Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Animación 3D-1 Código 616G01032
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Matemáticas
Coordinación
Barneche Naya, Viviana
Correo electrónico
viviana.barneche@udc.es
Profesorado
Barneche Naya, Viviana
Fariña Lamosa, Ángel José
Correo electrónico
viviana.barneche@udc.es
angel.farina@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia introdúcese o alumno nos conceptos e técnicas básicas para a animación de obxectos tridimensionais.

Nela, o estudante adquire xunto cos coñecementos teóricos a práctica na animación de obxectos ou personaxes non humanoides utilizando as diferentes técnicas existentes.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A4 Investigar e analizala comunicación audiovisual.
A5 Coñecelas teorías e a historia da comunicación audiovisual.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A11 Coñecelas metodoloxías de investigación e análise.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para animar personaxes non humanos e elementos dunha escena 3D utilizando as técnicas fundamentais para a obtención de secuencias de vídeo. A1
A2
A4
A5
A7
A8
A11
A12
B4
B5
B6
B8
B9
C1
C2
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
Principios básicos da animación - Introdución á animación: historia
- Estudo e análise dos 12 principios clásicos de animación definidos nos estudos Disney
- Análises e aplicación dos principios clásicos á animación 3D
- Os novos principios da animación
Técnicas e tipos de animación - Conceptos básicos: fotograma, claves, etc.
- Tipos de animación: paso a paso, mediante keyframing, captura de movemento
Animación por claves - Conceptos básicos: curvas, métodos de interpolación, tangentes, etc.
- Tipos de curvas: bezier, NURBS, etc.
- Grao das curvas: lineais, cúbicas, etc.
- Claves de animación: creación, edición, etc.
- Control do tempo mediante curvas de animación
- Limpeza de curvas
Animación mediante deformadores - Deformadores: Non lineais, Lattice, Clúster, etc
Animación por traxectorias - Creación de traxectorias
- Animación mediante traxectorias
- Seguimento de obxectos
Animación de cámaras - Colocación e animación da posición e orientación de cámaras
- Animación dos parámetros ópticos das cámaras: focal, profundidade de campo, etc.
Animación mediante cinemática directa - Xerarquías e grupos
- Tipos de transformacións.
- Animación utilizando xerarquías
Animación mediante cinemática inversa - Joints
- Cálculo e tipos de solucións para cinemática inversa: RPSolver, SCSolver, IK Spline.
- Constraints.
- Creación de controis
Rigging-Skinning - Creación dun rigging completo
- Skinning: smooth e interactive bind.
- Control de pesos e influencias.
Anatomía.
- Antecedentes
- Anatomía artística: osteología; miología; formas exteriores (morfoloxía)
- Anatomía en animación: o esqueleto


Canon e proporción
- Historia do canon
- Canon dentro do crecemento: a proporcionalidade

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A5 A11 A12 18 0 18
Obradoiro A1 A2 A7 A8 B5 B8 C1 C2 30 21 51
Traballos tutelados A1 A2 A7 A8 A12 B4 B5 B6 B8 C2 12 66 78
Lecturas A4 A5 B9 C3 C4 0 2 2
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación dos contidos teóricos de cada tema da asignatura.
Obradoiro Ao longo do cuadrimestre os alumnos realizarán diferentes traballos prácticos individuais (segundo o cronograma da materia) sobre o material entregado pola profesora durante o curso, así como sobre material propio:


- PL1. Squash and Stretch. Animación mediante cinemática directa. Motion Path.

- PL2. Animación mediante cinemática inversa.

- PL3. Práctica básica: rigging & skinning.

- PL4. Práctica avanzada: rigging & skinning


Os traballos das prácticas do obradoiro serán parte da avaliación do curso.

Traballos tutelados Ao longo do cuadrimestre os alumnos realizarán un traballo tutelado grupal o individual (segun o cronograma da materia).

Cada alumno deberá realizar la animación de un personaxe non humano así como o ámbito onde se desenvolve a acción. Animaranse non só o/os obxectos propostos senón tamén as cámaras de cara ao aspecto narrativo da animación proposta. O tempo do vídeo será entre 20-30 segundos.
Lecturas Lectura de artículos de animación complementarios as clases maxistrales.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
Tutorias persoalizadas e de grupo para aclarar conceptos teóricos e axudar a resolver os problemas que teñan lugar durante a realización dos traballos prácticos e tutelados.

No caso alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia terán a posibilidade de titorías dos traballos prácticos e tutelados a través de correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A7 A8 A12 B4 B5 B6 B8 C2 Avaliación do traballo individual dun mini-proxecto de animación (45), xunto cun portfolio que conterá: concepto, gráficos e primeiras probas (15).


60
Obradoiro A1 A2 A7 A8 B5 B8 C1 C2 Avaliación dos exercicios prácticos realizados polos alumnos.

PL1 (8); PL2 (8); PL3(10); PL4 (14)

Para aprobar o curso é obrigatorio a entrega do total das prácticas, o puntaje máxima das prácticas é de 3.0 puntos, o mínimo para aprobar esta parte é de 1,5 puntos
40
 
Observacións avaliación
  • Para aprobar o curso na primeira convocatoria é necesario a entrega de TODAS as prácticas (alcanzando 2 puntos como mínimo sumando o total das prácticas), o corto de animación e o portfolio individual.
  • Non se aproba o curso coa soa entrega do corto de animación.
  • En caso de suspender o curso na primeira convocatoria, volveranse entregar na segunda convocatoria as prácticas cuxa cualificación sexa menor ao 50%, o corto de animación xunto co portfolio correspondente.
  • Os criterios e actividades de avaliación para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será o mesmo que para o resto do alumnado.

Fontes de información
Bibliografía básica Richard Williams (2012). The Animator's Survival Kit: A Manual of Methods, Principles and Formulas for Classical, Computer, Games, Stop Motion and Internet Animators. Faber and Faber
Preston Blair (1994). Cartoon Animation. Walter Foster Publishing
Kenny Roy (2014). Finish Your Film! Tips and Tricks for Making an Animated Short in Maya. Routledge
Jaume Durán Castells (2008). Guía para ver y analizar: Toy Story. John Lasseter (1995). Naullibres
Frank Thomas & Ollie Johnston (1997). Illusion Of Life: Disney Animation. Hyperion
Andrew Selby (2013). La animación. Blume
John Lasseter (1987). Principles of traditional animation. applied to 3D computer animation. In Proceedings of the 14th annual conference on Computer graphics and interactive techniques (SIGGRAPH '87). ACM
Isaac Victor Kerlow (2009). The Art of 3-D Computer Animation and Imaging. John Wiley & Sons Ltd
John Halas & Harold Whitaker (2009). Timing for Animation. CRC Press
Lee Montgomery (2012). Tradigital Maya: A CG Animator's Guide to Applying the Classical Principles of Animation. Routledge

Bibliografía complementaria Tony White (2006). Animation from Pencils to Pixels: Classical Techniques for the Digital Animator. Focal Press
Digital Tutors (2008). Digital Tutors: Introduction to rigging in Maya. PL Studios
Pepe Valencia & Jeremy Cantor (2004). Inspired 3D Short Film Production. Paraninfo (Fondo)
Andy Wyatt (2010). The Complete Digital Animation Course: Principles, Practice, and Techniques: A Practical Guide for Aspiring Animators. Barron's Educational Series
Chris Webster (2005). The Mechanics of Motion . Focal Press
Angie Jones, Jamie Oliff (2006). Thinking Animation: Bridging the Gap Between 2D and CG. Course Technology PTR


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Infografía 3D-1/616G01024
Infografía 3D-2/616G01026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Posprodución dixital/616G01031

Materias que continúan o temario
Animación 3D-2/616G01033

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías