Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estratexias de comunicación multimedia Código 616G01035
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Costa Sanchez, Carmen
Correo electrónico
carmen.costa@udc.es
Profesorado
Costa Sanchez, Carmen
Correo electrónico
carmen.costa@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Estratexias de Comunicación Multimedia resulta de interese para a formación dos futur@s titulad@s en comunicación audiovisual debido á relevancia que adquiren as novas formas de comunicación integradas a través de diversos medios no ámbito da cultura da converxencia.
Esta materia pretende dotar o alumnado das ferramentas adecuadas para coñecer as características das mensaxes nas diferentes plataformas e pantallas, en especial no que se refire ao proceso de planificación, produción e avaliación dun proxecto transmedia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Os contidos fundamentais mantéñense.
2. Metodoloxías
A docencia interactiva pasará a ser online no caso de ter que aplicar un modelo de non presencialidade. mantense o obradoiro como metodoloxía de desenvolvemento da materia.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Titorías en Teams e correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
A proba realizarase de maneira online de non poder facerse presencialmente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A6 Coñecelo sector audiovisual: a oferta e as audiencias.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comunicar mensaxes audiovisuais. A1
B9
C1
C2
Crear produtos audiovisuais A2
B9
C1
C4
Coñecelas técnicas de creación e produción dunha campaña transmedia. A7
A8
A12
B9
Coñocer os principais códigos da mensaxe audiovisual. A6
A12
B9
C2
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Formatos e tendencias de comunicación multimedia. . Marco conceptual.
. Narrativa multiplataforma.
. Narrativa crossmedia.
. Narrativa transmedia.
2. Factores e estratexias de comunicación en Social Media. . O valor da conversación social.
. Obxectivos: por que e para que dos Social Media?
. Selección de Social Media en función do contido audiovisual.
. Estratexias para impulsar a interacción.
3. Creación e optimización de contidos en liña. . A mensaxe.
. A biblia de desenvolvemento.
. A selección das plataformas.

4. Estratexias de comunicación combinadas on-off line. . Coherencia contido-soporte.
. Estratexias combinadas.
5. Planificación e desenvolvemento de proxectos de comunicación multimedia. . Metas e obxectivos.
. Planificación.
. Execución.
. Avaliación de resultados e obtención de conclusións.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A7 A8 A12 B9 C3 20 58 78
Proba mixta A1 A2 A6 C2 1 0 1
Obradoiro A1 A2 A7 A8 A12 B9 C1 C2 C3 C4 20 50 70
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Leccións expositivas da parte teórica da materia que serán acompañadas por exemplos prácticos que axuden a ilustrar o contido e faciliten a súa comprensión.
Proba mixta Exame dos contidos da materia.
Obradoiro Desenvolvemento de diferentes traballos a través dunha metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
A profesora estará a disposición dos alumnos nas súas horas de titoría e a través do correo electrónico e Teams para as necesarias orientacións e seguimento das súas actividades e traballos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A6 A7 A8 A12 B9 C3 Docencia participativa para o debate dos conceptos e marco contextual desenvolvido. 30
Obradoiro A1 A2 A7 A8 A12 B9 C1 C2 C3 C4 A cualificación de cada alumno integrante do grupo podería ser diferente en función da súa achega e compromiso.

70
 
Observacións avaliación

Ortografía: as posibles faltas de ortografía nos exames e traballos baixarán de modo significativo a cualificación dos mesmos.


Fontes de información
Bibliografía básica Costa Sánchez, Carmen & Martínez Costa, Sandra (eds.) (2018). Comunicación Corporativa Audiovisual y Online. Innovación y tendencias.. Barcelona: Editorial UOC
Jenkins, Henry (2006). Convergence culture. New York : New York University Press
Jenkins, Henry; Ford, Sam & Green, Joshua (2015). Cultura transmedia. Barcelona: Gedisa
Gallego Aguilar, Andrés Felipe (2011). Diseño de Narrativas Transmediáticas. Colombia: Universidad de Caldas. Manizales
Rosales, Pere (2010). Estrategia digital : cómo usar las nuevas tecnologías mejor que la competencia. Bilbao: Ediciones Deusto
Costa Sánchez, Carmen & Piñeiro Otero, Teresa (2013). Estrategias de comunicación multimedia. Barcelona: Editorial UOC
Acuña, Fernando & Caloguerea, Alejandro (2013). Guía para la producción y distribución de contenidos transmedia para múltiples plataformas. Chile: Acción Audiovisual
Neira, Elena (2015). La otra pantalla. Redes sociales, móviles y nueva televisión. Barcelona: Editorial UOC
Scolari, Carlos Alberto. (2013). Narrativas transmedia : cuando todos los medios cuentan. Barcelona: Centro libros PAPF

Bibliografía complementaria Cascajosa Virino, Concepción (ed.) (2015). Dentro de El Ministerio del Tiempo. Madrid: Leemelibros
Tubau, Daniel (2011). El guión del siglo 21: el futuro de la narrativa en el mundo digital. Barcelona : Alba
Miller, Michael (2010). Marketing con YouTube. Madrid : Anaya Multimedia, 2011


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Comunicación corporativa/616G01013
Ficción audiovisual/616G01014
Guión/616G01018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías