Identifying Data 2023/24
Subject (*) Advanced Web Design Tools Code 616G01036
Study programme
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Optional 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinador
Garabato Míguez, Daniel
E-mail
daniel.garabato@udc.es
Lecturers
Garabato Míguez, Daniel
Martinez Perez, Maria
E-mail
daniel.garabato@udc.es
maria.martinez@udc.es
Web
General description Actualmente existen múltiples ferramentas software que nos permiten dotar aos proxectos audiovisuais de mecanismos que facilitan aspectos tan importantes como a correcta edición, organización e publicación de información a través da Web. Entre estas ferramentas teremos: sistemas de xestión de blogs, sistemas de xestión de contidos deseñados para aplicacións específicas, sistemas de xestión orientados a proporcionar capacidades de colaboración directa con outros usuarios, sistemas capaces de integrar todo tipo de arquivos (texto, audio, vídeo) para o seu correcto acceso e visualización en rede, etc.

O obxectivo principal desta materia é dar a coñecer ao alumnado a existencia destas ferramentas avanzadas e aprender a administrar algunhas das máis utilizadas para a súa integración na creación e xestión de proxectos audiovisuais.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A2 Crear productos audiovisuais.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer ferramentas útiles e amplamente empregadas para a creación e xestión de proxectos multimedia A2
A7
A8
B8
C1
C2
C3
C4
Saber administrar e empregar determinadas ferramentas Web para a súa inclusión en proxectos audiovisuais A2
A8
B8
C2
Recoñecer termos e funcións propios das tecnoloxías da información e as comunicacións co obxectivo de mellorar a colaboración no desenvolvemento de proxectos complexos nos que participen profesionais de distintas áreas A7
A8
B8
C2
Deseñar e desenvolver un proxecto multimedia que integre múltiples ferramentas Web tendo en conta aspectos como: as tecnoloxías informáticas existentes, a representación adecuada de datos multimedia, a inclusión de capacidades sociais e de comunicación a través da Web A2
A7
B8
C1
C2

Contents
Topic Sub-topic
Teoría - Tecnoloxías para a creación de blogs, foros e wikis
- Posicionamento en buscadores: estratexias de visibilidade na rede
- Deseño adaptable, navegabilidade e usabilidade web
- Plataformas de distribución de vídeo e audio na rede
- Xestores de contidos e webs dinámicas
Prácticas - Instalación, configuración e uso de diferentes ferramentas orientadas á xestión de contidos
- Realización de diferentes tarefas asociadas aos contidos vistos durante as sesións maxistrais
- Elaboración dun proxecto propio servíndose de distintas plataformas e no que se incorporarán os diferentes aspectos vistos durante o curso

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A2 A7 A8 B8 C1 C2 C3 C4 21 21 42
Laboratory practice A2 A7 A8 B8 C2 C3 C4 15 30 45
Supervised projects A2 A8 B8 C2 C4 4 40 44
Oral presentation A8 B8 C2 2 4 6
Objective test A7 A8 B8 C2 1 10 11
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Presentación dos aspectos teóricos da materia
Laboratory practice - Emprego de ferramentas de xestión de blogs, foros e wikis
- Técnicas de posicionamento en buscadores
- Deseño adaptable, navegabilidade e usabilidade web
- Plataformas de distribución de video e audio na rede
- Xestores de contidos e webs dinámicas
Supervised projects Elaboración dun proxecto propio servíndose de distintas plataformas e no que se incorporarán os diferentes aspectos vistos durante o curso
Oral presentation Exposición pública dos traballos tutelados
Objective test Proba de avaliación dos contidos da materia

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Laboratory practice
Description
Levarase a cabo un seguimento das prácticas e traballos tutelados a desenvolver durante as horas reservadas no horario (sesións de laboratorio). Adicionalmente, para abordar aqueles problemas de especial dificultade, tamén se poderán empregar as franxas horarias dispoñibles para a atención do alumnado.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A2 A8 B8 C2 C4 Avaliarase a calidade dos proxectos realizados nos diferentes aspectos da asignatura 25
Laboratory practice A2 A7 A8 B8 C2 C3 C4 Seguemento das prácticas a realizar no laboratorio 25
Objective test A7 A8 B8 C2 Proba de avaliación dos coñecementos teórico/prácticos da asignatura 40
Oral presentation A8 B8 C2 Exposición dos traballos tutelados 10
 
Assessment comments

Para aprobar a materia é imprescindible acadar unha nota mínima na parte teórica e práctica. Esta nota mínima será de 4 puntos sobre un máximo de 10 puntos. En caso de non chegar á nota mínima nalgunha das partes, a máxima nota global que se poderá acadar é dun 4.5.

O alumnado que non concorra á proba obxectiva no período oficial de avaliación obterá a condición de "Non presentado".


Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría e prácticas que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial, para os que tamén aplica a forma de avaliación aquí establecida. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia deberán asistir a todas as probas de avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria en que se cometa, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda.


Sources of information
Basic Eric Enge, et al. (2023). The Art of SEO, 4th Edition. O'Reilly Media, Inc.
Woods, Dan; Thoeny, Peter (2007). Wikis For Dummies. Ed. John Wiley & Sons
Matthew MacDonald (2020). WordPress: The Missing Manual, 3rd Edition. O'Reilly Media, Inc.

Complementary Richardson, William (2010). Blogs, wikis, podcasts, and other powerful web tools for classrooms. Ed. Corwin Press
Carazo Gil, Francisco Javier (2011). Domine WordPress: manual práctico. Ed. Ra-Ma
Matt Glaman, et al. (2023). Drupal 10 Development Cookbook - Third Edition. Packt Publishing
Maciá Domene, Fernando (2009). Posicionamiento en buscadores. Ed. Anaya Multimedia


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Recomendase ao alumnado, para un aproveitamento óptimo da materia, un seguimento activo das clases así como participar nas distintas actividades e o uso da atención personalizada para a resolución das dúbidas ou cuestións que lle podan xurdir.

Segundo se recolle nas diferentes normativas de aplicación para a docencia universitaria en materia de perspectiva de xénero, nesta materia empregarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención de alumnas e alumnos na aula, etc. Así mesmo, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, fomentando valores de respecto e igualdade. En xeral, intentarase detectar situacións de discriminación, por exemplo, por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.