Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Realización Audiovisual Código 616G01030
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Garcia Torre, Manuel
Correo electrónico
manuel.garcia.torre@udc.es
Profesorado
Garcia Torre, Manuel
Correo electrónico
manuel.garcia.torre@udc.es
Web http://https://comunicacion.udc.es/gl/materias/realizaci%C3%B3n
Descrición xeral Esta materia propón dar a coñecer os procesos de elaboración e creación de obras audiovisuais para televisión, así como os elementos básicos de narración. Preténdese que o alumno adquira os fundamentos teóricos e técnicos, así como as habilidades instrumentais suficientes para afrontar, desde o punto de vista narrativo e estético, a elaboración de productos audiovisuais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Comprender o proceso de elaboración e creación de obras audiovisuais. 2. Coñecer as funcións e tarefas de os que inteveñen en dito proceso, así como as etapas deste. 3. Obter unha visión global do produto audiovisual segundo un modelo de negocio e un concepto de autoría. 4. Integrar as facetas de guión, visualización, deseño de produción, fotografía, banda sonora e postprodución nun proxecto totalmente planifcado. 5. Coñecer e poñer en práctica as artes da realización, adquirir certa soltura no manexo dunha cámara de video, a iluminación e o son. 6. Exercitar a adaptación de textos literarios, a aplicación de guións orixinais, a búsqueda e elección de localizaciós axeitadas e súa necesaria ambientación, elaboración de planos de traballo (organización da produción) e a edición do exercicio: minutados de brutos gravados, guión de edición, elaboración de bandas sonora, creación de títulos, etc.; e a operación xeral dos medios técnicos que requira o proceso de realización. A1
A2
A7
A8
A12
B8
B9
C1
C2
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
A realización -Realización e linguaxe audiovisual
Medios técnicos para a realización -Estudios de produción de televisión
-Medios técnicos para a gravación, edición e posprodución
Modalidades da realización -Modelos de realización según o seu procedemento de produción
A realización en televisión -Realización monocámara
-Realización multicámara
-Realización en plató de televisión
-Realización en exteriores
-O equipo humano
Realización dos xéneros televisivos -Informativos
-Reportaxes
-A entrevista
-Musical
-Magacín
-Deportes
-Variedades

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A7 A8 A12 B9 C1 10 15 25
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A7 A8 A12 B8 C2 C3 C4 34 62 96
Proba mixta A1 A2 A7 A8 A12 2 25 27
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, coa finalidade de transmitir os coñecementos teóricos enmarcados dentro da asignatura.
Aprendizaxe colaborativa Realización de diferentes prácticas de carácter presencial, onde o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Proba mixta A desenvolver de forma presencial e composta por unha parte tipo test e unha serie de preguntas curtas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
Os alumnos necesitarán atención personalizada para resolver as dúbidas na realización das prácticas ou para o seguimento das mesmas. Estas desenvolveranse de forma presencial ou online a través de ferramentas como: correo electrónico ou Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A7 A8 A12 B8 C2 C3 C4 Creación de diferentes productos audiovisuais.

60
Proba mixta A1 A2 A7 A8 A12 Proba composta por: unha parte tipo test, unha serie de preguntas curtas. 40
 
Observacións avaliación
-A teoría supón o 40% da nota e a práctica o 60% restante. 

-Para superar a asignatura deben estar aprobadas as dúas partes (teoría e práctica). Para superar a parte práctica deben estar aprobadas cada unha das prácticas feitas ao longo do curso (necesario o 50% da nota en cada unha delas).

-Para participar nas prácticas de grupo é obrigatoria a asistencia.

-O alumnado a tempo parcial ou que conte con dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da asignatura antes do día 22 de setembro, a fin de acordar un itinerario personalizado que supla as ausencias ás aulas. Fóra desta data non serán atendidas peticións deste tipo. 

-A realización fraudulenta das prácticas e das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Fontes de información
Bibliografía básica Millerson, G. (2003). Producción y realización en televisión. IORTV, Madrid
Barroso, Jaime (2008). Realización audiovisual. Editorial Síntesis, Madrid
Castillo, José María (2022). Televisión, realización y lenguaje audiovisual. IORTV, Madrid

Bibliografía complementaria Barroso, Jaime (1996). Realización de los géneros televisivos. Madrid, Síntesis
Barroso, Jaime (2001). Técnicas de realización de reportajes y documentales para televisión. IORTV, Madrid


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fundamentos tecnolóxicos dos medios audioviosuais/616G01003
Guión/616G01018
Dirección de Fotografía: Cámara e Iluminación/616G01022
Teoría e práctica da edición e a montaxe/616G01023
Deseño de Produción e Dirección Artística/616G01025
Ambientación sonora e musical/616G01028

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Organización e produción audiovisual/616G01029
Posprodución dixital/616G01031

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías