@s en Comunicación Audiovisual debido á relevancia que adquiere o son tanto no audiovisual convencional como no eido dixital e multimedia.
Esta materia pretende dotar ao alumnado dos coñecementos precisos para analizar os compoñentes do son e as súas posibilidades expresivas; para manexar os códigos sonoros e da música no audiovisual e -máis concretamente- nos diversos xéneros e formatos, así como para abordar o deseño sonoro dunha peza audiovisual.



Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A3 Xestionar proxetos audiovisuais.
A4 Investigar e analizar a comunicación audiovisual.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A10 Coñecelo marco legal e deontolóxico.
A11 Coñecelas metodoloxías de investigación e análise.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que acheguen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B6 Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comunicar mensaxes audiovisuais A1
A2
A3
A7
A8
A12
B2
C3
C4
Crear productos sonoros A1
A2
A3
A4
A7
A8
A10
A12
B2
B3
B4
B8
C1
Investigar e analizar o componente sonoro da comunicación audiovisual A1
A4
A11
B6
Coñecelos principais códigos sonoros da mensaxe audiovisual A12
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. A11
B3
B4
B8
B9
C2
Traballar de forma colaborativa. B2
B4
B9
C2
Mellorar a capacidade de análise no que se refire aos diferentes compoñentes da linguaxe sonora A7
A11
A12
B8
C2
Mellorar a expresión oral. B6
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión. A2
A3
A8
C2

Contidos
Temas Subtemas
1. O son na narración audiovisual.
I. Introdución ao son audiovisual
1.1. Introdución
1.2. A ilusión do son audiovisual

II. Escenario acústico
1.3. Paisaxe sonoro
1.4. Espazo sonoro

III. O son na industria audiovisual
1.5. O son no cine. Orixes e primeiros hitos
1.6. Os profesionais do son no audiovisual
2. A dimensión sonora nas combinacións audiovisuais 2.1. A audiovisión
2.2. O sistema de sons
2.3. Focalización e procesado dos sons
2.4. As combinacións audiovisuais
2.5. Clasificación de sons no relato audiovisual
3. A música 3.1. Conceptos musicais básicos e a súa relación con convencións audiovisuais
3.2. Breve aproximación histórica á musica no cine
3.3. A música audiovisual
3.4. Componentes estructurais e expresivos
3.5. Tipoloxías de música
3.6. Valor engadido pola música
3.7. Funcións da música audiovisual
4. Os efectos de son 4.1. Ruídos e espazo audible. A construción artificial da realidade
4.2. Tipoloxía de efectos de son
4.3. Cuestións de montaxe, edición e mezcla
4.4. Funcións
5. A voz 5.1. Introdución
5.2. Vococentrismo e verbocentrismo
5.3. Tipoloxías de voz
5.4. O acusmaser
5.5. A doblaxe
6. O silencio. 6.1. O silencio dentro do continuum sonoro
6.2. Tipoloxías de silencio
6.3. Funcións
6.4. Silencio e kinésica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A4 A7 A11 A12 B9 28 30 58
Estudo de casos A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B6 B8 B9 C2 2 6 8
Obradoiro A1 A2 A8 A10 A12 C2 22 4 26
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B6 B8 B9 C1 C3 C4 4 30 34
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A7 A12 B3 B8 B9 C1 C2 C3 2 10 12
Presentación oral A7 A12 B2 B4 B6 C2 2 2 4
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais, en formato pílula, que se porán a disposición do estudantado a través do campus virtual para a súa consulta antes das clases.
Nas sesións maxistrais realizaranse microprobas tipo test, para determinar coñecementos e erros frecuentes na comprensión do material teórico, actividades orientadas a reforzar e facilitar a comprensión da materia, así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos clave da materia.
Naqueles casos en que ditas actividades se establecesen como traballo autónomo fóra da aula, empregaranse fórmulas de seguemento para determinar o grao de cumprimento da tarefa. Nestes casos as sesións maxistrais poderanse destinar á posta en común das tarefas ou a súa corrección colaborativa.
Estudo de casos Análise individual dun produto sonoro seguindo un enfoque relacionado cos contidos da materia. Dita análise entregarase en formato audio (locución e fragmentos sonoros) seguindo as normas previamente sinaladas pola docente. Ademáis de avaliar a análise terase en conta a calidade da gravación e edición de son.
A presenza dun fragmento, superior a unha frase, copiado supón a anulación do traballo de investigación e -polo tanto- un cero.
Obradoiro Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas. Dentro destas prácticas intégranse dúas con maior ponderación na nota final: un retrato sonoro e o deseño sonoro dunha peza "contrarreloxo".
A entrega de ditas prácticas efectuarase de forma habitual ao rematar a clase ou, de ser o caso, no tempo e forma que sinale a docente.
Traballos tutelados Ideación e planificación en grupo dun proxecto sonoro de carácter seriado cuxa forma, estilo, linguaxe, temática e/ou enfoque resulten innovadores. Deseño e produción integra dun dos episodios-pezas da proposta planeada, a modo de piloto.
Aprendizaxe colaborativa Adaptación en grupo dun álbum ilustrado a formato sonoro. Máis aló da voz narradora, esta adaptación vai ter en conta a creación de personaxes, espazos i -en xeneral- o deseño sonoro íntegro.
Presentación oral Presentacións do proxecto sonoro en diversas fases. Estas presentacións desenvolveranse ao comezo da actividade, na fase de ideación, e -a lo menos- nunha das fases finais de produción do contido.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Aprendizaxe colaborativa
Sesión maxistral
Estudo de casos
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
O desenvolvemento de cada unha destas actividades contará con atención personalizada e continuada tanto na aula como fóra dela, co obxecto de apoiar ou reconducir a planificación ou execución de cada un destes traballos e solventar as dúbidas oportunas.

No caso do audioconto ou o proxecto final (traballos tutelados) que detenten unha maior carga de traballo autónomo, o seguimento destas actividades efectuarase nas clases prácticas sinaladas para tal fin, así como en titorías personalizadas a demanda do/a estudante o do seu equipo de traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A7 A12 B2 B4 B6 C2 Presentacións oral do proxecto sonoro (traballo tutelado) nas súas diferentes fases. Nestas presentacións cada grupo deberá explicar o seu proxecto (en función do momento en que se desenvolvan poderán presentar a idea, o desenvolvemento do produto, decisións narrativas e estéticas...) e responder as cuestións dos/as compañeiros/as.

As presentacións tamén implican unha participación activa da aula, con suxestións, propostas ou valoracións que poidan mellorar o resultado final.

Para a avaliación das presentacións orais débense cumplir os seguintes requerimentos: (1) asistir e participar en cada presentación (propia e na dos restantes grupos), (2) entregar un formulario de valoración-propostas de mellora.
10
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A7 A12 B3 B8 B9 C1 C2 C3 Implica a adaptación, en grupo, dun álbum ilustrado a audioconto (narración dramatizada con construcción sonora de espazos, personaxes, situacións...).

Conta cunha valoración máxima de 1,5 puntos. Parte desta nota (até 0,5 puntos) virá determinada polas rúbricas de avaliación propia e dos/as compañeiros/as.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos obterán una valoración de 0 puntos.
15
Sesión maxistral A1 A2 A4 A7 A11 A12 B9 No marco das sesións maxistrais, ou relacionadas con éstas, desenvolveranse actividades, test, exercicios prácticos, así como discusións dirixidas, orientadas á consolidación dos contidos teóricos. Como parte destas sesións poderanse integrar conferencias de expertos/as na materia ou valorar a asistencia e participación en actividades deste tipo desenvolvidas no eido da Facultade-Universidade.

Estas actividades teñen un valor global de 2 puntos (variando en función do número e a calidade dos exercicios entregados e /ou das actividades nas que se participe). Só se admitirán aqueles exercicios entregados en tempo e forma. Aquelas entregas que non cumpran eses requerimentos quedarán anuladas cunha valoración de 0 puntos.

Terase en conta a participación oral na aula dentro ou fóra dos debates dirixidos, as intervencións de valor na análise de fragmentos audiovisuais ou a introdución de novos exemplos.
20
Estudo de casos A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B6 B8 B9 C2 Investigación-análise sobre un produto sonoro seleccionado pola profesora, será realizado de forma individual e entregado en formato audio (vía Moodle). Na avaliación terase en conta tanto a calidade da análise e reflexión crítica como do son, sendo preciso obter un mínimo de 50% da nota para o seu cómputo.
Ten unha valoración máxima de 1 punto, na que se inclúe a presentación oral do traballo.

No caso de que se detecte que parte/totalidade do devandito traballo está copiado (até un máximo dunha frase ou corte de audio en todo o arquivo) este quedará anulado cunha valoración de 0 puntos.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos quedarán anulados cunha valoración de 0 puntos.
10
Obradoiro A1 A2 A8 A10 A12 C2 As prácticas de obradoiro contan cunha valoración máxima de 2 puntos na nota final. A súa avaliación vai depender do número de prácticas entregadas en tempo e forma, así como da calidade dos traballos e a reflexión crítica sobre os mesmos.
Dentro destas prácticas obradoiro sinálanse dúas con maior ponderación na nota final: "retrato sonoro" (0,5 puntos) e "contrarreloxo" (0,5 puntos).

Para o cómputo das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter asistido, desenvolvido e entregado -a lo menos- o 80% das prácticas tipo obradoiro (prácticas de grupo mediano).

Só se admitirán as prácticas/portafolios entregados en tempo e forma. Para ter en conta a entrega débese asistir a sesión correspondente. De non ser así a entrega pasaría a considerarse una práctica fraudulenta co consecuente suspenso da convocatoria.

O incumprimento destes requerimentos implicará a anulación da entrega e, polo tanto, da súa valoración (cero puntos).

20
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B6 B8 B9 C1 C3 C4 Ideación, grupal, dun produto sonoro seriado e produción dun episodio.
Conta cunha valoración máxima de 2,5 puntos. Parte desta nota (até 0,5 puntos) virá determinada polas rúbricas de avaliación propia e dos/as compañeiros/as.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos obterán una valoración de 0 puntos.
25
 
Observacións avaliación

Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a profesora explicará polo miúdo o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de soporte e data de entrega. Nesta explicación e, en xeral, na materia promoverase a reflexión crítica en torno aos condicionantes das desigualdades existentes nos ámbitos da produción, recepción e contidos sonoros-audiovisuais, con especial énfase no que respecta as crenzas, estereotipos e roles de xénero (na liña do ODS5). Con este cometido valorarase  positivamente a inclusión da perspectiva de xénero nos exercicios, prácticas e proxectos  así como o emprego dunha linguaxe inclusiva no seu desenvolvemento.

Máis aló do xénero nas actividades promoverase o desenvolvemento de actividades e enfoques na liña dos ODS buscando alianzas para acadar os obxectivos (ODS17), con outras entidades (dentro e fóra da universidade).

Dada a importancia do traballo en grupo dentro da materia, estableceranse sistemas de seguemento-avaliación para valorar o grado de cohesión e participación das persoas integrantes, así como para ponderar a nota tendo en conta a súa implicación-participación no proxecto. 

Para superar a materia na PRIMEIRA CONVOCATORIA (sistema de avaliación continua) o/a estudante deberá obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións dos diversos traballos e prácticas da materia. Neste cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato diferente ao indicado.
Dado o obxecto da materia, todo traballo que careza de son nunha parte, ou na súa totalidade, será anulado e -por tanto- contará cun 0 na súa avaliación.

No caso do alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia a avaliación da parte teórica (clase maxistral 20% da nota) levarase a cabo a través dunha proba obxectiva de resposta curta, na data oficial do exame. Na mesma liña poderase establecer un calendario alternativo (e equitativo) de entregas para as prácticas tipo obradoiro.

Para superar a materia na SEGUNDA CONVOCATORIA  o/a estudante deberá: 

  • Entregar de forma individual o deseño sonoro íntegro dunha peza audiovisual, proposta pola docente (peza e normas para o seu desenvolvemento se facilitarán a través do campus virtual), co correspondente dossier. Este traballo e a súa presentación, na que se xustifiquen aquelas decisións tomadas en canto ao son, terá un valor de 70% na nota final (60% proxecto + 10% presentación). Para a súa avaliación deberase entregar na data oficial de exame, no formato sinalado pola profesora (tanto a peza audiovisual co son íntegro, e o dossier).
  • Aprobar o exame (50% puntos) na data oficial. Esta proba teórica, de preguntas breves, versará sobre os contidos do libro "Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual." Barcelona: UOC. Este exame constituirá o 30% da nota final. 

En calquera caso, para superar a materia débese aprobar o exame (5 puntos ou 1,5 ponderado) e obter, como mínimo, unha puntuación de 5 na nota final. 

No caso de que se detecte a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, debidamente comprobada, implicará un suspenso (nota numérica 0) na materia da convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.  

Asemade aqueles/as estudantes que na avaliación continua (primeira convocatoria) queden por debaixo do umbral do 5 (o 50% da puntuación global), incluídas aquelas personas que desenvolveran algunha acción fraudulenta na primeira convocatoria, deberán presentarse de toda a materia -teoría e práctica- na convocatoria de xullo, seguindo as indicacións e requerimentos desta convocatoria. 


Fontes de información
Bibliografía básica Beltrán Moner, Rafael (2006). La ambientación musical selección, montaje y sonorización. Madrid:Instituto Oficial de Radio y Televisión
Chion, Michel (1993). La audiovisión. Introducción a un análisis conjunto de la imagen y el sonido. Barcelona: Paidós
Rodríguez Bravo, Ángel (1998). La dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Barcelona: Paidós
Gustems, Josep (coord.) (2013). Música y sonido en los audiovisuales. Barcelona: Universitat de Barcelona
Berdasco, Yolanda (2022). Periodismo radiofónico. Madrid: Centro de Estudios Financieros
Piñeiro Otero, Teresa (2019). Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual. Barcelona:UOC
Collins, Karen (2021). Studying sound : a theory and practice of sound design. Cambridge: The MIT Press

Ademais destas fontes de referencia a través de Moodle facilitaranse artigos e outro tipo de recursos que faciliten a comprensión da materia, traten en concreto algún exemplo ilustrativo ou permitan afondar nalgún tema de interese.

Bibliografía complementaria Chion, Michel (2004). La voz en el cine. Madrid: Cátedra
Orrantia, Andoni (2020). Diez claves para contar buenas historias en podcast. O como producir contenidos en un entorno digital cambiante. . Barcelona: UOC
Ávila, Alejandro (1997). El doblaje. Madrid: Cátedra
Jullier, Laurent (2006). El sonido en el cine. Barcelona: Paidós
Chion, Michel (1985). La música en el cine. Barcelona: Paidós
Guijarro, T. y Muela, C. (2003). La música, la voz, los efectos y el silencio en la publicidad : la creatividad en la producción de sonido. Madrid: CIE
Fraile Prieto, Teresa (2010). Música de cine en España: señas de identidad en la banda sonora contemporánea. Badajoz: Diputación
Altmant, Rick (2004). Silent film sound. Nueva York: Columbia University Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia do cine e da animación/616G01006
Audio/616G01016
Guión/616G01018
Análise audiovisual/616G01021
Teoría e práctica da edición e a montaxe/616G01023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Realización Audiovisual/616G01030
Traballo Fin de Grao/616G01034

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías