Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Posprodución dixital Código 616G01031
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Métodos Matemáticos e de Representación
Coordinación
Barneche Naya, Viviana
Correo electrónico
viviana.barneche@udc.es
Profesorado
Barneche Naya, Viviana
Correo electrónico
viviana.barneche@udc.es
Web http://postprodixital.wordpress.com
Descrición xeral A materia ten como obxectivo fundamental achegar o alumno ás técnicas e ferramentas básicas de post-produción, composición de video dixital e integración de elementos virtuais

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A3 Xestionar proxetos audiovisuais.
A4 Investigar e analizala comunicación audiovisual.
A5 Coñecelas teorías e a historia da comunicación audiovisual.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B1 Que os estudantes demostraran posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoitan atoparse nun nivle que, se ben se apoia en libros de textos avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu eido de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro do seu área de estudo)
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma
B7 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecer os aspectos básicos da posproducción dixital. - Capacitar o alumno no uso das ferramentas e programas utilizados na posproducción de vídeo dixital. - Capacitar o alumno nos procesos de integración de vídeo real con obxectos virtuais tridimensionais. A1
A2
A3
A4
A5
A7
A8
A12
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C2
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
1- Conceptos básicos de posproducción dixital.
- Introdución á posproducción.

- Exemplos. Fluxos de traballo

2- Composición dixital. - Composición de imaxe e vídeo.

- Corrección da cor.

- Ferramentas de transformación, filtros.

- Máscaras. Rotoscopía.

- ChromaKey. LumaKey.

- Tracking.

- Paint.

3- Matchmover.
- Tracking

- Calibración de cámaras

- Sistema de coordenadas

- Exportación a Maya

4- Integración.
- Sincronización de cámaras real e virtual.

- Render-pass.

- Integración de vídeo real e elementos animados.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A7 A8 A12 C3 16 0 16
Prácticas de laboratorio A2 A8 B1 B3 B5 B8 C1 C2 16 24 40
Traballos tutelados A1 A2 A3 A7 A8 A12 B3 B5 B8 C1 C2 C3 10 80 90
Lecturas A4 A5 A12 B1 1 0 1
Presentación oral A1 A3 A4 A12 B6 B7 B9 C4 1 1 2
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nestas clases explicaranse os diferentes temas da materia, utilizando presentacións Power-Point, vídeos así como os diferentes softwares e técnicas utilizadas habitualmente na posproducción.

Prácticas de laboratorio Ao longo do cuadrimestre os alumnos realizarán diferentes traballos prácticos individuais (segundo o cronograma da materia) tanto sobre o material entregado pola profesora durante o curso, así como sobre o seu propio material (traballos tutelados):

- P1. Ferramentas básicas de composición. Máscaras. Rotoscopía.

- P2. ChromaKey, LumaKey.

- P3. Tracking. Paint Tools. Efectos.

- P4. Matchmover.

- P5. Integración en Maya. Render-Passes.

- P6. Composición completa.


Os traballos das prácticas será parte da avaliación do curso.

Traballos tutelados Os alumnos realizarán dous traballos tutelados ao longo do cuadrimestre (modalidade grupal/individual):

E1- Proxecto de composición utilizando Chroma Key

E2- Proxecto de integración de video real con elementos virtuais.

Lecturas Lectura de artículos e libros complementarios as clases maxistrales.
Presentación oral Os alumnos presentarán, segundo o cronograma da materia, as seguintes presentacións orais.

1-Presentación do produto final correspondente ao Proxecto de composición utilizando Chroma Key

2-Presentación do produto final correspondente ao Proxecto de integración de vídeo real con elementos virtuais.

Modalidade: grupal / individual


Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
O profesor tutelará o traballo dos alumnos a través do seguimento e corrección das prácticas no laboratorio e dos dous traballos tutelados.

No caso alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia terán a posibilidade de titorías dos traballos prácticos e tutelados a través de correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A8 B1 B3 B5 B8 C1 C2 Avaliaranse cada unha das prácticas: P1 (5); P2 (5); P3 (6); P4 (6); P5 (8); P6 (10).

Para aprobar o curso é obrigatorio a entrega do total das prácticas, o puntaje máxima das prácticas é de 4 puntos, o mínimo para aprobar esta parte é de 2 puntos

40
Traballos tutelados A1 A2 A3 A7 A8 A12 B3 B5 B8 C1 C2 C3 Proxecto de composición utilizando Chroma Key (20)

Proxecto de integración de video real con elementos virtuais. (40)


60
 
Observacións avaliación
  • Para aprobar o curso é necesario a entrega de TODAS as prácticas (alcanzando 2 puntos como mínimo na suma total de todas as prácticas), os dous traballos tutelados e o portfolio grupal/individual.
  • O curso inclúen titorías avaliables
  • Non se aproba coa soa entrega dos dous traballos tutelados.
  • En caso de suspender o curso na primeira convocatoria volveranse entregar as prácticas con cualificación menor ao 50% así como o produto da integraciónreal/virtual xunto co portfolio correspondente na segunda convocatoria.
  • Os criterios e actividades de avaliación para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será o mesmo que para o resto do alumnado

Fontes de información
Bibliografía básica Tim Dobbert. (2005). MatchMoving: The Invisible Art of Camera Tracking. . Sybex.
Manuel Armenteros Gallardo (2011). Posproducción Digital. Bubok Publishing S.L.
Richard Rickitt. (2007). Special Effects: The History and Technique. Billboard Books; 2nd edition
Ron Brickmann. (2008). The Art and Science of Digital Compositing . Morgan Kaufmann Series. 2nd edition
Isaac V. Kerlow. (2004). The Art of 3D Computer Animation and Effects. Wiley & Sons (3rd edition)
Mark Cotta Vaz; Craig Barron (2002). The Invisible Art: The Legends of Movie Matte Painting. . Chronicle Books. San Francisco, Cal

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Guión/616G01018
Dirección de fotografía e iluminación/616G01022
Teoría e práctica da edición e a montaxe/616G01023
Infografía 3D-1/616G01024
Infografía 3D-2/616G01026
Ambientación sonora e musical/616G01028

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Animación 3D-1/616G01032

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías